Piden sinaturas para axudar un pontevedrés parapléxico que precisa unha operación da pel
Por Redacción
Levan máis de 32.300 firmas recollidas na páxina de Change.org pero precisan máis para tentar que o Sergas autorice o traslado de Manuel Bastón Ferradás, veciño da parroquia de Mourente, a Barcelona para que a operen alí das lesións que sofre na pel.
Manuel leva 20 anos en cadeira de rodas despois de que un accidente laboral nunha estada deixáselle parapléxico. A súa muller, Lucía Loira, no escrito que acompaña a petición de firmas afirma que malviven nunha situación de precariedade, sen recibir axudas do Goberno estatal nin da Xunta de Galicia.
Lucía conta que ela é a encargada de atender ao seu esposo porque o Sergas non lles ofrece alternativas. Segundo denuncia, Manuel someteuse a unha operación para curar unha escara e o persoal médico deixou gasas e vendas no interior do seu corpo que despois foron extraídas por un practicante e por ela mesma no seu fogar.
Esas escaras que consideran que se agravaron polo "coidado neglixente" dos médicos provocáronlle infeccións e hemorraxias, afirma a súa dona. Os médicos sinalan que o caso complicouse por falla de hixiene que o matrimonio nega apuntado que as feridas melloran cos coidados que recibe en casa. Por este motivo, a parella solicita firmas que permitan atender de forma adecuada a Manuel e autorice o traslado a un centro especializado de Barcelona para que poida ser atendido en condicións.