Home


Diversidade

A atención á diversidade configura o noso modelo de atención educativa. Un enriquecemento que debemos potenciar a diario e aproveitarnos del. Unha boa pisallada está feita con amoras, pan e azucre. Cada un desas individualidades mellora o colectivo.

Educación Trans-Formadora

Que a voz da infancia teña presencia e que sexan protagonistas da participación activa das melloras para a sociedade é un principio inviolábel na nosa aula. Comprender o mundo que os rodea a través do coñecemento serio e rigoroso para transformalo nun lugar máis amable.

Desenvolvemento Integral

Todos e cada un dos eidos do desenvolvemento persoal forman parte da organización e da planificación didáctica: arte, pensamento, coñecemento científico, matemática aplicada á realidade cotiá, educación emocional, literatura creadora e creativa, tecnoloxía ao servizo da creación…

Pensamento Crítico

Formar persoas abordando o acompañamento da sociedade dun xeito crítico ensinando ao alumnado a persensar. A infancia está acostumada a ser dirixida e, a día de hoxe, precisamos liberalos desas ataduras e axudalos a pensar máis alá do que podemos ver.

Traballo en equipo

Falar a diario para aender o seu mundo emocional, para aprender a escoitar, para saber pensar, para contar e expor os seus traballos. Facemos faladoiros diarios porque están nun momento no que precisan o intercambio comunicativo oral para comprender e comprenderse.

Aprender facendo

Aprender facendo é a estratexia de traballo que se emprega na aula para axudar ao alumnado a asimilar os contidos curriculares. A través dos plans de traballo que se lle presentan ao alumnado, estes centran o seu proceso de aprendizaxe na creación de contido propio.

Avaliación Competencial

Avaliar por competencias supón deseñar instrumentos nos que o estudante demostre con evidencias que pode realizar as tarefas das competencias esixidas. Pero iso non sempre é fácil no contexto escolar. Por iso resulta imprescindible obter información tamén
sobre o nivel de adquisición das competencias a partir da utilización de técnicas de avaliación e observación baseadas no deseño de indicadores para cada unha das distintas dimensións
(cognitiva, instrumental, e actitudinal) das competencias. Lembremos SABER, SABER FACER e SABER SER.

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar