EROSKI_JULIO_2020_GALLEGO

Page 1

#58 Xullo-Agosto’20

www.eroski.es

Especial grella Ideas para cociñar a mellor churrascada

Xeados Na variedade está o gusto

Sabor a verán Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.


EROSKI 58 EL ABUELO.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

17/06/20

13:25


sumario xullo-agosto’2020

www.eroski.es

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

08 Bonito do Norte EROSKI Natur MSC e bonito do Mediterráneo

26 Churrascada

32 Refresca o teu verán

36 Xeados

04 Neste número.

36 Xeados.

06 O último nas nosas tendas.

42 Coidados esenciais para a túa pel

08 Bonito do Norte EROSKI Natur MSC e bonito do Mediterráneo. 14 Petisco de peixe. 18 A viaxe da anchoa. 26 Ideas para preparar unha churrascada.

44 Beleza

18 A viaxe da anchoa

con produtos belle. 44 Edición limitada ‘L.A. Confidential’ de belle&MAKE-UP. 46 Viaxes: Costa Daurada. 48 As vantaxes de EROSKI club.

30 Comidas sen complicacións.

51 Vales aforro.

32 Refresca o teu verán.

54 Novas.

3

003 SUMARIO GAL.indd 3

18/6/20 13:37


neste número O momento de volver gozar Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club

E

ste ano afrontamos un verán diferente. Moitas actividades estivais non van ser o mesmo, pero non por iso temos que renunciar a gozar desta época. En EROSKI querémoste axudar a facer máis doado recuperar os pequenos praceres do verán, como organizar un xantar ao aire libre, un petisco con amigos ou refrescarte cun delicioso xeado. Neste número achegámosche os mellores produtos do período estival cunha proposta de menús lixeiros para gozar deles e presentámosche as últimas novidades que vas atopar nas nosas tendas. Aproveito este espazo para lembrar que, aínda que os peores días da pandemia quedaron atrás, en EROSKI seguimos a traballar pola túa tranquilidade e pola de todos, para que a tenda sexa un lugar aínda máis seguro. Con medidas de prevención e protocolos de seguridade que actualizamos continuamente, e aos que agora engadimos un máis: o inicio do proceso da certificación Clean

Site das nosas tendas con Bureau Veritas, líder mundial en probas de inspección e verificación. Con esta iniciativa, querémoslles ofrecer aos nosos clientes e a quen traballa nos nosos establecementos a tranquilidade de que os nosos protocolos, e mais a aplicación que estamos a facer deles, son os correctos para asegurar as mellores condicións para todos. Coa confianza de facer a compra con total seguridade, anímote a inspirarte con este número e facer deste verán algo especial.

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Imprenta: MCC Graphics. Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11. 20100 Errenteria (Gipuzkoa). Tel. +34 943 344 614

Difusión: Controlada por OJD

Depósito Legal: BI-222-2015

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

REALIZACIÓN EDICIÓN

4

004-005 EDITORIAL GAL.indd 4

17/6/20 18:15


Agora, a responsabilidade individual será o éxito colectivo

EROSKI,

tenda + segura Seguridade e limpeza diaria en toda a tenda. Reforzamos a limpeza e as medidas de prevención para facilitar unha compra máis segura: • Uso de luvas para todo o persoal de tenda e un protocolo para desinfectar as mans con solución hidroalcohólica. • Evitar a manipulación do produto no embolsado e doutros elementos no momento do pagamento. • Manter a distancia de seguridade entre persoas. • Reforzar o servizo de limpeza e desinfección. • Instalar pantallas de protección nas caixas. • Limitar o número de clientes dentro das nosas tendas. Protocolo de entrega a domicilio. Entregamos os pedidos no fogar baixo rigorosas medidas de prevención para protexer a saúde dos clientes. Na entrega a domicilio de electrodomésticos: • O cliente non está presente durante a instalación. • O instalador usa luvas, pantalla facial, máscara e xel desinfectante. • Desinféctase a zona de montaxe antes e despois da instalación. • De haber persoas infectadas ou en corentena no fogar, a entrega realizarase no relanzo da vivenda. Protocolos específicos. Nas seccións de téxtil, bazar e electrodomésticos dos nosos hipermercados contamos con máis medidas de seguridade: • Desinfectamos todos os artigos antes e despois da súa manipulación. • Aplicamos os protocolos de hixiene e desinfección en tenda tamén para reparacións e devolucións. • Respectamos a corentena na devolución de produtos. • Mantemos os probadores fóra de servizo. ‘App’ EROSKI. Para reducir o contacto físico, podes pagar coa app EROSKI club Pay. Activando o tícket de compra dixital, poderás consultar e descargar os tíckets sen necesidade de gardalos en papel.

5

004-005 EDITORIAL GAL.indd 5

17/6/20 18:15


o último Marmeladas para todos Para almorzar ou acompañar, coas novas marmeladas EROSKI terás máis sabores onde elixir e tamén opcións máis sostibles e saudables.

EROSKI BASIC

0% AZUCRES

BIO

Descubre as novas marmeladas ao mellor prezo. De albaricoque, pexego, ameixa, amorodo e o novo sabor de laranxa amarga. Elaboradas cun 57% de froitas, non teñen glute nin colorantes.

Se buscas a opción máis saudable, estas variedades están elaboradas cun 70% de froita e non teñen azucres engadidos. De amorodo, albaricoque, ameixa e pexego. Non conteñen colorantes nin glute.

Están elaboradas con anacos de froita. Amorodos, arandos, framboesas e pexegos procedentes da agricultura ecolóxica. As nosas novas marmeladas eco teñen un 70% de froita.

NUTRI-SCORE

NUTRI-SCORE

NUTRI-SCORE

A B C D E

A

A B C D E

C D E

Novos lácteos naturais EROSKI Pola súa achega de calcio e outros nutrientes, os lácteos enteiros son moi recomendables en todas as idades e forman parte dunha alimentación saudable e equilibrada. Agora, chegan ás nosas tendas dúas novidades: kéfir e iogur natural líquido EROSKI.

NUTRI-SCORE

A B C D E

O noso iogur líquido natural é sinxelamente iso, iogur enteiro sen edulcorantes nin azucres engadidos, sen aromas, nin conservantes. Pódese consumir só ou combinado con froita ou cereais, o que o converte

na opción ideal para os adultos e mais os nenos que queiran tomar o iogur de xeito habitual. Á nosa familia de iogures e sobremesas lácteas tamén se incorpora o kéfi r. É un

produto que se obtén por medio da fermentación de diferentes fermentos e bacterias. O kéfi r EROSKI elabórase seguindo o xeito tradicional e non se lle engaden azucres, nin edulcorantes.

6

006-007 LO ULTIMO GAL.indd 6

17/6/20 20:31


Fala Tanqueray para EROSKI club

Chega Tanqueray Gin Tonic

T

anqueray Gin Tonic é unha bebida preparada con xenebra Tanqueray e tónica, lista para servir con xeo. Unha maneira deliciosa e doada de

saborear e gozar na casa dunha copa de calidade, como se a preparase un bartender experto. O gintonic defi nitivo preséntase nunha elegante botella de vidro de 275 ml con tapón de rosca. E só ten 190 calorías por unidade!

www.disfrutadeunconsumoresponsable.com 6,5%. Só para maiores de 18 anos

SUAVIDADE E COIDADO O novo xel Pure Aqua Micelar de belle está formulado con auga de glaciar dos Alpes. Ten partículas micelares e pH neutro, polo que limpa con respecto a pel. Está especialmente indicado para o coidado e benestar de toda a familia.

Fala Parodontax para EROSKI club

Axuda a deter e previr o sangrado de enxivas con Parodontax

A

s enxivas sas non sangran. Se sangras ao cepillares os dentes ou ao usares o fío dental, podería ser un signo de enfermidade das enxivas. Se o problema non se

trata, pode empeorar, causando mal alento, arrubiamento, infl amación, retracción das enxivas e, fi nalmente, a perda de pezas dentais. Á hora de eliminar a acumulación de

bacterias, Parodontax é catro veces máis eficaz* ca unha pasta de dentes convencional. Mantén a unión entre a enxiva e o dente e axuda a deter e previr o sangrado de enxivas se se usa dúas veces ao día. *Tras unha limpeza profesional e con dous cepillados ao día. Isto aplica unicamente ás pastas de dentes Parodontax, exceptuando a variante branqueante diaria. As pastas de dentes Parodontax cumpren coa normativa vixente de produtos sanitarios. PM-É-PAD-20-00063.

AGORA CON MENOS SAL O caldo de verduras EROSKI é a solución perfecta para utilizar como base de moitas receitas. Está elaborado coa mellor selección de verduras e agora, ademais, ten menos sal. Grazas á súa coidada preparación e ao tratamento térmico UHT, conserva todas as súas propiedades e sabor sen necesidade de engadir aditivos nin conservantes.

7

006-007 LO ULTIMO GAL.indd 7

17/6/20 20:32


este mes

O peixe máis estival Co verán e o aumento da temperatura do mar, chegan ás nosas costas o bonito do Norte e o bonito do Mediterráneo. O primeiro continúa a súa viaxe cara a augas máis frías, coma as do Cantábrico, e o segundo cara ao Mediterráneo. Estes dous túnidos, apreciados polo seu sabor e propiedades nutritivas, están en plena campaña e son unha excelente opción para gozar de deliciosos pratos saudables.

BONITO DO NORTE EROSKI NATUR ATA OUTUBRO. Atoparás nas nosas peixerías bonito do Norte, un peixe exquisito do que se poden aproveitar moitas partes. Converteuse no rei do verán por mor das súas propiedades e das súas moitas posibilidades gastronómicas. DO ATLÁNTICO NORTE. A costeira é entre xuño e setembro, cando se concentran preto das costas no mar Cantábrico. As frotas locais péscanos á cacea ou ao corricán, un a un, utilizando cebo vivo. Así evítase que se machuquen ou esmaguen, como acontece ao se capturaren con redes, e isto garante unha carne de maior calidade.

Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC-C-55670

NA COCIÑA. Ofrece moitas alternativas. O seu cocote é tenro e de sabor suave, os seus lombos teñen unha carne magra e sen espiñas, os toros son saborosos e doados de preparar, a cola é a parte menos graxa e ten poucas espiñas e a ventrecha é a peza máis tenra e apreciada. SOSTIBLE. Se na nosa peixería elixes bonito do Norte EROSKI Natur, amais de gozar dun peixe de gran calidade, asegúraste de que se trata dun produto que cumpre con todas as garantías de sustentabilidade. Así o certifica o selo azul de MSC.

8

008-009 BONITO DEL NORTE GAL.indd 8

17/6/20 18:22


BONITO DO MEDITERRÁNEO DO MEDITERRÁNEO. Este peixe azul é moi apreciado. De gran tamaño, é típico na zona mediterránea e ten unhas características liñas negras no abdome.

DE TEMPADA. Atoparalo nas nosas peixerías dende finais de abril ou comezos de maio ata outubro. É durante esta época cando os exemplares se achegan á costa para se reproduciren.

ASÍ SE PESCA. Antes, pescábase mediante almadrabas cando os peixes pasaban preto da costa nas súas migracións. Actualmente, captúranse con artes de cerco e palangre, é dicir, con anzol. Deste xeito a carne ten máis calidade.

RECEITAS. As súas partes máis apreciadas son a ventrecha ou os lombos, pero admite moitas preparacións como entrante ou principal. Podemos elaborar estufados, hamburguesas..., pero o máis tradicional é preparalo con tomate e cebola.

PREPARÁMOLO AO TEU GUSTO Nas nosas tendas podes pedir que preparen como queiras estes peixes. Os nosos peixeiros límpanchos e asesórante sobre que peza é a máis axeitada en función da receita coa que pretendas sorprender os teus comensais.

9

008-009 BONITO DEL NORTE GAL.indd 9

17/6/20 18:22


este mes

Tacos de bonito

Mesturar ben todos os ingredientes ata que estean integrados totalmente.

graxas saturadas, estas proceden de fontes saudables como o lácteo natural.

Para a base: 300 g de bonito 16 tomates cherry ½ cebola vermella 100 g de brotes de ensalada 8 tortillas pequenas de trigo para tacos 1 limón

Incorporar o cogombro e a hortelá picada e mesturar.

Enfornar as tortillas para tacos a 175 ºC durante cinco minutos.

Propiedades nutricionais. É un prato bastante completo grazas ás hortalizas, os cereais e a proteína saudable e de calidade que achega o bonito. Ademais, os ingredientes vexetais non se cociñan e así manteñen intacto o seu contido nutricional.

Para a salsa tzatziki: 250 g de iogur grego 1 cogombro ½ dente de allo 2 culleradas de vinagre 2 culleradas de aceite de oliva 1 cullerada de hortelá picada Sal e pementa

Salpementar o bonito e cociñalo nunha prancha cun pouco de aceite de oliva ata que estea dourado. Retirar a pel exterior e cortalo en tacos.

Truco. Se queres diminuír a graxa saturada, e, polo tanto, as calorías do prato, podes utilizar iogur natural enteiro ou desnatado no canto do grego.

Cortar a cebola e o tomate en dados.

Colocar sobre as tortillas os brotes de ensalada, a cebola, o tomate e o bonito. Encher os tacos coa salsa, engadir un pouco de limón e servir.

ELABORACIÓN. Pelar e relar o cogombro. Colocar sobre un pano e espremer ata liberar todo o seu zume. Relar tamén o allo. Nunha cunca, engadir o iogur, o allo, o aceite, o vinagre, o sal e a pementa.

COMENTARIO DIETÉTICO Unha receita orixinal que pode axudar a que os máis pequenos se animen a comer peixe. Aínda que o Semáforo Nutricional amosa unha cantidade moderada de

Receitas que nunca fallan

1,14 €

POR PORCIÓN

Racións: 4

Dificultade

Elaboración

35’ NUTRI-SCORE

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

425 21%

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

20,02G 7,01G

7,96G

1,27G

9%

21%

GRAXA

29%

35%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

30 10

010 RECETA BONITO GAL.indd 30

17/6/20 18:57


EROSKI 58 SERRATS.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

17/06/20

13:30


este mes

Ensalada de bonito mariñado e ceboliña Para a ensalada: 300 g de bonito. (Debe estar conxelado, xa que se vai consumir en cru) 4 albaricoques 1 manchea de framboesas frescas 4 mancheas de brotes verdes de eiruga e herba dos cóengos 1 ceboliña fresca Sementes de sésamo Para a mariñada: 2 culleradas de aceite de sésamo 6 culleradas de vinagre de arroz Sal e pementa acabada de moer Reladura de 1 lima Para o aliño: 4 culleradas de aceite de oliva virxe extra 2 culleradas de vinagre de mazá 1 albaricoque maduro Sal e pementa acabada de moer

ELABORACIÓN. Preparar a mariñada mesturando todos os ingredientes nun frasco de cristal. Axitar e reservar. Preparar o aliño engadindo todos os ingredientes no vaso do batedor. Bater ata que o albaricoque estea ben triturado e integrado na mestura. Reservar. Partir o bonito en dados duns 0,5 cm de lado. Engadir a mariñada e levar ao frigorífico durante uns 10-15 minutos. Lavar os albaricoques e retirar o óso. Cortar en cuñas. Pelar e cortar a ceboliña en plumas finas.

substanciosa e fresca. Se se prefire, no canto do albaricoque, tamén se poden usar outras froitas de tempada, como a nectarina ou o pexego. Propiedades nutricionais. O bonito é un peixe azul que conta cunha boa achega de graxas omega 3, amais de proteínas de alta calidade, vitaminas D e B12 e minerais: fósforo e selenio. As graxas desta receita son de moi boa calidade, cardiosaudables, e é que ás do bonito se engaden as do aceite de oliva e as do sésamo. Os outros ingredientes vexetais achegan fibra, e máis cantidade e variedade de minerais, vitaminas e outras substancias tamén beneficiosas (fitoquímicos).

Para montar a ensalada, colocar uns brotes verdes no fondo do recipiente onde se vaia servir. Incorporar os dados de bonito mariñado, a froita fresca e as plumas de ceboliña. Aliñar e engadir as sementes de sésamo. COMENTARIO DIETÉTICO Unha ensalada completa e saudable. Ao contar co bonito mariñado, resulta moi

1,90 € POR PORCIÓN

Receitas que nunca fallan

Racións: 4

Dificultade

Elaboración

15’ NUTRI-SCORE

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

295 15%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

21,09G 3,50G 6,96G 0,34G 30%

18%

8%

6%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

12

012 RECETA ENSALADA BONITO GAL.indd 12

18/6/20 13:44


este mes

Aguacate ao forno con salmón afumado e ovo de paspallás 2 aguacates 4 ovos de paspallás 4 lascas de salmón afumado Sal Pementa Herbas aromáticas

ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 220 ºC Cortar os aguacates pola metade e retirar o óso. Quitar tamén un pouco de carne do aguacate se se ve que o oco é pequeno para enchelo.

COMENTARIO DIETÉTICO Hai moitas froitas que se poden asar, enfornar ou mesmo cociñar á prancha ou á grella. Aínda que perden parte dalgunhas vitaminas pola acción da calor, é un bo xeito de tomar as racións diarias recomendadas. No canto de salmón, podemos utilizar outros alimentos como cogomelos, espárragos trigueiros, pementos, tomates, etc. Propiedades nutricionais. Destacan especialmente o contido en graxas cardiosaudables (insaturadas), o ácido oleico do aguacate e os omega 3 do salmón. Apta para: substituíndo o salmón por un alimento vexetal sería unha receita apta para ovovexetarianos e ovolactovexetarianos.

Colocar no oco do óso o salmón afumado e engadir o ovo enriba. Enfornar uns 15 minutos. Salpementar.

1,19 €

Receitas que nunca fallan

POR PORCIÓN

Racións: 4

Dificultade

Elaboración

20’ NUTRI-SCORE

A

C D E

UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

149 7%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

10,63G 1,47G 15%

7%

AZUCRES

SAL

4,23G

1,21G

5%

20%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

13

013 RECETA AGUACATE CON SALMON GAL.indd 13

18/6/20 13:41


este mes

Cor e sabor para os teus pratos O peixe pódese converter no verán nunha opción saborosa e as. saudable para xantares, ceas e mesmo para petiscar entre horas. o, En EROSKI, amais de produto fresco de tempada, como o bonito, atoparás unha ampla oferta de sucedáneo de angula, surimi, ceita salgaduras ou afumados que che permitirán preparar unha receita rápida ou darlles un toque diferente aos teus pratos.

SUCEDÁNEO DE ANGULA A La Gula del Norte®. Unha opción deliciosa, moi doada de preparar,, que combina cunha morea de receitas de peixe, marisco, pasta ou verduras. Achégalles calidade aoss pratos, sorprende a todos e nunca a falla! Ademais, se non tes tempo ou ganas de cociñar, podes gozar das as porcións xa preparadas de La Gula a del Norte ® Alminuto ®: só ten que quecer un minuto no microondas, e velaí o tes!

14

014-016 PICOTEO SANO GAL.indd 14

17/6/20 18:50


SURIMI SURIM S Grazas á súa versatilidade, G poderalo podera tomar en todo p tipo de pratos: ensaladas, t espetos, espetos sándwichs, canapés... e Deixarate Deixara abraiado! D

Barriña Krissia ®. Unha opción ideal para lles dar cor e sabor ás túas receitas, ao tempo que coidas a túa saúde, xa que son unha fonte natural de proteína e omega 3. Ademais, agora podes optar polas barriñas 0%, que manteñen todo o sabor e calidade, pero cun 0% de materia graxa. Paíños de surimi EROSKI MSC. Os paíños de surimi que atoparás nas nosas tendas teñen o selo MSC, que certifi ca que se elaboraron con peixe capturado de xeito sostible e respectando o medio natural.

MEXILLÓNS Aguinamar ®. Gozar dos produtos Ag os do mar nunca foi tan doado. Deliciosos mexillóns listos para De tomar con tan só quentalos uns to minutos no microondas. m Utilízaos tal cal ou en diferentes Ut receitas como pasta ou arroces. rec EROSKI. Están pasteurizados ER e envasados ao baleiro, para e que qu os poidas cociñar en varios minutos ao baño maría ou no mi microondas. A DOP Mexillón de m Galicia avala a súa orixe. Ga

15

014-016 PICOTEO SANO GAL.indd 15

17/6/20 18:51


este mes

ANCHOAS E ‘GILDAS’ Lorea. Dende 1867, máis de 150 anos de tradición conserveira. Anchoas coidadosamente seleccionadas pola súa frescura e tamaño, capturadas no Mar Cantábrico durante a costeira de Primavera. Mantéñense en curación durante 12 meses e o fileteado lévase a cabo de xeito tradicional. A súa suavidade, limpeza e tamaño proporciónanlles unha sobresaínte nota de cata.

Zubelzu. Se queres saborear un dos pintxos tradicionais do País Vasco, esta marca preséntache a clásica ‘gilda’. Elaborada con anchoa e co auténtico chile de Ibarra Eusko Label. SELEQTIA. Anchoas pescadas no Cantábrico. Curan seguindo o método tradicional e envásanse en aceite de oliva.

Arteiñaki. Un produto seleccionado nos mellores portos pesqueiros pola súa orixe e frescura. O rigoroso control no seu proceso de elaboración ofrece a máxima calidade para gozalas máis desalgadas, máis limpas e co punto xusto de sal.

SALMÓN AFUMADO Martiko. Cun alto contido en omega 3, está afumado suavemente con madeira de faia e envasado manualmente de xeito tradicional, co que se acada un produto delicado ao gusto e á vista, ideal para o petisco máis san. SELEQTIA. Afumado con madeira de faia, este delicioso salmón ten a textura suave e firme que lle proporciona a cría nas xélidas augas dos fiordes noruegueses. A súa cor alaranxada con matices rosáceos avala a súa gran calidade. Distínguese pola súa carne substanciosa, fundente en boca e sabor a fume suave, o que lle confire un equilibrio perfecto. EROSKI basic. Salmón afumado alto en omega 3 e en proteínas a un prezo económico.

16

014-016 PICOTEO SANO GAL.indd 16

17/6/20 18:51


EROSKI 58 COCIMAR.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

16/06/20

15:52


este mes

A VIAXE DA ANCHOA

Do mar á peixería Que acontece dende que se captura un peixe ata que chega ao supermercado? Canto custa levalo á tenda e quen participa no proceso? Por que é importante que chegue en menos de 24 horas?

C

ontámosche o percorrido que fai a anchoa dende o mar ata a tenda. Tras a súa captura, descárgase no porto, mércase na lonxa, clasifícase, envíase á plataforma e chega ás nosas peixerías.

Un exercicio de transparencia ligado á nosa vocación social como cooperativa de consumo e ao noso compromiso de te informar para que, como consumidor, poidas decidir a mellor opción de compra.

1

A través destas liñas amosámosche a viaxe que fai a anchoa EROSKI Natur dende que se pesca no Cantábrico ata que chega á túa mesa e como contribúe ao desenvolvemento económico e social dos implicados. Un proceso no que o tempo é clave.

A PESCA

Na primavera e no verán, cando o sol quenta a superfi cie do mar, as anchoas ascenden ás capas superiores para se alimentaren e reproduciren. Daquela xa adquiriron maior cantidade de graxa e a súa carne é máis aromática e saborosa, polo que é a mellor época para as pescar. Comeza entón a campaña da anchoa no Cantábrico que, polo xeral, se estende de marzo a xuño. Este ano comezou en marzo, aínda que estivo suspendida durante un mes pola excepcional situación xerada pola COVID-19. Outra característica da pesca da anchoa é que, para protexer a especie, se establecen límites de pesca ou cotas. Os permisos para a súa captura comezan en marzo e esténdense ata que remata a

cota asignada, polo que, se a frota alcanzou o tope antes do mes de xuño, non é posible pescar máis. Durante a campaña, os barcos saen faenar ata a alborada buscando bancos de anchoa. Cando atopan un, lanzan as redes. A anchoa EROSKI Natur péscase só con embarcacións certifi cadas co selo MSC (Marine Stewardship Council), que traballan con redes de cerco, un método selectivo e respectuoso co medio mariño, xa que non se capturan outras especies e o dano ao ecosistema é mínimo. Os requisitos de MSC contrólanse mediante auditorías externas, que só dan o visto bo se se garante que o proceso se leva a cabo de xeito minucioso, metódico e contrastable.

18

018-022 CADENA DE VALOR ANCHOA GAL.indd 18

17/6/20 18:31


2 3

A CHEGADA AO PORTO Así que remata a faena, os barcos regresan á terra para venderen as súas capturas nos diferentes portos. Descárgase o peixe e comeza a poxa. Neste momento, os nosos compradores analizan a cantidade e o tamaño

aproximado da anchoa e deciden que e canta mercar. Para fomentar a actividade económica de proximidade, en EROSKI priorizamos a compra de anchoas que chegan a portos locais a través de subministradores da zona.

A POXA As poxas realízanse dende que chegan os barcos coa captura. Un vez na lonxa, dependendo do fi n ao que estea destinada a anchoa, os compradores fíxanse nunhas características ou noutras. Se é para a vender en peixería, a tersura e frescura do peixe

priman sobre o tamaño, pero se se vai destinar á conserva, o tamaño é o elemento principal que hai que ter en conta. Velaquí a razón pola que a anchoa para conserva se merca en abril e maio, cando é máis grande e carnosa.

TAMAÑOS MÍNIMOS Durante a poxa e compra da anchoa, os inspectores dos portos controlan o tamaño das pezas. O peixe capturado non pode estar por baixo do mínimo permitido que, no caso da anchoa, se traduce en arredor de 60 pezas por quilo. O tamaño mínimo é un requisito fundamental para asegurar a supervivencia da especie. Dependendo da orixe, varía este tamaño: a máis pequena procede de Italia e a máis grande, do Cantábrico. No caso da anchoa EROSKI Natur esiximos un tamaño mínimo aínda maior.

EROSKI Natur: 14 cm*

Cantábrico: 12 cm*

Mediterráneo: 10 cm*

Italia: 9 cm* *Tamaños mínimos

0 1 2 3 4

5 6

7 8 9 10 11 12 13 14 15

19

018-022 CADENA DE VALOR ANCHOA GAL.indd 19

17/6/20 18:31


este mes

4

PREPARACIÓN PARA O TRANSPORTE Unha vez adquirida, a anchoa embálase en caixas con auga e xeo e transpórtase en camións refrixerados cunha temperatura controlada que non supera os dous graos. Deste xeito garántese que o peixe non perda a súa frescura.

5

CHEGADA Á NOSA PLATAFORMA O seguinte paso é a chegada das caixas de anchoas ás nosas plataformas de frescos, que son as instalacións que reciben os produtos frescos, como o peixe, e dende as que se distribúen a todos os nosos supermercados. Os peixes e mariscos mercados nas poxas dos portos de toda a xeografía téñense que preparar e axustar a diario aos pedidos e necesidades de cada peixería. Xa que logo, o envío para un supermercado pode conter anchoas, pescada ou bonito procedente de portos do Cantábrico, salmón de Noruega, bois de mar de Escocia, mexillón de Galicia, dourada de Murcia, etc. Esta operación repítese acotío e varía segundo as capturas que chegan aos portos e as necesidades de cada tenda.

20

018-022 CADENA DE VALOR ANCHOA GAL.indd 20

17/6/20 18:32


6

DA PLATAFORMA Á TENDA No transporte prima a frescura. Por iso, a viaxe dende a plataforma ás tendas realízase pola noite, para que o produto chegue antes da apertura da tenda. Outro requisito para manter a frescura é conservar a cadea de frío, polo que o traslado se realiza en camións refrixerados, garantindo a temperatura con termógrafos controlados por GPS. Todo iso encarece a loxística.

7

NA PEIXERÍA Menos de 24 horas despois de pescalas, as anchoas xa están listas para as mercares na túa tenda EROSKI. Esta rapidez permite que cheguen tan frescas á túa mesa, mantendo todo o seu sabor e textura. Amais da frescura e orixe garantida, nas nosas peixerías tamén limpamos o peixe e

aconsellámoste sobre o mellor xeito de preparalo. E facemos encargos, de xeito que poderás estar seguro de que terás o produto axiña e comodamente. Se tes calquera dúbida, os nosos profesionais explicaranche todo o que queiras saber sobre as anchoas, a súa orixe ou o signifi cado dos seus selos e certifi cacións, aconsellarante sobre a súa conservación ou poderanche suxerir unha receita orixinal. Ao igual ca o resto de especialistas de EROSKI, os profesionais desta sección aprenden da man dun selecto grupo de expertos cunha longa experiencia en aspectos como o produto, os seus usos, técnicas de preparación, seguridade alimentaria, calidade e servizos de tenda.

Este ano, gañamos o Premio Europeo de Medio Ambiente polo noso traballo na xestión e distribución de peixe procedente de caladoiros e acuicultura sostibles. No 2019, mercamos 3.144 toneladas de peixe con certifi cación de sustentabilidade.

21

018-022 CADENA DE VALOR ANCHOA GAL.indd 21

17/6/20 18:32


este mes

Así se reparte o prezo de 1 kg de anchoa EROSKI Natur 100%

IVA

0,52€

90%

EROSKI tenda

1,34€

80%

Recepción e preparación do mostrador, minguas de produto, gasto en frío (cámaras refrixeradas e produción de xeo) e asistencia á venda (limpeza do produto, materiais para envases e envoltorios).

