Academia.eduAcademia.edu
Rosa María de Castro y Centurión | Álbum de mulleres | culturagalega.org 1 de 4 Biobibliografias: Liñas do tempo Por orde alfabética Especiais Por ámbitos de ocupación Xornadas Busca libre: Cartografías Qué é o Álbum? http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=192 Bibliografía Comisión de Igualdade xenero@consellodacultura.org +34 981 957 202 Ligazóns Agradecementos Indice alfabético Irene abadesas de Sobrado de Trives Syra Alonso Amparo Alvajar rosa maría de castro y centurión A traxectoria no poder dunha muller aristócrata da casa de Lemos Extras sobre Rosa María de A trajectória no poder dumha mulher aristocrata da casa de Lemos Ligazóns... Francisca Álvarez Ángeles Alvariño La mujer y las letras en la España del siglo XVIIII , Madrid, Ediciones Laberinto,2002. Libro de Emilio Palacios Fernández Antigas Galaicas María Araújo Concepción Arenal Xela Arias Entre damas anda el juego: las camareras mayores de Palacio en la edad moderna. A ladies’game. Artigo de María Victoria López-Cordón Cortezo As Marías: irmás Fandiño Ricart Felicia Auber María Balteira María Barbeito Bibliografía... Rosa Bassave Roibal Josefina Blanco Tejerina Maruxa Boga María Cagiao Emilia Calé Juana Capdevielle Autora do retrato de Rosa María de Castro y Centurión: Natalia González Devesa 1691 - Madrid 1772 Sofía Casanova Ámbitos de ocupación... María Casares Político - Institucional María Castaña Acción político - social Placeres Castellanos Docente Pilar Castillo Sánchez No século XVIII o confinamento das mulleres ao ámbito do privado afastaba a estas de calquera posibilidade de intervención pública no campo (socio)cultural, político ou económico da altura. No entanto, unha minoría de mulleres pertencentes á alta nobreza conseguiron articular mecanismos concretos para inhibir estas dinámicas de control da súa participación pública. Accedendo ao saber a través das bibliotecas particulares (xeralmente, as bibliotecas dos seus pazos ou as monásticas), estas mulleres levarían á práctica o seu coñecemento, intervindo na vida pública a través dunha «estratexia de ocultación» que esixía que, en todo momento, a súa intervención fose «sutil» (esta actuación debía evitar a exposición pública, ou, en caso contrario serían obxecto de escarnio e as súas iniciativas serían ipso facto deslexitimadas). Estas, ao manexaren con habilidade as regras do xogo social e xenérico da época, demostraban un poder implícito que as habilitaba para adoptaren decisións de peso en Rosalía de Castro Constanza de Castro Inés de Castro Rosa María de Castro y Centurión Concha Castroviejo Carmen Cornes Clara Corral Aller María Corredoyra Luisa Cuesta Gutiérrez María Antonia Dans As mulleres das Encrobas Filomena Dato Beatriz de Castro María Dios Emilia Docet Ilduara Eriz COTARELO VALLEDOR, A. El Cardenal Don Rodrigo de Castro y su fundación en Monforte de Lemos, Madrid, Magisterio Español, 1945-1946. ELIAS, N. Die höfische Gesellshaft; Neuwied & Berlin, Hermann Luchterhand Verlag; (1974): La société de cour, Paris: Calmann – Levy, 1969. OTERO PEDRAYO, R., “Prólogo” en Vázquez Rodríguez-Sueiro, G., Historia de Monforte y su Tierra de Lemos, Monforte de Lemos, Concello, 1990. BOLUFER PERUGA, M., Mujeres e Ilustración. La construcción de la feminidad en la España del siglo XVIII, Valencia, Alfons el Magnanim, 1998. GALÁN ROJO, E. M.ª, “La Condesa de Lemos. Poder e ilustración”, en Ferrer Bemimelli, J., (dir.), El Conde de Aranda y su tiempo, Zaragoza, Institución Fernando el Católico, 2000, p. 679-689. LÓPEZ-CORDÓN CORTEZO, M.ª V., “Entre damas anda el juego: las camareras mayores 03/11/2013 20:52 Rosa María de Castro y Centurión | Álbum de mulleres | culturagalega.org Exeria Nieves Fariza Alonso Belén Feliú Antonia Ferrín Moreiras Corona González Daría González García Francisca Herrera Xosefa Iglesias Vilarelle María Francisca de Isla y Losada Ana Kiro Hortensia Landeira Pontijas Andrea López Chao Rosa López Comunión Rita Amparo López Jeán Pura Lorenzana Maruja Mallo Marcela e Elisa María Mariño Meigas Urania Mella Xulia Minguillón María Miramontes Anisia Miranda Monxas de Ramirás María Luz Morales María Victoria Moreno Francisca Morlán "Pancha" María Muñoz de Quevedo Carmen Muñoz Manzano Mercedes Núñez Antonia Ortiz La Bella Otero Enriqueta Otero Ernestina Elena Otero Sestelo Emilia Pardo Bazán Pepa a Loba María Antonia Pereira de Andrade Narcisa Pérez Reoyo María Pita Rosa Pons i Fábregas Jesusa Prado Concepción Ramón Amat María Reguera Isabel Ríos Dolores Rodeiro Boado http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=192 todos os ámbitos da vida pública. Forma parte deste grupo de «damas ilustres» (como a elas se referiu Otero Pedrayo [1990: 14]) Rosa María de Castro y Centurión, XII condesa de Lemos. Rosa María de Castro y Centurión nace en 1691; en 1741 herda oficialmente o título de condesa de Lemos e emerxe como a cabeza visible desta casa nobiliaria, que, vinculada profundamente a Galiza, camiñou en paralelo á súa historia. Pertencen á familia dos Lemos outras figuras femininas con traxectorias singulares como a ficcionalizada e mitificada Inés de Castro ou Catalina de Zúñiga y Sandoval, VI condesa de Lemos, quen fundou e presidiu, en 1748, un dos primeiros salóns literarios do Reino - seguindo o modelo das célebres salonnières francesas. de Palacio en la edad moderna. A ladies’game”. «The figure of the «camareras mayores in Spanish Royal life during EarlyModern Age», Cuadernos de Historia Moderna, 123, Anexo II (2003), p. 123-152. BELLO VÁZQUEZ, R., Mulher, nobre, ilustrada, dramaturga, Osmia de Teresa de Mello Breyner no sistema literário português (1788-1795), Santiago de Compostela, Laiovento, 2005. As tomas de posición adoptadas pola XII condesa de Lemos ao longo da súa traxectoria visarán a perpetuación e fortalecemento da posición política e simbólica da familia de Lemos no Reino. Precisamente, será a súa pertenza á alta aristocracia o que permitirá á condesa acceder ao posto de «camareira-maior» da raíña. Este cargo, para alén de revelar un importante capital simbólico (conferido, principalmente, polo feito de acompañar constantemente á raíña nas súas actividades diarias máis íntimas - o que comportaba unha relación de moita proximidade coa monarca -), funcionaba, como defende Norbert Elias (1969 [1974]: pp. 69 e seguintes), como un verdadeiro cargo político, posto que era a camareira principal a que tiña baixo a súa responsabilidade a decisión de aproximar ou distanciar unha determinada familia nobre da protección dos monarcas, podendo contribuír a consolidar a situación de poder dos membros da súa casa, en virtude deste cargo político. Un segundo tipo de intervención política da condesa centrarase na administración e xestión do patrimonio privado e público do condado de Monforte de Lemos. Contra a idea asentada na historiografía dunha alta nobreza galega profundamente absentista, Rosa María de Castro y Centurión, desde a súa posición privilexiada na Corte, manterá un contacto continuo cos seus administradores galegos –como documenta a súa correspondencia-, aplicando, ao mesmo tempo, políticas sociais reformistas en favor do condado de Lemos, en coherencia co pensamento ilustrado da altura (como por exemplo, o proxecto de renovar a actividade escolar do Colexio de Nosa Señora da Antiga –paralizada por causa do ditame de expulsión da orde dos Xesuítas - xunto coa loita emprendida por conservar a súa biblioteca). Hildegart Rodríguez Aurora Rodríguez Carballeira Carme Rodríguez de Legísima Autor/a da biobibliografía: Lucia Montenegro Pico (grupo GALABRA) Mercedes Ruibal Ángela Ruíz Robles Concepción Sáiz Otero María Antonina Sanjurjo Aranaz 2 de 4 03/11/2013 20:53 A trajectória no poder dumha mulher aristocrata da casa de Lemos Autora: Lucía Montenegro Pico Grupo Galabra CONSELLO DA CULTURA GALEGA Comisión de Igualdade Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Sant iago de Com post ela ( Galicia) Tel: + 34 981 957 202/ Fax: + 34 981 957 205 / xenero@consellodacultura.org A trajectória no poder dumha mulher aristocrata da casa de Lemos Lucía Montenegro Pico Grupo Galabra Durante o século XVIII a exclusom das mulheres do ámbito público de produçom cultural1 nom evitou a algumhas delas –adscritas principalmente à alta nobreza do