A concellería de Xuventude pon en marcha unha enquisa para coñecer a opinión, intereses e necesidades dos/as adolescentes do Porriño_

Dende o goberno municipal do Porriño seguimos traballando para que sexa un lugar no que nenos, nenas e adolescentes, poidan participar con normalidade das decisións importantes que lles afecten.

Por esta razón puxemos en marcha o ano pasado un proceso de participación infantil, que tivo como acto mais relevante a celebración dun pleno infantil no mes de novembro, no que nenos, nenas e adolescentes dos distintos centros de ensino do concello, tiveron a oportunidade de expoñer a súa opinión a alcaldesa, sobre aqueles aspectos que mais lle preocupaban, así como tamén de achegar as propostas de solución que consideraron mais oportunas.

Agora queremos avanzar neste proceso de consulta, pondo a disposición de todos os nenos, nenas e adolescentes de entre 10 e 18 anos, unha enquisa para coñecer o seu parecer entre outras cousas, sobre as actividades e recursos cos que conta o concello para persoas da súa idade.

Esta enquisa on-line estará dispoñible ata o día 15 de marzo e pode accederse directamente dende este enlace: https://goo.gl/forms/GMXqxksolyzqpNuD2