70%

EROSKI distribución

0,77€

60%

Almacenista

50%

Maquinaria, instalacións, control de calidade, confección de pedidos de tenda, loxística da orixe ás plataformas e tendas e persoal.

0,63€

Caixas, xeo, persoal para a compra e preparación para o envío.

40%

Mariñeiro e confraría

1,93€

30%

Mantemento do barco, soldo, redes e material de pesca.

20%

PVP por quilo

5,19€

10%

Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC-C-55670

0%

22

018-022 CADENA DE VALOR ANCHOA GAL.indd 22

17/6/20 18:32


José Antonio Bereciartua, almacenista de Peixes Bereciartua

“Mercar peixe en portos locais supón un pulo ao tecido produtivo das vilas mariñeiras” O noso compromiso por un peixe de calidade e responsable co contorno pasa por traballar con provedores como Peixes Bereciartua. A pequena empresa familiar de José Antonio Bereciartua leva máis de 25 anos colaborando con EROSKI para que cheguen ás nosas tendas os mellores peixes que se descargan acotío nos portos.

Que é o que máis valorades á hora de traballar connosco? A compenetración que temos. Traballamos coma se estivésemos integrados en EROSKI. Isto, a nós como provedores, proporciónanos competitividade e a capacidade de medrar na calidade e mais na variedade dos peixes que traballamos e que ao final o cliente atopa na peixería. EROSKI aposta polo produto local tamén na pesca. Que supón isto para vós? Permítenos mercar os produtos en persoa nas distintas lonxas dos nosos portos. Esa proximidade, e o coñecemento exhaustivo do xénero, favorece a selección de produtos de gran calidade. Ademais, ao traballarmos en portos locais, redúcese o número de intermediarios que interveñen na a compra. En que lle repercute ao consumidor o feito de que a frota sexa local e a anchoa se pesque no Cantábrico? A maior vantaxe do produto local é a proximidade, que repercute directamente na calidade. Permite que, así que remata a poxa no porto, o peixe estea nas tendas en 24 horas. Outro dato que cómpre salientar é que a frota ten o certificado MSC e cumpre co compromiso de pesca

sostible, o que garante a súa captura en anos posteriores. E que supón para os mariñeiros e confrarías? Para as confrarías é dunha importancia vital o apoio de distribuidores coma EROSKI, xa que a compra de peixe en portos locais supón un pulo ao tecido produtivo das vilas mariñeiras.

EROSKI Natur ofrece un produto de calidade, pero con maiores esixencias. Que supón isto no caso da anchoa? A nivel de calidade, supón unha superación e proporciona seguridade de traballo. As esixencias en sustentabilidade e trazabilidade de EROSKI Natur e MSC fixéronnos actualizar e modernizar as nosas instalacións.

23

023-024 CADENA DE VALOR ENTREVISTAS GAL.indd 23

17/6/20 19:07


este mes

Xavier Irigoien, director científico do centro tecnolóxico AZTI

“Os compromisos de EROSKI axudan a preservar a pesca e permítenlle ao consumidor elixir de xeito informado” se merca se xestiona dun xeito sostible. É importante que sexamos conscientes de que unha mesma especie capturada en diferentes lugares pode estar ser pescada e xestionada de diferentes maneiras. A certificación asegúralle ao consumidor que ese peixe en concreto o capturou unha frota baixo unhas regras de xestión que se respectan e que aseguran unha pesca sostible.

AZTI é un centro tecnolóxico que busca solucións para lles dar resposta aos grandes desafíos da cadea de valor da alimentación e do mar. Xabier Irigoien, o seu director científico, explícanos a importancia que ten unha pesca sostible para o coidado dos ecosistemas mariños e para o mantemento de especies coma a anchoa.

Tras anos en risco, como se deu recuperado a anchoa? É unha historia de colaboración entre o sector pesqueiro, que é consciente da necesidade de ter unha actividade sostible e aposta polo longo prazo no canto de buscar o beneficio inmediato; a Administración, que apoia o sector e traslada as súas demandas a Madrid e a Bruxelas, e o sector científico, que acumulou un coñecemento abondo para xerar unhas regras de captura que aseguren a sustentabilidade da actividade. Cales son esas regras? A abundancia da anchoa depende, sobre todo, das cantidades que anualmente entran na pesqueira e isto pode variar moito de ano en ano. Hoxe en día, están establecidas unhas regras de explotación. Unha vez estimada a biomasa (cantidade total de materia viva presente nunha comunidade ou ecosistema) todo o mundo sabe canto se pode pescar. As regras son relativamente simples: por baixo de 24.000 toneladas de biomasa non se pesca e entre 24.000 e 88.000 péscase arredor dun 34% da biomasa, con 33.000 toneladas como captura máxima.

A anchoa EROSKI Natur péscase con artes de cerco. É importante a arte de pesca utilizada? Si, porque o cerco é unha arte moi selectiva, con moi poucas capturas accesorias. É dicir, que cando se está a pescar anchoa non se capturan outras especies asemade. Mesmo nos casos nos que a especie que entra na rede non é anchoa, o cerco permite liberar os peixes vivos. Isto fai que sexa unha arte moi selectiva, cun dano mínimo ao ecosistema. Cal é o valor da etiqueta azul MSC ou de marcas como EROSKI Natur? Estas certifican que o peixe que

Traballar con mariñeiros locais é tamén unha aposta pola sustentabilidade? Abofé que si. A pesca, ao igual ca os outros sectores da nosa sociedade, está sometida a unha competencia con produtos de diferentes orixes, capturados baixo condicións moi distintas. Á parte da frescura e da calidade, unha cadea curta, cunha relación moi próxima entre o mariñeiro, o comercializador e o consumidor, facilita que as informacións sobre as condicións da captura se transmitan dun xeito fidedigno. A distribución xoga un papel importante na sustentabilidade e futuro do sector. Os nosos compromisos en materia de pesca sostible axudan a preservalo? Por suposto. Adóitase dicir que o consumidor ten o poder final, pero este só pode exercer ese poder de elección se está informado, e esa información a miúdo non a ten. Por iso, son importantes os compromisos tomados por EROSKI que axudan a preservar a pesca pero, sobre todo, permítenlle ao consumidor elixir sempre dun xeito informado.

24

023-024 CADENA DE VALOR ENTREVISTAS GAL.indd 24

17/6/20 19:07


‘Pintxos’ de anchoa e piquillo 24 anchoas 6 pementos do piquillo 12 rebandas de pan integral 2 ovos 1 ollo de Tudela 2 culleradas de alioli Fariña Aceite de oliva virxe extra Sal

ELABORACIÓN. Limpar as anchoas, abrilas e quitarlles a espiña. Cortar os piquillos pola metade. Colocar unha lámina de piquillo entre dúas anchoas e salgar ao gusto. Quentar o aceite a lume medio-alto, pasar as anchoas xa recheas por fariña e ovo batido e fritir. Enfornar as rebandas de pan durante dez minutos a 180 ºC.

Antes de servir, untar as rebandas de pan co alioli, colocar unha folliña do ollo de Tudela e, sobre ela, a anchoa rechea. COMENTARIO DIETÉTICO Unha receita moi completa, que se pode usar como entrante ou prato principal completando o menú cunha porción de hortaliza (ensalada, gaspacho, etc.) e froita. Unha opción orixinal para consumir este peixe azul e aproveitar ao máximo a súa tempada. Ao rebozar as anchoas e incluír o pemento, acádase unha preparación moi substanciosa e saborosa.

Receitas que nunca fallan

Racións: 4

Dificultade

25’

Propiedades nutricionais. Esta receita destaca pola súa achega de graxa que, entre a anchoa, o aceite do rebozado e o alioli, suma unha cantidade moderada. A maioría son graxas saudables: ácido oleico do aceite de oliva e omega 3 procedente do peixe azul.

NUTRI-SCORE

A B C D E

Truco. Coloca un papel de cociña no prato para que enchoupe o aceite do rebozado. Sabías que? As anchoas poden ser unha boa fonte de calcio, grazas a que algunhas das súas espiñas máis finas adoitan ser comestibles.

Elaboración

UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

444 22%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

25,43G 4,62G 3,41G 2,03G 36%

23%

4%

34%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

1,52 € POR PORCIÓN

25

025 RECETA ANCHOA GAL.indd 25

17/6/20 19:06


este mes

As claves para unha churrascada perfecta Costeletas de Ternasco de Aragón EROSKI Natur

Roberto Ojeda Salvador Carniceiro de EROSKI Arcco

F

acer unha churrascada pode parecer sinxelo, pero é moi importante dispoñer da mellor materia prima e entender que cada corte e tipo de carne precisa o seu tempo, modo de preparación e acompañamento para quedar perfecta. Nas nosas carnicerías atoparás as mellores pezas para a túa churrascada, como carnes locais e con selos de calidade diferenciada, e aconsellarémoste sobre o mellor xeito de preparalas para que nada falle. Ademais, podes facer o teu pedido por teléfono rápida e comodamente.

A súa tenrura fai do Ternasco de Aragón unha carne ideal para nenos e maiores. Acada as súas características únicas grazas a unha alimentación a base de leite materno e cereais naturais. Os animais críanse en ganderías aragonesas inscritas na Indicación Xeográfi ca Protexida (IXP), que impulsa o modelo de pastoreo, clave para a conservación do medio natural e para o mantemento da poboación rural. Consello: cómpre que as brasas teñan moita forza, xa que o ideal é cociñar as costeletas de Ternasco pouco tempo para que queden tenras por dentro. Abonda con cinco

minutos por cada lado para quedaren crocantes. Acompáñaas de: salsa de iogur ou salsa César.

Entrecosto de vacún EROSKI Natur O entrecosto é un dos cortes máis apreciados e ten o selo EROSKI Natur, o que indica que se trata dunha carne que destaca pola súa calidade, sabor e tenrura. Ofrecémosche tenreira balear, navarra, galega, Provedella (Cataluña) ou Euskal Okela (País Vasco), orixes que identifi can a autenticidade do animal, á vez que aseguran o futuro das rexións gandeiras.

