InicioSucesosOs comuneiros de Valladares non terán que indemnizar ao ciclista que quedou...

Os comuneiros de Valladares non terán que indemnizar ao ciclista que quedou parapléxico no monte Alba

A xuíza considera que "non cabe atribuír responsabilidade á comunidade de montes polos prexuízos causados no accidente", pois aínda que destaca que quedou acreditado o dano sufrido pola vítima, así como a existencia do sinistro e a súa causa, "de ningún xeito pode considerarse acreditado nin un acto ou omisión imputable á comunidade de montes".

PUBLICADO O

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo desestimou a demanda presentada polo ciclista que quedou parapléxico en setembro de 2014 no monte Alba da cidade, polo que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Valladares e a súa aseguradora non terán que indemnizalo con case 995.000 euros.

Na sentenza, a xuíza considera que “non cabe atribuír responsabilidade á comunidade de montes polos prexuízos causados no accidente”, pois aínda que destaca que quedou acreditado o dano sufrido pola vítima, así como a existencia do sinistro e a súa causa, “de ningún xeito pode considerarse acreditado nin un acto ou omisión imputable á comunidade de montes”. Ademais, subliñou que tampouco se probou a existencia dun “nexo causal” entre a actuación da demandada e o resultado danoso.

Segundo o documento, a causa do sinistro foi a colocación de pedra “de modo voluntario e intencionado por un terceiro, momentos antes do accidente”, pero ningunha proba existe de que esa persoa “puidese ter vinculación algunha” coa comunidade de montes.

Na resolución, tamén lembra que tres persoas, dúas delas membros entón da comunidade de montes, foron acusadas nun procedemento penal previo pola posible colocación da pedra causante do accidente e resultaron absoltas.

“Neste caso, o accidente e o resultado lesivo para o actor non ten a súa causa ou orixe nun elemento de risco existente no monte”, recalcou a xuíza, quen incide en que a causa do accidente non ten relación algunha coa comunidade de montes, nin coa explotación ou aproveitamento do monte, nin co deber de mantemento, conservación e coidado do mesmo, obrigacións que de ningún xeito se acreditou que a comunidade incumprise”.

Ademais, na resolución sinala que, con anterioridade ao afectado, e poucos minutos antes, outros ciclistas que realizaban o mesmo circuíto “pasaron polo lugar, viron a pedra, consideraron que era un perigo, pero non a sinalizaron nin fixeron advertencia algunha”. Contra a sentenza cabe interpor recurso.

FEITOS

Os feitos aos que se refire esta sentenza ocorreron en 2014, cando o ciclista sufriu unha caída cando descendía por un camiño na Comunidade de Montes de Valladares, “ao impactar na zona de Freixo contra unha pedra de importantes dimensións colocada na parte baixa á saída dun salto e saír despedido contra os restos dun muro de pedra”.

Xa en 2018 a Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, absolveu aos membros da Comunidade de Montes de Valladares acusados de colocar obstáculos en camiños forestais para impedir o paso de ciclistas e de causar incapacidade permanente a un deles, o cal agora pedía case un millón de euros de indemnización.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...