Academia.eduAcademia.edu
ESTUDIOS MIGRATORIOS Nº. 10 [decembro] 2000 a r q u iv o d a em ig r a c ió n g a l eg a © Consello da Cultura Galega Arquivo da Emigración Galega Pazo de Raxoi, 2ª planta Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela Tel.: 981 56 90 20 Fax: 981 58 86 99 Enderezo electrónico: aemigracion@ consellodacultura.org Web: http://www.consellodacultura.org Proxecto Gráfico: Manuel Janeiro Realización: Lúdica 7 ISSN: 1136-0291 D.L.: C-2721-02 EDITORES Xosé Ramón Barreiro Fernández Pilar Cagiao Vila Xosé Manoel Núñez Seixas Alexandre Vázquez González Fernando Devoto. CEMLA, Bos Vicente Pérez Moreda. Aires Universidad Complutense de Fausto Dopico. Universidade de Madrid Santiago de Compostela David S. Reher. Universidad Antonio Eiras Roel. Complutense de Madrid Universidade de Santiago de María Xosé Rodríguez Galdo. Compostela Universidade de Santiago de Abel Losada Álvarez. Compostela Universidade de Vigo Nicolás Sánchez-Albornoz. New Luis Alonso. Universidade da Antonio Macías. Universidad de York University Coruña La Laguna Blanca Sánchez Alonso. Rafael Anes. Universidad de Jordi Maluquer de Motes. Universidad San Pablo-CEU Oviedo Ercole Sori. Università di Joaquín Arango. Universidad Universitat Autònoma de Barcelona A nco na Complutense de Madrid José C. Moya. University of Pilar de Torres. Universidade de SECRETARIO EDITORIAL Marcelino Fernández Santiago CONSELLO CIENTÍFICO María I. Baganha. Universidade California, Los Angeles Santiago de Compostela de Coimbra Jordi Nadal. Universitat de Ramón Villares Paz. Universidade de Santiago de Samuel L. Baily. University of Barcelona Rutgers Vicente Peña Saavedra. Compostela Anna Cabré. Universitat Universidade de Santiago de Carlos Zubillaga. Universidad de Autónoma de Barcelona Compostela la República, Montevideo ESTUDIOS MIGRATORIOS ESTUDIOS E ARTIGOS 9-26 ANTONIO CAZORLA E ADRIAN SHUBERT A inmigración española en Canadá: unha visión de conxunto 27-57 JESÚS JAVIER ALONSO CARBALLÉS O éxodo infantil na Guerra Civil. O caso dos nenos vascos expatriados en Francia e Bélxica 59-87 GUISELLE MARÍN ARAYA Españois na cidade de San Xosé a fins do século XIX e principios do XX 89-108 ADAM W ALASZEK Traballadores poloneses nos Estados Unidos (1880-1925): de labregos a poloneses 109-129 AXEL KREIENBRINK-HERRERO Aspectos da inmigración española, portuguesa e iberoamericana en Alemaña TEXTOS E DOCUMENTOS 133-147 MARCELINO XULIO FERNÁNDEZ SANTIAGO Unha visión da actividade dos nacionalistas galegos en 1950 desde Bos Aires 151-169 RECENSIÓNS 173-186 NOTICIAS Nº. 10 [decembro] 2000 ESTUDIOS ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 9-26 A INMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN CANADÁ: UNHA VISIÓN DE CONXUNTO An ton io Ca zorla e Adria n Sh u bert ORIXES Os españois cóntanse entre os primeiros europeos que chegaron a Canadá. No século dezaseis, pescadores e cazadores de baleas vascos traballaron nas augas de Newfoundland e as súas actividades deixaron pegada en nomes como Port aux Basques e Spaniards´Bay. A súa presencia tamén está testemuñada por diversos restos arqueolóxicos, como teitos de tella descubertos hai algúns anos en puntos da costa do Labrador. Diversos documentos xurídicos demostran que naquela época a pesca de baleas era unha industria importante nas provincias vascas. Mais, malia isto, España nunca pretendeu reivindicar ningún territorio de Newfoundland ou de Labrador. A presencia española na Columbia británica comezou en 1774 e foi de natureza diferente: expedicións oficiais de exploración enviadas dende os portos da costa mexicana do Pacífico para protexer California dos asentamentos de imperios rivais do español: Rusia e Gran Bretaña. España tiña un destacamento militar en Nootka, pero xamais tivo intención de coloniza-la rexión; de feito, o posto foi abandonado en 1795. Os únicos restos desta temperá presencia española na rexión son topónimos como illa Galiano, estreito de Juan de Fuca, badía Narváez ou monte Bodega. CHEGADA E ASENTAMENTO A emigración española enmárcase en tres períodos ben definidos. No primeiro, que chega ata 1957, rexistráronse moi poucos emigrantes chegados de España. Aproximadamente 2.000 españois se asentaron entre os anos 1913 e 1914, pero este foi un número moito máis alto ó dos anos anteriores e posteriores. Debido ás facilidades para emigrar ós países onde o español era a lingua oficial e cara ós que xa tiñan cadeas migratorias consolidadas, non pode sorprender que un número tan reducido de españois emigrasen a Canadá. Entre 1920 e 1945 só 408 españois chegaron a Canadá. A poboación total de orixe española era de 2.208 en 1921, 1.472 en 1931 e 1.030 en 1941. Entre ESTUDIOS MIGRATORIOS. 9 A inm igració n esp año la… 1946 e 1956 só 2.556 españois foron admitidos no país, unha media de 232 por ano. De feito, case a metade veu nos anos 1951 e 1956; a media dos outros nove anos foi de 150 soamente. O segundo período comezou en 1957, coincidindo coa política de fomento da emigración por parte do réxime franquista. Ó mesmo tempo, Canadá buscaba activamente máis inmigrantes, de aí que no 1957 os dous Gobernos asinasen un acordo para promove-la inmigración de españois a Canadá. Ó abeiro deste acordo, organizáronse tres expedicións de inmigrantes españois. A primeira, en maio de 1957, foi coñecida como “Operación Alce” e levou a Canadá 125 parellas de tódalas rexións. No mes seguinte a “Operación Bisonte” levou 98 homes solteiros, a maioría granxeiros que proviñan de Navarra. A última expedición foi organizada en 1960 pola Comisión Católica de Emigración Española, e levou 50 mulleres solteiras para traballaren no servicio doméstico. Este período de inmigración promovida oficialmente rematou nese mesmo ano. Naturalmente, tamén chegaron a Canadá moitos españois á marxe destes acordos gobernamentais, e continuaron a facelo ata 1960. Unha parte dos exiliados da Guerra Civil chegou a Canadá despois de pasar por un terceiro país, en xeral latinoamericano. O modelo de inmigración española en Canadá dende 1960 lembra o dos anos anteriores a 1957: un constante, pero pouco numeroso, fluxo de xente. Entre 1961 e 1989, 16.184 españois emigraron a Canadá, unha media de 558 por ano. Os anos de maior intensidade foron 1966, 1967 e 1968, nos que inmigraron 1.161, 1.372 e 1.367 españois respectivamente. A inmigración descendeu notablemente despois de 1977. Durante a década dos oitenta houbo só dous anos nos que chegaron máis de 300 españois: 440 en 1982 e 323 en 1983, e houbo anos, coma os de 1985 e 1986, nos que o número a penas superou os cen. No contexto xeral da inmigración a Canadá, que oscilou entre os 71.689 de 1961 e os 191.886 en 1989, os españois representan, mesmo nos anos de maior inmigración, unha porcentaxe moi reducida do conxunto. Coa excepción dos que chegaran dentro da “Operación Bisonte”, destinados a seren traballadores agrícolas, a maioría dos españois integráronse na vida urbana e industrial da sociedade canadense. Mesmo moitos daqueles homes abandonaron os traballos agrícolas que lles foran asignados antes dun ano, malia que isto significaba ter que asumi-los custos da súa viaxe dende España. En 1991, a poboación española en Canadá estaba concentrada esencialmente en dúas provincias, Ontario e Quebec. No censo de 1991, 82.675 persoas declaráronse de o rixe exclusivamente española. Delas, 43.940 (53,1%) vivían en Ontario e 21.165 (21,6%) en Quebec. Alberta (8.125), Columbia Británica (6.560) e Manitoba (1.475) eran as únicas das restantes ESTUDIOS MIGRATORIOS. 10 Anto nio Caz o rla e Ad rian Shub ert provincias que superaban o milleiro. Podíanse atopar algúns españois en cada unha das outras provincias, incluíndo os dez da illa do Príncipe Eduardo. Había vinte nos territorios do noroeste e unicamente en Yukon non había ningún español. Aínda que Ontario e Quebec sempre recibiron máis españois que calquera outra provincia, a súa importancia relativa para a inmigración española mudou no decurso do tempo. En 1921, só o 18% dos españois en Canadá vivía en Quebec, aínda que despois de 1941 esta cifra aumenta ata o 31,5%. Ó longo de toda a década dos 50 e xa nos anos 60, Quebec recibiu a maior porcentaxe de inmigrantes españois, de xeito que logo de 1971 o 39,3 % da cifra total habitaba alí. Contra 1960, sen embargo, houbo máis españois que marcharon a Ontario, e despois de 1981 a súa porcentaxe de poboación española superou á de Quebec. O censo de 1991 tamén revelaba que os españois eran case completamente unha poboación urbana: o 86,5% deles vivía en doce das áreas metropolitanas do censo do país. Eran cidades de polo menos cen mil habitantes, adxacentes a áreas urbanas ou rurais coas que tiñan un alto grao de integración económica e social. Toronto, con 33.005, tiña con diferencia a poboación española máis numerosa, seguido de Montreal, con 18.540. Os seguintes núcleos en importancia eran Calgary (3.630), Edmonton (3.500), Vancouver (4.535), Hamilton (2.200), Ottawa-Hull (2.165), Kitchener (1.490), W innipeg (1.390), London (1.305) e W indsor (1.080). Nalgunhas provincias, a concentración dos españois nestas áreas metropolitanas era mesmo máis alta cá xa elevada media nacional: os españois de W innipeg son os que xustifican o 94 % dos de Manitoba, os das áreas de Ontario xustifican o 88,9 % do total da provincia, e os de Calgary e Edmonton o 87,8 % do total de Alberta. A migración española a Canadá tivo motivos esencialmente económicos. Nembargante, houbo unha excepción a esta regra. A Guerra Civil española provocou un fluxo masivo de exiliados, a maioría deles marcharon a Francia, á Unión Soviética e a varios países de América Latina. Logo da II Guerra Mundial, algúns continuaron o seu camiño ata Canadá. O número exacto poida que nunca se coñeza, mais dende 1947 ata 1958 foron admitidos 481 refuxiados, desprazados e apátridas españois no país. Outros 91 foron aceptados entre 1961 e 1967. VIDA ECONÓMICA A vida económica da poboación española estivo determinada por dous factores básicos: a profesión e o xénero. Ata a década dos 60, España foi un país principalmente agrícola e a maioría dos españois que chegaron a Canadá ESTUDIOS MIGRATORIOS. 11 A inm igració n esp año la… foron empregados no sector agrícola en casas. Unha porcentaxe significativa, arredor do 15 %, conseguiu ocupación en granxas cando chegou a Canadá, mais o traballo era longo e duro e os salarios baixos, entre 90 e 140 dólares ó mes en 1960. Como consecuencia disto, os emigrantes que deixaran o campo no seu propio país na procura de mellores oportunidades económicas tamén acabaron por deixa-lo campo canadense para dirixirse cara ós traballos mellor remunerados que lles ofrecían nas cidades. Este movemento das zonas rurais ós asentamentos urbanos foi a razón de que moitos inmigrantes españois, que ó comezo se asentaran en Quebec, se desprazasen a Ontario. Algúns destes homes tiñan xa vocacións ou preparación técnica denantes de deixar España, mentres que outros adquiriran esta experiencia noutros países europeo s, en xeral Francia, Alemaña ou Suíza. Como a preparación e os p rogramas de aprendizaxe españois seguían modelos europeos, foron rec o ñecidos en Canadá, polo que os españois puidero n conseguir rapidamente em p regos de mecánico, carpinteiro, pintor ou traballador da construc c ió n. Tamén puideron entrar na industria pesada: moitos españois en Wind so r (Ontario) atoparon traballo en fábricas de automóbiles. Algunhas familias abriron pequenos negocios, como tendas de alimentación e restaurantes, pero as dimensións relativamente reducidas da poboación española limitaron estas o p o rtunidades. Contra o final da década dos 60, case a metade dos homes traballaba en fábricas. Un 25%, constituído probablemente por aqueles que estaban máis capacitados para adquirir algunha das linguas oficiais, traballaba en oficinas ou no sector servicios. Xuntos rep resentan o volume de poboación española que xeralmente pode ser categorizada como clase media-baixa. A experiencia das mulleres foi diferente. Cunha preparación formal máis baixa cós homes e obedecendo a modelos culturais tradicionais, moitas ficaron na casa para coidar dos nenos. Aquelas que atoparon empregos retrib uídos fixérono normalmente no servicio doméstico ou, en menor medida, en c o m ercios e restaurantes. En Montreal algunhas atoparon traballos na industria téxtil. Co paso do tempo aumentou o número de mulleres que se converteron en traballadoras, tanto pola adopción de novos valores como polo incremento da dificultade de manter unha casa co único salario do home. Iso fixo que a figura da ama de casa fose menos predominante. Mais, así e todo, as m ulleres españolas estiveron menos integradas na vida laboral cós homes. Un pequeno segmento da comunidade chegou a integrarse nas pro fesió ns liberais. Estas inclúen enxeñeiros, pro feso res de universidade, xerentes, homes de negocios e médicos. Moitos dos integrantes deste grupo chegaron a Canadá para cursaren estudios de posgrao e decidiron quedar cando lles ofrec ero n postos interesantes. A mediados da década dos 80 había apro xim ad am ente cen médicos españois que exercían en Quebec. Tamén había unha vintena de p ro feso res universitarios na mesma provincia pola mesma época. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 12 Anto nio Caz o rla e Ad rian Shub ert A evolución económica da comunidade española seguiu as tendencias xerais do conxunto de Canadá. Aqueles que chegaran nos 50 e nos 60, a inmensa maioría, chegaron, despois de moitos anos de duro traballo, ó nivel xeral de benestar da sociedade canadense. A maioría deles eran propietarios da súa casa, tiñan coche e podían viaxar a España con regularidade, ben para pasa-las vacacións de verán, ben para evita-lo inverno. Tamén podían darlles ós seus fillos unha educación e un nivel de vida moi superior ó que eles tiveran na súa xuventude. A principios dos 80, case que o 90% deles se sentía satisfeito ou moi satisfeito, en termos xerais, coa súa vida en Canadá. Nemb argante, esta satisfacción xeral comezou a mudar co impacto da delongada recesión e mais coa aparición dunha crecente incerteza no referid o ás perspectivas de traballo, especialmente no sector da industria. Para a gran maioría dos inmigrantes que se estaban achegando á idade de xubilación, a perspectiva de perde-lo seu traballo ou ter que facer algún tipo de programa de reciclaxe non era nada atractiva. A moitos gustaríalles xubilarse en España, pero poucos dos seus fillos, que naceran en Canadá, compartían este desexo. E en ningún caso atoparían unha situación semellante á que tiñan en Canadá. A VIDA EN COMUNIDADE Os españois non tiñan gran tradición en crearen organizacións comunitarias. Non obstante, estaban moi apegados ós costumes e tradicións das súas vilas natais: festas locais, procesións relixiosas e irmandades, xogos e actividades deportivas. O réxime franquista, que tentaba controlar moitos aspectos da vida pública, eivou o xurdimento de organizacións enérxicas e autónomas; perseguiu as organizacións que consideraba demasiado liberais, e non só as políticas. Como non se fomentaba a participación na vida pública e incluso podía resultar perigosa, os españois estaban cada vez menos dispostos a moverse nos círculos familiares ou de amizade. A pesar deste transfondo, os españois de Canadá crearon e mantiveron algunha vida en comunidade. E fixérono, malia que o seu escaso número e a súa dispersión residencial impediu pola súa vez o desenvolvemento de distritos españois nas cidades canadenses. Os españois adoitaban vivir en barrios con ampla poboación de inmigrantes doutros países latinos, como portugueses, italianos e latinoamericanos, cos que compartían servicios e festexos. Por exemplo, os españois atopábanse en tódalas áreas da cidade de Montreal, así como en barrios dos arrabaldes como Greenfield Park, Laval, Brossard e Dollard-des-Ormeaux. Non hai un barrio español, mais a rúa St. Laurent, na que teñen sede varias asociacións españolas así como a “Librería Española” –que case é máis unha tenda de alimentación que unha tenda de libros–, actúa como punto de reunión. Toronto, con case o dobre de poboación espaESTUDIOS MIGRATORIOS. 13 A inmigrac ió n españo la… ñola, en 1991, que Montreal, xamais tivo un equivalente á rúa St. Laurent, aínda que si hai algunhas tendas españolas, así como un centro médico rexido por médicos hispano-canadenses, na área de poboación portuguesa ó longo de College Street. Os españois tamén estableceron un número razoable de asociacións dedicadas a educación, cultura, lecer e asistencia social. A maioría delas creáro nse nos 60 e a principios dos 70 seguindo o incremento da inmigración, pero outras datan de máis antigo. Quizais a primeira foi a Asociación CervantesCamõens da cidade de Quebec, que botou a andar en 1945. Outras organizacións temperás son o Círculo Hispánico de To ronto, que foi fundado polo profesor Juan Cano e existiu ata 1951, e mailo Centre Espagnol da cidade de Q uebec, fundado en 1957. O Club Hispano de Toronto é moi representativo das organizacións máis novas. O catalizador para a súa formación foi a grave enfermidade dun inmigrante e a resposta doutros españois de Toronto para xuntar cartos e conseguir mandalo de volta a España. O club foi fundado pouco despois, a finais de 1964. A súa función é, segundo rezan os seus estatutos, “manter xuntos os españois, os hispanofalantes e todos aqueles interesados na cultura hispana que residan en Canadá para promove-las súas relacións, crear programas educativos e de tempo libre, promove-la cultura hispana, dar asistencia social e beneficia-los membros e beneficiarios”. O club desenvolve unha ampla gama de actividades: deportes como fútbol e bolos, actividades culturais como música e aulas de arte, recitais, conferencias, grupos de baile e teatro, unha biblioteca, e actividades sociais como ceas e maila celebración dos días festivos españois, entre eles o “Día da Hispanidade” (12 de outubro). O Club Hispano apoiou tamén algúns festivais de cinema celebrados en Toronto, e dende 1972 patrocinou practicamente tódolos anos a caseta de Sevilla na Caravana multicultural da cidade. Non tódalas organizacións españolas se concentran única ou principalmente nas actividades sociais e recreativas. O Centre d´Information pour Espagnols (CIPE) foi fundado en Montreal en 1974 para prestarlles servicios e axudas de todo tipo, na adaptación, ós inmigrantes de España e de calquera outro país hispanofalante. O centro ofrece información, traducción, asesoramento e axuda para atopar un traballo. Tamén ofrece aulas de francés e inglés para mulleres, rapaces e pais. Tal vez a iniciativa máis salientable realizada por unha organización española no país fose a decisión, en 1982, da Asociación Hispano-Canadiense de Kitchener-W aterloo (Ontario) de crear HISCALAN HOMES, para construír dúas urbanizacións. A primeira, que recibiu o nome de “Príncipe de Asturias”, foi inaugurada en 1983. As 50 casas apegadas da urbanización estaban abertas ós españois e non españois de salarios máis baixos. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 14 Anto nio C azo rla e Adrian Shubert En 1993 había 19 centros sociais e de recreo, 11 asociacións culturais, incluídos tres grupos de teatro e un grupo de baile, e 5 escolas. Ontario e Quebec tiñan o maior número con 15 e 12 respectivamente, pero tamén había tres organizacións en British Columbia, unha en Alberta, unha en Saskatchewan, dúas en Manitoba e unha mais en Nova Scotia. As actividades realizadas en cada asociación podían ser moi variadas, aínda que en xeral tentaban servir de punto de contacto para a comunidade e como centro de difusión da lingua e da cultura española. A maioría destas organizacións inclúe persoas procedentes de tódalas partes de España, pero algunhas teñen un marcado carácter rexional e atraen inmigrantes dunha área específica do país, en xeral, Galicia, Asturias, o País Vasco e Cataluña. O Centro Asturiano de Toronto, creado en 1985, está dedicado principalmente a actividades sociais como ceas, bailes, picnics e partidos de fútbol. O Centro Galego de Montreal, que foi fundado en 1969 e que en 1985 tiña 300 membros, estaba comprometido con actividades similares. O número de xente que participaba nas actividades das organizacións era normalmente inferior á contía dos seus membros nominais. Fóra de acontecementos especiais como festas, concertos ou xogos, poucos socios pasaban moito tempo alí. Tamén hai unha notable diferencia de acordo coa extracción social: é máis probable que os españois dos niveis sociais máis modestos pertencesen e participasen destas organizacións, mentres que os traballadores profesionais tendesen a se afastar da comunidade e manter con ela un contacto máis limitado. Este último grupo está máis integrado e ten menos necesidade dos elos coa comunidade de orixe que fornecen estas asociacións. MODELOS DE FAMILIA E PARENTESCO Denantes do cambio radical das décadas de 1960 e 1970, a familia española caracterizábase por unha forte cohesión interna e os papeis fortemente definidos segundo a idade ou o sexo. O pai era a máxima autoridade, unha posición tamén recollida na lei española, e o que mantiña a familia. As angueiras da muller centrábanse na casa e nos nenos. Os fillos normalmente vivían na casa ata casaren, e ata os anos 60 a idade media de casamento era alta respecto da media europea. Algúns ficaban na casa despois do casamento para aforraren cartos e mercaren a súa propia vivenda. Este é o tipo de familia que coñecían os españois que chegaron a Canadá despois de 1957. Case a metade dos homes que inmigraban podían trae-la súa familia canda eles. Moitas destas mulleres casadas tiñan que atopar un emprego pagado en Canadá para complementa-los soldos dos seus homes. O traballo que atopaban, no servicio doméstico ou nas fábricas, era menos estable e estaba peor remunerado có dos homes. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 15 A inm igració n esp año la… En todo caso, e coma noutros exemplos históricos, as conexións familiares eran moi importantes para os inmigrantes. Unha vez que os primeiros membros da familia ou os primeiros habitantes dunha vila se establecían, eran seguidos por irmáns e curmáns ou por antigos veciños que eran atraídos pola relativa prosperidade da que gozaban os inmigrantes. Isto levou á creación de redes de traballo de parentes e coñecidos que puido ter importancia nos asentamentos posteriores. Este tipo de relacións cambiaron rapidamente cos fillos dos inmigrantes nados no Canadá, os cales non se amosaron dispostos a aceptar pautas tradicionais de comportamento nin a ter como metas principais nas súas vidas, especialmente as mulleres, o casamento e a formación dunha familia. O casamento non é, necesariamente, o momento no que os fillos deixan a casa dos seus pais; as necesidades da educación e a carreira profesional son razóns igualmente probables para deixala. As relacións entre os xéneros non están gobernadas polas mesmas regras estrictas que cando os seus pais eran novos. Xa que logo, os fillos de inmigrantes non teñen o mesmo grao de identificación coas súas orixes españolas que os seus pais. É posible que eles se definan a si mesmos como etnicamente españois, pero probablemente tamén se consideren máis que nada canadenses. O parentesco e as lealdades étnicas son substituídas por outros elos máis persoais. Estas mudanzas en actitude e comportamento deron lugar a conflictos entre as xeracións, pero os pais acabaron por resignarse ó inevitable deste cambio. Así e todo, sería un erro afirmar que as tradicións familiares españolas quedaron esluídas. Máis ben, transformáronse, pasando dun modelo de relacións familiares a outro. CULTURA A cultura da comunidade española está influída por dúas variables básicas: a orixe social e xeográfica dos inmigrantes. Verbo da formación, existe unha gran diferencia entre os que tiñan niveis educativos máis altos, moitos dos cales chegaron a ser médicos, e a maior parte da comunidade inmigrante, que tiña unha educación moito menos formal. Xa apuntámo-las diferentes formas en que cada grupo participaba na vida comunitaria e nas actividades culturais da comunidade, nas que o último grupo estaba moito máis comprometido. Esta diferencia estaba determinada por riba de todo pola súa menor integración na sociedade canadense. As diferentes orixes rexionais dos inmigrantes foron determinantes nas diversas expresións das actividades culturais da comunidade española, sobre todo en aspectos como folclore, gastronomía e na lingua utilizada. Os días que coinciden con festas rexionais ou católicas, as asociacións inmigrantes ESTUDIOS MIGRATORIOS. 16 Anto nio Cazo rla e Ad rian Shubert organizan celebracións nas que as diversas cancións e bailes rexionais, e nomeadamente o flamenco e a sardana, adquiren un papel relevante. Nalgúns casos, estas celebracións pretenden atrae-la xente que non pertence á comunidade española. En Montreal, a organización chamada “Alegría de España” foi creada en 1970 para ofrecer cursos de bailes españois; cada ano poñía en escena un espectáculo. Nela participan unha cincuentena de socios, a maioría deles fillos de inmigrantes. Sen dúbida, a outra gran riqueza da cultura popular é a gastronomía. A maioría dos ingredientes necesarios son doadamente conseguibles en Canadá debido á presencia das amplas comunidades de italianos e portugueses, que tamén os consomen. Productos máis especificamente españois pódense atopar en Toronto nunha tenda chamada “Sol de España” e en Montreal na “Librería Española”, que como suxire o seu nome tamén vende libros e discos españois. Os restaurantes españois tamén reflicten a diversidade rexional de España, sobre todo en Toronto e Montreal. Na esfera da alta cultura, en co ntraste co a pop ular, teñen unha especial relevancia os grupo s de teatro. En 1981 a Alianza Cultural Hispano Canad iense rep resentou a o pereta La Revoltosa. Ó ano seguinte, este gru p o co nseguiu vario s premio s da Asociación Multicultural de Teatro de Ontario po la súa rep resentació n da obra de García Lorca La casa de Be rnarda Alba. A Alianza tamén o rganizo u co ncertos de pianistas, guitarristas e o rquestras, expo sició ns de arte e actuació ns musicais de artistas hisp ano -canadenses e españo is. Para isto co ntou c oa axuda da embaixada españo la e do s departamento s de españo l dalgunhas das universidades da p ro vin c ia. En Montreal o grupo de teatro Valle Inclán desenvolveu actividades dun alto calibre artístico. O escultor español Jordi Bonet é moi coñecido na provincia de Quebec. Tamén houbo varias exposicións de pintura española en Ottawa. Aínda que non é un artista no sentido usual da palabra, o deseñador gráfico Francisco Belsué, que chegou a Canadá dende Zaragoza en 1968, fixo unha gran contribución á cultura popular canadense. No que se refire á palabra escrita, hai varias pequenas revistas e semanario s de circulació n limitada. Hai dúas en To ro nto : Hispano, pub licada po lo Club Hispano, e La Flama, publicada pola asociación catalana Casal dels Païso s Catalans. Esta situación contrasta co s xornais El Popular e El D iario , publicado s po r latinoamericano -canadenses. Os máis importan tes son El Tie mpo e Opinión Cultural, que se o cupan do s aco ntecemento s en Canadá e no resto do mundo , especialmente Latinoamérica. Dende 19 82, os hispano-canadenses de Quebec tivero n unha única publicación, a revista D iálo go, que é a continuación das publicació ns pechadas Tarsis e El C o rreo Espagnol. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 17 A inm ig ració n e sp año la… A literatura española a penas existe en Canadá. A única figura salientable é a de Jesús López Pacheco, un escritor e traductor que é bastante coñecido en España e en varios países latinoamericanos. EDUCACIÓN Os españois que chegaron a Canadá despo is da guerra tiñan pouca educació n fo rmal. As únicas excepció ns relevantes eran o s refuxiado s po líticos. Verbo das orixes rexionais, o s cataláns presentaban o s niveis educativo s máis alto s, aínda que a diferencia entre eles e o resto do s inmigrantes era pequena. Os baixo s niveis educativo s do s inmigrantes españo is co mezaron a mudar na década dos 60, cando o desenvo lvemento eco nómico en España permitiu a extensión soc ial do ensino público . Ó mesmo tempo, o s instituto s e as universidades transfo rm áro nse de instituc ió ns altamente elitistas en institució ns relativamente abertas. Así e to do, a maio ría dos españois que chegaron a Canadá no s 60 e a co mezos do s 70 teñen niveis moderados o u baixos de educación. Deste xeito , a c omunidade estaba dividida entre unha ampla maio ría cunha preparación académica mo desta e unha minoría moi cualificada. Dos inmigrantes que chegaron entre 1962 e 1970, un 71,3% agardaba atopar un traballo que requirise pouca ou ningunha cualificación formal (construcción, agricultura, fábricas ou sector servicios). Só o 10% dos inmigrantes posuía a cualificación que lles permitía aspirar a un traballo de “colo branco”. Non obstante, tamén tiña presencia unha minoría significativa, o 24,4%, que tiña niveis altos de preparación académica ou técnica e esperaba traballar co mo pro fesio nal cualificad o , técnic o esp ecializado o u no ensino . Xeralmente, esta cohorte de inmigrantes carecía de coñecementos axeitados de calquera das linguas oficiais de Canadá. E aínda que as responsabilidades domésticas llelo facían a todos moi difícil, algúns acadaron a educación secundaria. O desenvolvemento educativo dos fillos destes inmigrantes foi o máis interesante. A creación de numerosos grupos teatrais e o número e nivel de actividades culturais nas que participaron amosan a fortaleza da súa vida intelectual. Ó non teren que sufri-las barreiras lingüísticas que se opuxeran ós seus pais, os mozos hispanocanadenses puideron moverse doadamente dentro do sistema escolar canadense. Non hai, sen embargo, patróns claros que determinen as súas preferencias lingüísticas. Denantes de que o Goberno de Quebec aprobase o proxecto de Lei 101, a maioría dos rapaces de orixe española estudiaba en inglés. En 1962-1963, por exemplo, case un 77% dos fillos de inmigrantes españois acudía a escolas de lingua inglesa. Pola contra, nos ESTUDIOS MIGRATORIOS. 18 Anto nio Caz o rla e Ad rian Shub ert anos 80, moitos dos españois que moraban en Ottawa enviaron os seus fillos a escolas francófonas. Os hispano-canadenses tamén estaban preocupados por conserva-la súa lingua. Aínda que o bilingüismo español-inglés e español-francés era a norma xeral, especialmente en familias onde ámbolos dous proxenitores eran españois, era difícil para moitos mante-la súa lingua materna cun nivel alto. Mo ntreal veu sendo o centro de gravidade da educación e da cultura española en Canadá, o lugar o nde as institucións culturais creadas po los inmigrantes se mantiveron con máis forza. O Centro de Estudios Españoles fo i fundado en 1972 polo Go berno españo l. O frece cursos de xeografía, historia e literatura que son recoñecidos oficialmente en España. Durante os anos 80, o nivel das súas actividades ampliouse para incluír curso s de nivel universitario q ue atraeron unha media dunha ducia de estudiantes. Dende 1964 a Academia Cervantes o frécelles a máis de cen rapaces cursos de iniciación ó español que seguen as directrices oficiais do Ministerio Pro vinc ial de Educació n. Os esforzos educacionais da comunidade española de Toronto foron algo menores cós de Montreal, pero naquela época eles recibían menos axuda oficial. Na década dos 70 o Club Hispano foi un instrumento eficaz para convence-lo goberno español de que autorizase e posteriormente fundase a Spanish Complementary School. Esta escola foi incorporada dentro do patrimonio de escolas públicas de programas de linguas nos anos oitenta. RELIXIÓN A maioría dos inmigrantes españois en Canadá comparten as contradicció ns históricas e culturais que caracterizaro n o catolicismo en España dende os anos 60. Case todo s estaban casados, bautizaran os seus fillos, estes fixeron despois a primeira comuñón, e recibían a unción dos enfermos. Pero a maioría deles no n ía á misa, agás nestas ocasións e noutras que son de natureza máis social que estrictamente relixiosa. A asistencia semanal á misa é moi baixa; só o 10% en Ottawa, e ás veces mesmo inferior. Só o 3% dos españois en Winnipeg participa activamente en grupos o u eventos relixio so s. Nalgunhas ocasió ns, coma nos días de santos locais, rexionais ou nacio nais ou das virxes máis populares (Mo nserrat, Guadalupe, Lurd es, Covado nga, Fátima) organizan actividades, ado ito en colaboración coas comunidades po rtuguesa ou latinoamericana. A festa de San Fermín, a comezo s de xullo, celébrase en To ronto cantando e bailando. Tamén hai algunhas actividades relixiosas o 12 de outubro. En calquera caso, está claro que nestes acontecemento s é imposible arreda-lo relixioso do nacio nal, do étnico ou do cultural. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 19 A inmigrac ió n españo la… Po la súa banda, a Igrexa cató lica xamais presto u á comunidade española unha atención partic ular. Os inmigrantes españois co mpartían o s servicio s co n o utro s latinos c ató licos, no meadamente italiano s, po rtugueses e franc ófono s. Quebec era un caso especial, e deu o rixe a algúns conflicto s culturais lo calizado s. O s españo is que se estableceran en Mo ntreal no s 50 encontrábanse con que o s cregos quebequeses go zaban dun prestixio social e dun po der excesivos, e que se comportaban dun xeito que os españois consideraban c hocante. A inxerencia do clero na vida diaria da xente supuxo unha fo rte c onmoció n para os españo is, afeito s a que o c lero resp ec tase a diferencia entre a observancia das fo rmas relixiosas e mailo s co stumes e a vida diaria. Para tentar soluc io nar estes pro blemas abriuse en 1965 en Mo ntreal a igrexa de Santa Teresa de Ávila, rexida po r un crego españo l. To ro nto , a outra cidade c unha po boac ió n españo la salientable, no n tiña unha parro quia españo la. POLÍTICA A actividade política da comunidade española foi xeralmente bastante limitada. Isto débese a múltiples factores. O baixo nivel educativo dos primeiros inmigrantes e os seus problemas de adaptación, debidos á carencia de coñecementos de francés e inglés, evitaron que desempeñasen un papel salientable, tanto individual como colectivamente. Foi un feito que as relacións entre os refuxiados políticos da década de 1940 e os posteriores emigrantes económicos estiveron adoito marcadas polas tensións e a sospeita. A inexperiencia política dos inmigrantes, e a súa prudencia cara a ela, atoparon un reforzo na actuación dos axentes canadenses de inmigración, os cales, nos momentos culminantes da Guerra Fría, rexeitaron a admisión dalgúns españois considerados politicamente radicais ou subversivos, termos aplicados unicamente ós simpatizantes da esquerda. O reducido tamaño da comunidade españo la evito u que se desenvo lvese unha presencia a nivel nacio nal, ou mesmo que se fixese no tar na defensa de áreas de asentamento claramente delimitad as. Deste xeito , o p apel po lítico dos inmigrantes foi moi reducido ; os que chegaro n a ser cidadáns son vo tantes, dend e logo , pero non atraeron a atención dos partid os político s, c omo si fixeron o utras co munidad es máis grandes. Un caso o casional de hispanocanadense que c hegou a ser elixido nun cargo público fo i Ricardo López, chegado a Montreal no 1964, e nomeado deputado do Parlamento federal en 1988. Non hai estudios das preferencias políticas dos españois. Con todo, semella que tenden a favorece-lo Partido Liberal –e iso malia que Ricardo López foi elixido como conservador progresista–. En Quebec, os españois ESTUDIOS MIGRATORIOS. 20 Anto nio Cazo rla e Ad rian Shubert inclínanse maioritariamente polo federalismo, e rexeitan as alternativas de soberanía ou secesión. Esta foi unha cuestión polémica e deu lugar a debates entre algunhas comunidades rexionais. Algúns residentes cataláns en Montreal, de feito, suxeriron as posibles semellanzas entre o caso de Quebec e mailo de Cataluña, e votaron polo Partido Quebequés e mais polo Bloque Quebequés. Mais a maioría da comunidade española rexeitou este argumento e continuou a manter unha posición maioritariamente federalista. RELACIÓNS INTERGRUPAIS Os españois crearon varias organizacións baseadas tanto na identidade nacional coma nas rexionais: moitos pertenceron a organizacións cunha base moi ampla, dirixidas a tódolos hispanofalantes. Nalgunhas ocasións, nembargante, as súas relacións con outros hispanos non foron tan cordiais. Algúns españois víanse a si mesmos como os verdadeiros representantes da poboación hispanofalante, o que era interpretado polos latinoamericanos como un sentimento de superioridade. Pero os hispanocanadenses tamén eran capaces de cooperar con outros hispanofalantes. Celebraban importantes festas relixiosas con eles, así como tamén cos portugueses. Nos últimos anos, tanto Toronto como Montreal celebraron festas culturais nas que participaron tanto hispanoamericanos como españois. O “Festival d´Espagne et d´Amérique Latine” de Montreal empezou en 1992; a “Semana de la Lengua Española” de Toronto en 1991. Nos últimos ano s tamén houbo un festival hispano en Harbourfront, en To ro nto . Membros da comunidade española de Toronto tamén formaron parte do Comité Internacional do Quinto Centenario da descuberta de América. MANTEMENTO DA IDENTIDADE DE GRUPO E COMPROMISO ÉTNICO Os primeiros inmigrantes que chegaro n durante o s anos 40 e 50 atop aro n unha sociedade, unha fo rma de vida e un ambiente diferente ó que deixaran. Ademais, co a excepció n dos que chegaran como parte das tres expedició ns o rganizadas, a inmensa maio ría ato pábase so a. O illamento xeográfico e mailo pequeno número de españois residentes no país só permitían o casións espo rádicas para a solidariedade, e estas eran moi diferentes ás q ue unha co munidade numerosa co seu propio conxunto de institució ns podía o frec er. O sentimento de pertenza a un grupo étnico diferente debeuse a dous facto res: o c hoque de tratar coa sociedade canadense e maila saudade de Esp aña o u d a súa rexión nativa. Estes “ano s negro s” na experiencia española estivero n caracterizado s p olas eivas de asimilación, ESTUDIOS MIGRATORIOS. 21 A inm ig ració n e sp año la… falta de coñec emento s das linguas oficiais e o rexeitamento –que podía ser ab erto o u máis sutil– dunha soc iedade que se co nsideraba co mo exclusivamente británica ou francesa. Nestas c ircunstancias, o mantemento da identidade de grupo e mais da súa cultura só po día ter lugar dentro do s estreitos ámbitos d a familia ou dun pequeno grupo de amigos e parentes que vivían e traballaban preto uns dos o utro s. A familia fo i o eixe de co nservación da identidade españo la. Máis da metade do s inmigrantes que chegaro n estaban casado s; o utro s vo ltaban a España para atopar unha muller, mentres outros máis ato pábana no Canadá entre as españolas, latinoamericanas ou canadenses –po r esta ord e d e preferenc ia– . Aínda que o incremento da inmigración española nas décadas dos 60 e 70 fixo posible a creación de varias asociacións e grupos de lecer, estas organizacións foron secundarias respecto da familia como vehículo para o mantemento do grupo. Esta é unha das razóns do baixo nivel de participación nas actividades deste tipo. É na familia onde os hispanocanadenses mantiveron a súa lingua, a súa gastronomía e as súas relacións particulares e complexas coa Igrexa católica, así como as súas identidades rexionais. Ó mesmo tempo a familia xerou dúas, e mesmo tres, xeracións que compartiron moitas destas identidades e costumes, mais que tamén adoptaron outras diferentes. Estes hispanocanadenses foron capaces de respecta-las súas orixes étnicas e ó mesmo tempo integrarse dentro da sociedade dominante no país e –coa axuda dos seus pais– aproveita-las oportunidades que lle xurdían. Despo is de po lo menos dúas décadas en Canadá, os inmigrantes españois chegaron a integrarse dentro da sociedade canadense. Isto implica que están xeralmente satisfeitos coas súas vidas en Canadá e que no n perc ib en estar materialmente en desvantaxe en comparanza co n o utro s canadenses. Un estudio realizado en Ottawa na década dos 80 amo sou que o 83% ( dunha pequena pobo ació n de españois) estaba moi ou extrem ad am ente satisfeito co a súa vida en Canadá, mentres ninguén se laiaba de estar mo i o u extremadamente insatisfeito. Isto mostra que, malia a súa visió n de España estar ás veces aderezada dalgúns estereotipos e mito s, xeralmente víano como un p aís mo i semellante a Canadá, tanto no seu nivel de vida como no s problemas so ciais ós que se enfro nta. Moitos quererían volver, e algúns planean facelo cando se xubilen. Mais to dos saben que iso pro vo c aría unha ruptura importante nas súas vidas, e especialmente nas dous seus fillos, o s cales, a pesar do o rgullo de seren españois, considéranse canadenses e queren vivir en Canadá. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 22 Anto nio Cazo rla e Ad rian Shubert BIBLIOGRAFÍA COMENTADA Algúns dos mellores traballos sobre os españois en Canadá teñen a eiva de trataren tanto os españois como os outros hispanos sen faceren unha distinción suficiente entre eles. O de Grace Anderson, “Spanish and Portuguese Speaking Inmigrants” na obra do editor Jean L. Elliot, Two Nations: Many Cultures (Scarborough, Ont., 1979), así como os seus estudios non publicados “Spanish-Speaking Immigrants in Selected Canadian Cosmopolitan Cities” (Simon Fraser University, Department of Sociology, 1977) e “Conflict, Cleavages and Consensus: Spanish-Speaking Immigrant Communities in Selected Canadian Metropolitan Areas” (W ilfrid Laurier University, s. d.), tratan os inmigrantes españois e latinoamericanos cunha coidada distinción entre españois e outros hispanofalantes. This Side of Spain (Toronto, 1990), de Solange Hernando, é unha valiosa fonte de información sobre os españois en Ontario, aínda que no libro achégase moito ós datos anecdóticos. Outros dous artigos curtos son o de M. Fernández e A. Pérez, “The Spanish Iberian Community of Toronto”, Polyphony: The Bulletin of the Multicultural History Society of Ontario, vol. & nº . 1, 1984, 152-153, e o de Adam Fuerstenberg, “The Sephardim of Toronto: a Minority within a Minority”, íbid., 159-161. Un bo estudio doutro tipo é o de Andrew Machalski, Hispanic W riters in Canadá: A Preliminary Survey (Ottawa, 1988), que tampouco distingue nidiamente entre españois e outros hispanos, agás no seu longo apéndice sobre escritores individuais, onde os españois son identificados e se resumen as súas carreiras. Algúns exemplos de escritos sobre españois en Canadá pódense atopar na obra de Diego Martín (ed.), Literatura Hispano-Canadiense (Toronto, 1984). Hai pouco no que atinxe ás fontes primarias sobre os españois. A Sociedade Histórica Multicultural de Ontario (Multicultural History Society of Ontario) posúe unha colección importante de material nas súas sucursais latinoamericanas que inclúe varios estudios non publicados e reportaxes que tratan das semellanzas e das diferencias, e así mesmo das complexas relacións entre españois e outros hispanofalantes. Consultar por exemplo os de Grace Anderson, “Spanish-Speaking Immigrants in Anglophone Cities” (1982); Hispanic Social Council, “Needs and Gaps of the Hispanic Community in Metropolitan Toronto” (1983) e o de Fernando Mata, “Immigrants from the Hispanic world in Canadá: Demographic Profile and social Adaptation” (York University, 1988). Outros traballos que tratan sobre os españois en Canadá inclúen: María M. Martínez, “Locus of Control and the Integration of Spanish Immigrants in Toronto” (M. A. Thesis, York University, 1987); J. Sacco, “Histoire de l´immigration des Espagnols au Canadá et plus particulièrement dans le Québec et ESTUDIOS MIGRATORIOS. 