Consello: as pezas como o entrecosto, e en xeral, todos os produtos de vacún, é mellor asalos ao final. Quedarán perfectos simplemente con cinco minutos por cada lado na grella, preto das brasas. Acompáñao de: salsa brava.

26

026-027 CARNES BARBACOA GAL.indd 26

17/6/20 19:01


Espetos e hamburguesas Nas nosas carnicerías atoparás gran variedade de hamburguesas de vacún, polo ou porco, e tamén mixtas, de pavo e espinacas e de polo e cenoria. Ademais, ofrecemos espetos xa preparados para a grella: de polo, pavo e porco acompañadas de verduras ou adubadas con curry. Consello: os espetos e as hamburguesas son ben doadas de preparar na grella. Para evitar que os paus se queimen

co lume directo hai que empapalos en auga ou protexer os extremos do espeto cun pouco de papel de aluminio. Acompáñao de: mostaza ou alioli.

Costela de porco Duroc EROSKI Natur A carne do porco Duroc ten un sabor máis intenso e máis tenrura, debido a que esta raza ten unha maior infi ltración de graxa e a que segue unha alimentación baseada nunha alta porcentaxe de cereais. Consello: para asar esta carne hai que baixar a temperatura da brasa e facela máis amodo. As costelas precisan tempo para se cociñaren. A clave está en darlle a volta á peza cada media hora e, cunha brocha ou cunha culler, engadir salsa ou aliño para que non se reseque. Acompáñaa de: salsa barbacoa ou kétchup picante.

27

026-027 CARNES BARBACOA GAL.indd 25

17/6/20 19:01


este mes

Churrascada de carne 250 g de costeletas año (unhas 12 costeletas) 200 g de costela de porco adubada 360 g de espetos de pavo (4 espetos)

1,91 €

POR PORCIÓN

COMENTARIO DIETÉTICO A churrascada pódese completar con diferentes opcións, como verduras á grella, ensaladas varias, gaspacho, etc. Tamén podemos combinar a churrascada con algún peixe, como atún, sardiñas ou salmón. Propiedades nutricionais. Destaca o contido en proteínas de calidade, pero tamén de graxas saturadas, sobre todo polo año. Trucos. A costela adubada e os espetos xa levan sal, polo que só cumprirá engadirlles un chisquiño de sal ás costeletas. É recomendable facelo así que a carne estea feita para que quede máis tenra. É importante ter en conta o tipo de carne e o grosor da peza para decidir en que intre incorporar cada unha á grella e que todas queden no seu punto. Neste caso, primeiro hai que pór a costela de porco, que precisa máis tempo. O último serían as costeletas, que se cociñarán máis axiña.

Receitas que nunca fallan

Racións: 4

Dificultade

Elaboración

180’ NUTRI-SCORE

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

312 16%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

17,10G 7,42G 0,99G 1,69G 24%

37%

1%

28%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

28

028 RECETA CARNE BARBACOA GAL.indd 28

17/6/20 19:38


este mes

Verduras á grella con aliño de mel e especias 1 cabaciña 1 berenxena 1 pemento vermello 1 boniato 65 g de mel suave 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra 1 cullerada de sementes de coandro machucadas 1 ½ culleradas de comiño moído Follas de ourego fresco Sal e perexil fresco

ELABORACIÓN. Nunha fonte ampla engadimos as sementes de coandro, o comiño, o mel, o aceite e o ourego. Lavamos e cortamos as verduras en rodas grosas, coma dun centímetro e medio.

Lavamos e pelamos o boniato e cortámolo en cuñas ao longo. Engadimos todas as verduras á fonte do aliño e mesturámolas ben para se impregnaren de todos os aromas e sabores. Asamos ata que as verduras estean torradas por fóra e tenras por dentro. Poñemos ao punto de sal as verduras e esparexémoslles perexil fresco por riba.

Truco. Podes prescindir do mel. As verduras, un toque de sal e un chorriño de aceite de oliva virxe extra unido ao sabor que achega a brasa conseguen un prato delicioso. Apta para: veganos que tomen mel.

Racións: 4

Dificultade

Elaboración

30’ COMENTARIO DIETÉTICO En ningunha grellada debería faltar unha parte de verduras, xa que cómpre lembrar que a metade dos alimentos dunha comida deberían ser froitas e verduras.

NUTRI-SCORE

A B C D E

Propiedades nutricionais. Esta receita proporciona un bo cóctel de vitaminas, minerais e, sobre todo, fibra. Neste caso, o aliño suma azucres.

UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

Sabías que? Ao cociñar as verduras á grella non perden líquido. Isto mellora a achega nutricional e fai que queden máis saborosas.

160 8%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

5,07G 0,78G 19,99G 0,27G 7%

4%

22%

4%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

1,28 € POR PORCIÓN

Receitas que nunca fallan

25 29

029 RECETA PARRILLADA VERDURAS GAL.indd 25

17/6/20 19:36


este mes

Goza sen complicacións Compartir un xantar ao aire libre ou na casa coa familia ou cos amigos sen te complicares na cociña é posible. En EROSKI atoparás todo tipo de produtos para artellar un petisco rápido e delicioso nun viravira.

LISTOS PARA CONSUMIR ENSALANDIA. Pintxo do Norte. Todo o sabor do norte listo para untar na túa torrada ou bocadillo. Ensalada de quinoa. Un produto natural e nutritivo con ingredientes da nosa terra. Ensalada de cangrexo. Moi refrescante, grazas á piña tropical. Unha explosión de sabor!

ATRÉVETE CON ALGO DIFERENTE NACHOS, TORTILLAS E SALSA TACO ZANUY. Cea na casa? Que tal unha alternativa divertida e doada de compartir? Descubre con Zanuy por que son a opción preferida dos consumidores europeos. Sigue a marca en @Zanuy e coñece os seus labregos en #ZanuyKm0. HUMMUS EROSKI. Unha receita orixinal e saudable da que temos variedades para todos.

Campesiña e César inclúen cuberto e aliño. ENSALADA RUSA E ENSALADA ITALIANA ISABEL. Ingredientes frescos e naturais e o mellor atún. Ideais para gozar dunha comida saudable esteas onde esteas grazas ao seu cómodo formato. Inclúen garfo.

ENSALADAS EROSKI. As nosas ensaladas Montañesa,

GASPACHOS E SALMOREJOS GASPACHO AUZOLAN. Elaborado con produtos ecolóxicos da nosa horta. Listo para arrefriar e consumir. Se prefires, engade ingredientes ao teu gusto.

SALMOREJO EROSKI. Contén ingredientes 100% naturais e hortalizas seleccionadas e colleitadas no seu mellor momento de madureza.

30

030-031 SOLUCIONES CULINARIAS GAL.indd 28

17/6/20 19:14


QUENTAR E LISTO A COCIÑA DE SENÉN. Tortilla de pataca. Sigue a receita tradicional gañadora da ‘Mellor tortilla de España’. En cinco minutos, dálle o teu toque e acada a cremosidade e tenrura desexada. Pintxo de ovo. O recordo duns ovos fritos con patacas levado a un só bocado. Unha lámina de

E DE SOBREMESA pataca deshidratada e unha fina cruz de touciño entrefebrado envolven unha delicada xema de galiña. Unha auténtica xoia en miniatura lista en 60 segundos. Croquetas. Sete variedades cremosas e crocantes, elaboradas con materias primas 100% naturais, de km 0 e de primeira calidade. Sen glute.

IOGURES DHUL GOURMAND Con noz de coco. Elaborado con leite enteiro e xenerosos cachiños de coco. Cada cullerada é unha explosión de intenso e irresistible sabor. Con piña e maracuxá. Unha atrevida combinación nun iogur a base de leite enteiro e cachiños de piña e maracuxá. Con mandarina e lima. A picante frescura da lima atópase coa dozura da mandarina. Elaborado con leite enteiro e froitas.

PARA PICAR OU ACOMPAÑAR SNACK’IN CAMPOFRÍO. Cando nos vén a fame, non hai como ter á man un Snack’in. Fuet. O embutido de sempre no formato perfecto para tomalo onde e cando queiras. Fuet de pavo. Deliciosas barriñas en formato mini. Barriñas de fuet baixas en graxa. Se poden ser snacks saudables, moito mellor!

OLIVA VERDE RECHEA DE ANCHOA FRAGATA. A alternativa máis natural sen renunciar a un sabor delicioso. Sen potenciador de sabor. PEMENTO DO PIQUILLO AUZOLAN EN TIRAS. Piquillos ecolóxicos de elaboración artesanal, asados e pelados á man (sen tocar a auga), mantendo as súas principais características de arrecendo, cor e sabor.

31

030-031 SOLUCIONES CULINARIAS GAL.indd 29

17/6/20 19:14


este mes

Sabores refrescantes Cando aperta a calor é moi importante manterse hidratado. A auga é a nosa mellor aliada, pero tamén podemos gozar de zumes, refrescos sen gas, tés xeados e augas de sabores.

SEN GAS Refresco sen gas EROSKI de laranxa e mazá.

AUGAS

REFRESCOS 0% Laranxa e limón Zero EROSKI. Goza dos refrescos tradicionais sen azucres engadidos.

Fonter Suave (1 l e 0,5 l). Nunca sentiras nada tan suave. Cun menor nivel de gas e unha fi na burbulla, descubre Fonter na súa versión máis suave. Auga mineral natural Nestlé Aquarel (1,5 l). O tamaño ideal para a casa. Na mesa durante a

comida, a carón do sofá, no frigorífico... que non lle falte a ninguén da familia. Auga mineral natural Cabreiroá (1,5 l). Ten unha composición mineral única, que achega todo o que precisas para te hidratares. Procedente do manancial de Verín, en

Ourense, mantén intactas as súas calidades por mor dos minerais do subsolo, o que a converte nunha fonte de saúde. Auga mineral natural con gas San Pellegrino (50 cl). Auga dos Alpes italianos cun sabor único que converte cada comida nunha ocasión especial.

