Phaseolus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Phaseolus

Phaseolus coccineus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Phaseoleae
Subtribo: Phaseolinae
Xénero: ''Phaseolus''
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 723, 1753 [1] e Genera Plantarum, ed. 5, nº777, p. 323, 1754 [2]
Especies

ver texto

Sinonimia
Phaseolus lunatus en Francisco Manuel Branco, Flora de Filipinas, Gran edición, Atlas II , 1880-1883
Phaseolus coccineus en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885.
Phaseolus vulgaris en Louis Benoît van Houtte, Flore des serres et des jardins de l'Europe, 1867-1868.

Phaseolus é un xénero na familia Fabaceae (Leguminosae) cunhas 90 especies aceptadas, das máis de 600 descritas, todas nativas das Américas.[2] A especie máis popular é Phaseolus vulgaris, os seus froitos e sementes son coñecidos vulgarmente como feixóns, ou fabas. Tamén pertencen a este xénero a faba de tres anos (Phaseolus coccineus) e mais a faba de Lima ou feixón de Lima (Phaseolus lunatus)[3].

Descrición[editar | editar a fonte]

Son herbas rubideiras volúbeis, erectas ou rastreiras, perennes ou anuais, a miúdo cubertas de pelos con ganchos. As follas son trifolioladas, con folíolos enteiros ou lobados e con estípulas persistentes. As flores están dispostas en acios axilares inseridos nos nós inchados, con brácteas persistentes ou caedizas. Teñen cáliz campanulado ou brevemente tubuloso, bilabiado co labio superior de 2 sépalos soldados e o inferior de 3. A corola, de cor violácea, azul, avermellada, amarela, ou de varios tons, con estandarte suborbicular, reflexo e ocasionalmente con apéndices na base; as ás, de forma obovada ou oblonga, adhiren á quilla que é lineal, con bico longo, espiralmente torta. Os estames, en número de 10, son diadelfos (9 soldados + 1 ceibo), e o xineceo ten o estilo torto de polo menos 360º, con estigma alongado e oblicuo. O froito é un legume lineal ou oblongo, comprimido ou cilíndrico, polispermo, de 2 até moitas sementes oblongas ou reniformes, con estrofíolo e fío cortamente lineal, de xerminación epí ou hipóxea.[4]

Filoxenia

Análises filoxenéticas do xénero, baseado en datos morfolóxicos e moleculares, conclúen que todas as especies pertencen a 8 clados diferenciados morfóloxica, ecolóxica ou bioxeograficamente, excepto unhas 5 especies enigmáticas (Phaseolus glabellus, P. macrolepis, P. microcarpus, P. oaxacanus e P. talamancensis) que non entran claramente en ningunha destas divisións, e están só debilmente relacionados co clado de P. Tuerckheimii.[5]

Distribución[editar | editar a fonte]

O xénero está conformado por preto de 90 especies endémicas do continente americano que medran a altitudes comprendidas entre 700 e 2000 msnm), en terras baixas secas ou húmidas, piñeirais e carballeiras así como selvas húmidas desde o sueste do Canadá até o norte da Arxentina. As especies bravas están distribuídas desde o norte de México até o centro da Arxentina atopándose marcadas diferenzas morfolóxicas e moleculares entre os dous extremos da súa distribución xeográfica. Cinco especies foron domesticadas de maneira independente a partir de distintas especies bravas americanas. P.vulgaris, P. lunatus, P. polyanthus, P.acutifolius e P. coccineus: as dúas primeiras foron obxecto de múltiples domesticacións nos Ándes meridionais e México-Centroamérica; a terceira, e a menos influenciada pola domesticación, áchase en México, Mesoamérica, o Caribe e América do Sur (até o norte do Perú); e as dúas últimas corresponden a México, o sur-oeste dos Estados Unidos e Centroamérica.

Usos[editar | editar a fonte]

Os feixóns son un dos cultivos máis antigos do mundo. Xunto co millo e maila iuca, foron un alimento básico dominante das Américas durante milenios.

Da planta consómense as follas e vaíñas, e especialmente as sementes maduras e/ou secas, que son unha importante fonte proteica -por exemplo, uns 20% do peso seco de Phaseolus vulgaris- en zonas tropicais, subtropicais e tépedas, primeiro en América e, despois da súa introdución en Europa en épocas colombinas, no resto do mundo.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O xénero está subdividido nunhas 15 seccións:[6]