23 A inmigrac ió n esp año la… ce qui characterise ce problème” (Ph. D. Thesis, Carleton University, 1987). O de Ronald Louis Fernández, “Ethnicity as a Social system: The Spaniards in Montreal” (Ph. D. Thesis, McGill University, 1972), consta dunhas poucas entrevistas a españois residentes en Montreal. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 24 Anto nio Cazo rla e Ad rian Shubert Resumo A INMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN CANADÁ: UNHA VISIÓN DE CONXUNTO An ton io Ca zorla Adria n Sh u bert Aínda que Canadá non representou un dos destinos máis elixidos polos emigrantes españois, a través deste artigo preténdese dar unha visión de carácter xeral do que foron os períodos de maior afluencia de españois nesta zona de Norteamérica. As provincias de Ontario e Quebec aparecen como as que alcanzaron unha maior concentración de inmigrantes españois. A poboación española, incluso no caso de chegar ó país formando parte de expedicións froito de acordos gobernamentais que a destinaban a traballos agrícolas, integrouse nos núcleos urbanos da sociedade canadense. Aspectos como este, referido á súa chegada e asentamento, foron analizados xunto con outros como a súa condición de inmigrantes económicos ou ben de refuxiados políticos, a súa organización social, nivel socioeconómico, identidade cultural, etc. Palabras clave: Canadá, inmigrantes españois, inserción, organizacións comunitarias. Resumen LA INMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN CANADÁ: UNA VISIÓN DE CONJUNTO An ton io Ca zorla Adria n Sh u bert Aunque Canadá no representó uno de los destinos más elegidos por los emigrantes españoles, a través de este artículo se pretende dar una visión de carácter general de lo que fueron los períodos de mayor afluencia de españoles en esta zona de Norteamérica. Las provincias de Ontario y Quebec aparecen como las que alcanzaron la mayor concentración de inmigrantes españoles. La población española, aun en el caso de llegar al país formando parte de expediciones fruto de acuerdos gubernamentales que la destinaban a trabajos agrícolas, se integró en los núcleos urbanos de la sociedad canadiense. Aspectos como éste, referido a su llegada y asentamiento, fueron analizados además de otros como su condición de inmigrantes económicos o bien de refugiados políticos, su organización social, nivel socioeconómico, identidad cultural, etc. Palabras clave: Canadá, inmigrantes españoles, inserción, organizaciones comunitarias. Résumé L’IMMIGRATION ESPAGNOLE AU CANADA: UNE VISION D’ENSEMBLE An ton io Ca zorla Adria n Sh u bert Bien que le Canada n’ait pas été l’une des destinations les plus adoptées par les émigrants espagnols, cet article a comme objectif de donner une idée générale de ce qu’ont été les périodes de plus grande affluence d’espagnols dans cette zone d’Amérique du nord. Les provinces de l’Ontario et du Québec sont celles qui ont reçu la plus grande concentration d’immigrants espagnols. La ESTUDIOS MIGRATORIOS. 25 A inm ig ració n e sp año la… population espagnole, même lorsque ses membres arrivaient dans ce pays au sein d’expéditions décidées par des accords gouvernementaux qui les destinaient aux travaux agricoles, s’est intégrée dans les centres urbains de la société canadienne. Des aspects comme celui-ci, concernant l’arrivée et l’établissement de cette population, ont été analysés tout comme d’autres aspects tels que la condition d’immigrants économiques ou bien de réfugiés politiques, l’organisation sociale, le niveau socio-économique, l’identité culturelle, etc. Mots-clefs: Canada, immigrants espagnols, insertion, organisations communautaires. Summary SPANISH IMMIGRATION TO CANADA: AN OVERALL VISION An ton io Ca zorla Adria n Sh u bert Although Canada was not one of the most chosen destinations of Spanish emigrants, it is hoped to give a more general vision, through this article, of what were the periods of greatest influx of Spaniards in this area of North America. The provinces of Ontario and Quebec figure as being the ones with the greatest concentration of Spanish emigrants. The Spanish population, even in the cases of arriving in the country as part of expeditions through government agreements which sent them to work in agriculture, became integrated members of the urban centres of Canadian society. Aspects such as this, regarding their arrival and settlement, were analysed along with others such as their status as economic immigrants or political refugees, their social organisation, social-economic level, cultural identity, etc. Key words: Canada, Spanish immigrants, insertion, community organisations. Currículos ANTONIO C AZORLA. Estudiou nas universidades de Granada, Siena e York (Canadá). É autor dos libros Desarrollo sin reformistas: dictadura y campesinado en el nacimiento de una nueva sociedad en Almería, 1939-1975 (1999) e Las políticas de la victoria (2000). Tamén publicou numerosos traballos dentro e fóra de España. Despois de ensinar historia na York University, na actualidade traballa na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. ADRIAN SHUBERT. É profesor do Departamento de Historia e director asociado do Centro Canadense de Estudios Alemáns e Europeos da Universidade de York, Toronto. Entre as súas obras están Hacia la revolución. Orígenes sociales del movimiento obrero en Asturias, 1860-1934 (Barcelona, 1984); Historia social de España, 1800-1990 (Madrid, 1991) e A las Cinco de la Tarde: Historia de la Corrida de Toros (Madrid, 2001); coeditou volumes colectivos como Spain at W ar: the Spanish Civil War in Context, 1931-1939 (Londres, 1995) e A History of Spain since 1808 (Londres, 2000). ESTUDIOS MIGRATORIOS. 26 ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 27-57 O ÉXODO INFANTIL NA GUERRA CIVIL. O CASO DOS NENOS VASCOS EXPATRIADOS EN FRANCIA E BÉLXICA Jesú s Ja vier Alon so Ca rba llés 1 Os nenos son sempre as víctimas inocentes de tódalas guerras. Actores “menores” duns acontecementos que non comprenden, son aínda escasas as ocasións nas que traspasan o ámbito da prensa ou da imaxe televisiva para se converter en verdadeiros protagonistas dos acontecementos históricos dos que forman parte. Malia que aínda queda camiño por percorrer, é manifesto que nestes últimos anos asistimos a unha valorización dos nenos como actores históricos con personalidade propia2 . É precisamente neste marco, definido polo encontro entre guerra e infancia, no que se insire este artigo sobre o éxodo de máis de 26.000 nenos vascos a Francia e Bélxica en 19373 . Un traballo que aborda dunha forma panorámica as circunstancias que provocaron este éxodo, a súa organización, as redes de solidariedade establecidas no país de acollida e o retorno á casa, todo iso salpicado co testemuño dalgúns protagonistas que dan unha nota cálida ás sempre xélidas cifras. GUERRA E EVACUACIÓN Entre a calma e a tempestade: a primeira expedición Os seis meses que transcorren desde a formación do Goberno Vasco en outubro de 1936 ata o inicio da ofensiva franquista contra o territorio de Biscaia o 31 de marzo de 1937 son para a Euskadi autónoma un período de 1. Bolseiro posdoutoral do “Programa de Formación de Investigadores” do Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno Vasco. 2. No campo da imaxe gráfica é significativo que Sebastião Salgado, que consagrou os últimos seis anos do seu traballo ós éxodos de finais do século XX, editase dous libros: Éxodes, unha obra de conxunto, e Les enfants de l´exode , dedicado exclusivamente ós nenos, ambos en Editions de la Martinière, París, 2000. 3. Alonso Carballés, J. J. (1998): 1937, los niños vascos evacuados a Francia y Bélgica. Historia y memoria de un éxodo infantil, 1936-1940 , Bilbo, Ed. Asociación de Niños Evacuados el 37. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 27 O éxo do infantil… “paz” na guerra. Iso si, a poboación de Biscaia sofre a escaseza dalgúns alimentos básicos, os nenos deixan de asistir ás escolas ante o temor de que estas sexan bombardeadas e as esporádicas incursións dos avións lémbranlle á poboación que a guerra non está lonxe, como se puxo de manifesto o 4 de xaneiro de 1937 cando a aviación franquista bombardeou Bilbo causando varias mortes. É a partir desta acción cando o Goberno Vasco toma en consideración a proposta da embaixada republicana de París para acoller en Francia os nenos que vivían próximos ás zonas do conflicto. Unha semana despois, o Departamento de Asistencia Social do Goberno de Euskadi ofrecía ós pais vascos a posibilidade de inscribi-los nenos de entre 5 e 12 anos para unha próxima evacuación. Moitos pais –1.655 solicitudes entre o 9 e o 16 de xaneiro–, impresionados pola virulencia e a capacidade destructora deste bombardeo, decidiron daquela acollerse a esa posibilidade4. O Goberno Vasco comeza inmediatamente os trámites para realizar esta iniciativa que conta cun grande atranco: o traslado a Francia debe facerse por mar, xa que o territorio vasco republicano atópase illado. Comezan entón Os nenos integrantes da primeira expedición nas escalinatas do Concello de Bilbo, 20-III-1937 4. Archivo del Nacionalismo, Fundación Sabino Arana (AN, FSA), S. K. 191 C. Departamento de Asistencia Social do Goberno Vasco. Relación de peticións de evacuación. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 28 Jesús J. Alo nso Carballés conversacións con Ralph Stevenson, cónsul británico en Bilbo, encamiñadas a consegui-lo apoio da armada británica. Tras dous meses de xestións e de p reparativo s, a principio s d e marzo tó do lo s cabo s están atad os. O Departamento de Asistencia Social selecciona un primeiro grupo non moi numeroso para que o seu traslado e instalación fose accesible. Este primeiro grupo –450 nenos de ámbolos sexos procedentes de Biscaia e Guipúscoa– partiu o 21 de marzo de 1937 desde o porto pesqueiro de Bermeo a bordo de dous destructores británicos, o Campbell e o Blanche, con destino á illa de Oléron, ó norte de Bordeus5. Alí foron instalados na colonia “La Maison Heureuse”, que pertencía á organización obreira L´Enfance Coopérative , ata que o 21 de abril de 1937, gracias ó Comité d´Accueil aux Enfants d´Espagne, algúns son acollidos por familias de París, e outros instalados en colonias en Limoges e en Bélxica. Poucos días despois da saída desta primeira expedición, iníciase a ofensiva franquista sobre Biscaia co bombardeo de Durango, que arrasou boa parte da vila e provocou máis de 280 víctimas. Nas semanas seguintes numerosas localidades biscaíñas son bombardeadas pola Lexión Cóndor, provocando numerosos mortos e un gran temor na poboación. O dramático bombardeo de Gernika o 26 de abril de 1937 dá a voz de alarma definitiva sobre a capacidade de devastación da aviación alemana. A destrucción da vila, executada cunha clara intención de aterroriza-la poboación6, foi contemplada pola poboación vasca como un importante avance na escalada de terror anunciada por Mola, que horas despois ameaza con arrasar Bilbo se a súa poboación non se rende. É neste contexto cando o lehendakari José Antonio de Aguirre realiza unha chamada de socorro ás democracias occidentais en favor dunha axuda inmediata á poboación civil. Pregunto al mundo civilizado si puede permitirse el exterminio de un pueblo que ha tenido siempre como ejecutoria más apreciada la defensa de su libertad y de la secular democracia que Gernika, por su árbol milenario, ha simbolizado en los siglos. Quiero creer que las naciones acudirán en auxilio de más de trescientas mil mujeres y niños que vienen a refugiarse en Bilbao 7 . 5. Archivo Histórico Nacional, Sección Guerra Civil (AHN, SGC), Fondo Político-Social, Bilbo, atado 31/exp. 1. 6. Steer, G. (1963): El árbol de Guernica, Ed. Gudari; Southworth, H.R. (1977): La destrucción de Guernica. Periodismo, diplomacia, propaganda e historia, Barcelona, Ibérica de Ediciones y Publicaciones, p. 487-506. 7. AHN, SGC, Fondo Político-Social, Bilbo, atado 31/exp. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 29 O éxo do infantil… A organización das evacuacións Foi neses dramáticos días de finais de abril cando o Goberno de Euskadi dá o pulo definitivo á organización da evacuación da poboación infantil a grande escala, co obxectivo de evita-lo que se prevía como unha catástrofe inminente. Se para a primeira expedición se empregaron dous barcos de guerra ingleses, era evidente que para levar adiante unha evacuación que atendera un núm ero crecente de solicitudes necesitábanse barcos de grande envergad ura. O Goberno de Euskadi rec o rreu entón ó transatlántico “Habana”, amarrad o no porto exterior de Bilbo e que fora requisado meses atrás para convertelo en b arco hospital8. A esta embarcación sumáronse diversos buques merc antes que navegaban baixo bandeira republicana, británica e francesa e que lograran chegar ata Bilbo a pesar do suposto bloqueo da costa, e o iate “GoizekoIzarra”9. A evacuación era libre para os anciáns, mulleres e nenos menores de quince anos que quixeran abandona-la cidade, independentemente da súa ideoloxía e da súa condición social10. Non obstante, para tomar parte nela os pais tiñan que inscribi-los seus fillos nas sedes dos partidos políticos e agrupacións sindicais encargados da súa tramitación no Departamento de Asistencia Social. O s pais podían elixi-lo destino dos seus fillos, xeralmente Francia, Inglaterra ou a URSS, aínda que nalgunhas solicitudes atopamos mencións como “ó estranxeiro” ou “a onde se poida”, que reflicten extraord inariamente a incerteza das familias vascas pola sorte dos seus fillos11. O apoio de Gran Bretaña e de Francia era imprescindible para sortea- la armada franquista, que se opuña frontalmente á evacuación. Inicialmente, ámbolos países amosáronse reticentes a colaborar pois os riscos eran evidentes e os custos económicos tamén. Non obstante, presionados por unha opi- 8. AHN, SGC, P. S., Santander, serie “A”, atado 228/exp. 4. Este fabuloso transatlántico, construído na Naval de Sestao para a Compañía Transatlántica nos anos 20, tiña unhas dimensións de 146,30 metros de eslora, 18,59 de manga e 6,3 metros de calado, e desde a súa botadura ata a guerra realizou numerosos traxectos transoceánicos con destino a Cuba, México e Nova York. 9. Trátase do antigo iate de recreo de sir Ramón de la Sota que o seu fillo puxera a disposición do goberno vasco. 10. Esta foi unha das condicións impostas por franceses e británicos para colaborar na evacuación de Bilbo. Archives du Ministère des Affaires Etrangères, serie Z. Europe. Espagne 1918-1940. Atado 188. Comunicación ó embaixador de Francia en Londres dos resultados da entrevista entre as autoridades francesas e o cónsul británico de Bilbo en St-Jean-de-Luz, 27IV-1937. 11. AHN, SGC, Fondo Político Social, Santander, serie “O”, atado 95/exp. 3-5. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 30 Jesús J. Alo nso Carballés Recorte de prensa / Carné de identidade nión pública indignada tralo bombardeo de Gernika ámbolos gobernos consentiron en escolta-las expedicións de refuxiados civís por motivos humanitarios, pero condicionaron este apoio á presencia nelas de prisioneiros políticos, de “reféns” segundo as súas propias palabras, recluídos nos cárc eres de Bilbo desde as primeiras semanas da guerra. Finalmente, Francia comprometeuse a acoller de forma transitoria os refuxiados, e a armada británica, a “Royal Navy”, a escolta-las expedicións supervisadas polo cónsul Ralph Stevenson. Este apoio á evacuació n provocou unha colérica reacción das autoridades franquistas, que consideraron esta acción como unha “inxerencia estranxeira intolerable” e mesmo ameazaron con afundi-los barcos que saíran do porto de Bilbo, pero nin sequera esta ameaza puido paraliza-lo pro c eso 12. Inicialmente estaba previsto que o s nenos estivesen fó ra da casa algunhas semanas, c omo moito uns meses, ata que pasase o perigo . A pesar disto, o goberno de Euskadi c oncedeu unha eno rme importancia á educació n e ó co idado que os pequenos puidesen recibir durante a súa estadía no estran- 12. Alonso Carballés, J. J. (1992): “La prensa franquista de Guipúzcoa frente a las evacuaciones por mar de refugiados vascos, (mayo-junio 1937)”, en VV. AA. , I Encuentro de Investigadores del Franquismo , Barcelona, CONC-Universidad Autónoma de Barcelona; pp. 171-174. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 31 O éxo do infantil… x eiro e tódalas expedició ns co ntaron con perso al pedagóxico, así como con num ero sas auxiliares encargadas do seu co idado. É difícil chegar a co ñecelo número exac to destas perso as, destas “segundas nais”, aínda que parec e c laro que en Francia foro n máis de cinco centas persoas e en Bélxica arred o r de cen1 3. A gran vaga: as evacuacións de maio-xuño de 1937 As expedicións masivas comezaron na primeira semana de maio de 1937, cando o país veciño tivo todo disposto para a acollida14. En numerosas ocasións insistiuse na falta de previsión das autoridades francesas ante a multitude humana que cruzou a fronteira nos primeiros meses de 1939, sen embargo estas si foron capaces de predici-la magnitude que podía te-lo proceso migratorio desde a costa cantábrica. A penas catro días despois do bombardeo de Gernika, o ministro do Interior francés enviou unha primeira circular ós prefectos dos departamentos costeiros da Gironde e da Charente na que se indicaba a posibilidade de recibir en breve un elevado continxente de varios miles de refuxiados procedentes de Bilbo 15. Paralelamente, determinouse unha primeira serie de “departamentos de acollida” ós que debían ser conducidos os refuxiados cando chegasen, lista que foi ampliada en sucesivas ocasións ata abrangue-la meirande parte do territorio francés16. A primeira expedición partiu o 6 de maio desde o porto de Santurtzi, Bilbo, con 2.273 nenos a bordo do “Habana” con destino ó porto de La Pallice. A esta primeira expedición seguíronlle outras moitas ata o 13 de xuño, unha semana antes da entrada dos rebeldes en Bilbo. Ese día tivo lugar a expedición máis numerosa, 4.500 nenos a bordo do “Habana”, con 2.900 destinados a Francia e uns 1.600 á URSS17. 13. AN, FSA, S. K. 12 C.12. Persoal auxiliar das colonias. 14. AHN, SGC, P.S., Santander, serie “A”, atado 217/exp. 8. Telegrama enviado pola Delegación do Goberno Vasco de Baiona á Secretaría Xeral de Presidencia do Goberno de Euskadi, 2 de maio de 1937: “Autoridades francesas organizar desembarco refugiados puerto Burdeos La Pallice donde disponen todo lo necesario conduciendo refugiados no deben llegar San Juan de Luz ni Bayona”. 15. Archives Départamentales de la Charente-Maritime (ADCM), 30-IV-1937: “En prévision arrivée imminente voie maritime réfugiés espagnols de Bilbao, veuilliez prévoir, dans plus bref délai, mesures utiles en vue être prêt à accueillir réfugiés. Débarquement sera effectué exclusivement Pauillac et La Rochelle. Effectif à prévoi plusieurs milliers”. 16. ADCM, 5 M 6 25. Instruction Génerale sur l´ Hébergement des Réfugiés Espagnols. 17. Estes últimos fixeron un transbordo ó vapor francés Sontay, que os conduciu a Leningrado, a onde chegaron unha semana despois. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 32 Jesús J. Alo nso Carb allés No seguinte cadro pódense comprobar de forma esquemática tódalas expedicións realizadas neste período e o número de nenos presentes en cada unha delas. O total de nenos evacuados entre maio e xuño de 1937 situouse arredor de vinte mil. Nenos vascos evacuados nas expedicións infantís entre maio e xuño de 1937 Barco Data saída Porto chegada Habana 6-5-1937 La Pallice Goizeko Izarra 6-5-1937 Pauillac N.º de nenos 2.273 163 Carimare, Margaux, Chateau-Palmer 9-5-1937 Pauillac 500 Habana 16-5-1937 Pauillac 2.185 Habana 21-5-1937 Southampton 3.861 Cabo Corona 22-5-1937 La Pallice 737 Habana 1-6-1937 La Pallice 2.318 Habana 6-6-1937 La Pallice 2.337 Goizeko-Izarra 10-6-1937 Baiona 139 Goizeko-Izarra 13-6-1937 Baiona Habana 13-6-1937 Pauillac 4.500 131 Ploubazlanec 13-6-1937 Pauillac 300 Alice Marie 15-6-1937 La Pallice 150 A fase final: as evacuacións desde Santander e Asturias O 19 de xuño Bilbo caía en mans do exército franquista. Nos días previos, unha parte da poboación e miles de refuxiados iniciara a fuxida cara ó oeste, en dirección ás comarcas das Encartaciones e Santander. O avance posterior da fronte nesa mesma dirección converteu a zona nun lugar perigoso e as familias alí refuxiadas víronse obrigadas a continua-la súa marcha cara a diante. Tratábase na súa maior parte de mulleres e nenos pequenos, ós que as nais non quixeron enviar sós ó estranxeiro e agora, ante o cariz que tomaban os acontecementos, fuxían con eles lonxe das operacións militares. Tamén había moitas nais soas, os seus fillos saíran desde o porto de Santurtzi e agora, co marido morto ou desaparecido, seguían os pasos dos seus pequenos, ás veces cunha intención clara de atopalos en Francia, aínda que na maior parte dos casos o facían sen un destino definido previamente. Mesmo en ocasións a evacuación ó estranxeiro era algo que moitas nais non contemplaban cando iniciaran a fuxida. Nos meses de xullo e agosto o principal porto de evacuación foi Santander, pero o inicio da ofensiva franquista sobre esta cidade o día 14 de ESTUDIOS MIGRATORIOS. 