32

032-033 ZUMOS Y REFRESCOS GAL.indd 32

17/6/20 19:13


TÉ XEADO

ZUMES ESPREMIDOS

ZUMES SEN AZUCRE

Ice Te EROSKI. Se che gusta o té xeado, en EROSKI temos para todos os gustos: té ao limón, té ao pexego e té ao limón 0% azucres e sen calorías.

Zume 100% espremido EROSKI. Coas nosas variedades de mazá, laranxa e piña e uva serache ben doado gozar do mellor zume fresco na casa.

Multifroitas e pexego EROSKI. Descubre as novas variedades sen azucres engadidos de pexego, piña, laranxa e multifroitas (antes Sannia). Con vitaminas A, C e E baixos en graxa, e con só o azucre naturalmente presente na froita.

GOURMET Zumes de mango e maracuxá Zü (1 l). Experimenta o sabor exótico e diferente dos zumes de maracuxá ou de mango. Se buscas algo diferente, proba coas variedades prémium de melón, piña e coco, piña e guaiaba, etc. Unha ampla variedade que Zü leva á túa mesa.

AUGAS DE SABORES A limoada Font Vella Hortelá e Laranxa (1,25 l). Inspiradas na limoada tradicional, levan auga mineral natural e zume de limón cun toque de hortelá nunha e laranxa noutra. Con cero azucres.

Auga mineral natural con gas con sabor a limón Perrier (50 cl). Combina o sutil sabor do limón con efervescentes burbullas, que te refrescarán en calquera momento do día. Non ten nin azucres, nin edulcorantes artificiais.

33

032-033 ZUMOS Y REFRESCOS GAL.indd 33

17/6/20 19:13


este mes

0,49 € POR PORCIÓN

Polos de zume de granada e iogur cremoso 400 ml de zume de granada EROSKI SELEQTIA 2 iogures gregos (250 ml) 100 g de azucre 100 g de auga

ELABORACIÓN. Preparamos un xarope poñendo a ferver a auga e o azucre nun cazo. Cando burbulle, baixamos o lume e deixámolo cocer dous minutos. Retirámolo do lume e deixámolo arrefriar totalmente. Enchemos uns moldes de polo alternando zume, xarope e iogur de xeito irregular e metémolos no conxelador durante 24 horas. Se non temos moldes de polo, podemos utilizar vasiños de plástico ou silicona e introducir o pau do polo cando a mestura leve un anaco no conxelador, para que se fixe ben. Se os moldes son de silicona, podemos desenmoldar os polos de inmediato. Se son

vasiños de plástico, agardaremos un minuto para desenmoldalos mellor. Tamén podemos facer polos de diferentes sabores utilizando outros zumes: de piña, uva, laranxa...

Receitas que nunca fallan

COMENTARIO DIETÉTICO Un polo cremoso e fresquiño para gozar de maneira esporádica este verán. Propiedades nutricionais. A receita contén unha cantidade importante de azucres, entre os que se atopan libres no zume e os que suma o azucre engadido. Estes achegan preto do 70% das calorías dunha porción de polo.

Racións: 8

Dificultade

Elaboración

15’ Truco. Pódese prescindir do azucre, mesturar o zume co iogur e encher o molde. Estarán igual de bos, aínda que quedará máis dura a parte do zume e menos cremosa a do iogur. Non quedarán as cores por capas, pero en troques adozamos o iogur co zume e rebaixamos de xeito importante o azucre.

NUTRI-SCORE

A B C D E

Apta para lactovexetarianos.

UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

237 12%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

6,38G 4,25G 40,55G 0,11G 9%

21%

45%

2%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

34

034 RECETA POLO GAL.indd 34

17/6/20 20:01


EROSKI 58 JUVER.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

16/06/20

15:56


este mes

Refresca o teu verán Inauguramos a tempada de xeados con opcións para todos. Dende os sabores tradicionais de chocolate ou froitas ata os máis innovadores, pasando por todo tipo de formatos: conos, terrina, de pau... Tan deliciosos e variados que será imposible non atopar un ao teu gusto.

BOMBÓNS Magnum mini. O mellor xeito de gozar dun pequeno pracer en calquera momento do día. Con tres sabores para elixir: clásico, amendoado e de chocolate branco. Mini surtido Nuii. Elaborados con nata fresca e cubertos co mellor chocolate. Un pack con tres ingredientes de orixes

exóticas: a vainilla de Xava, os arandos nórdicos e as noces de macadamia australianas.

SÁNDWICH S M Maxibon Cookie. Auténtica galleta cookie con chocochips g e xeado de vainilla con pebidas de chocolate. Cuberto p por p unha crocante cobertura de d cacao e galletas con pebidas de chocolate. p Oreo mini sándwich. Sándwich O xeado con auténtica galleta x Oreo. A túa marca favorita de O galletas en formato xeado. g

36

036-038 HELADOS GAL.indd 36

17/6/20 19:59


POLOS Pirulo Fantasmikos. Os xeados máis divertidos e refrescantes, con diferentes sorbetes de froitas. Perfectos para compartir. Polos Kelia. Un polo flash único grazas zas á súa fórmula especial, que lle confifire unha textura sarabiada e axuda a reter a cor, facendo o seu sabor máis áis intenso e duradeiro. De amorodo, limón, cola, laranxa e tropical. Kelia sen azucre. Polos sen azucress engadidos, que manteñen a esencia e sabor. De amorodo, limón, cola, laranxa e tropical. Mini polo e Tornado EROSKI. Os clásicos polos de laranxa e limón e a explosión de sabores do xeado Tornado nunca fallan cando aperta a a calor.

CONOS Oreo. A túa marca favorita de galletas en formato xeado. Con sabor a vainilla e anacos de galletas Oreo. Único e inimitable!

TERRINAS Mahala de abelá e iogur. Xeados naturais e artesáns de sabores únicos, que chegan ao teu padal directamente dende o casarío Mahala.

Häagen-Dazs de vainilla e noces de macadamia. Delicioso e cremoso xeado de vainilla con crocantes noces de macadamia acarameladas. Ingredientes excepcionais para un xeado extraordinario. Carte D’or stracciatella. Para os que prefiren os sabores clásicos: xeado de nata con salsa de chocolate e deliciosos cachiños de chocolate.

37

036-038 HELADOS GAL.indd 37

17/6/20 19:59


este mes

XEADOS VEXETAIS Conos Valsoia de soia e vainilla. Ingredientes vexetais seleccionados para lle dar un sabor único a este xeado de soia recuberto de anacos de cacao e de abelás picadas. O cornete é crocante e está recheo de saboroso chocolate no seu extremo. Sándwich de soia Valsoia. Xeado de dobre sabor -metade cacao e metade vainilla- envolvido entre dúas deliciosas galletas. O seu tamaño é perfecto para un aperitivo lixeiro. p p

Alpro 360 mango e Alpro 360 caramel macchiato 100% vexetal. Para aqueles que queiran gozar do pracer dunha sobremesa xeada... con tan só 360 kcal por terrina! A súa textura é cremosa e non ten edulcorantes. Alpro de améndoa e caramelo 100% vexetal. Combinación de sabor explosiva e deliciosa con crocantes améndoas e toques de caramelo. Con menos azucre, sen edulcorantes, nin colorantes.

A GOZAR! • Os xeados hainos que conservar no conxelador a temperatura igual ou inferior a -18 °C. • Un truco: hai que atemperalos, é dicir, sacalos uns minutos antes do conxelador para que cheguen á mesa a unha temperatura óptima de consumo. Así, a sensación no padal é máis grata.

PARA OCASIÓNS ESPECIAIS Torta cremosa de chocolate Casa Eceiza. Da sobremesa encárgome eu! Mousse de chocolate e nata moi cremosa, ben boa de desconxelar. Casa Eceiza de mango e cereixa. Xeado artesán, natural e sen aditivos. A

súa textura é cremosa e combina á perfección o sabor acedo do mango e o doce da cereixa. Sorbetes de limón e mandarina EROSKI. A opción máis fresca con máis dun 10% de froita. Perfectos para despois de comer.

38

036-038 HELADOS GAL.indd 38

17/6/20 20:00


fala Kelia para

Polos Kelia: diversión e frescura garantidas! A marca de flashes regresa este verán coa súa nova imaxe. Unha proposta fresca, moderna e divertida para toda a familia!

O

pasado 3 de maio, a RAE publicaba un tuit preguntándolles aos seus seguidores como lle chamaban a ese “xeado alongado” que comercialmente, e dependendo da área, se denominara de moitas maneiras: “fl ash”, “polo fl ash”, “polo fl an”… Entre os milleiros de respostas, unha palabra repetiuse con frecuencia: Kelia. E é que a marca de larpeirada líquida, con décadas de historia ás súas costas, foi das primeiras en fabricar este tipo de produto en España, chegando mesmo a

apropiarse do nome da categoría en determinadas zonas. De aí que moitos usuarios asociasen o “polo fl an” a Kelia. Hoxe, a marca segue ao pé do canón, e faino mantendo unha oferta ampla e atractiva para todos os públicos.

Elixe o teu polo Kelia favorito e goza da larpeirada máis divertida e refrescante do verán!

KELIA ‘CLASSIC’ O de toda a vida, o favorito dos consumidores dende hai máis de 50 anos. Un polo único, cunha fórmula especial, que lle confire unha textura sarabiada e axuda a reter mellor a cor, facendo o seu sabor máis intenso e duradeiro. Próbao de amorodo, limón, cola, laranxa ou tropical.

KELIA SEN AZUCRE 0% azucre, 100% Kelia! Fomos pioneiros en desenvolver un polo completamente libre de azucres engadidos, pero mantendo toda o celme e sabor. Busca os sabores de amorodo, limón, cola, laranxa e tropical.