reinoconseguirem, por um lado, o acesso a múltiples saberes (fundamentalmente através das bibliotecas particulares dos paços ou das bibliotecas monásticas) e, por outro lado, o desenho de estratégias concretas de aplicaçom destes saberes por meio da intervençom em diferentes campos (no campo cultural, político, social, económico, etc.). Contodo, todas estas fórmulas de actuaçom tinham em comum a exigência de nom dar muito nas vistas, deviam ser subtis na sua posta em andamento; ao serem conscientes de que a ostentaçom do conhecimento unicamente conduziria à crítica e ao ataque feroz, dirigido ademais, contra a condiçom feminina em geral, o que provocaria a desarticulaçom e a invalidez de qualquer intervençom futura no campo. Mas, este exercício de ocultaçom, que comportava o emprego de meios alternativos à publicaçom escrita (ou de esta existir, implicava com freqüência o anonimato): como o manuscrito ou o intercámbio epistolar (formatos que na altura atingírom muito sucesso, resultando igual ou mais eficazes que o prelo na circulaçom e divulgaçom de repertórios) tivo umha 1 Os tratados que incluíam referências à educaçom das moças aristocratas ou de classe acomodada ofereciam indicaçons específicas a este respeito, recomendando a ênfase na formaçom de destreças associadas ao governo doméstico ou à gestom da sociabilidade nas reunions de sociedade, evitando em todo caso a ostentaçom de qualquer tipo de erudiçom. Neste sentido, Mónica Bolufer (1998: 149) afirma: «La mujer culta debía ser modesta y no hacer alarde de saber, no mostrar una ambición de cultura y notoriedad que fuese más allá del barniz de conocimientos necesarios para desempeñar un buen papel en la vida social. Podía ser instruida hasta cierto punto, pero no se le toleraría el orgullo de ser y mostrarse como “sabia”. […] Para Vicente Seixo, las mujeres cultivadas debían conocer y practicar el arte de formular preguntas inteligentes, de escuchar con interés y de manifestar su admiración a los hombres con los que departían, evitando importunarles con sus propias opiniones y entrar en discusión con ellos (1801, 172-173)». contrapartida, a ocultaçom e silenciamento, no processo de construçom dos cánones nacionais, da produçom e da trajectória da maior parte das produtoras do XVIII. Esse processo de construçom do cánone, à luz das formulaçons románticas da historiografia do XIX, levava a considerar unicamente a produçom escrita e impressa, ignorando outras fórmulas de publicar (ou seja, de tornar públicas) e de difundir as ideias. Na historiografia cultural subjaz, a respeito da produçom feminina, o «preconceito de que a sua pouca visibilidade no espaço público deve corresponder-se com a pouca transcendência das suas actividades» (Bello Vázquez, 2005: 79), quando, bem polo contrário, algumhas destas mulheres conquistaram o reconhecimento coevo, incluído o dos seus pares masculinos. Através da trajectória de Rosa María de Castro y Centurión, nom só podemos conhecer o percurso vital dumha mulher aristocrata e a sua funçom como descendente e representante dumha das casas nobiliárias mais entroncadas historicamente com Galiza, a casa de Lemos; mas também podemos desvendar outras formas com as quais, no XVIII galego, umha mulher da elite podia intervir nos diferentes campos da sociedade galega. A casa de Lemos desde a sua orige foi historicamente central, perpetuando-se como umha das principais famílias nobiliárias galegas na corte, e merecendo a dignidade nobiliária de «Grandeza». Mantivera desde sempre vínculos directos com a monarquia castelhana e, ainda em vida da XIII Condessa, continuava a demonstrar umha posiçom mui influente nom só através da acumulaçom dum importante capital simbólico, mas também dum capital económico igualmente salientável, sendo a casa galega que maiores ingressos percebia no século XVIII, através do imposto do décimo2. 2 Ofelia Rey Castelao (1998: 245) oferece a cifra de 133 000 reais. Veja-se, no mesmo sentido, Rey Castelao, 1992: pp. 145 e seguintes. Contribui também para a consolidaçom do prestígio desta casa as suas ligaçons familiares com a também casa nobiliária galega dos Castro (sendo umha vinculaçom conservada ao longo da história até o ano 1777, quando esta foi quebrada por causa do falecimento sem descendência do sobrinho de Rosa de Castro y Centurión, o Duque de Béjar, Joaquín López de Zúñiga, de tal forma que será a casa de Berwick e Alba a que passará a herdar o título do Condado de Lemos). Rosa María de Castro y Centurión nasce em 1691. Em 1741 herda o título de Condessa de Lemos por mor do finamento do seu tio, Ginés Ferrando Ruiz de Castro, título ao que há que somar ainda o de VIII Marquesa de Sarria, e os acumulados com os seus casamentos com o marquês de Labrada e Leiva e com o marquês de Aytona. A sua elevada posiçom nobiliária permitiu-lhe aceder ao posto privilegiado de Camareira-mór da rainha D. Bárbara de Braganza e, mais adiante da rainha D. Maria Amalia di Sassonia, sendo conservada a sua posiçom na corte de Madrid por Carlos III, ainda após a morte desta. Durante o tempo que permanece na corte de Madrid, onde morreu sem filhos a 14 de Março de 1772, mantém um contacto epistolar contínuo com os seus administradores do senhorio de Lemos, que consultam com a condessa qualquer decisom em relaçom aos seus bens e propriedades. O posto de camareira-mór comportava umha das maiores distinçons a que umha mulher podia optar nesta altura, dado que o círculo das camareiras-mores estava reduzido às senhoras (preferivelmente viúvas e de avançada idade) dumhas poucas famílias nobres do Reino, aquelas que com maior antigüidade ostentassem a Grandeza, e que tivessem permanecido historicamente ligadas à Corte. Os apelidos de Lemos e Castro encontravam-se entre aqueles que mais vezes se repetírom no posto (LópezCordón Cortezo, 2003: 134). Mas, o que conferia ainda maior prestígio e poder ao cargo de camareira-mór era a estreita proximidade com a rainha em todas as actividades diárias (no momento de acordar, de se vestir, de se assear, de colocar o tocado, etc., até o ponto de dormir no mesmo quarto da regente). Assi, o contacto físico e o acompanhamento da monarca na sua intimidade reportavam ao cargo um forte capital simbólico (Vid. López-Cordón Cortezo, 2003: 130), mas também umha capacidade de influência importante nas decisons da rainha e, através dela, nas do rei. Por outro lado, a camareira-mór cumpria ademais a funçom de instruir as novas mandatárias no protocolo e costumes da corte – dando a conhecer, para além disto, as pessoas e famílias aristocratas que detentavam umha posiçom central no Reino. A este respeito, a camareira-mór também se encarregava de supervisar e autorizar as pessoas da nobreza, sempre mulheres, que considerava merecedoras da dignidade de aceder à cámara da rainha. Por trás do controlo deste tipo de actividades agochava-se umha responsabilidade profundamente política, ao ter sob o seu poder a possibilidade de aproximar ou distanciar umha determinada família da graça da rainha e, conseqüentemente, da centralidade política da corte. Segundo Norbert Elias (1969 [1974]: pp. 69 e seguintes), as camareiras principais funcionavam como umha sorte de intermediários políticos, actuando estrategicamente, em funçom dos seus interesses particulares de casa. No entanto, resultava imprescindível saber administrar prudentemente e dissimuladamente este poder, em orde a evitar o perigo de serem acusadas de intriga política (LópezCordón Cortezo, 2003: 137-138). A ostentaçom deste cargo, integrava Rosa de Castro y Centurión, como indica Otero Pedrayo, numha tradiçom de mulheres da casa de Lemos com participaçom activa na corte: Son gloria de la estirpe damas ilustres en el esplendor de las Cortes y aún más dignas de recuerdo gracias a sua dedicación al hogar ejemplar y a mantener pura y serena la luz de la lámpara del santuario. Casi únicos entre la antigua y prolífica aristocracia gallega los Castro se mantuvieron fieles cumplidores del juramento y alianza feudal» (Otero Pedrayo, 1990: 14). Entre as senhoras que integram a linhage de Lemos destacam figuras como a III Condessa de Lemos, Beatriz de Castro, «A formosa», esposa do rei D. Dinis; Inês de Castro, convertida em mito através da literatura tanto na Galiza como em Portugal; a VI Condessa de Lemos, Catalina de Zúñiga y Sandoval que viviu durante dous anos em Nápoles acompanhando ao seu marido, vizerrei neste reino em 1601 e camareira mor da rainha D. Margarita da Áustria, e possuidora, segundo Barbeito Carneiro (1998) dum importante património bibliográfico; e por último, Josefa de Zúñiga y Castro, irmá do Duque de Béjar e sobrinha da XII Condessa de Lemos. Precisamente, umha parte importante da bibliografia confundiu estas duas senhoras, atribuindo a fundaçom e organizaçom dum dos primeiros salons literários madrilenhos, a Academia del buen gusto (1748) a Rosa de Castro y Centurión, quando a salonnière realmente era a sua sobrinha, Josefa de Zúñiga. Cabe salientar desta última a sua funçom central como presidenta e anfitriá desta tertúlia, a que assistiam tanto homes como mulheres da alta nobreza, assi como a sua participaçom, como sócia-fundadora, na Junta de Damas de la Real Sociedad Económica Matritense, onde teria realizado diferentes propostas reformistas relativas ao governo do Reino. Existem ainda documentos que testemunham a sua participaçom como poeta (Palacios Fernández, 2002: 7) e como actriz e cantora (Vesteiro Torres, 1880) na tertúlia da Academia del buen gusto. Contra a ideia reiterada e fortemente assente na bibliografia do absentismo dumha alta aristocracia galega instalada na corte madrilena, a XII Condessa de Lemos exemplifica como desde Madrid umha nobre podia assumir umha gestom praticamente directa da administraçom do seu património e até apoiar medidas reformistas que implicassem novos projectos para o seu condado, com o qual Rosa de Castro y Centurión se mantinha unida nom só por motivos económicos, mas também, familiares e mesmo afectivos, como parece deduzir-se das generosas doaçons dirigidas a diferentes instituiçons de Monforte ou das palavras da Condessa referidas ao condado de Monforte: «al Seminario3 de mi villa de Monforte de Lemos [o carregado é nosso]» (Cotarelo Valledor, 1945-1946: 169). A utilizaçom de mecanismos tácitos de execuçom do poder verifica-se noutras esferas, para além dos ámbitos cortesaos: por exemplo, através do domínio de senhorio que Rosa de Castro y Centurión exerceu sob os seus terrenos monfortinos. A Condessa de Lemos instituiu um tipo de relaçons de poder que nom tinham umha expressom tangível, nem eram baseados na legislaçom do poder institucional e, portanto, tampouco deixárom pegada na documentaçom histórica, ainda que podem ser rastrejadas a partir doutras fontes documentais, como a correspondência (Galán Rojo, 2000). Estas estratégias de adquisiçom de poder adoptárom a forma dumha relaçom nom coactiva nem coercitiva com os seus fidalgos, mas de dependência baseada na fidelidade e na lealdade a respeito da senhora. Segundo Galán Rojo (2000: 681), e seguindo o esquema habitual do paternalismo absolutista, esta adoptava a representaçom do papel dumha mater familias piadosa, que concedia favores e indulgências aos seus «filhos» (súbditos), com o objectivo de reforçar neles o sentimento de dívida para com ela. 3 Alude ao santuário e colégio monfortino de Nossa Senhora da Antiga. A aplicaçom destas estratégias de fixaçom do poder nom entrava em colisom com a posta em prática de dispendiosas iniciativas reformadoras em aras dumha melhora das condiçons de vida (educativas, culturais, sanitárias) dos seus súbditos monfortinos; actuaçom que se explicava em boa parte pola fidelidade a um compromisso antigo de protecçom do seu senhorio, e também, como comprovamos, pola vigência, em certa medida, duns laços afectivos que a uniriam com as terras originárias. Entre tais iniciativas se situa o projecto de restaurar e pôr de novo em funcionamento o Colégio de Nossa Senhora da Antiga4, fundado em 1593 polo II Conde de Lemos, Rodrigo de Castro Osorio, que em 1768 foi fechado como conseqüência da expulsom dos Jesuítas -orde religiosa encarregada até esse momento da sua administraçom. Assi, a partir do mandato de expulsom, a Condessa de Lemos implicarase pessoalmente neste cometido, insistindo em dirigir reclamaçons contínuas ao Conselho de Castela para continuar o funcionamento das cátedras, solicitando permissom ademais para assumir a direcçom do Colégio de Monforte de aí em diante. Entre estas petiçons, incluirá, por outro lado, a demanda ao Conselho de Castela da possibilidade de permanecer com a biblioteca do Colégio, incautada aos Jesuítas (entre 1768 e 1769 a maioria dos livros dos jesuítas passarám a ser comprados por outras bibliotecas monásticas, sendo a principal a de S. Martinho Pinário), sendo finalmennte concedida por Campomanes em 1769 (Varela Orol, 2007: 44-45) esta última reclamación. 