33 O éxo do infantil… agosto provocou o traslado das operacións de embarque ós portos asturianos de Ribadesella, Xixón e Avilés, ata a caída de Asturias a finais do mes de outubro. O número de nenos vascos evacuados nesta última fase foi superior a once mil. En resumo, entre os meses de marzo e outubro de 1937 saíron cara ós diferentes países de Europa uns 32.000 nenos vascos. A Francia chegaron uns 22.800 e a Bélxica 3.278. En canto ó resto dos países, podemos sinalar que houbo 3.861 nenos en Gran Bretaña, 1.600 na URSS, uns 250 en Suíza e outros 100 máis en Dinamarca18. Para ter unha idea precisa da importancia deste éxodo abonda con sinalar que a cifra final de 32.000 nenos supuña en termos globais a expatriación de case o 20% (19,64) da poboación infantil de entre 5 e 14 anos residente nas provincias de Biscaia e Guipúscoa, segundo o censo de 193019. ¿Pensou algunha vez o Goberno Vasco que o éxodo alcanzaría estas proporcións? ¿Contaba cos medios suficientes para poder atender esta poboación infantil no estranxeiro? Como xa indicamos, o obxectivo desta evacuación era evitarlles ós nenos os perigos da guerra, e prevíase un retorno rápido destes ó pasaren estes riscos. O avance e a toma do territorio vasco e do resto do norte republicano polas tropas franquistas supuxo un cambio brusco nos proxectos iniciais, e o que se prevía como unha fuxida dunhas semanas converteríase nun longo éxodo. OS PRIMEIROS PASOS EN TERRA ESTRAÑA Desbordados polo número de refuxiados, o Goberno de Euskadi e o Goberno da República tiveron que renunciar ó seu obxectivo inicial de controla-lo destino destes pequenos, sendo as autoridades francesas e os comités de apoio os encargados da súa acollida inicial en Francia. Ó chegaren ós portos franceses, os nenos eran vacinados, censados e examinados co obxectivo de detectar doenzas contaxiosas como o sarampelo, a rubéola, a varicela ou a tuberculose. “Daba la sensación de atracar un barco infectado de tifus exantémico” sinalaban os médicos do vapor “Cabo Corona” ó referírense ó cordón sanitario instalado no porto o día da súa chegada20. A pesar desta prevención 18. Alonso Carballés, J. J., 1998, op. cit. 19. Censo de la población de España de 1930 , Madrid, Ministerio de Trabajo, Justicia y Sanidad, 1935. 20. AHN, SGC, P. S., Santander “C”, atado 21/exp. 12. Informe dos médicos do barco, os doutores Pedro Esteban García e Jesús Ugalde. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 34 Jesús J. Alo nso Carb allés podemos afirmar que o estado de saúde dos nenos sorprendeu positivamente os responsables médicos, que esperaban unha poboación debilitada e enferma21. Destes primeiros momentos na terra de asilo, os protagonistas lembran con enorme satisfacción a abondosa comida que recibiron no porto. As referencias ó leite, ós queixos e ó pan branco, desaparecidos da súa dieta desde había tanto tempo, son especialmente numerosas. Por outra banda, algúns relatos referidos a estes primeiros momentos amosan a obsesión polas carencias sufridas durante as semanas previas e revelan ben a mentalidade de supervivencia coa que os pequenos chegaron a Francia. Llevábamos la psicosis de aquí de pasar un poco necesidad porque lógicamente en la época de la guerra había necesidades... Entonces me acuerdo que nos dieron de cenar y en la cena yo me quedé con unas barras de pan y cuando vinieron a recogerme al de dos días para marcharme de allí, porque me recogió un matrimonio, pues encontraron debajo de mi cama barras de pan que había guardado 22. Unha vez alimentados e superados os controis médicos, os nenos eran conducidos en tren ás colonias escolares na costa ou a localidades do interior designadas de antemán en Francia, ou cara a outros países de Europa como Bélxica, Suíza ou Dinamarca. Nun primeiro momento os rapaces refuxiados eran entregados ás familias que demandaran previamente a súa adopción temporal. En moitos casos, solicitábanse nenas pequenas e orfos, petición difícil de atender cando o grupo máis numeroso estaba formado por menores con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos. Para evitar este problema as familias achegábanse con posterioridade ós locais municipais onde eran agrupados os nenos e solicitaban, nese momento, o pequeno ou a pequena que desexaban adoptar. Moitos nenos, especialmente os maiores, lembran estes momentos como unha das experiencias máis tráxicas do seu éxodo ante a imposibilidade de 21. Archives départamentales de la Loire Atlantique, 1 M. Carta do prefecto de la LoireInférieure ó ministro de Interior, 21-VIII-1937. Informe médico realizado tralo exame dos refuxiados chegados no vapor “Pilton” o 21 de xullo de 1937: “L´état sanitaire est assez satisfaisant. 32 malades, accompagnés de leurs familles ont été hospitalisés à St Nazaire; soit 6 atteints de rougeole, 2 de gale, 1 coqueluche, 2 de trachome, 12 sont en conjonctivites évolutives mais seulement 2 cas de trachome, soit 1, 2/1000. 759.” 22. Jesús A. O. Entrevista realizada en Bilbo. Data: 15-XII-1993. Idade en 1937: 6 anos. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 35 O éxo do infantil… defende-lo encargo paterno de manter xuntos os irmáns. Responsabilidade xurada nos momentos previos á saída no porto e fixada na memoria: Cuando nos recuperamos nos llevaron a Gante. En la sala “Vooruit”, el actual salón de actos, fuimos repartidos entre las distintas familias de adopción. Aquello tuvo consecuencias muy trascendentes, porque yo pensaba en lo que me había dicho mi padre en el muelle de Bilbao: “Permaneced siempre juntos!” Aún me duele recordar mi rebelión, los gritos que proferí cuando me separaron de mi hermano. Mis padres adoptivos no me entendían, y me ponía de morros y uñas, a veces literalmente. No quería comer, apenas beber... yo quería ver a mi hermano, saber dónde estaban mis padres. Nadie me daba una respuesta23 . As autoridades procuraron que os irmáns fosen conducidos ó mesmo destino ou, no caso de non ser posible, a algunha localidade limítrofe para que puidesen manter unha relación habitual. En xeral foi así, pero houbo casos nos que se viron separados de forma irremisible. A ACOLLIDA DOS NENOS EN FRANCIA A organización da acollida de tan elevado número de nenos foi un arduo e complexo traballo no que tomaron parte numerosos organismos oficiais, organizacións políticas e sindicais e familias. A solidariedade institucional Desde moi cedo, o Goberno francés converteuse nun dos principais valed o res dos refuxiados. Por unha banda, estableceu unha serie de axudas especiais para facer fronte á súa acollida temporal a través de retrib uc ió ns que se situaban entre 7 e 8,50 francos por cada perso a maior de dous anos e arredor dos 5 franco s po r cada neno menor desa idade24. Este diñeiro estaba xestionado por comités locais integrado s po lo alcalde, rep resentantes de asociació ns humanitarias, de organizacións obreiras, políticas e relix io sas, ademais de persoas con transcendencia so cial en cada comunidade. Gracias 23. Angel M. Idade en 1937: 8 anos. Testemuño escrito polo protagonista e recollido no libro de Labajos, E. e Vitoria, F. (1997): Los niños españoles refugiados en Bélgica, Valencia, Ed. Los niños de la guerra, p. 123. 24. Archives départementales de la Vendée, 4 M 356. Comunicación do Ministerio de Interior ó Comité de acollida de St-Gilles-sur-Vie (Vendée). ESTUDIOS MIGRATORIOS. 36 Jesús J. Alo nso Carballés Nenos na porta da colonia infantil de Orthez (Basses-Pyrénées), 1937 a estes fondos, creáronse numerosos centro s de acollida por todo o territorio francés: Annecy, Auxerre, Cherbourg, Dinan, Do mfront, Laval, Le Mans, Les Sables-d´Olonne, Rennes, Saint Brieuc, St-Etienne, St-Gilles-Cro ix - d eVie, To urs, Valence, Vannes, Veso ul... Un dos máis impo rtantes fo i o establecido no s pavilló ns da fábrica Michelín, en Clerm o nt- Ferrand (Puy-deDô me), onde fo ron acollidos un to tal de 548 refuxiados vascos, dos cales 275 eran nenos. As condicións e o equipamento destes refuxios eran en xeral aceptables, aínda que houbo grandes diferencias entre eles, algo no rmal se temos en conta que nuns casos empregáronse locais industriais abandonados, e noutros pazos co n grandes xardíns. Non obstante, a súa existencia no n fo i moi duradeira. A finais de setembro de 1937, as auto ridades francesas decidiro n o seu desmantelamento . O s refuxiados, mulleres acompañadas dos seus fillo s na súa maior parte, víronse entón obrigados a reto rnaren ben á España franquista, ben á España rep ub lic ana25. Nestas datas e como consecuencia 25. Archives départamentales des Pyrénées-Atlantiques, 1 M 284. Carta do Ministerio do Interior ós prefectos, 27-IX-1937. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 37 O éxo do infantil… desta “expulsió n” a presencia de nenos vascos en Francia reduciuse de 2 2.000 a 11.000 26. Non obstante, as autoridades mantiveron as axudas destinadas ás colonias exclusivamente infantís. O traballo do Goberno de Euskadi O Go berno de Euskadi ademais de se-lo principal organizador do proceso de evacuació n foi o responsable tutelar dos neno s vascos refuxiados no estranx eiro. Malia que viu superada a súa capacidade de contro l ante a envergadura do éxodo, isto no n impediu que desenvo lvese un sobranceiro labor de acollida. Traballo no que poden distinguirse dúas liñas de actuación, unha liderada polo Departamento de Cultura do nacio nalista Jesús María de Leizaola, a outra po lo Departamento de Asistencia Social do socialista Juan Gracia. O primeiro centrou a súa acción na creació n e no mantemento de co lonias infantís vascas co obxectivo fundamental de prosegui-lo labor educativo e cultural desenvolvido na República coas escolas vascas, priorizando a recuperación do éuscaro e o fomento do fo lclore tradicional vasco co a formación de grupo s de danza e coros. Debido a estes obxectivos a meirande p arte das co lonias foron instaladas en localidades do País Vasco Francés co mo Cagno tte, Itxasso u, Cibo ure, Cambo -les-Bains, Ustaritz, Arm end aritz e Saint-Jean-Pied-de-Po rt. Nesta última localidade instalouse a colonia infantil vasca máis importante con 419 rapaces, 213 nenos e 206 nenas. Dúas terceiras partes deses menores eran católicos e existía tamén un elevado índice de vascofalantes. A colo nia contou cunha trintena de pro feso res e p rofeso ras que impartían clases en castelán e en éuscaro , dirixidas por Mikel Arruza, “Arrugain”, pedagogo e autor de dous manuais práctico s de lingua vasca. Ademais, establecéronse diversos niveis de educació n, desde a ensinanza básica ata a fo rmación profesional coa implantación dunha sección de o b rad o iros para o s maiores de catorce ano s. En todas estas colo nias impulsouse a ensinanza relixiosa e as prácticas cató licas como un dos piares fundamentais da educación infantil e da identidade vasca. Realizábanse varios o ficio s relixiosos ó longo do día e foro n numero sos os neno s que fixeron no exilio a súa Primeira Comuñón. 26. Archives départamentales de Vaucluse, 4 M 211. Etats numériques, 1936-1937. Por non citar máis que un exemplo das repercusións desta medida, podemos sinalar que, no departamento de Vaucluse, dun total de 1.207 refuxiados –259 nenos– a mediados de agosto de 1937, pasouse a 52 refuxiados, a metade deles nenos. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 38 Jesús J. Alo nso Carb allés Pola súa banda, o departamento de Asistencia Social, do que dependían colonias e residencias infantís como as de Orthez, Ghéthary, ArrauteCharritte, Saint Christau ou Dax, impulsou unha ensinanza vasca e laica que reflectía a tendencia socialista do Departamento e que excluía expresamente a ensinanza relixiosa nos horarios oficiais27. Ademais destas colonias as autoridades vascas estableceron unha importante rede de refuxios de adultos e nenos con centros en Chatenay-Malabry, Château-du-Loir, Enghien-les-Bains, Narbonne, Sète, Pezenas, Compans, Noyon e Montauban. A maior parte deles foi requisada en 1939 polas autoridades para a tropa e os refuxiados franceses. En total, o Goberno Vasco acolleu baixo a súa responsabilidade máis de 1.000 nenos, cifra importante pero que supón a penas unha décima parte dos nenos vascos refuxiados en Francia. Non obstante, consciente desta limitación e da súa responsabilidade tutelar, o executivo vasco realizou un grande esforzo para coñecer en todo momento o paradoiro e a situación en que se atopaba o resto dos nenos refuxiados. Con este obxectivo, creou un corpo de inspectores e colaboradores encargados de vixia-la súa situación e remitir informes de forma periódica ó Departamento de Asistencia Social28 . Gracias a esta iniciativa, e á colaboración das autoridades francesas e dos organismos de acollida, este Departamento puido intervir e corrixir aqueles casos nos que constatou unha deficiente atención ós pequenos. O aspecto sanitario-asistencial dos refuxiados foi tamén obxecto de atención por parte do Goberno Vasco. En todas estas colonias o servicio médico estivo atendido por persoal de Departamento de Sanidade, e incluso no País Vasco Francés os exiliados puideron gozar de asistencia sanitaria a domicilio. 27. AN, FSA, S. K. 338 C.7. Resposta de Enrique Dueñas Zabala, secretario xeral de asistencia social do Goberno Vasco remitida ó Secretariado Social Católico de Bordeus o 25-IX-1937, trala súa oferta para albergar en Capreton a 500 nenos baixo a condición de que a ensinanza fose “vasca y católica”: “el Departamento no puede aceptar condición alguna que afecte a los fundamentos de la Constitución y del Estatuto (...) El Gobierno de Euzkadi da enseñanza vasca, pero sin determinar la confesión de la enseñanza (...) El Gobierno ampara y cuida de los niños vascos, sin entrar en si son o no católicos ellos o sus padres. No cabe realizar arrien dos, formar colonias, para separar unos niños de otros clasificándoles por confesiones. La enseñanza debe ser única, neutral. Para enseñarles en católico o en cualquier otra religión se les facilita un medio viable: el que a los niños que corresponda, y por la persona que se estime apta, les de enseñanza fuera de las horas señaladas en el régimen de instrucción oficial. Querer darla a todos por una sola confesión, es tanto como faltar al respeto que se debe a los demás. Nuestra determinación marca el respeto, la otra la intransigencia e intolerancia”. 28. AN, FSA, S. K. 338 C.7. Informe sobre a forma de desenvolverse o Departamento de Asistencia Social do Goberno Vasco e dificultades coas que tropeza . ESTUDIOS MIGRATORIOS. 39 O éxo do infantil… Creáronse diversos centros asistenciais para atende-los feridos de guerra, entre os que destaca o Hospital da “Roseraie”, próximo a Biarritz, onde foron intervidos cirurxicamente algúns nenos. En definitiva, malia que o Goberno Vasco realizou un importante traballo, este viuse mediatizado polo enorme número de nenos evacuados, o que limitou drasticamente os seus obxectivos iniciais. O desexo da República Tamén o Goberno da República española dedicou unha atención preferente á situación derivada da presencia dos nenos refuxiados no estranxeiro. Xa en 1936 enviara un delegado ó Comité d’Accueil aux Enfants d’Espagne para coordina-la chegada dalgúns nenos fuxidos de zonas próximas á fronte, aínda que non foi ata o mes de agosto de 1937 cando o Ministerio de Instrucción Pública creou a Delegación Española para la Infancia Evacuada (DEIE), baixo a dirección de Juan Comas. Este organismo tiña como obxectivo unifica-los traballos de acollida dos nenos refuxiados e canaliza-la axuda internacional en favor destes. A principal aspiración das autoridades republicanas foi concentralos a todos baixo a súa tutela directa en colonias colectivas. Esta utópica pretensión provocou tensións coas autoridades vascas e con outros organismos de acollida, xa que a DEIE chegaba cando a maior parte dos nenos vascos se atopaban xa instalados en colonias ou en familias francesas. Ademais, empeñouse nunha política nada realista tendente a privilexiala instalación dos nenos en familias españolas, cando o seu nivel de vida e de educación era en moitos casos inferior ó da maioría dos franceses. O obxectivo de reagrupa-los nenos en colonias colectivas españolas para coordina-la formación e educación, como tantas outras metas da política republicana, viuse truncada pola escasa dispoñibilidade de medios económicos, como se puxo de manifesto inmediatamente 29. 29. Archivo del Ministerio de Asuntos Exteriores, atado 631/exp. 182. Telegrama de Juan Comas ó Ministerio de Instrucción Pública, 23-X-1937: “Situación Delegación por carencia absoluta fondos para sostenimiento personal docente y compromisos adquiridos oficialmente mantenimiento centenares niños en colonias es insostenible. Solicito instrucciones concretas para saldar atrasos y actuación porvenir evitando lamentablemente espectáculo falta de seriedad pago ante extranjero. Dignamente imposible continuar frente delegación sin llegada inmediata doscientos mil francos prometidos día quince y seguridad concesión crédito extraordinario cuatro millones hasta fin de año. Debe pensarse además efecto produciría vernos obligados repatriar Cataluña miles niños y problemas que su alimentación y educación crearía”. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 40 Jesús J. Alo nso Carb allés En conxunto, o Goberno da República fíxose cargo –en colaboración co Comité Suédois pour l´Aide aux Enfants Espagnols– duns 230 nenos vascos, instalados en colonias próximas a París como Bois Colombes, Colombes, Château-les-Halles, Chenay, Ivry, Garennes e Asnières. A mediados de 1937 tamén se responsabilizou do refuxio de Baiona, no que se atopaban acollidos 280 menores, polo que o número total de nenos vascos acollidos baixo tutela republicana foi superior ós cincocentos. A solidariedade obreira O labor institucional e gobernamental viuse complementado amplamente por numerosos grupos creados por iniciativa de organizacións obreiras e partidos políticos da esquerda francesa que foron de lonxe os máis activos na acollida dos nenos vascos. Entre todos eles hai que facer unha mención especial ó Comité d’Accueil aux Enfants d’Espagne (CAEE), creado en 1936 pola Confédération Générale du Travail (CGT), que agrupaba no seu seo a traballadores socialistas e comunistas. Os seus chamamentos solidarios publicados en L’Humanité , Le Populaire ou Le Peuple tiveron unha gran repercusión na mobilización dunha parte da sociedade francesa en favor dos nenos fuxidos da guerra de España. Este Comité mantivo de forma estable máis dunha trintena de colonias infantís que deron abeiro a máis de 1.000 nenos vascos30. O partido socialista francés, SFIO, creou tamén diversas colonias infantís, entre as que podemos salienta-la colonia de Sartrouville (Yvelines), que deu am p aro a 60 nenos, e a colonia de Orly, nas proximidades de París, que acolleu outros 90 31. Tamén houbo moitos sindicatos obreiros e grupos de traballad o res que colaboraron a nivel local na acollida dos nenos vascos ben a través de doazóns ou subscricións, ben coa cesión das súas colonias de verán. A solidariedade católica A condición católica de moitos nenos vascos incentivou a solidariedade dalgúns grupos católicos que desde moi cedo se sentiron comprometidos coa súa traxedia. O principal grupo de acollida de carácter católico foi o Comité 30. Entre as colonias creadas por este Comité podemos destaca-la colonia “Mas-Éloi” de Limoges, que lle deu abeiro a 91 nenos, a de Agen (Lot-et-Garonne), que acolleu 133 nenos, e a de Chantilly (Oise), onde foron instalados outros 110 menores. 31. Na equipada colonia de Orly os nenos editaron un xornal mensual, El ramillete, que reco llía debuxos, historias, poesías, textos pedagóxicos, experiencias da guerra e relatos da vida cotiá dos nenos das diferentes colonias de toda Francia. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 41 O éxo do infantil… National Catholique d’Accueil aux Basques (CNCAB), creado en 1937 por mon- señor Clément Mathieu, bispo vasco de Aire e Dax. Este grupo, do que compartían a presidencia de honor o cardeal Verdier, bispo de París, e monseñor Feltin, arcebispo de Bordeus, organizou un importante centro de acollida en Cadaujac (Gironde), que lle deu abeiro a 425 refuxiados, dos que 115 eran nenos. Tamén colaborou na distribución de varios centos de nenos entre familias católicas. A solidariedade internacional É imprescindible lembrar que Holanda, Estados Unido s, No ruega ou Suecia se ofrec eron tamén como posibles países de asilo; mesmo houbo unha expedició n programada a este último país frustrada ante a imposibilidade de ato par a tempo un barco para a súa realización. Finalmente, os Países Escandinavos, o s Países Baixos e outros países de Europa e do resto do mundo optaron por subvenciona-la instalación en territo rio galo de diversas colonias infantís. Este foi o caso do Comité Suédois pour l´Aide aux Enfants Espagnols, que, como xa sinalamo s, constituíu varias colo nias de fo rma conxunta co Goberno Republicano ; o Comité Holandés para o Asilo dos Nenos de España no Sur de Francia, organizado r da co lo nia infantil “L´Amelie”, en Soulac-sur-Mer (Gironde), que acolleu 31 nenos; o Fo ste r Parent´s Committe for Spanish Childre n, o rganismo inglés que estableceu unha im p o rtante rede de co lonias infantís no departamento de Basses-Pyrénées en 1939; ou a Commission Internationale d´Aide aux Enfants Espagnols Réfugiés, o rganización de cuáqueros norteamericanos que creou a “Pax Colo ny”, en And erno s-les-Bains (Giro nde), que acolleu 32 nenos ata ben entrado o mes de maio de 1940. Ademais, hai que mencionar un importante número de organismos de diferentes nacionalidades e supranacionais que colaboraron nesta acollida coa contribución de apoio propagandístico, fondos materiais, comida, roupa, xoguetes... 