KELIA DOUS GUSTOS Dúas cores por fóra, dous sabores por dentro! A opción máis tola e divertida para os amantes dos flashes. Elixe a combinación que máis che guste: amorodo-laranxa, laranxa-limón ou amorodo-tropical.

039 BRANDED HELADOS KELIA GAL.indd 37

17/6/20 19:58


fala Finish para

‘Por un futuro con auga’

A campaña de concienciación sobre a escaseza da auga máis grande da historia feita por Finish A nova fórmula Quantum Ultimate de Finish avala o obxectivo da marca de aforrar auga. Desenvolvida para lle poñer fin ao prelavado para sempre, aforra ata 47 litros por lavado.

F

inish, a marca líder en deterxentes de lavalouza, lanza a campaña Por un futuro con auga en colaboración con Mediaset, Bosch, National Geographic e o Instituto de diagnóstico ambiental e estudos da auga (IDAEA). Esta iniciativa ten como obxectivo difundir a problemática da escaseza da auga en España e a maneira na que podemos contribuír a facer un uso máis responsable a través de medios masivos e propios. UN PROBLEMA PARA O FUTURO Nos últimos 20 anos, España perdeu o 20% da súa auga fresca e, se os efectos do cambio climático seguen así, esta cifra elevarase ao 25% de aquí ao 2021. Segundo o World Resources Institute, estímase que o estrés hídrico será extremadamente alto para España no 2040, situando o noso país como o primeiro en Europa (xunto con Grecia) e número 33 a nivel mundial. Co cambio climático, fenómenos naturais como as secas son máis extremos e frecuentes e altérnanse con chuvias violentas. En consecuencia, as reservas nacionais de auga estanse a reducir nalgunhas zonas ata mesmo o 30%. GASTO E AFORRO Segundo un estudo da marca realizado xunto coa entidade independente IPSOS, preto do 67% dos usuarios de lavalouzas realizan un prelavado dos seus pratos

040-041 BRANDED RECKITT BENCKISER GAL.indd 40

17/6/20 19:57


XUNTOS, POR UN FUTURO CON AUGA

malgastando ata 47 litros* de auga por prelavado (o equivalente a ter catro minutos a billa aberta). Acabar con este gasto podería significar aforrar ata 65.000 millóns de litros de auga ao ano. Con isto, poderiámoslles dar de beber auga

040-041 BRANDED RECKITT BENCKISER GAL.indd 41

potable a todos os nenos españois de entre 0 e 14 anos durante os vindeiros 29 anos. Por sorte, podémoslle poñer fi n ao prelavado grazas á nova tecnoloxía de Finish Quantum Ultimate e aforrar ata 47 litros por lavado.

•Non fagas prelavado antes de meter os pratos na lavalouza. Poderás aforrar ata 47 litros por lavado*. •Lava cunha lavalouza. Á man podemos desbaldir arredor de 113 litros fronte aos 8 ou 10 litros dunha lavalouza. •Pecha a billa se realmente non a usas, por exemplo se estás a lavar os dentes. Malgastamos entre 8 e 12 litros de auga por minuto de billa aberta. •Dáte duchas curtas e rápidas. En cinco minutos de ducha podemos malgastar arredor de 60 litros de auga. •Aproveita a auga mentres agardas a que saia quente para despois regar as plantas. Pode supoñer un aforro de entre 2 e 8 litros por minuto.

*Estudo realizado por IPSOS en decembro do 2019.

COMO PODES AFORRAR AUGA NA CASA?

17/6/20 19:57


beleza

Coidados esenciais para a túa pel no verán Nesta época do ano, hai que ter máis tino ca nunca co coidado da pel, xa que está máis exposta á desh deshidratación e ao avellentamento prematuro por mor da exposición prolongada ao sol, ao cloro das pis piscinas e aos cambios de humidade ambiental. PROTEXER Durante o verán é imprescindible utilizar un protector solar, mesmo en días anubrados. A nosa gama de solares belle&SUN e&SUN ofrece unha protección resistente e efectiva ante os raios UVA e UVB e non contén parabenos. Presentámosche o novo xel solar FPS 50 para rostro e escote de belle e o novo leite solar FPS 30 de rápida absorción. Son resistentes á auga, a súa textura é lixeira e os seus filtros son fotoestables.

42

042-043 BELLEZA CUIDADOS PIEL GAL.indd 42

17/6/20 19:55


LIMPEZA

UN AGARIMO EXTRA A

Nesta época do ano é importante manter unha rutina de limpeza e exfoliación da pel para facilitar a súa rexeneración. Escolle produtos que ofrezan unha limpeza suave, como a auga micelar belle NATURAL. Os seus ingredientes, como o ácido hialurónico, o aloe vera, os extractos de rosa alpina, o cogombro ou as algas destacan polas súas propiedades hidratantes e protectoras. Outra boa alternativa son os exfoliantes corporais como o scrub corporal de coco belle, con po de casca de coco e extracto de noz de coco. Sen partículas plásticas, favorece unha exfoliación respectuosa coa pel e o medio mariño.

Para un coidado extra da pel, recomendámosche o aceite Oil Elixir belle NATURAL. Pódelo utilizar: • Xunto á túa crema facial, como alternativa ao sérum, para potenciar os seus efectos. • Tratamento de noite para rostro, pescozo e escote. • Prebase antes de aplicar a maquillaxe. • Tratamento de choque para beizos secos ou zonas moi deshidratadas • Limpador que, ademais, respecta a cute. De tacto sedoso, non graxo, destaca polo seu alto contido en aceite de xoxoba e aceite de sésamo, de acción revitalizante, antioxidante e nutritiva. Contén tamén extracto

de pementa de Sichuan, que axuda a reducir engurras, e previr as engurras e extracto de raíz Gromwell, que potencia a función barreira da pel mellorando o nivel de hidratación.

COIDADOS ESPECÍFICOS HIDRATAR E NUTRIR Para acadar ese extra de nutrición que a túa pel precisa para recuperar a súa elasticidade, suavidade e luminosidade, é conveniente aplicar acotío, tras a ducha, produtos que ofrezan unha achega intensiva de hidratación e protección,

como a nosa manteiga corporal de coco belle. Formulada para peles secas, a súa textura é untuosa e sedosa e absórbese axiña. Está formulada con ingredientes de orixe natural, como extracto de noz de coco, manteiga de karité e vitamina E, que posúen propiedades acondicionadoras e antioxidantes e unha intensa acción ultrahidratante.

No verán, os pés están máis ao aire e hai que coidalos con produtos adecuados, como a crema para pés belle NATURAL, con ingredientes como a manteiga de karité, que proporciona unha hidratación duradeira; o extracto de lavanda, que refresca, relaxa e axuda a desconxestionar; o aceite de xirasol, para axudar a suavizar e fortalecer a pel, e o ácido láctico, para unha acción acondicionadora.

belle NATURAL Cosmética natural certificada, segundo o estándar COSMOS homologada por ECOCERT. Con polo menos un 98% de ingredientes naturais.

43

042-043 BELLEZA CUIDADOS PIEL GAL.indd 43

17/6/20 19:55


beleza

Ponlle cor

ao verán!

‘L.A. Confidential’ é a nova edición limitada de maquillaxe belle&MAKE-UP, que nos leva á California dourada dos 70 e 80. Presenta un rostro bronceado e luminoso que lles dá protagonismo aos beizos satinados en intensos vermellos e rosas, uñas a xogo e o azul noite case negro para destacar a ollada xunto á nova máscara TOP 3. belle: cosmética clinicamente testada, sen parabenos

Máscara de pestanas TOP 3 • Tre Tres másc Tres sc cara aras nu nun u ha: lonxi nx tu ttud u e, cur c u vat a ura e volume. • Per Pe mit Pe mi e apliic car ar varias ias capas p en fun nció c n do ci e ct efe cto o dese exado o, se grumo sen se umo os nin n apa p chocar ca as as pestanas. pe s • Cepillo de s iliicon co o a lixxeir eiram ame m nte me e

curvad vad do, que u com mbin b a fina inas puga as de disstin tinta ta lonxit itude d de pa a pei par eittear a ec ar cub brir r c a pestta cad ana a, con on onseg nseg s uin uindo unh nh ha defi efinic nic ción ón ne lon onxit xi ud xit ude máxim má áxim im mass e mant manttén éndoass se aradas sep da a . • Of Oftalmolo olo oloxicamente o nte tes estad ttad do. o

Labial líquido Cor Intensa 01 Pa arty in Ma Malib bú (vermello o esc curo u ) 02 Ve V nic nice e Sunset S et (ve (v rmello l al alara aran nxado) do 03 Zum Zuma a Beach (ros rosa) • De textura lixeira e acabado satinado e luminoso. • Achega unha cobertura de e lo longa duración sen re r secar os beizos. • O seu aplicador angularr plano

faci ta a aplicación facili e perm mite t un delineado perfecto do contorno dos beizos. • Fórmula vegana (sen ningún compoñente derivado dun animal) e sen glute.

44

044-045 BELLEZA MAKE UP GAL.indd 44

17/6/20 20:04


Lapis de ollos automático ‘waterproof’ 01 Ocean Park • Cor azul profunda case negra: dálle sofisticación á ollada sen endurecela. • Fórmula rica en pigmentos, que

permite modular a intensidade da cor: dende unha lixeira maquillaxe de día ata un dramático look de noite. • Con C espon o xa de

escuma para esvaer e afialapis incorporado. • Fórmula vegana. Sen perfume. • Dermatoloxicamente e oftalmoloxicamente testad t o.

Pos de sol Iluminadores 01 San Santa Món Sa ónica ica • Pos os lilixei xe ross e sed xe s osos cunha cun ha com co c o bin binaci ción ú n ca úni ún c de d ton t ali alidad d es cálida d s que achegan da nun in intre tre e un efecto ‘boa cara’, dándolle á pel luminosidade e unha tonalidade saudable e estival. • Modulables: permiten crear a cobertura que desexes en función das capas que apliques. • Estoxo que inclúe espello e esponxa aplicadora. • Fórmula vegana. a Se S n perfume.

