Vilagarcía eleva a contía das súas axudas de inclusión social

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Desde Ravella saliéntase o incremento da partida orzamentaria municipal para servizos sociais desde os 1,5 millóns de euros do 2015 aos 2,5 millóns do 2021

20 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Corporación de Vilagarcía de Arousa abordará no pleno deste mes as novas bases que regularán a concesión das Axudas Municipais de Inserción Social (AMIS). A actualización do documento en vigor suporá un incremento da contía dos distintos tipos de axudas que conceden os Servizos Sociais do Concello e a posibilidade de que poidan acceder a elas un maior número de persoas, ao incluírse situacións e tipoloxías de unidades familiares non recollidas nas normas actuais.

Desde Ravella saliéntase o incremento nun 67 % da partida orzamentaria municipal para servizos sociais desde os 1,5 millóns de euros do 2015 aos 2,5 millóns do 2021.