32. Se ata o de agora puxemos de relevo o labor desenvolvido por todos estes organismos, hai que falar tamén da solidariedade de miles de familias que se fixeron cargo da adopción temporal destes nenos. 32. Sen ánimo de ser exhaustivos podemos salientar organismos como a Office International pour l´Enfance (OIE), a Comissión d´aide aux enfants espagnols réfugiés en France (CAEERF), a Ligue Inernationale des amis des Basques (LIAB), o Comité International de Coordination et d´Information pour l´Aide à l´Espagne Republicaine (CICIAER) ou a Cruz Vermella. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 42 Jesús J. Alo nso Carballés A solidariedade familiar Un censo do Goberno Vasco, datado en decembro de 1937, situaba en arredor de sete mil o número de nenos vascos albergados por familias adoptivas en Francia, o que supuña máis de dous tercios do to tal dos menores refuxiado s nesas datas neste país33. É necesario insistir neste labor maioritariamente altruísta de miles de familias francesas, españolas e do utras nacio nalidades que, compro metidas en favor da causa republicana, ou estimuladas pola condición católica dos nenos vascos, demostraron unha forte solidariedade. Xa no mes de marzo de 1937 se fixera un primeiro chamamento nos xornais da esquerda francesa –Aidez-nous à sauver les enfants espagnols–, onde podía lerse: Sauver les enfants. Unissons nous pour sauver ces gosses. Catholiques, penseur libres, communistes, socialistes ou républicains, hommes de coueur, qui vous soyez, unissons-nous pour sauver ces gosses!34 . Un mes máis tarde, o 4 de abril de 1937, o Comité d’Accueil aux Enfants d’ Espagne (CAEE) organizo u unha “Jo urnée Natio nale po r l’Enfanc e Espagnole”, destinada a recadar fondos e a informa-la poboación sobre a situación da infanc ia esp año la e as p o sibilidades de co labo ració n. Inicialmente, propúñase o apadriñamento dos nenos instalados nas colonias a razón de dez francos por día. A adopción familiar non se formulou ata a chegada de máis de dous mil nenos vascos na primeira semana de maio. Esta chegada viuse acompañada pola difusión na prensa de esquerdas de numerosos artigos onde se animaba á solidariedade obreira e se explicaba o proceso que cumpría seguir para solicita-la adopción destes pequenos refuxiados35. Para a recepción das peticións o CAEE creou numerosos comités locais encargados de considera-la idoneidade ou non das familias aspirantes en función da casa, dos medios dispoñibles e da súa conducta social. Estas solicitudes eran remitidas posteriormente ó comité central en París, que era o responsa- 33. AN, FSA, S. K. 338 C.7. Informe sobre o traballo realizado polo Departamento de Asistencia Social do Goberno Vasco, decembro, 1937. 34. La Défense, 19-III-1937. 35. Para o 7 de maio, W anda Landy, secretaria xeral dos Comités femininos da rexión de París, publicou un artigo en La Defense baixo o título “Au secours des enfants basques!”. Dous días máis tarde apareceu publicado na portada de Le Peuple un texto escrito por George Buisson, secretario da CGT, baixo o expresivo título: “Qui veut accueillir un enfant de Bilbao?”. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 43 O éxo do infantil… ble da distribución final. Os nenos vascos foron os primeiros beneficiarios da solidariedade das familias francesas, que trataron de aliviar no posible as desgracias destas víctimas da “obra” do fascismo en España. As familias católicas tamén colaboraron nesta acollida. O primeiro chamamento importante na prensa católica en favor dos vascos apareceu en L’Aube , o 8 de maio, no artigo titulado “Pour le peuple basque”, asinado por numerosos políticos e intelectuais católicos franceses, encabezados por Francois Mauriac. L’ Aube converteuse a partir de entón nunha plataforma de difusión que incidía constantemente no carácter católico dos nenos vascos que chegaban a Francia e na necesidade da solidariedade das familias católicas. A acollida por parte destas familias foi importante, principalmente na zona do sudoeste, aínda que non comparable ó traballo realizado por familias defensoras de posicións políticas e sociais de carácter progresista vinculadas á defensa do réxime republicano español. Tamén houbo unha gran solidariedade entre as familias de emigrantes españois ou de descendentes de emigrantes españois establecidos en Francia, fundamentalmente no Languedoc-Roussillon. Estimulados polos grupos de esquerda e polas consignas das autoridades consulares, as familias españolas adoptaron varios centos de nenos36 . Como conclusión podemos afirmar que os nenos foron repartidos por todo o territorio francés, sendo as zonas máis implicadas nesta acollida os departamentos atlánticos máis achegados a Euskadi (Pyrénées Atlantiques, Landes e Gironde), ademais de Indre-et-Loire e a rexión de París. Só nos departamentos lindeiros, especialmente nos máis próximos a Alemaña e Italia, a súa presencia foi moi reducida polo temor das autoridades francesas a que se puidese xerar algún conflicto fronteirizo. O final da Guerra Civil en abril de 1939 e, fundamentalmente, o inicio da guerra europea en setembro dese mesmo ano, provocaron o retorno masivo dos nenos polo temor das familias adoptivas e dos comités de acollida a que os pequenos se visen de novo implicados noutro conflicto. Só nese ano regresaron máis de 7.000 nenos. O retorno continuou ó longo dos anos seguintes, aínda que sabemos que máis de 1.000 destes pequenos refuxiados en Francia non regresaron nunca ó País Vasco. A maior parte deles permaneceu en Francia, mentres que un reducido grupo marchou ó outro lado do Atlántico xunto ós seus pais. 36. Archives départamentales du Gard, 4 M 668. Registre des Enfants en provenance de Bilbao, 1937. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 44 Jesús J. Alo nso Carb allés A ACOLLIDA DOS NENOS EN BÉLXICA Do mesmo xeito que en Francia, en Bélxica foron os comités de acollida e, fundamentalmente, as familias belgas as que soportaron o custo da presencia dos nenos. A súa acollida implicou a organizacións políticas, sociais e relixiosas e a un amplo sector da poboación belga, desde familias socialistas e comunistas ata familias profundamente católicas. Por suposto, a chamada de solidariedade foi atendida tanto por valóns como por flamencos. Nesta acollida destacou o Partido Socialista Belga (POB-BW P), que xa a finais de 1936 creara o Comité National pour l’Hébergement des Enfants Espagnols en Belgique (CNHEEB). Gracias ás súas xestións, o 22 de abril de 1937 chegou a Bélxica o primeiro grupo de douscentos nenos vascos. Estes pequenos foron destinados á colonia “Emile Vandervelde”, na localidade costeira de Oostduinkerke, onde permaneceron tres semanas nas que os nenos recibiron unha atención esmerada e unha coidada alimentación antes de seren distribuídos entre as familias de Liexa, Gante e Bruxelas. Nas semanas seguintes chegarían novos grupos de nenos procedentes das saturadas colonias francesas que, como no caso anterior, foron trasladados primeiramente a colonias na costa e distribuídos posteriormente entre as familias belgas. Entre os meses de abril e xullo de 1937 esta organización fíxose cargo duns 1.000 nenos vascos37. Como reacción a esta solidariedade socialista o cardeal arcebispo de Malinas, monseñor Van Roey, realizou o 26 de maio de 1937 un chamamento público a favor da acollida de nenos vascos por parte dos católicos. Un mes despois creouse a organización Baskisch Kinderwerk-L’Oeuvre des Enfants Basques, que aglutinou a solidariedade das familias católicas e de diversas ordes e institucións relixiosas que se ocuparon da acollida de 1.300 nenos vascos38 . O Goberno de Euskadi, malia que centrou os seus esforzos en Francia, tamén estableceu un refuxio en Bélxica, concretamente no castelo de Fourneau, na provincia de Liexa, onde foron acollidos 120 refuxiados, nenos, mulleres e anciáns. O Socorro Rojo Internacional (SRI), de ideoloxía comunista, acolleu e distribuíu entre familias achegadas ós seus ideais políticos un total de 329 nenos. Pola súa banda, a Cruz Vermella de Bélxica distribuíu en 1937 un total de 193 nenos vascos, sen ter en conta a súa confesión relixiosa ou a filiación política dos seus pais, entre familias belgas de calquera clase 37. Archives de l´Institut Emile Vandervelde, Bruxelas. Documentación do CNHEEB. 38. Archives de l´Archêveché de Malines, L´Oeuvre des enfants basques, atado 2. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 45 O éxo do infantil… Nenos na estación de Mons, xuño 1937 e condición. Por último, o Grupo Español para la Defensa de la República fíxose cargo de 312 menores 39. En conxunto, o número de nenos vascos refuxiados en Bélxica ó longo de 1937 situouse arredor dos 3.300, dos que máis de 3.000 foron adoptados por familias. Este dato evidencia en por si só un compromiso humanitario difícil de ver nos nosos días cando xorden conflictos armados que orixinan centos de miles de refuxiados, aínda que hoxe téndese a unha asistencia ós refuxiados en zonas próximas ó conflicto. O estalido da guerra europea provocou o retorno masivo destes nenos ante a especial sensibilización das familias belgas que sufriran a invasión alemana durante a I Guerra Mundial. En Bélxica soamente permanecerían uns 200 nenos por causas como a orfandade, a ausencia de reclamación dos seus pais ou por acordo mutuo entre ámbalas familias. Nestes casos, e segundo os exemplos que atopamos na nosa investigación, tratábase de familias nas que o pai, a nai, ou ás veces ámbolos dous, se atopaban desterrados ou detidos nos cárceres ou campos de concentración franquistas e non podían facerse cargo dos seus fillos 40. 39. AN, FSA, S. K. 338 C.7. Informe realizado polo doutor Samperio con motivo da súa visita de inspección a Bélxica o 18 de novembro de 1937. 40. Archivo del Ministerio de Asuntos Exteriores, R., atado 1260/exp. 47. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 46 Jesús J. Alo nso Carballés A VIDA NO EXILIO: FAMILIA, ESCOLA E INTEGRACIÓN O aspecto que mellor caracteriza a vida dos nenos vascos refuxiados en Francia e Bélxica foi, sen dúbida, o seu alto grao de integración. A isto contribuíu o feito de que a maior parte dos nenos refuxiados foron acollidos por familias, mentres que os nenos vascos acollidos na Gran Bretaña e na URSS permaneceron en internados e en colonias infantís. Insistimos en que foron miles as familias francesas e belgas que acolleron nas súas casas a un, dous ou máis nenos. A maioría destas familias adoptivas exerceron unha tutela responsable, segundo se desprende dos relatos dos nenos. Conscientes da súa responsabilidade temporal foron elas precisamente as que máis insistiron en que estes mantivesen unha correspondencia periódica cos seus verdadeiros pais, así como relacións fluídas cos irmáns e co resto dos exiliados. Houbo, sen dúbida, tamén, familias que buscaban a satisfacción persoal de enche-lo baleiro duns fillos que nunca tiveron ou que perderan41. No corpus das fontes orais existen numerosos testemuños do que poderiamos definir como un exceso de protección e de celo sobre o pequeno adoptado. Geraldine Berger, unha autora belga, ó referirse na súa obra a esta situación de hyperprotection, constata o feito de que algunhas familias trataron de desvincula-los nenos do seu mundo de orixe, o que en ocasións provocou o rexeitamento dos de maior idade42 . Non obstante, estas nubes non deben impedirnos ve-lo ceo: a solidariedade humana impulsou á maior parte destas familias a dar abeiro nos seus fogares a estes pequenos refuxiados sen ningunha outra pretensión que a do seu auxilio. Entre todas elas merece unha mención especial a familia Eeckman, comunistas belgas que, ós seis fillos seus sumaron oito pequenos máis chegados a Bélxica en 193743 . O utro elemento que caracterizou a presencia destes nenos en ámbolos países foi o seu maioritario ingreso na escola oficial. Tras un período de aclimatación e de aprendizaxe da lingua moitos nenos chegaron a ocupa-los primeiro s postos das clases, o que denota ata que punto foron capaces de aprende-lo idio- 41. Segundo as respostas consignadas en máis de 100 cuestionarios respondidos polos protagonistas, alomenos un 42% das familias de acollida en Francia estaban compostas por matrimonios sen fillos. En Bélxica esta situación chegaba ó 43%. 42. A historia relatada por Castresana na súa obra: El otro árbol de Guernica encádrase plenamente dentro deste fenómeno. Berger, G. (1990-1991): Les enfants de la Guerre Civile espagnole. (Chronique du périple des enfants Espagnols réfugiés en Bélgique) , (Travail de fin d´études), École d´Interprètes Internationaux, Université de Mons. 43. Labajos, E. e Vitoria, F. (1994): Los niños. Histoire d´enfants de la Guerre Civile espagnole exilés en Bélgique , Bruxelas, Ed. Vie Ouvrière; pp. 63-65. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 47 O éxo do infantil… ma e de pro gresar nun ambiente e nunha realidade que meses atrás lles era completamente allea. Inmersos neste mundo familiar e escolar as relac ió ns entre os nenos vascos refuxiados víronse moi limitadas. Malia os esforzos do go b erno de Euskadi e do goberno republicano por remediar esta situación o c erto é que a maior parte deles, especialmente os de menor idade, acabaro n integrándose plenamente. O doutor Samperio, inspector de refuxiados do Go b erno Vasco, amosábase así de preocupado nun informe referido á instrucción e ó ambiente no que se desenvolvía a estadía dos nenos en Bélxica. Los niños van a la escuela y aprenden el francés o el flamenco, pero olvidan el español. Carecen de la necesaria escuela en lengua castellana y la mayoría está a falta de contacto con todo aquello que les pueda rec o rdar su nacionalidad 44. A presencia destes nenos no estranxeiro permitiulles coñecer outras realidades, outras culturas e outros costumes. Ademais dunha experiencia dramática o exilio supuxo, en moitos casos, unha experiencia enriquecedora. Unha etapa marcada polo descubrimento e a práctica de novos xogos e deportes descoñecidos coma o rugby, o baloncesto, o tenis, a patinaxe sobre xeo, sen esquece-la tan desexada bicicleta, que pasou de ser un luxo inaccesible aquí a un xoguete habitual alí. E tamén a existencia de alimentos ós que estaban pouco afeitos como a carne de cabalo, as marmeladas, os queixos... E é tamén necesario sinala-la sorpresa, en fin, ante toda unha serie de avances técnicos –as escaleiras mecánicas dos grandes almacéns, por exemplo– e dos hábitos sociais que deixaron un forte sinal nestes nenos. El trabajaba en las vías del tranvía... reparando las vías del tranvía, en eso trabajaban. Y vivían! Tenían un alto nivel de vida, tres días a la semana salíamos de cafeterías y él llegaba el domingo, se vestía bien con su sombrero, su traje, a diario el reloj de cadena, pero corriente, y los domingos el de oro, con su cadena de oro, se ponía su sello, que aquí no estabas acostumbrada. En nuestra posición, con radio, que aquí en aquellos tiempos radio sólo tenían los ricos, en casa éramos siete hermanos y no había radio. Era otro nivel de vida, muy superior a la nuestra, muy superior en todas las casas... Yo hice una vida que aquí en España no se conocía en aquellos tiempos, porque las mujeres de ir a las cafeterías nada, y allí los matrimonios iban a las cafeterías y a mí me llevaban...45. 44. AN, FSA, S. K. 338 C.7. Informe realizado polo doutor Samperio con motivo da súa visita de inspección a Bélxica o 18 de novembro de 1937. 45. Isabel B. S. J. Entrevista realizada en Bilbo. Data: 30-IX-1993. Idade en 1937: 12 anos. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 48 Jesús J. Alo nso Carb allés Polo contrario, os nenos acollidos nas colonias do Goberno de Euskadi mantiveron a súa identidade ó desenvolverse o seu exilio dentro dunhas colonias practicamente pechadas, con escasas conexións co exterior e cun forte mantemento de elementos que lembraban a súa orixe, como o idioma, a cultura ou a alimentación. Lo positivo fue que a pesar de estar fuera seguimos viviendo dentro de nuestro ambiente, porque el ambiente nuestro era el mismo que el de aquí. Lo único que estábamos en el exilio. Como la gente era vasco-francesa, porque claro la parte donde estábamos nosotros era la Benabarra, no encontrábamos pegas, además eras recibido por todos los sitios muy bien46. Diferentes visións dun mesmo éxodo que reflicten a diversidade de experiencias vividas ata que unha nova guerra provocou o retorno á casa da maior parte destes pequenos refuxiados. O RETORNO: ¿O FINAL DO ÉXODO? O retorno á casa supuxo para a maior parte dos nenos unha ruptura tan grande ou mesmo maior que a que provocou a súa evacuación en 1937. Alomenos así o reflicten os seus testemuños. “Do ceo ó inferno” é a expresión literal dalgúns dos protagonistas para referírense á primeira impresión que tiveron ó seu regreso a España a finais de 1939 47. Abandona-lo exilio supuxo deixar atrás unha vida cómoda, feliz en moitos casos, para regresar a un mundo que moitos a penas recordaban e a unha realidade que era para eles unha incógnita. ¿Volver? Yo no quería volver. En el sentido de que yo me encontraba bien y tampoco sabía que iba a encontrarme aquí, me había hecho a aquella vida y venir suponía un desgarro para mí. Ellos [a familia adoptiva] también estaban mal porque querían lo mejor para mí y haberme quedado allí con ellos. Aunque luego pasó lo que pasó 48. 46. Juan Mari M. C. Entrevista realizada en Bilbo. Data: 15-XI-1993. Idade en 1937: 10 anos. 47. Alonso Carballés, J. J.: “Du ciel à l´enfer. Histoire et memoire du retour en Espagne des enfants basques réfugiés en France et Belgique, 1939-1942”, en Duroux, R. e Montadon, A. (comp.), L´Emigration: Le Retour, Clemont-Ferrand, CRLMC-Université Blaise-Pascal, 1999; pp. 571-578. 48. Víctor F. J. Entrevista realizada en Llodio (Araba). Data: 3-II-1994. Idade en 1937: 9 anos. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 49 O éxo do infantil… As lembranzas da súa chegada a Euskadi aluden a unha paisaxe esnaquizada polas bombas e polo lume, restos dunha guerra perdida que aínda eran evidentes en moitos recantos. A presencia na rúa de novos símbolos, novas cores e novos cantos foron os primeiros síntomas dunha nova realidade dominada pola imposición e o adoutrinamento. A visión do retorno como algo negativo, tráxico, desolador, non se debe exclusivamente ó brusco choque inicial, senón tamén ás enormes dificultades que atoparon os nenos na súa integración na sociedade franquista da posguerra. A dureza das condicións de vida, pola fame, a escaseza e a penuria xeneralizada, o amoreamento nas casas, a ausencia de pais desaparecidos, encarcerados ou recluídos nos campos de concentración, a escola do nacionalcatolicismo e o encadramento obrigatorio en organizacións xuvenís de forte inspiración militar, completaban un panorama desolador para uns nenos que durante dous anos viviran en plena liberdade. Os relatos do retorno aparecen cheos de expresións de gran dureza como trauma, traxedia, sufrimento , deprimente , deplorable , baleiro ... que en ningún caso utilizan para referirse ó exilio. La posguerra fue muy dura en todos los aspectos, en la alimentación, en la represión, en lo político, en lo religioso. Fue terrible, no te dejaban ni respirar. Simplemente por ser un aprendiz de tornero yo tenía que ir todas las semanas a un cuartel de la Falange y allí nos hacían desfilar, hacer los saludos. Sabían ellos que era lo que más odiábamos todos, pero si no ibas al Frente de Juventudes te descontaban dinero del sueldo y te castigaba la empresa49. Finalmente o reto rno supuxo un brusco abando no d a nenez e da p ub ertade, a iniciació n na “busca da vida” ó implicarse na obtenció n de recurso s necesarios para a supervivencia. Po r todo isto, o perío do da po sguerra é lembrado co mo un salto prem aturo á madurez, en contraposición ó exilio, que aparece na memo ria caracterizado po la recuperación da nenez trala experiencia da guerra. Na meirande p arte dos testemuño s existe unha p ercepció n do reto rno como un salto ó baleiro. A seguinte reflexión dun p rotagonista recolle de xeito maxistral a memoria tráxica e o sentimento colectivo deste reto rn o : De repente me vi de un mundo a otro mundo. Yo sabía que era el mundo que me pertenecía, pero era un mundo ajeno 50 . 49. Antonio M. B. Entrevista realizada en Bilbo. Data: 27-I-1993. Idade en 1937: 9 anos. 50. Valentín M. H. Entrevista realizada en Bilbo. Data: 18-XI-1993. Idade en 1937: 9 anos. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 50 Jesús J. Alo nso Carb allés Non obstante, non tódolos nenos regresaron. É importante sinalar que esta experiencia infantil provocou a existencia de dous grupos diferentes: o exilio repatriado e o exilio persistente, formado polas persoas que permaneceron nos países de asilo. Ós primeiros a súa fuxida serviulles para coñecer unha realidade e adquirir uns coñecementos moi enriquecedores que lles permitiron o acceso a unha visión do mundo afastada das posibilidades que naquela época tiñan os nenos para coñecer outras culturas e outras formas de vida, aspectos que hoxe son moi valorados polos seus protagonistas. Yo creo que todos los que hemos estado tenemos un algo, un algo especial distinto al que no ha salido al extranjero en aquella época. Sí, sí, yo soy bastante observador sobre eso y lo noto, en las personas de nuestra edad claro. No sé si nos quedó un poco esa educación que aquí no había, esa forma de ver la vida distinta. Sí se nota sí51. Polo contrario, para a maior parte dos nenos que non regresaron e que permaneceron nos seus países de acollida, o exilio supuxo un profundo corte nas súas vidas, un salto que nalgúns casos provocou conflictos persoais, en ocasións problemas de identidade derivados das perdas provocadas pola guerra e o exilio, perdas que sesenta anos despois son evidentes aínda que difíciles de concretar. La separación de mis padres me ha causado muchas angustias y tengo secuelas de todo lo padecido, y a pesar de encontrarme bien en Francia, con mi marido y con mis hijos, hay algo que nos falta. Somos emigrados y nos ha faltado “algo” 52. Para uns e para outros, a vivencia do exilio aparece hoxe como o verd ad eiro aco ntecemento fundador dunha identidade propia. Aínda que transc o rreron máis de sesenta anos desde 1937, esta experiencia segue a ter unha grande importancia nas súas vidas, como o testemuña a existencia de asociacións que agrupan hoxe en día a moitos dos superviventes co obxectivo fundamental de manter viva a memoria deste episo dio 53 . Neste pasado que non pasa, ten igualmente unha grande importancia a persistencia endémica 51. Marcelino P. S. Entrevista realizada en Bilbo. Data: 1-II-1994. Idade en 1937: 12 anos. 52. Testemuño escrito de Dolores R. F. 1-IV-1996. Idade en 1937: 5 anos. 53. Alonso Carballés, J. J. (1998): “La construcción de unha memoria colectiva del exilio infantil vasco”, Ayer, 32, pp. 163-193. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 51 O éxo do infantil… de conflicto s bélicos en todo o mundo e especialmente os casos máis próximos e recentes de Iugoslavia, Chechenia ou Kosovo. Entre 1993 e 1 994, cando nos atopabamo s realizando as entrevistas para a realización da nosa tese, moitos pro tago nistas deste éxodo de 1937 confesaban que para eles era moi difícil permanecer impasibles ante as imaxes constantemente emitidas po la televisión da guerra nos Balcáns. A visión das macabras accións dos franc o tirad o res, os bo mbardeo s da poboación civil, as co las para conseguir co mida e as penalidades permanentes dunha poboación sen auxilio , foi un b rutal activador da súa memoria. Durante as entrevistas, e sobre to do unha vez que apagabámo -la gravado ra, o s pro tago nistas confesábanno s que volveran rememora-la súa propia experiencia desde os salóns da súa casa, fro nte a un televisor que durante vario s meses non deixo u de emitir imaxes do bloqueo de Saraievo polas milicias serbias. Algunhas persoas máis sensibilizadas, ás veces traumatizadas, pola súa experiencia persoal, no n eran capaces de soporta-la visión de miles e miles de refuxiados no centro da vella Europa sen estremecerse polos rec o rdos da experiencia persoal durante a Guerra Civil española. Me resulta muy triste comprobar que desde entonces no ha cesado de haber guerras y que todavía hoy niños e inocentes sufren lo que nosotros sufrimos, y más... 54. Ás portas dun novo milenio cada conflicto, cada guerra impide que a ferida se peche e pon en evidencia a persistencia dunha tráxica realidade: a fraxilidade da nenez fronte á guerra. 54. María Ascensión E. C. Testemuño escrito pola protagonista e recollido no libro: Los niños. Histoire d´enfants de la Guerre Civil espagnole exilés en Bélgique , op. cit.; p. 69. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 52 Jesús J. Alo nso C arballés – Cuarta expedición infantil do vapor “Habana” levada a cabo o 6 de xuño de 1937. – Distribución dos nenos refuxiados en Francia. LENDA 4ª expedición “Habana”, 6 de xuño ESTUDIOS MIGRATORIOS. 53 O éxo do infantil… – Última expedición infantil do vapor “Habana, 13 de xuño de 1937. – Expedición levada a cabo polo “Alice-Marie” o 16 de xuño de 1937. – Distribución dos nenos refuxiados en Francia. LENDA Última expedición “Habana”, 13 de xuño “Alice Marie”, 16 de xuño ESTUDIOS MIGRATORIOS. 54 Jesús J. Alo nso Carballés – Principais expedicións de refuxiados vascos levadas a cabo desde Santander en xullo de 1937. LENDA “Kellwyn”, 3 de xullo “Perros Guirec”, 5 de xullo “Sarastone”, 6 de xullo ESTUDIOS MIGRATORIOS. 55 O éxo do infantil… Resumo O ÉXODO INFANTIL NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA. O CASO DOS NENOS VASCOS EXPATRIADOS EN FRANCIA E BÉLXICA Jesú s Ja vier Alon so Ca rba llés Os nenos son sempre as víctimas inocentes de tódalas guerras. Actores “menores” dunhas situacións que non comprenden, rara vez son considerados como verdadeiros protagonistas dos acontecementos históricos dos que participan. O obxectivo deste artigo é precisamente a aproximación ó éxodo a Francia e Bélxica de 26.000 nenos vascos en 1937, como consecuencia dos bombardeos do País Vasco por avións alemáns da “Lexión Cóndor”. O traballo ocúpase do proceso de organización das evacuacións por parte do Goberno Vasco, e analiza as diferentes institucións e organismos implicados na acollida destes nenos en ámbolos dous países, destacando a gran solidariedade espertada entre as familias que adoptaron de forma temporal unha parte importante destes nenos. O artigo, que inclúe diversos relatos dos propios protagonistas, péchase cuns breves apuntamentos arredor do que supuxo para estes nenos o retorno á súa casa en 1939 e sobre a importancia desta experiencia infantil na súa vida posterior. Palabras clave: Nenos vascos, éxodo, Bélxica, Francia, País Vasco, Guerra Civil. Resumen EL ÉXODO INFANTIL EN LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA. EL CASO DE LOS NIÑOS VASCOS EXPATRIADOS A FRANCIA Y BÉLGICA Jesú s Ja vier Alon so Ca rba llés Los niños son siempre las víctimas inocentes de todas las guerras. Actores “menores” de unas situaciones que no comprenden, rara vez son considerados como verdaderos protagonistas de los acontecimientos históricos en los que toman parte. El objetivo de este artículo es precisamente una aproximación al éxodo a Francia y Bélgica de 26.000 niños vascos en 1937, como consecuencia de los bombardeos del País Vasco por los aviones alemanes de la “Legión Cóndor”. El trabajo se ocupa del proceso de organización de las evacuaciones por parte del Gobierno Vasco, y analiza las diferentes instituciones y organismos implicados en la acogida de estos niños en ambos países, destacando la gran solidaridad despertada entre las familias que adoptaron de forma temporal a una parte importante de estos niños. El artículo, que incluye diversos relatos de los propios protagonistas, se cierra con unos breves apuntes sobre lo que supuso para estos niños el retorno a su casa en 1939 y sobre la importancia de esta experiencia infantil en su vida posterior. Palabras clave: Niños vascos, éxodo, Bélgica, Francia, País Vasco, Guerra Civil. Résumé L’EXODE DES ENFANTS PENDANT LA GUERRE CIVILE ESPAGNOLE. LE CAS DES ENFANTS BASQUES EXPATRIÉS EN FRANCE ET EN BELGIQUE Jesú s Ja vier Alon so Ca rba llés Les enfants sont toujours les victimes innocentes de toutes les guerres. Acteurs “secondaires” de situations qu’ils ne comprennent pas, ils sont rarement considérés comme les vrais protagonistes ESTUDIOS MIGRATORIOS. 56 Jesús J. Alo nso C arballés des événements historiques qu’ils vivent. Cet article a précisément pour objectif d’aborder le thème de l’exode en France et en Belgique de 26.000 enfants basques en 1937 à la suite des bombardements du Pays Basque par les avions allemands de la "Légion Condor". Le texte traite du processus d’organisation des évacuations par le Gouvernement Basque et fait l’analyse des différentes institutions et des différents organismes qui ont permis l’accueil de ces enfants dans ces deux pays, soulignant par ailleurs l’élan de solidarité considérable dont ont fait part les familles qui ont adopté temporairement un grand nombre de ces enfants. L’article, qui comprend différents témoignages de ces protagonistes, s’achève par quelques notes sur ce que le fait de revenir chez eux en 1939 a représenté pour ces enfants et sur l’importance que cette expérience de leur enfance a eue dans leur vie. Mots-clefs: Enfants basques, exode, Belgique, France, Pays Basque, Guerre Civile. Summary THE EXODUS OF CHILDREN IN THE SPANISH CIVIL WAR. THE CASE OF THE BASQUE CHILDREN WHO WENT INTO EXILE IN FRANCE AND BELGIUM Jesú s Ja vier Alon so Ca rba llés Children are always innocent victims in any war. Playing a role in situations they do not understand, they are rarely considered as the real protagonists in any historical event in which they take part. The aim of this article is to present the exodus of 26.000 children from The Basque Country to France and Belgium in 1937 as a consequence of the German squad “Condor Legion” bombing all over The Basque Country. This article focuses on how this evacuation was organised by the Basque Government, analysing the different institutions and organisations involved in giving refuge to these children in both countries. It highlights the great solidarity offered by the many families who temporally sheltered a significant percentage of these children. The article, which also includes several episodes related by some of these children, concludes with brief notes about what the return to their homeland in 1939 meant to these children and how important this childhood experience was in later life. Key words: Basque children, exodus, Belgium, France, The Basque Country, Civil W ar. Currículo JESÚS JAVIER ALONSO C ARBALLÉS. Doutor en historia pola Universidade de Salamanca, é autor de diversos traballos sobre a Guerra Civil española e o exilio infantil entre os que destaca o libro 1937 los niños vascos evacuados a Francia y Bélgica. Historia y memoria de un éxodo infantil. Investigador invitado na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París, nestes momentos realiza unha investigación sobre as representacións de Euskadi en Francia no período da Guerra Civil, proxecto subvencionado polo Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno Vasco. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 57 ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 59-87 ESPAÑOIS NA CIDADE DE SAN XOSÉ A FINS DO SÉCULO XIX E PRINCIPIOS DO XX1 Gu iselle Ma rín Ara ya El Indiano 2 N o so tros, po r raro privilegio de la suerte, co ntamos en la familia con uno de esos seres legendarios, objeto de una singular veneración entre supersticiosa y egoísta, motivo de grandes cavilaciones y planes y esperanzas y sobresalto s para los deudos que, allá en un rincó n de la huerta valenciana, sueñan dormidos y despiertos en el indiano y en su fo rtuna probable, y sobre todo en si habrá o dejará de haber, bien que de “co ntrabando ”, hered eros fo rzoso s, los cuales, á la postre, sean los afortunados que carguen con el supuesto arc ó n repleto de onzas, causa única de aquellos desvelos y zozobras por la suerte y la salud del ausente3. INTRODUCCIÓN Así se referían, a principios deste século, os famosos viaxeiros valencianos José Segarra e Joaquín Juliá ó sentimento de admiración que existía en España polos chamados “indianos”, españois que regresaron con riquezas, 1. Este traballo ten unha débeda cos investigadores Mario Zaragoza, Víctor Hugo Acuña, Juan Carlos Solórzano, Pilar Cagiao, cos funcionarios do Archivo Nacional de Costa Rica, da Biblioteca Nacional en Madrid, do Archivo General de la Administración en Alcalá de Henares, do Archivo del Ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid, do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e do Archivo de la Dirección General de Migraciones en Madrid. Unha versión preliminar deste traballo apareceu publicada no libro Españoles en Costa Rica: la inmigración española. San Xosé, Embaixada de España-Centro Cultural Español, 1997. 2. José Ramón García López define a figura do indiano como: “término de origen literario que ha venido a designar al emigrante enriquecido, en sustitución del de americano, usual en su tiempo, pero equívoco en la actualidad por el mayor peso de la aceptación estadounidense”. García López, José Ramón: Las remesas de los emigrantes españoles en América. Siglos XIX y XX . Asturias, Ediciones Júcar, 1992, p. 20. 3. Segarra, J. e Juliá, J.: Excursión por América, Costa Rica. San Xosé, Imprenta de Avelino Alsina, 1907, p. 38. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 59 Esp año is na cid ad e d e… resultado das súas fructíferas actividades en América. Estes viaxeiros chegaron a Costa Rica en 1906 e o parágrafo citado anteriormente revela un factor para emigrar que estivo presente en España durante o século XIX. A visión romántica do “indiano” contrasta coas múltiples dificultades coas que se enfrontaron a maioría dos emigrantes. Contribuíron a alimentar este mito os axentes que contrataban emigrantes en varias poboacións españolas e que utilizaron diversos mecanismos para enganchalos como, por exemplo, a propaganda, pasaxes gratuítas, adiantos de salarios, etc. As condicións da viaxe e a posterior instalación non eran prometedoras para os emigrantes, que tiñan que soportar unha viaxe moi penosa, enfermidades, deficiente alimentación e dificultades para atopar traballo, entre outros obstáculos. Así mesmo, moitos colonos tiveron que abandona-las terras doadas polo goberno anfitrión pola mala localización dos terreos e o clima insalubre. Ante esta situación, algúns regresaron a España ou marcharon a outros países para buscar mellores condicións. A chegada dos españois a Costa Rica forma parte dun proceso que comeza coa chegada de Cristóbal Colón a América e que continúa con diversos ritmos ó longo da historia. Desde o período colonial, os españois causaron un forte impacto na poboación. Como grupo dominante provocaron a desarticulación das sociedades caciquís 4. Transcorridos varios séculos de resistencia e dominación, os líderes do século XIX estaban de acordo en inserir Costa Rica no mercado mundial e, para logralo, consideraron necesario estreita-las relacións con outros países. A segunda metade do século XIX é fecunda en proxectos de colonización e inmigración5 . Entre estas ideas, merecen un lugar especial os proxectos para traer inmigrantes de España. O propósito deste traballo é estudia-las características principais da migración española6 a Costa Rica no período coñecido como o da “gran migra- 4. Ibarra Rojas, E.: Las sociedades cacicales de Costa Rica (siglo XVI) . San Xosé, Editorial da Universidade de Costa Rica, 1990, p. 181. 5. O termo migración refírese ó proceso que implica o desprazamento de seres humanos desde os seus lugares de orixe a outros. Cando a migración se realiza a outro país denomínase migración externa. Chámaselle inmigrante ó individuo que ingresa nun país. CEPAL: La población y el entorno internacional. Población, equidad y transformación productiva. Santiago de Chile, 1993. 6. Para amplia-la información sobre o tema da migración española a Hispanoamérica existe un gran número de publicacións. A colección “Cruzar el Charco”, publicada pola Fundación Archivo de Indianos con sede en Asturias, publicou os seguintes traballos: García López, José Ramón: Las remesas de los emigrantes españoles en América. Siglos XIX y XX ; Sonesson, Birgit: Catalanes en las Antillas. Un estudio de casos; Klein, Herbert: La emigración española en Brasil; ESTUDIOS MIGRATORIOS. 60 Guiselle Marín Araya ción en masa”, que transcorreu a partir de 1880 e prolongouse ata 19307. Nese mesmo período, os principais países de destino dos españois a Latinoamérica fo ron, por orde de importancia, Arxentina, Cuba, Brasil e Uruguai8. Para lograr este propósito, o traballo dividiuse en catro partes. Na primeira considero use necesario coñece-la participación do Estado como promotor das políticas migratorias e as condicións do país no período. Unha segunda parte intenta analiza-la eficacia das políticas migratorias a través do estudio da presencia de españois nos censos e as fontes consulares. Unha terceira parte busca coñecelos diferentes proxectos de colonización e inmigración que involucraron a españois desde 1870 ata fins de 1930, os cales permiten coñece-la organización que estaba detrás desas iniciativas e as características dos emigrantes que c hegaron neses proxectos. Por último, na cuarta parte rec ó rrese principalmente a tres fo ntes (Censo Municipal de San Xosé realizado en 1904, Censo Co m ercial de 1915 e Censo de Poboación de 1927) para coñece-las características da poboación española que aparece rexistrada nos censos, revisand o , por exemplo, as principais ocupacións dos españois. Algunhas das causas que se citan na historiografía española para explicala migración en masa son o fracaso na modernización agrícola, a presión demográfica en certas zonas e o desfasamento ou a lentitude no ritmo do crecemento industrial. Segundo Blanca Sánchez, “la emigración comienza por el aumento demográfico en un contexto agrario de subsistencia que se revela incapaz de absorber ese crecimiento de la mano de obra sin que tampoco el sector industrial o los servicios logren proporcionarles empleo”9. Outros ele- Maluquer de Motes, Jordi: Nación e inmigración: los españoles en Cuba (ss. XIX y XX) e Cerutti, Mario: Empresarios españoles y sociedad capitalista en México (1840-1920), entre outros. Tamén as revistas: Estudios Migratorios Latinoamericanos e Revista da Comisión Galega do Quinto Centenario. E os libros de Naranjo Orovio, Consuelo: Cuba vista por el emigrante español 19001959. Madrid, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1986; Yáñez Gallardo, César: Saltar con red: La temprana emigración catalana a América ca. 1830-1870 . Madrid, Alianza Editorial, 1996 e os dous tomos de Historia general de la emigración española a Iberoamérica, editado pola Sociedad del Quinto Centenario, CEDEAL, 1992. Para o caso costarriqueño xa se mencionou anteriormente, Españoles en Costa Rica: la inmigración española. 7. Considérase que a emigración masiva española comezou timidamente arredor de 1860; medrou ata mediados de 1870 e tivo un descenso en 1885; incrementouse a fins da década de 1880; os anos 90 do século XIX presentan unha tendencia descendente; desde 1900 ata a Primeira Guerra Mundial a emigración española alcanza máximos sen precedentes mentres que nos anos vinte foi menor cuantitativamente. Sánchez Alonso, B.: Las causas de la emigración española, 1880-1930. Madrid, Alianza Editorial, 1995, p. 39. 8. Sánchez Alonso, B.: op. cit., p. 103. 9. Sánche Alonso, B.: op. cit. , p. 48. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 61 Esp año is na cid ad e d e… mentos que reforzaron ese proceso foron o interese dos inmigrantes por mellora-lo seu nivel de vida, a revolución dos transportes, que minguou o custo e o tempo dos traslados, o rexeitamento da superpoboación agraria, a necesidade de atopar emprego e o desexo de evadi-lo servicio militar. Este traballo aborda o tema da emigración española a Costa Rica e centra a súa análise no estudio da poboación española que vivía na cidade de San Xosé10. Este tema foi escollido por dúas razóns: primeiro, porque, como se verá máis adiante, este sitio era o lugar preferido polos españois que chegaban ó país, e segundo, porque as fontes de que dispoñemos permítennos caracteriza-la poboación que residía nesta zona. O tipo de fontes coas que contamos para realizar este estudio son moi variadas e dispersas, polo que esta investigación é só unha achega ó problema, non un traballo rematado. Aínda falta revisar e precisar algúns elementos para poder explicar moitos aspectos da migración española no período. Outra limitación das fontes atopadas é que se sitúan nun período histórico que se denomina “pre-estatístico”, onde as técnicas estatísticas de recollida de información a penas daban os seus primeiros pasos cara á profesionalización, polo que os rexistros achados non contan con series de tempo completas para varios anos ou teñen datos incompletos. O primeiro intento por estudia-la migración española a Costa Rica no século XIX e nas primeiras décadas do século XX plasmouse no libro Españoles en Costa Rica, publicado a fins de 1997. Tres obras importantes publicadas antes desta data merecen citarse por facer referencia á colectividade española: Aporte de la colonia española al desarrollo de la educación pública y privada en Costa Rica mediante la labor realizada en ese campo por educadores españoles, de Abelardo Bonilla Baldares, publicada en 1969; Historia de la influencia extranjera en el desenvolvimiento educacional y científico de Costa Rica de Luís Felipe González Flores11, publicada en 1976; e o libro de Ángel María Ríos Espariz: Costa Rica y la Guerra Civil Española12 , publicado en 1997 (investigación que foi presentada como traballo de mestrado en Historia pola Universidade de Costa Rica). Con motivo da conmemoración dos cincocentos anos da chegada de Cristóbal Colón a América realizáronse en España numerosas investigacións 10. A cidade de San Xosé, de acordo co Censo Municipal de San Xosé de 1904 e do Censo de Poboación de 1927, estaba formada polos distritos Carmen, Merced, Catedral e Hospital. 11. González Flores, F.: Historia de la influencia extranjera en el desenvolvimiento educacional y científico de Costa Rica. San Xosé, Editorial Costa Rica, 1976. 12. Ríos Espariz, A. M.: Costa Rica y la Guerra Civil Española. San Xosé, Editorial Porvenir, 1997. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 62 Guise lle Marín Araya e publicacións sobre a migración española a este continente. A obra que marcou a pauta nestes traballos foi o libro Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930 de Nicolás Sánchez-Albornoz13, publicada en 1988. Sánchez-Albornoz deixou claro que a situación rexional en España marcou os diferentes ritmos da emigración. A conxuntura desa celebración espertou o interese de moitos investigadores por aborda-lo tema da migración doutros grupos humanos; estes estudiosos publicaron a partir desa data gran cantidade de material. Este mesmo tema foi máis tarde retomado, con maior precisión, pola investigadora Blanca Sánchez Alonso na obra Las causas de la emigración española, 1880-193014. Utilizando métodos comparativos e econométricos, Blanca Sánchez reconstruíu as cifras da emigración e analizou as súas causas. Un aspecto clave desta obra foi o interese por ofrecer unha explicación global á emigración sen obvia-las diferencias rexionais de España. A autora demostra que as rexións con máis saídas son tamén as que presentan menos analfabetismo ou aquelas nas que este se reduce rapidamente nas primeiras décadas deste século. Outra conclusión é que nas rexións se emigra segundo exista ou non unha tradición emigratoria e que a emigración se encadra nun contorno familiar amplo, parentes/amigos/veciños. POLÍTICAS MIGRATORIAS COSTARRIQUEÑAS NO SÉCULO XIX Desde a independencia, os nosos gobernantes estiveron interesados en poboa-los territorios con traballadores brancos15, preferiblemente traídos de Europa. A escaseza de man de obra para traballar na terra era un argumento importante para xustifica-la necesidade de establecer contratos que permitisen atraer eses recursos humanos tan apetecidos. Na segunda metade do século XIX, Costa Rica xa se incorporara ó mercado mundial por medio do café. Ademais, o cultivo da bananeira estaba atraendo moito capital e man de obra para realiza-las obras de construcción do ferrocarril ó Atlántico 16. Estas 13. Sánchez-Albornoz, N.: Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930. Madrid, Alianza Editorial, 1988. 14. Sánchez Alonso, B.: op. cit. 15. Como exemplo está o proxecto de John Hale, de 1825, asinado con don Juan Mora Fernández, para traer 100 familias norteamericanas e británicas. 16. Para amplia-la información sobre os fluxos migratorios laborais relativos á construcción do ferrocarril ó Atlántico, ve-la obra de Murillo Chaverri, C.: Identidades de hierro y humo: La construcción del ferrocarril al Atlántico, 1870-1890. San Xosé, Editorial Porvenir, 1995, pp. 71-91. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 63 Españo is na c id ad e d e … circunstancias permitiron obter un excedente económico importante que subministrou os recursos necesarios para realizar moitas obras de infraestructura nese período. Nesta conxuntura, o goberno contratou estranxeiros para reestructurar outras áreas da sociedade. Para reforma-lo campo educativo chegan, a partir de 1869, os irmáns Fernández Feraz, procedentes das Illas Canarias, e tras deles outros profesionais españois17. Debido ó seu asentamento xeográfico , o istmo centroamericano alcanzo u grande importancia a nivel internacional a partir das grandes exploracións que chegaron a estas terras no século XVI, por ser unha ruta comerc ial que reduce a distancia entre Europa e os mercados asiáticos. Desde o século pasado, esta zo na alcanza aínda maior importancia debido ó interese po r c o nstruír un paso interoceánico. Esta situación chamou a atención de grandes potencias dese perío do , que disputaron a posibilidade de ter baixo o seu exclusivo do minio un paso entre os dous océanos; rec o rdémo -las disputas entre británicos, norteamericanos e franceses para co nseguir un tratado que lles garanta este contro l18. Esta co nxuntura provocou a visita de varios estranx eiros que chegaro n a Costa Rica e ós países veciños para conseguir co ntratos de colo nización, de co nstrucció n de obras, de comunicación ou para facer diversos negocios. Na obra de Ricardo Fernández Guardia, C o sta Rica en el siglo XIX19, quedan claramente ilustradas esas intenció ns; un resumo dos viaxeiros que se citan nese libro e o s seus motivos para visitar Co sta Rica foro n: 17. Ver Ríos, A.: “Evaluación de la emigración española en Costa Rica”. En Españoles en Costa Rica: La emigración española. San Xosé, Embaixada de España-Centro Cultural Español, 1997, p. 80. 18. Pérez Brignoli, H.: Historia Contemporánea de Costa Rica. México, Fondo de Cultura Económica, 1997, p. 49. 19. Fernández Guardia, R.: Costa Rica en el siglo XIX. 3ª ed., San Xosé, Editorial Universitaria Centroamericana, 1972. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 64 Guiselle Marín Araya Cadro nº. 1 Viaxeiros en Costa Rica durante o século XIX (segundo a obra de Ricardo Fernández Guardia) VIAXEIRO ANO 1ª VISITA OBXECTIVO DA VISITA John Hale 1825 Contrato de colonización en Heredia, Sarapiquí, para traer 100 familias. John Lloyd Stephens 1840 Visita de negocios. Ocupou o cargo de presidente da Compañía do Ferrocarril de Panamá. Robert Glasgow D. 1844 Viaxe de observación. Wilhelm Marr20 1852 Empresario, asinou un contrato de colonización con don Juan Rafael Mora para traer alemáns. Ephraim G. Squier Non visitou Costa Rica Home de negocios e diplomático en Nicaragua. Escribiu os comentarios sobre Costa Rica que aparecen na obra de Fernández en 1849, e defendeu a construcción dunha vía interoceánica na zona limítrofe de Nicaragua e Costa Rica, pero sen recoñece-los dereitos de Costa Rica nesa zona. Francisco Solano Astaburuaga 1857 Visita de negocios como encargado de negocios de Chile. Thomas F. Meagher 1857 Visita de negocios. Propón un tratado de colonización e construcción de camiños. Anthony Trollope 1859 Funcionario do servicio de correos para As Antillas. Viaxe de observación. Felix Belly 1858 Xornalista. Asinou un contrato 21 para un canal interoceánico co presidente don Juan Rafael Mora. Fonte: Fernández Guardia, R.: Costa Rica en el siglo XIX . 3ª ed., San Xosé, Editorial Universitaria Centroamericana, 1972. 20. Algunhas referencias sobre Marr pódense atopar en: “De notas que uno ha copiado de otro… Nicaragua a mediados del siglo XIX vista por dos viajeros alemanes W ilhelm Heine y Wilhelm Marr”, Werner Mackenbach, Seminario Internacional sobre Política, Cultura y Sociedad C e ntroamericana. Siglos XVIII, XIX y XX. Managua, Instituto de Historia Nicaragua y Centroamérica, 1997. 21. Para coñecer máis detalles sobre este contrato ver: Obregón, C. Mª.: Costa Rica: relaciones exteriores de una República en formación: 1847-1849. San Xosé, Editorial Costa Rica, 1984, p. 187. No informe de Louis Conard: La Republique de Costa Rica de 1913 faise referencia á opinión de Felix Belly sobre os proxectos de construí-la canle baixo iniciativa costarriqueña en A travers l’ Amérique Centrale. 1867. Outro viaxeiro estranxeiro, Ed. Pougin: L’Etat de Costa-Rica et ce qu’on pourrait y faire dans l’intérêt de l’industrie, du commerce et de l’émigration belges. Anvers, Max Kornicker, 1863, p. 24, alude tamén ó informe de Belly. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 65 Esp año is na c id ade de … Outro factor que contribuíu a esperta-lo interese da zona como vía de paso foi o descubrimento de ouro en California, en 1849, feito que incrementou o tránsito de pasaxeiros e víveres polo porto de Puntarenas e o río San Xoán a Estados Unidos de América22. Moitos viaxeiros en ruta quedaron en Nicaragua e Costa Rica23. O Tratado de Recoñecemento, Paz e Amizade24, asinado entre Costa Rica e España a principios da década dos 50, facilitou a iniciativa de traer inmigración proveniente deste país. Os representantes diplomáticos enviados a Europa serviron como mediadores nestes proxectos. Como xa se mencionou liñas atrás, a construcción do “Camiño de Ferro” –o ferrocarril ó Atlántico– acelerou as iniciativas do goberno para establecer contratos e traer colonos e man de obra. Os documentos da época sinalan que os lexisladores consideraban que algúns inmigrantes traídos para a construcción do ferrocarril se establecerían posteriormente como colonos. Con esta idea, os lexisladores pensaron que se aliviaría outro problema que tiña o país nese momento: a escasa poboación. Críase que a falta de man de obra restáballe potencialidade ó país para desenvolve-las súas abondosas riquezas. Entre as ideas do goberno para contratar inmigrantes destacan as xestións para traer man de obra españo la. A partir de 187 1 so n co nstantes o s info rmes consulares españois que mencionan as intenció ns do goberno para contratar galegos, canarios e soriano s. Máis adiante detallaranse estas inic iativas. Da acordo coas políticas migratorias costarriqueñas –tal e como sucedía noutros países de América Latina– facíase unha selección dos inmigrantes25. A ideoloxía liberal predominante, que adoptara os conceptos “eurocentristas” da época, amosaba un maior interese polos inmigrantes provenientes de Europa. Este racismo tamén se manifestaba nos comentarios feitos por algunhas persoas que visitaban o país: 22. León Saénz, J.: Evolución del comercio exterior y del transporte marítimo de Costa Rica, 18211900 . San Xosé, Universidad de Costa Rica, 1997, p. 151. 23. Houwald, G. von: Los alemanes en Nicaragua. 2ª ed., Managua, Fondo de Promoción Cultural-BANIC, 1993, p. 31. 24. Guzmán-Stein, M.: “La migración española en Costa Rica: fuentes documentales para su estudio”. En Españoles en Costa Rica: la inmigración española. San Xosé, Embaixada de EspañaCentro Cultural Español, 1997, p. 37. 25. “[… ] la ideología liberal predominante va a adoptar los conceptos eurocentristas de la época encontrando como fundamento generalizado de las nuevas políticas la propuesta de atraer migración europea y en algunos casos exclusivamente europea.” Marmora, L.: “La fundamentación de las po líticas migrato rias internacionales en América Latina”. Estudio s Migratorios Latinoamericanos. Bos Aires, nº . 10, dec. 1988, p. 379. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 66 Guiselle Marín Araya Sólo una mezcla completa con cualquier raza fuerte del Norte podría devolver el vigor a ese pueblo degenerado y quizás salvarlo de la ruina26. O darwinismo social permitiulle á elite gobernante acabar coa visión teolóxica tradicional que rexeu durante a época colonial e introduci-la idea de progreso como obxectivo central do proxecto político. A isto sumóuselle a aplicación de leis científicas: a lei da loita pola existencia e a da selección natural pola supervivencia do máis apto 27. [… ] la conveniencia de buena inmigración no necesita demostrarse es axiomática y correlativas las ideas de inmigración y progreso, es decir, país que progresa, atrae inmigración y país que atrae inmigración necesariamente progresa28. (A cursiva é nosa). Considerábase que por medio da emigración se impulsaba o desenvolvemento agrícola, económico, social e cultural do país: Dado el ensanche del país, de los cultivos de café y bananos, que van necesitando cada día mayor número de brazos, la escasés [sic] de éstos constituye un peligro para la agricultura y precisa suplir la deficiencia facilitando la manera de que las empresas puedan recibir trabajadores –braceros–, blancos o de color, extranjeros, siempre dentro de lo que disponen las leyes sobre inmigración29. 26. W agner, Moritz e Scherzer, C.: La República de Costa Rica en la América Central. Tomo I, San Xosé, Ministerio de Cultura, Juventud y Deportes, Dpto. de Publicaciones, 1974, p. 213. Estes alemáns chegaron ó país en 1853 e, entre outros lugares, visitaron o proxecto de colonización do Barón Alejandro von Bülow en Turrialba. 27. O darwinismo social tamén é chamado racismo “científico”. Ver Vecoli, R. J.: “El significado de la inmigración en la formación de una identidad americana”. Estudios Migratorios Latinoamericanos. Bos Aires, ano 8, nº . 25, 1993. No caso costarriqueño, Steven Palmer no seu artigo “Racismo intelectual en Costa Rica y Guatemala, 1870-1920” ( Mesoamérica, 31 de xuño de 1996, pp. 99-121) analiza o papel dos intelectuais na percepción racial. 28. Archivo Nacional de Costa Rica (en diante ANCR), Serie Congreso, nº . 3.287, f. 11. 1907. 29. ANCR, Serie Congreso, nº . 13.460, f. 1. 1924. Como se o bserva nesta cita, as políticas migrato rias en determinadas épocas axustáro nse para atender certas necesidades económicas específicas. No caso das plantacións bananeiras, e debido á mellor resistencia do s afro c arib eños ás condicións da zo na e ós seus co ñecemento s do traballo bananeiro, permitiuse o ingreso desta poboación. No ano 1873 chegan tamén inmigrantes chineses (ver Meléndez, C. e Duncan, Q.: El negro en Costa Rica. 10ª ed., San Xosé, Ed. Costa Rica, 1993, p. 87. Desta fo rma o contrato do ferro c arril asinado o 20 de xullo de 1873 indica que o contratista: “[… ] p o d rá introducir trabajadores del extranjero, lo s contratos que con ello s celebrase, serán válidos y obligato rios en cuanto no se opongan a las leyes de la República”. La Gaceta. 26 de ago sto de 1871. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 67 Esp año is na cid ad e d e… O elemento común nas tendencias do evolucionismo social europeo, que foron asimiladas no mundo hispanoamericano na última parte do século XIX, foi o recoñecemento dunha desigualdade –de feito, se non de dereito– entre os homes, as razas ou as clases, e o considera-la evolución social como unha loita permanente entre vencedores e vencidos30. Outro argumento para xustifica-lo interese de traer inmigrantes ó país era a necesidade de ocupar rexións despoboadas e exerce-la soberanía nelas31 . Dese interese xurdiron moitos proxectos de colonización que se desenvolveron no século XIX. En termos xerais, os intentos por atrae-la tan ansiada emigración europea non deron os resultados que se esperaban32. As fontes revisadas indican que a migración foi escasa e que, nalgúns casos, as colonias que se estableceron fracasaron polo seu illamento, como foi o caso da colonia alemana en Turrialba33. As políticas migratorias que favorecían a migración europea contrastaban coas restriccións impostas á migración doutros grupos sociais, alegando que a raza podería dexenerarse ó se mesturar con outros grupos inferiores. Este foi o caso da migración chinesa, quizais a máis duramente atacada, tanto a través das políticas34 impostas como por medio dos comentarios que se publicaban na prensa sobre eles: 30. Urías Horcasitas, B.: “El determinismo biológico en México: del darwinismo social a la sociología criminal”. Revista Mexicana de Sociología, (4, 96), p. 102. A autora fai referencia á obra de Demela, M. D.: “Darwinismo a la criolla: el darwinismo social en Bolivia, 1880-1910”. Historia Boliviana , (1, 2, 1982), pp. 59-61. 31. Marmora, L.: op. cit. , p. 376. 32. Archivo del Ministerio de Asuntos Exteriores, Madrid (en diante AMAE), Histórico, nº . 2043. 15 de setembro 1863 e 15 de outubro de 1863. Proxecto asinado co irlandés Mac Clean, para traer 200 irlandeses en 1863. O proxecto suspéndese por falta de recursos. 33. Arguedas Fuentes, Y.: Consideraciones sobre la migración a Costa Rica durante el siglo XIX (Traballo de mestrado en Historia). San Xosé, Universidad de Costa Rica, 1982, p. 25. 34. Artigo 1, inciso 3: No se permitirá la colonización de razas africana y china; y en caso que se considere necesario, se impedirá o limitará la introducción al país de individuos que pertenezcan a ellas. Lei nº . XXXVII do 3 de novembro de 1862. Jiménez Zavaleta, Arnoldo: “Fomento de la inmigración colonizadora”. En Cultura Jurídica . San Xosé, tomo 2, nº . 1, 1942. Outro decreto con connotacións racistas foi o de 1904, asinado na presidencia de Ascensión Esquivel, que prohibía o ingreso de árabes, turcos, sirios, armenios e xitanos de calquera nacionalidade. Colección de Leyes de decretos, acuerdos, resoluciones. San Xosé, 1904, pp. 308-309, citado por Marín Guzmán, R.: La emigración libanesa en los siglos XIX y XX: análisis de sus causas económico-sociales. San Xosé, Alma Máter, 1997, p. 122. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 68 Guise lle Marín Araya [… ] y para nuestro propio bien, por amor á este pedazo de tierra en que la naturaleza nos obsequió con la plenitud de sus potencias [… ], debemos procurar á todo trance no omitir medio alguno para combatir la plaga de chinos [… ]. Es mil veces mejor o menos peor tener una considerable inmigración de negros de rostros relucientes y de musculatura de hierro, que una insignificante afluencia de chinos 35. OS ESPAÑOIS NOS CENSOS De acordo co censo de poboación de 1864 36, os españois eran un conglomerado estranxeiro insignificante (a penas había corenta e un individuos rexistrados). En canto ó número de residentes, ocupaban o décimo lugar entre os estranxeiros. Igualmente, na cidade de San Xosé, eran un grupo bastante pequeno. Tódolos españois que se rexistran na provincia de San Xosé vivían no cantón do mesmo nome e, do total de españois, o 35 por cento atopábase na capital 37. Segundo o censo da República de 1886, a poboación española vivía na súa maioría no cantón central de San Xosé (o 68 por cento, para ser máis precisos) e en toda a provincia atopábase o 70 por cento do total de españois rexistrados no país. A colonia española era, nese momento, un grupo pequeno (554 persoas, correspondentes a un 12 por cento do total de estranxeiros), o cuarto grupo en tamaño, precedido polos nicaraguanos, os xamaicanos e os colombianos38. O censo de 1892 39 amosa xa un incremento da poboación española presente no país, pois ese ano os españois eran o segundo grupo máis numero- 35. El Corresponsal. 3 de xullo de 1901. 36. Censo de población de 1864 . San Xosé, Dir. General de Estadística y Censos, novembro de 1964, pp. 64-67. 37. Sen embargo, o número de españois incluído neste censo debe ser mirado con cautela, pois podería haber un subrexistro nesta cifra. Esta sospeita ten a súa orixe na fundación, o 24 de setembro de 1866, da Casa España, sede da Asociación Española de Beneficencia, en actividade ata hoxe. Esta entidade, desde a súa fundación, tivo obxectivos bastante claros, o que nos dá unha idea de que a poboación española residente no país nesa época estaba ben organizada e podería ser máis numerosa do que o censo de 1864 nos indica. Para maior información sobre esta Asociación, véxase Ríos Espariz, A. M.: Costa Rica y la guerra civil española. San Xosé, Editorial Porvenir, 1997, p. 121. 38. Anuario estadístico de la República de Costa Rica. Tomo 3, San Xosé, Imprenta Nacional, 1886. 39. Censo de población de 1892. San Xosé, Ministerio de Economía, Industria y Comercio, 1974, pp. CXVI-LXXXVI. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 69 Esp año is na c idad e de … so de estranxeiros40 (1.033 persoas 41 correspondentes a un 16 por cento do total), só superado polos nicaraguanos. Sen embargo, na provincia de San Xosé eran o grupo de estranxeiros máis numeroso (24 por cento do total). Nesta provincia atópase o 59 por cento da poboación española residente no país e no cantón de San Xosé o 56 por cento do total. O censo de poboación de 1927 mostrou un incremento importante na poboación inmigrante que chegou ó país. Nese censo rexistráronse 2.527 españois. Para ese ano a poboación española na cidade de San Xosé era o grupo de estranxeiros máis numeroso 42 . Cadro nº. 2 Porcentaxe de estranxeiros na poboación total de Costa Rica. Censos de 1864 a 1927 CENSO POBOACIÓN TOTAL ESTRANXEIROS PORCENTAXE 1864 120.499 2.653 2.2 1883 182.073 4.556 2.5 1892 243.205 6.289 2.6 1927 471.524 44.340 9.4 Fonte: Jiménez, Ricardo: Volumen de la migración extranjera a Costa Rica. Situación en 1983. 8º Congreso de Demografía, 1993. Da información estatística que analizamos pódense saca-las seguintes conclusións: — O número de inmigrantes españois aumentou conforme transcorreu o tempo. — En todo o período, os españois preferiron vivir na cidade de San Xosé43. 40. Nuns datos achegados en 1906 polo cónsul xeral de Francia en Honduras e Nicaragua, atópanse 800 españois en Costa Rica; sen embargo, parécenos que esta cifra esta subestimada, en función dos datos que se teñen para datas anteriores. Pector, D.: Les Richeses de l’ Amérique Centrale . París, Librairie Orientale & Américaine, 1906, p. 292. 41. Esta cifra inclúe os cubanos e os portorriqueños que en 1892 eran súbditos españois. 42. O número aproximado de españois na cidade de San Xosé era de arredor de 600 persoas. Base de datos del Censo de Población de 1927 . San Xosé, Centro de Investigaciones Históricas de América Central, 1997. 43. Neste punto coincidimos plenamente con Palazón, Salvador: Capital humano español y desarrollo latinoamericano: Evolución, causas y características del flujo migratorio (1882-1990). Valencia, Generalitat Valenciana, 1995, p. 238. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 70 Guiselle Marín Araya PROXECTOS DE COLONIZACIÓN E INMIGRACIÓN Os proxectos da década de 1870 Este período caracterízase pola presencia do xeneral Tomás Guardia na política do país desde o momento que realiza o golpe de Estado de 187044. Nesta época establecéronse varios centros xeográficos importantes e a fronteira agrícola estendeuse. A zona das chairas de Santa Clara foi unha rexión á que o goberno tentou dar impulso. Mentres isto acontecía, outras rexións que serviron como centros de colonización expandíronse: San Ramón, San Carlos e a parte sur do Val Central, Candelaria-Dota-Puriscal45. Esta década foi moi intensa a nivel político polos conflictos entre Costa Rica e outros países de Centroamérica como Guatemala e Nicaragua, as disputas políticas internas e a construcción do ferrocarril. Nestas problemáticas radicarán as principais preocupacións de Guardia no período. A mediados de 1871, o cónsul de España manifesta que o goberno de Costa Rica intenta empregar 500 inmigrantes galegos. O xeneral Guardia contratou para este fin ó galego residente en Costa Rica, Andrés Víctor Pérez y Verd y, xastre, natural de Santiago e casado cunha co starriq u eñ a. Posteriormente, encargóuselle ó representante en Londres, Carlos Gutiérrez, que contratara inmigrates galegos. Pretendíase que estes se ocupasen de actividades agrícolas e gandeiras46. Cando se confirma o contrato para a construcción do ferrocarril, Meiggs envía un dos seus empregados, de apelido Suárez e nativo de Cuba, para contrata-los braceiros galegos47. Ese mesmo ano solicítaselle a Valeriano Fernández Ferraz48, de orixe canaria, que traia inmigrantes desas illas. Menciona a fonte que un cuñado de Ferraz é capitán dun buque que se dedica a transportar inmigrantes a Ultramar49. 