  • Especies non incluídas
    • Phaseolus augusti Harms
    • Phaseolus carteri Freytag & Debouck
    • Phaseolus diversifolius Pittier
    • Phaseolus glabellus Piper
    • Phaseolus lignosus Britton
    • Phaseolus microcarpus Mart.
    • Phaseolus mollis Hook. f.
    • Phaseolus pachyrrhizoides Harms
  • sect. Acutifolii: con 2 especies e 2 variedades aceptadas dos 6 táxones descritos.
₴ Especies aceptadas:
  • Phaseolus acutifolius A. Gray
  • Phaseolus parvifolius Freytag
  • sect. Bracteati
    • Phaseolus macrolepis Piper
    • Phaseolus talamancensis Debouck & Torres González
  • sect. Brevilegumeni
    • Phaseolus campanulatus Freytag & Debouck
    • Phaseolus oligospermus Piper
    • Phaseolus tuerckheimii Donn. Sm.
  • sect. Chiapasana
    • Phaseolus chiapasanus Piper
  • sect. Coccinei
  • sect. Coriacei
    • Phaseolus maculatus Scheele
    • Phaseolus reticulatus Freytag & Debouck
    • Phaseolus venosus Piper
  • sect. Digitati
    • Phaseolus albiflorus Freytag & Debouck
    • Phaseolus albiviolaceus Freytag & Debouck
    • Phaseolus altimontanus Freytag & Debouck
    • Phaseolus neglectus F. J. Herm.
    • Phaseolus trifidus Freytag
  • sect. Falcati
    • Phaseolus leptostachyus Benth.
    • Phaseolus macvaughii A. Delgado
    • Phaseolus micranthus Hook. & Arn.
    • Phaseolus opacus Piper
    • Phaseolus persistentus Freytag & Debouck
  • sect. Minkelersia
    • Phaseolus amabilis Standl.
    • Phaseolus amblyosepalus (Piper) C. V. Morton
    • Phaseolus anisophyllus (Piper) Freytag & Debouck
    • Phaseolus nelsonii Maréchal et al.
    • Phaseolus parvulus Greene
    • Phaseolus pauciflorus Sessé & Moc. ex G. Don
    • Phaseolus perplexus A. Delgado
    • Phaseolus plagiocylix Harms
    • Phaseolus pluriflorus Maréchal et al.
    • Phaseolus tenellus Piper
  • sect. Paniculati
    • Phaseolus acinaciformis Freytag & Debouck
    • Phaseolus albinervus Freytag & Debouck
    • Phaseolus dasycarpus Freytag & Debouck
    • Phaseolus jaliscanus Piper
    • Phaseolus juquilensis A. Delgado
    • Phaseolus longiplacentifer Freytag
    • Phaseolus lunatus L., lle haricot de Lima
    • Phaseolus maculatifolius Freytag & Debouck
    • Phaseolus marechalii A. Delgado
    • Phaseolus nodosus Freytag & Debouck
    • Phaseolus polystachios (L.) Britton et al.
    • Phaseolus rotundatus Freytag & Debouck
    • Phaseolus salicifolius Piper
    • Phaseolus scrobiculatifolius Freytag
    • Phaseolus sonorensis Standl.
    • Phaseolus xolocotzii A. Delgado
  • sect. Pedicellati
    • Phaseolus esperanzae Seaton
    • Phaseolus grayanus Wooton & Standl.
    • Phaseolus laxiflorus Piper
    • Phaseolus oaxacanus Rose
    • Phaseolus pedicellatus Benth.
    • Phaseolus polymorphus S. Watson
    • Phaseolus purpusii Brandegee
    • Phaseolus pyramidalis Freytag
    • Phaseolus scabrellus Benth. ex S. Watson
    • Phaseolus teulensis Freytag
  • sect. Phaseolus: con 72 táxones descritos, dos cales 6 especies e 25 táxones infra-específicos están aceptados e o resto son meros sinónimos.
₵ Especies aceptadas:
  • Phaseolus albescens McVaugh ex Ramirez-Delgadillo & A. Delgado
  • Phaseolus coccineus L.
  • Phaseolus costaricensis Freytag & Debouck
  • Phaseolus dumosus Macfad.
  • Phaseolus persistentus Freytag & Debouck
  • Phaseolus vulgaris L.
  • sect. Revoluti
    • Phaseolus leptophyllus G. Don
  • sect. Rugosi
    • Phaseolus angustissimus A. Gray
    • Phaseolus filiformis Benth.
  • sect. Xanthotricha
    • Phaseolus esquincensis Freytag
    • Phaseolus gladiolatus Freytag & Debouck
    • Phaseolus hintonii A. Delgado
    • Phaseolus magnilobatus Freytag & Debouck
    • Phaseolus xanthotrichus Piper
    • Phaseolus zimapanensis A. Delgado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Phaseolus en USDA-GRIN Taxonomy for Plants
  2. Phaseolus en The Plant List
  3. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. Phaseolus en Flora of China
  5. Delgado-Salinas A., Bibler R., Lavin M., Phylogeny of the genus Phaseolus (Leguminosae): a recent diversification in an ancient landscap.
  6. Lewis G, Schrire B., Mackinder B. & Lock M., Legumes of the World, Kew Royal Botanic Gardens, 577 pp, 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]