4 É pertinente aclarar que os sentimentos de forte vínculo que a Condessa manifesta em relaçom ao seminário explicam-se em certa medida polo papel simbólico que este edifício exercia. Este fora rehabilitado como centro de estudos, mas preservava a sua funçom original de panteom familiar dos condes de Lemos. Assi, a protecçom do seminário convertia-se numha responsabilidade familiar da casa de Lemos contraída de geraçom em geraçom–como mostram os testamentos da família-, devido ao poder simbólico de que este seminário se carregara, ao simbolizar a magnificência e a estirpe duradoura no tempo do poder dos Lemos. Prova desta significancia foi a insisténcia da XII Condessa de Lemos em luitar para que do frontel do templo nom fossem retirados os blasons da casa de Castro quando tem lugar a incautaçom pública do colégio após a expulsom dos Jesuítas (Vid. Cotarelo Valledor, Armando, 1945-1946: 160). Finalmente, depois de todos os esforços da Condessa de Lemos, em 1770 um decreto reconhece o patronato desta em relaçom ao colégio, autorizando-a a instituir as cátedras de ensino. O compromisso de Rosa de Castro y Centurión com a preservaçom do Colégio é recolhido no seu testamento, ordenando neste de forma precisa que seja destinada umha importante quantidade de dinheiro (Cotarelo Valledor, 1945-1946: 169) para o financiamento das cátedras de Filosofia, Teologia escolástica e Teologia moral. BIBLIOGRAFIA CITADA BARBEITO CARNEIRO, Mª ISABEL: “La biblioteca de la VI Condesa de Lemos”, Varia bibliographica: homenaje a José Simón Díaz, Kassel, Reichenberger, 1998, pp. 67-83. BELLO VÁZQUEZ, RAQUEL: Mulher, nobre, ilustrada, dramaturga, Osmia de Teresa de Mello Breyner no sistema literário português (1788-1795), Santiago de Compostela, Laiovento, 2005. BOLUFER PERUGA, MÓNICA: Mujeres e Ilustración. La construcción de la feminidad en la España del siglo XVIII, Valencia, Alfons el Magnanim, 1998. COTARELO VALLEDOR, ARMANDO: El Cardenal Don Rodrigo de Castro y su fundación en Monforte de Lemos, Madrid, Magisterio Español, 1945-1946. ELIAS, NORBERT: Die höfische Gesellshaft, Neuwied & Berlin, Hermann Luchterhand Verlag, 1974. ELIAS, NORBERT: La société de cour, Paris, Calmann – Levy, 1969. GALÁN ROJO, EVA MARÍA: “La Condesa de Lemos. Poder e ilustración”, José Ferrer Bemimelli (dir.), El Conde de Aranda y su tiempo, Zaragoza, Institución Fernando el Católico, 2000, pp. 679-689. LÓPEZ-CORDÓN CORTEZO, Mª VICTORIA: “Entre damas anda el juego: las camareras mayores de Palacio en la edad moderna. A ladies’game”, «The figure of the camareras mayores in Spanish Royal life during EarlyModern Age», Cuadernos de Historia Moderna, 123, Anexo II, 2003, pp. 123-152. Acessível na Internet: http://revistas.ucm.es/ghi/02144018/articulos/CHMO0303220123A.PDF (última consulta: 23/01/2008). OTERO PEDRAYO, RAMÓN: “Prólogo”, Germán Vázquez Rodríguez-Sueiro, Historia de Monforte y su Tierra de Lemos, Monforte de Lemos, Concello de Monforte de Lemos, 1990. PALACIOS FERNÁNDEZ, EMILIO: La mujer y las letras en la España del siglo XVIII, Madrid, Ediciones Laberinto, 2002. Acessível na Internet: http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/0137163021125072291225 7/p0000003.htm (última consulta: 23/O1/2009). REY CASTELAO, OFELIA: A Galicia clásica e barroca, Vigo, Galaxia, 1998. REY CASTELAO, OFELIA: “El reparto social del diezmo en Galicia”, Obradoiro de Historia Moderna, 1, 1992. VARELA OROL, CONCHA: A Biblioteca pública da Real Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio científico, 2007. VESTEIRO TORRES, TEODOSIO: “Condesa de Lemos”, Galería de gallegos ilustres, Lugo, Imprenta Católica, 1880.