Retrato de Xenebra de Benci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xenebra de Benci
(Ginevra de' Benci)
ArtistaLeonardo da Vinci
Datah. 1474-76
TécnicaPintura ao témpera e óleo sobre taboa
MovementoRenacemento
Dimensións38,8 cm × 36,7 cm
LocalizaciónGalería Nacional de Arte (Washington) ()

Este Retrato de muller, chamado de Xenebra de Benci é un cadro atribuído a Leonardo da Vinci, datado cara a 1474-76. Está realizado ao témpera e óleo sobre táboa (madeira de álamo). Mide 38,8 cm. de alto e 36,7 cm. de ancho. Foi adquirido pola National Gallery of Art de Washington en 1967 por 5 millóns de dólares pagos á Casa Real de Liechtenstein, un prezo récord para ese tempo.

Crese que é un retrato de Xenebra de Benci (Ginevra de' Benci), o que explicaría a representación do enebro ás súas costas.[1] De feito, tamén se coñece como Retrato de muller nova ante un enebro,[2] aínda que actualmente é máis común o outro nome. Foi unha dama da clase aristocrática do século XV de Florencia, admirada pola súa excepcional intelixencia polos seus contemporáneos florentinos. A Xenebra Benci lémbrase hoxe en día só por ser o tema dunha das 17 pinturas atribuídas a Leonardo da Vinci. Posiblemente no pasado fose máis grande, acurtándose pola parte inferior.

Considérase que é obra do mesmo autor de A dama do armiño do Museo Czartoryski, e en xeral considérase que o autor de ambas foi Leonardo, pero non sen voces disidentes dentro da crítica[Cómpre referencia]. Podería ser feito con motivo do matrimonio de Xenebra, en 1474 ou, dado que ela aparenta máis de 18 anos, puido ser un encargo de anos posteriores do embaixador veneciano Bernardo Bembo, que tiña coa dama unha amizade platónica. Pijoán considera que está datada cara a 1504, cando Xenebra tería trinta anos.

Destaca pola súa estraña luminosidade, e a atención prestada ao detalle. Hai toques de luz no cabelo, ao modo da pintura flamenga. A mirada da modelo mostra seriedade e á súa vez unha beleza excepcional, modelo clásico renacentista. O pintor estendeu a pintura, nalgúns lugares, cos dedos, deixando así marcadas as súas impresións dixitais.

Reverso do retrato

No reverso está representada unha grilanda, cunha rama de loureiro e outra de palma, atada por unha cartela na que pon " VIRTUTEM FORMA DECORAT" (a beleza adorna a virtude). A pintura do reverso podería aludir á castidade do sentimento amoroso que Xenebra inspirou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na etimoloxía popular, " Ginevra" asociouse falsamente co enegro, cando en realidade é un termo de orixe galesa popularizada polas novelas de cabalerías desde Chrétien de Troyes, que deu este nome á esposa do rei Artur.
  2. O cineasta Andrei Tarkovski utiliza este retrato para a súa película Zerkalo (O espello), segundo comenta el mesmo (ver Andrei Tarkovski: Esculpir no tempo, Madrid: Rialp, 9ª ed. 2008, p. 131.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]