imos-durmir-imaxe-redes-01

Durmir é importante para as persoas. Mentres durmimos o noso corpo recupérase e medra, a nosa mente ordénase e organiza todas as vivencias e o que aprendemos durante o día. Se queremos fomentar unha boa hixiene do sono nocturno é bo xerar un ambiente adecuado (luz baixa, pouco ruído, poucos estímulos…) e tamén beneficia a creación de rutinas.

Recoméndase comezarmos a facer actividades relaxantes contra a última hora da tarde: darnos un baño, conversar tranquilamente, debuxar, mirar as estrelas, ler un conto… E para crearmos unha rutina do sono axeitada podemos axudarnos dalgún xogo calmadiño e agarimoso como este que vos presentamos. Xusto antes de deitármonos e despois de irmos ao baño, lavarmos os dentes e collermos un vaso de auga, o xogo Imos durmir! vai facer que nos deamos apertas, freguiñas no lombo, bicos de inuit, aloumiños, que cantemos arrolos e recitados de Pedro Chosco… ata que toque adormecer.

Imos durmir!

Descargables e imprimibles do Apego

Pin It on Pinterest

Share This