Lacas de uñas 01 Pink wall (fucsia) 02 Pacifific c Avenue (coral in nten t sa) • A nosa a nova fórmula a de esmaltes con tecno c loxía patentada a Gloss Seal’R R co c nsegue un brillo o extremo d longa de lon o ga on a dur d ación eu unha nha me mellora na

intensidade da cor, tempo de secado e duración. • Fórmula #10 free. • Pincel aplicador plano e de punta redondeada. • Fórmula vegana.

45

044-045 BELLEZA MAKE UP GAL.indd 45

17/6/20 20:04


masterclass viaxes

COSTA DAURADA

E se eliximos o mellor destino? A Costa Daurada destaca polas súas fermosas praias e, de feito, debe o seu nome á cor dourada da area cando o sol a ilumina. Está dividida en seis comarcas con cadanseu particular estilo. Xuntas forman un mosaico digno de coñecer. Ti elixes!

Montblanc

Falset

Valls

El Vendrell

TARRAGONA

Reus

Tarragona

PATRIMONIO ROMANO Tarragona, catalogada como Patrimonio Mundial da Unesco, é visita obrigada. Unha cidade onde os veciños se saúdan pola mañá e os namorados pasean pola Rambla Nova ata bateren co mar, no Balcó del Mediterrani. Dende alí, divísase unha das xoias patrimoniais da antiga Tarraco, o anfiteatro romano.

© Alberich Fotògrafs_ Tarragona Turisme

©Pierre Grubius_ Casa Navàs

PASEO MODERNISTA “Para facer as cousas ben cómpre: primeiro, o amor; segundo, a técnica”, dicía Antoni Gaudí, o arquitecto catalán máis internacional. Reus é, despois de Barcelona, a cidade que conserva máis edificios modernistas e, xa que logo, un lugar que soubo conxugar con éxito o amor e a técnica que dicía o mestre.

46

046-047 VIAJES GAL.indd 46

17/6/20 20:10


PRAIAS E VIÑEDOS INFINITOS

©PereToda_ Ajuntament Valls

A fusión de viñas e area forma unha curiosa sinfonía de cores que van do terra ao ocre, pasando polo verde e o azul eléctrico. As vilas da costa son destino habitual dos turistas. Pau Casals, outro xenio universal, gozaba dos veráns nunha vila de El Vendrell, reconvertida hoxe en museo e situada fronte á praia de San Salvador.

©José Carlos León

MOSTEIROS E ALDEAS PERDIDAS Dende a vila medieval de Montblanc accédese a un paraíso para os amantes do sendeirismo, encabezado pola Ruta do Císter. O Mosteiro de Santa María de Poblet, Patrimonio da Humanidade, é o eixe que coroa este camiño e un dos seus templos máis senlleiros.

©José Carlos León

©Cristina Ubach_ Priorat

AS RAÍCES DE ‘CASTELLS’ E ‘CALÇOTS’ Os castells, esas torres humanas imposibles, e mais a tradición de comer calçots son símbolos cataláns por excelencia. Ambos os dous teñen a súa orixe na comarca do Alt Camp, na que atoparás os mellores estímulos para te mergullares de cheo na cultura catalá. Respira raíces!

AS PAISAXES DO VIÑO O coidado dos cultivos tradicionais, o respecto polas montañas e as paisaxes, coma a do Parc Natural da Serra de Montsant, converteron El Priorat nunha zona que se rende ao concepto de sustentabilidade. Adegas familiares, pequenas ermidas ou a singular Cartuxa de Escaladei zarrapican unha paisaxe esencialmente natural.

47

046-047 VIAJES GAL.indd 47

17/6/20 20:10


Máis vantaxes por Aforro especial en Puntos Travel Club Para que os nosos socios poidan gozar o verán ao máximo, seleccionamos catro exclusivos regalos estivais do Catálogo Travel Club e engadimos un aforro especial en puntos. Podes levar o teu agasallo do verán por só 999 Puntos Travel Club (1)! Só por seres socio EROSKI club e realizar unha compra en EROSKI do 2 ao 29 de xullo, podes levar dende unha cadeira de praia ata unha cámara de acción por só 999 Puntos Travel Club. Aproveita! Só tes ata o 29 de xullo. Como conseguir este grande aforro? Accede ao Catálogo Travel Club e troca o agasallo que máis che guste polo total de puntos. Ao rematar a promoción, ingresarémosche a diferenza, de xeito que só vas gastar 999 puntos.

O teu regalo por só

999

Botella de aluminio 750 ml PURO Marvel

Cadeira de praia-cama EREDU 991/TX

4.845 Puntos Devolvémosche 3.846 Puntos

Puntos

Cámara de acción 4K WiFi SUNSTECH Adrenaline

Iogurteira 1,3l ARIETE 617

6.900 Puntos Devolvémosche 5.901 Puntos

4.015 Puntos Devolvémosche 3.016 Puntos

3.720 Puntos Devolvémosche 2.721 Puntos

E en agosto... Procura estar atento ás vantaxes que ofrecemos, porque contaremos con outra sorpresa que inclúe novos agasallos e grandes aforros en puntos. Lembra entregar sempre a túa tarxeta EROSKI club ao pasares por caixa para te seguires benefi ciando de todas as vantaxes do teu club. (1) Promoción válida do 2 ao 29 de xullo do 2020 para socios EROSKI club que realicen as súas compras nese período en EROSKI e troquen os seus puntos por calquera destes catro produtos sinalados do Catálogo Travel Club. Cada produto terá un valor de 999 Puntos Travel Club, polo que ao rematar a promoción se lles devolverá a diferenza de puntos na tarxeta. Exemplo: a cadeira (ref. 80283) custa 4.845 puntos e devolveranse 3.846 puntos. Máximo 20.000 puntos de devolución por socio.

48

048-049 VENTAJAS GAL.indd 48

18/6/20 13:38


seres socio Aquí tes todas as vantaxes de ser socio EROSKI club Un aforro para cada tipo de socio.

Con ofertas exclusivas e vales personalizados.

En todas as túas compras en EROSKI coa tarxeta Oro (2).

Nas túas compras fóra de EROSKI coa tarxeta de pagamento EROSKI club (3).

Ata 10% de aforro extra en máis de 80 tendas de moda, ocio e restauración.

Ademais, telo todo á man e máis doado coa App gratuíta EROSKI.

Sumas Puntos Travel Club en todas as túas compras en EROSKI, máis de 10.000 establecementos e máis de 200 tendas en liña doutras marcas, para cambialos cando queiras por miles de regalos.

E se tes nenos de 0 a 12 anos, apúntate ao Plan familias en www.eroski.es. Ata os 3 anos, tes un 5% de aforro en cueiros e toalliñas e moitas vantaxes máis!

Activa os teus vales aforro e accede a máis promocións Paga co móbil

Os teus tíckets de compra dixitais A túa tarxeta dixital Novas experiencias virtuais

(2)

Consulta condicións da tarxeta Ouro en eroski.es/oro. Quedan excluídas as compras en hipermercados e supermercados (e as súas gasolineiras), tendas de alimentación, usos relacionados co xogo ou apostas e extraccións de efectivo, ao non seren operacións de compra de bens ou servizos, segundo tipoloxía de actividade comunicada polo establecemento vendedor. Tarxeta de pagamento EROSKI club emitida por Santander Consumer Finance, S.A.

(3)

49

048-049 VENTAJAS GAL.indd 49

18/6/20 13:38


EROSKI 58 SANEX ZERO.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

16/06/20

15:50


EROSKI 58 ISABEL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

16/06/20

15:54


novas

Dende EROSKI, pedimos a obrigatoriedade da etiquetaxe Nutri-Score A petición dirixida ao Ministerio de Consumo e á Comisión Europea para que Nutri-Score sexa un sistema harmonizado de etiquetaxe de carácter obrigatorio asinárona máis de corenta organizacións, entre as que hai asociacións de consumidores, académicos, entidades de saúde pública e mais empresas e distribuidores.

C

onsideramos que a etiquetaxe Nutri-Score é unha ferramenta fundamental para axudar os consumidores na toma de decisións de compra e alimentación máis saudables. Investigacións de varios países demostran que, actualmente, esta etiquetaxe é o mellor sistema para axudar a comparar a calidade nutricional dos alimentos e así poder tomar decisións máis saudables. O modelo NutriScore foi validado polo Ministerio de Sanidade e mais pola Unión Europea e conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS).

PIONEIROS NA SÚA IMPLANTACIÓN A fi nais do 2018, en EROSKI fomos pioneiros entre as cadeas de distribución en España en adoptar voluntariamente a etiquetaxe NutriScore para os nosos produtos de marca propia. Dende aquela, son miles os socios do noso club que nos fixeron chegar os seus comentarios sobre esta proposta, poñendo de manifesto que supón un claro avance cara a unha etiquetaxe nutricional máis completa, útil, práctica e comprensible, que serve de axuda efectiva para configurar unha dieta saudable.

NUTRI-SCORE

A B C D E Nutri-Score clasifica o produto en función da súa calidade nutricional nunha escala de cinco niveis, indicados con cadansúa letra e cor (do A verde escuro ao E laranxa escuro). O resultado calcúlase por 100 gramos e enfróntanse os nutrientes beneficiosos para a saúde que contén o alimento (fibra, proteína, cantidade de froita, verdura, froitos secos e legumes) con aqueles dos que se recomenda reducir a inxestión (graxas saturadas, sal, calorías e azucres). Canto maior peso teñan os primeiros, máis preto estará o produto da letra A e da cor verde.

54

054 NOTICIA GAL.indd 54

17/6/20 20:18


EROSKI 58 AQUAREL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

16/06/20

16:01


EROSKI 58 FINISH.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

17/06/20

13:28


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.