44. Cover Jiménez , E.: Esbozo histórico de la obra de gobierno de don Tomás Guardia (Traballo de mestrado en Historia). San Xosé, Universidad de Costa Rica, 1982, p. 31. 45. Hilje Quirós, B.: La colonización agrícola de Costa Rica (1840-1940). San Xosé, EUNED, 1992, p. 20. 46. AMAE, Histórico, nº . 2.349. Informes de Ortuño ó ministro de Estado, 10 de xuño de 1871 e 26 de xuño de 1871. 47. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 22 de agosto de 1871. 48. Os irmáns Ferraz volverán ser mencionados en proxectos migratorios o 24 de xaneiro de 1873, cando lle solicitan ó goberno unha concesión de terras e diñeiro para importar colonos de Canarias. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 49. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 13 de novembro de 1871. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 71 Esp año is na cid ad e d e… Entre 1872 e 1873 chegan 87 sorianos. O 5 de decembro de 1872 chegaron 25 homes, 12 mulleres e 12 nenos contratados por Manuel A. Bonilla fillo 50. Estes sorianos embarcaron a fins de outubro no vapor “Florida” da Compañía Xeral Transatlántica que arribaba mensualmente a Santander. Ó ano seguinte chegaron outros 34 sorianos que empregaron a mesma vía de Santander, foron contratados polo mesmo home, Manuel Bonilla, e estiveron a cargo dun soriano, José Moreno y Benito 51, en Costa Rica52 . Malia que, en 1872, o portugués Francisco Pérez Almeida lle expón ó goberno o seu interese por traer uns 200 individuos da Península Ibérica, Canarias e as illas de Cabo Verde, o goberno, segundo parece, ten máis interese en favorece-los proxectos de Bonilla53. Nos informes sinálase que Bonilla tiña contratados arredor de 2.000 inmigrantes, que estaría enviando cada mes en partidas de 100 e 150 persoas54. Sobre a inmigración procedente de Soria atopouse unha carta do Sr. Basilio Navajas, un dos inmigrantes que veu a Costa Rica e que ocupou o cargo de mordomo no barco que partiu de Santander. No seu relato, Navajas narra as dificultades das viaxes e o destino dalgúns dos seus conterráneos. Menciona o documento que o seu grupo foi empregado en actividades cafeteiras, agrícolas e no servicio doméstico 55. Dous dos seus compañeiros, “Josefa” e “Patricio”, foron contratados polo xeneral Tomás Guardia56. Esta 50. Revisando outras fontes contamos 24 homes, incluíndo un menor de 12 anos, 13 mulleres e 12 nenos. ANCR, Serie Fomento, nº . 1112. 51. Moreno viaxou desde finais de 1870 para tramita-la emigración de sorianos. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 23 de xaneiro de 1872. 52. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 23 de xaneiro e de decembro de 1872 e informe de 1873. 53. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 23 de marzo de 1872. Como mencionamos anteriormente, esta situación confirmouse coa chegada dos sorianos contratados pola mediación de Bonilla. 54. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 5 de decembro de 1872. 55. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 23 de decembro de 1872. No anexo nº . 3 da tese de Edgar Cover (p. 186) xúntase unha lista de 23 inmigrantes españois contratados por Manuel Antonio Bonilla fillo e das persoas que os colleron ó seu servicio. Ós datos provenientes desta lista engádeselle-lo grupo familiar que viaxou co home, xa que o contratante debía paga-lo traslado de cada emigrante se era maior de 6 anos. As persoas que máis inmigrantes colleron ó seu servicio foron: Manuel Bonilla, 10 inmigrantes; Federico Tinoco, 6 inmigrantes; José Ventura Espinach, 5 inmigrantes; Demetrio Iglesias, Manuel Salazar e Agapito Jiménez, cada un 4 inmigrantes; José Moreno Benito, 3 inmigrantes. O resto das persoas nomeadas (Pedro Quirós, Concepción Pinto, Remigio Pinto, José Antonio Pinto, Salvador González, Víctor Guardia, Dr. José M.ª Castro, Pío Fernández e Concepción Corrales de Gutiérrez) contrataron un ou dous inmigrantes. ANCR, Serie Fomento, nº . 1.112, ff. 1-25. 56. Lembremos que Guardia chegou ó poder por medio dun golpe de Estado e mantívose nel por medio da forza (1870-1882). Salazar Mora, O.: El apogeo de la República Liberal en Costa Rica 1870-1914. San Xosé, Universidad de Costa Rica, 1990, p. 173. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 72 Guiselle Marín Araya contratación requiriu a participación de varios axentes en España (José Moreno e Matías González y González), así como a tiraxe e distribución de material propagandístico para atrae-los emigrantes. Así mesmo, outra característica importante foi o traslado dos emigrantes coa súa familia, xa que de 24 varóns da lista, 13 viaxaron con algún familiar achegado, a maioría coas súas esposas e fillos, e un coa súa irmá. Con estes familiares, o total de emigrantes chegou a 49 persoas57. Con respecto ás condicións do contrato, os emigrantes comprometéron se a traballar por tres anos, cun salario de nove pesos mensuais e nos labores do campo: “todos los días menos los domingos y días feriados, desde la salida del sol hasta su puesta, con el descanso de una hora para almuerzo y dos para comida, todo en la forma y costumbre de los trabajadores del país”. O contratante, Bonilla, ou a quen se lle cedera o contrato, comprometíase a prover de manutención e vivenda ó emigrante durante a súa estadía58. Para cedelo contrato a particulares solicitouse como requisito o depósito, a nome do goberno, de 150 pesos por cada varón adulto e 100 pesos por cada muller (no caso dos nenos menores de doce anos e maiores de seis taxouse a súa cesión en 50 pesos) 59. As preocupacións sobre o tema da migración española e a permanente oposición60 do goberno español a estes contratos non se volven manifestar ata 1878, cando se reanudan as xestións. Ese ano José Lorenzo Barreto, canario residente en Costa Rica, asina un contrato co goberno para traer de 400 a 500 inmigrantes das Illas Canarias que, segundo indica o contrato, se dedicarían ás actividades vinculadas ó café61. Este caso chama a atención das autoridades españolas por varios motivos; Lorenzo Barreto é xenro do ex-presidente Vicente Herrera e o xeneral Guardia noméao auxiliar do Ministerio de Fomento co encargo especial de inspecciona-las obras públicas62. Así mesmo, aínda que en 1879 chegaron 61 canarios para dedicarse ás actividades agrícolas, os informes sinalan que 57. ANCR, Serie Fomento, nº . 1.112. Ver nota ó pé nº . 50 neste mesmo texto. 58. ANCR, Serie Fomento, nº . 1.112, ff. 13-17. 59. ANCR, Serie Fomento, nº . 1.112, f. 24. 60. A oposición dos representantes españois en Costa Rica con respecto á emigración era unha actitude consecuente coas disposicións oficiais do seu goberno, que intentaba previ-la saída dos españois e os abusos cometidos por axentes e contratistas. AMAE, Histórico, nº . 2.349. 29 de setembro de 1874. 61. ANCR, Serie Congreso, nº . 8.444. Contrato do 12 de maio de 1878. 62. AMAE, Histórico, nº . 2.044. 8 de xaneiro 1878. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 73 Esp año is na cid ad e d e… Barreto non coidou destes inmigrantes 63 . Pola súa banda, o goberno costarriqueño acordou que Barreto debía devolver parte dos 17.000 pesos que se lle adiantaran para trae-los inmigrantes, xa que os canarios que chegaron non viñeron por conta do goberno nin do ferrocarril64. A colonia cubana na Mansión, Nicoya, Guanacaste En 1892 chegaron, procedentes de Nicaragua, varios inmigrantes de orixe cubana que conseguiron un contrato de colonización e fomento de terras co goberno costarriqueño65. O grupo estaba liderado polo famoso xeneral Maceo, prócer da independencia de Cuba. Outorgóuselle unha concesión para que establecese unha colonia nun lugar chamado “La Mansión”66, situado na península de Nicoya. Como parte dese contrato chegaron ó país 300 persoas maiores de quince anos, pertencentes a distintas clases sociais; algúns eran ex- combatentes da guerra de 1868. Tamén viñan 200 menores. Ese grupo de inmigrantes estivo en contacto con José Martí, quen visitou Costa Rica co fin de coordinar detalles sobre unha posible loita en Cuba para acada-la independencia67 . O establecemento desta colonia pro duciu, desde o inicio , aco rdos entre o goberno de Costa Rica e as autoridades consulares españolas para minimizar e neutraliza-las actividades deste grupo de perso as, cualificadas como “rebeldes”. Proba disto é que o contrato inicial lle permitía a Maceo establece-la colonia na costa do Caribe e modificouse para situalo s nunha zo na máis afastada, en Nicoya, onde finalmente se estableceron para evitar unha po sible invasión de Cuba desde esa co sta68. Esta situació n foi seguida de c erca polo s rep resentantes españois, que mantiñan oportunamente info rm ada a España69. 63. AMAE, Histórico, nº . 2.044. 8 de marzo de 1879. 64. ANCR, Serie Congreso, nº . 8.444. 12 de maio de 1878. 65. Jinesta, C.: José Martí en Costa Rica . San Xosé, Librería Alsina, 1933, p. 14. 66. Meléndez, C.: “La sombra de Maceo”. En Libro del año 1982 . México, Ed. Cumbre, 1982, p. 311. 67. Delgado, U.: Maceo en Costa Rica . San Xosé, Librería Lehmann, 1969, p. 11. 68. AMAE, Histórico, nº . 2.349. “Expediente Maceo”, 1891, Sección 5, nº . 1. Proyectos atribuidos al cabecilla Maceo . 69. Íbid. Telegrama enviado polo Sr. Arellano ás autoridades españolas: “Proposiciones contrato Maceo modificado por gobierno colonia cien familias en atlántico sino en pacífico y sin recursos directos, concecionario [sic] actitud. Gobierno no puede ser más simpático con españa ruego instrucciones telegrafo”. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 74 Guiselle Marín Araya A colonia dedicouse a sementar azucre e instalou un enxeño para procesalo. Tamén cultivou outros productos como plátano, iuca, millo, cacao, café, tabaco e arroz70. Aínda que algúns dos colonos que chegaron con Maceo foron pelexar a Cuba e morreron nos combates, moitos permaneceron na colonia. Aínda actualmente hai descendentes deses primeiros poboadores 71. O contrato Rodríguez-Mendiola para a traída de españois ó país Outro dos contratos que se estableceron no século XIX para traer inmigrantes españois foi o que se asinou co cubano-español 72 Francisco Mendiola Boza73, o 6 de febreiro de 1893 74, durante a administración de José J. Rodríguez. Mediante ese contrato, Mendiola75 comprometeuse a traer 5.000 varóns brancos (entre 15 e 50 anos) e 500 mulleres criadas (entre 20 e 40 anos) nun lapso de seis anos, todos destinados ó servicio doméstico e rural. Sinalábase que os inmigrantes debían provir, nun 75 por cento, das provincias do norte de España. Segundo indicou La Gaceta, 535 inmigrantes chegaron ó país en 1893: 23 de octubre - A las 2 p.m. fondeó el vapor español “España”, procedente de Vigo, capitán Carreras. Pasajeros Juan Robles, Benigno Recarey, doña Eulalia Tourodona, 535 inmigrantes y tres niños, traídos por don Francisco Mendiola Boza, según contrato . Carga: 200 bultos sin co rresp o nd enc ia. Consignado á M. C. Keith76. 70. Delgado, U.: op. cit. , p. 153. 71. Arguedas Fuentes, Y.: op. cit. , p. 159. 72. A independencia de Cuba aconteceu en 1898, polo que antes desa data os cubanos eran súbditos españois. 73. Jiménez Zavaleta, Arnoldo: op. cit. , p. 73. 74. ANCR, Serie Fomento, nº . 2.044. 6 de febreiro 1893. 75. Desde 1895, Mendiola encargouse de establecer contratos para instalar un sistema de iluminación en diversas cidades (ANCR, Serie Fomento, nº . 1669). En 1901 Mendiola era o administrador da Compañía de Teléfonos e o lic. Cleto González Víquez o seu apoderado. ( La Gaceta. 7 de xullo de 1901). A familia do Sr. Mendiola residía en 1904 no distrito El Carmen, en San Xosé. A esposa de Mendiola e catro dos seus cinco fillos eran salvadoreños, o que nos leva a pensar que a familia Mendiola viviu no Salvador antes de establecerse por esa data en Costa Rica. Censo Municipal de San José , 1904. Francisco Mendiola falece en 1904. Para coñecer máis detalles sobre os seus contratos pódese consultar: Fernández Robles, J.: Un siglo de actividad eléctrica en Costa Rica. San Xosé, Editorial Lil, 1984 e Silva, M.: Los orígenes de la industria eléctrica en San José 1882-1930 . San Xosé, Oficina Patrimonio Histórico y Tecnológico, s/d. 76. La Gaceta. 25 de outubro de 1893. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 75 Esp año is na cid ad e d e… Unha revisión da lista dos inmigrantes traídos mediante o contrato de Mendiola77 indica que o 99 por cento eran varóns e o resto mulleres. A idade media desta poboación era de 31 anos. Estes inmigrantes eran dun nivel socioeconómico baixo, xa que o 85 por cento eran braceiros, un 8 por cento labregos, un 7 por cento criados/as e o resto eran xornaleiros, comerciantes e pastores. O 71 por cento das mulleres indicaron como profesión a de criada. Como se puido corroborar por medio das certificacións presentadas ante o cónsul en Cataluña, a maioría destas mulleres estaban casadas e viñeran acompañando ó seu marido na viaxe. Agregaba o documento que Mendiola debía presentar antecedentes dos colonos, autenticados ante o cónsul de Costa Rica máis próximo ó porto de embarque. Os colonos debían ter traballo seguro ó chegaren ó país. A cambio, Mendiola recibiría algúns terreos e cartos, e os colonos cinco hectáreas de terreo, así como a exención de impostos sobre a equipaxe e os instrumentos de labranza. Ó rescindirse o contrato indicouse que a migración española traída por Mendiola fora de: “quinientos treinta y cinco inmigrantes españoles que llegaron al país en el vapor España que arribó al puerto de Limón el día veintitrés de octubre anterior” 78. Ademais, acordouse que o custo do transporte sería pagado polo goberno a Minor Keith, axente da Compañía Transatlántica de Vapores de Barcelona, que trouxera esas persoas. Con respecto ós españois, quedaron libres de obrigacións, sempre e cando permanecesen no país polo menos durante tres anos, se dedicasen a algunha actividade e observasen boa conducta. A posición social e económica de Mendiola durante este período era bastante respectable. Nun artigo publicado en La Gaceta, varias persoas moi recoñecidas no ámbito empresarial solicitáronlle ó goberno rescindi-lo contrato de Mendiola. Ó darlle o seu apoio, unicamente alegaron ó seu favor que o incumprimento non era atribuíble ó contratista. O contrato, efectivamente, foi rescindido e os que asinaron a nota foron Federico Tinoco, Jaime J. Ross e Cía, J. Alfaro F., Teresa Dent, Ricardo Montealegre e outros79. Hai informes de varias autoridades que indican que algúns dos españois traídos por Mendiola rexeitaron asina-las cédulas de permanencia no país, como se acordaba no contrato, e máis ben solicitaron rescindilo, pois, segun- 77. ANCR, Serie Relaciones Exteriores, nº . 9.849. 78. ANCR, Serie Relaciones Exteriores, nº . 9.849, f. 61; ANCR, Serie Fomento, nº . 1.890, f. 99 e f. 50. 21 de novembro de 1893. 79. La Gaceta. 23 de novembro de 1893. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 76 Guise lle Marín Araya do eles, Mendiola non cumpriu co pactado 80. Isto provocou friccións entre as autoridades costarriqueñas e os estranxeiros, pero o asunto non pasou a máis. Un aspecto interesante da migración traída por Mendiola é que, segundo parece, os españois inicialmente dispersáronse polo país. Atopáronse d ocumento s que confirman a súa estadía en Limó n8 1, Hered ia8 2 e Guanacaste83. Como exemplo de que se tratou de cumprir con algúns dos requisitos fixados no contrato, consérvanse algunhas das certificacións expedidas en Barcelona ós inmigrantes españois que chegaron ó país co visto e prace do cónsul xeral de Costa Rica en Cataluña84. Outro aspecto desa inmigración foi a participación de axentes ou “ganchos”85 utilizados por Mendiola86. Por exemplo, nomeou a Teodoro Ducal como axente e a Antonio López e Juan Roure como os seus representantes. Estes individuos presentaron unhas listas co nome dos inmigrantes e algunhas das súas características máis importantes. Algúns deses inmigrantes estaban entre as persoas que presentaron certificacións ante o cónsul de Costa Rica en Cataluña en 1893. Por outro lado, como parte do interese por cumprir ante o goberno co pactado por Mendiola, o consulado de España en Costa Rica publicou un aviso, en decembro de 1893, a través do cal chamaba os inmigrantes contratados por Mendiola Boza para que se presentasen para asina-la cláusula VI que os liberaba das obrigacións do primeiro contrato 87. 80. ANCR, Serie Fomento, nº . 1.871, ff. 1-8. Asinado en no me de nove españois que non sabían asinar, engade lista de 39 españo is que rex eitaro n asinar. 81. ANCR, Serie Fomento, nº . 1.871, ff. 5-8. 24 e 25 de decembro de 1893. 82. ANCR, Serie Fomento, nº . 4.453. 23 de decembro de 1893, lista de dez españois traídos por Mendiola que se negaron a asina-la cédula de permanencia. 83. ANCR, Serie Fomento, nº . 4.784. 20 de decembro de 1893. 84. ANCR, Serie Relaciones Exteriores, nº . 9.826. 85. Os ganchos, tamén chamados arregladores ou garroteros, eran pequenos empresarios que se encargaban de estimular psicoloxicamente os posibles viaxeiros e de efectuar tódolos trámites referentes ó traslado; obtiñan comisións por parte do emigrante, das compañías navais, dos axentes oficiais, dos pousadeiros e das empresas americanas interesadas en recrutar traballadores. “Causas de la migración y tipología de los emigrantes”. En Historia general de la emigración española a Iberoamerica . Madrid, CEDEAL, 1992, vol. I, p. 235. 86. ANCR, Serie Relaciones Exteriores, nº . 9.849. 87. La Gaceta. 2 de decembro de 1893. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 77 Esp año is na cid ad e d e… Outras inmigracións e contratos Do período de 1880-1930 atopáronse outros contratos asinados entre a Sec retaría de Fomento e partic ulares para traer inmigrantes; sen embargo , descoñécese se se concretaron todos. Un deles foi o subscrito entre Estévan M.ª Perera, español, e don Bruno Carranza o 4 de xuño de 1881, co pro p ó sito de traer 8.500 inmigrantes brancos para que traballasen na agricultura. A cambio disto, o goberno comprometíase a entregarlle a Perera uns terreos na c o m arca de Limón. O contrato con Augusto Gissler para traer alemáns para coloniza-la Illa do Coco, refundido no contrato do 2 de xullo de 1891 e o n.º 2 do 17 de abril de 1894 88. Ese mesmo ano asinaron un contrato José Q uirós Mo ntero e Ricardo Pacheco, este último como secretario de Fomento, para traer cincuenta familias europeas de raza branca, que se estableceron en Santa Clara, xurisdicción de Limón 89. José Trepat y Galán asinou un contrato, o 1 de agosto de 1908, para fundar unha colonia de cen familias españolas na aba do volcán Turrialba, ó “lado de Santa Clara”90. Estes inmigrantes saíron vía Barcelona por mediación de Antonio López91, chegaron a Costa Rica92, onde se estableceron na colonia “Montezuma”93, e, conforme pasou o tempo, algúns p erd eron as súas colleitas e abandonaron o lugar. Uns establecéronse en C artago, San Xosé94, e nun predio propiedade do goberno en “Mastate”, O rotina, e outros saíron para Cuba. Trepat, pola súa banda, tivo serios pro- 88. Jiménez Zavaleta, Arnoldo: op. cit. , p. 73. 89. ANCR, Serie Fomento, nº . 2.044, f. 83. 23 de abril de 1894. 90. Mario Zaragoza no seu artigo “La emigración española a Costa Rica”, que aparece no libro Españoles en Costa Rica: la inmigración española , pp. 56-57, menciona algúns detalles dos inmigrantes que chegaron neste grupo. En 1909 don Cleto González Víquez manifestaba que o seu goberno daría todo o seu apoio para que o proxecto de Trepat fose un éxito e engadía: “Este ensayo es de trascendencia para el porvenir, pues de su resultado dependerá en mucho que, detrás de los ya establecidos, vengan otros pobladores a aumentar esa colonia y a fundar otras nuevas”. Archivo General de la Administración Pública (en diante AGAP), Sección A. E., nº . 1.692. Mensaxe do 1 de maio de 1909 e AGAP, Sección A. E., nº . 1.692. 28 de xullo, 1919, despacho de Manuel de Caaleyno, que indica que chegaron 48 persoas, recrutadas por Trepat nas localidades de Artesa, Tudela de Segre, Merjá, Mongay, Praixens, Panadell, Llusas e outras da provincia de Lleida. 91. AMAE, Histórico, nº . 2.044. Telegramas enviados polos representantes españois en Costa Rica ó Ministerio de Estado entre xaneiro e xullo de 1909. 92. AGAP, Sección A.E., nº . 12.825. 15 de novembro, 1911. 93. La Información. Ano II, nº . 842, 18 de maio de 1909. 94. Consejo Superior de Emigración: La emigración española transoceánica 1911-1915 . Madrid, Publicaciones del Consejo Superior de Emigración, 1916, vol. I, p. 133. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 78 Guiselle Marín Araya blemas en España e Cuba por realizar este proxecto pero resultou absolto 95; m o rreu en Costa Rica en 1921 96. O s porm eno res deste caso escapan ós obxectivos deste artigo, polo que serán tratados noutra oportunid ad e. O crecemento da poboación española, que pasou dos 1.033 españois censados en 1892 a 2.549 no ano 1927, estivo influído, en parte, pola migración que se dirixía á construcción do Canal de Panamá97. En 1907, unha carta da Sociedad Española de Beneficencia de Costa Rica (fundada en 1866) informaba ó cónsul de España en Costa Rica, Luis Torres Acevedo, da frecuente chegada de españois procedentes do Canal e solicitaba dirixir unha protesta ó goberno español, para que os comisionados encargados de recrutar traballadores deixasen de engana-los españois que desexaban emigrar a Panamá98. En 1908 promulgouse unha lei que prohibiu a emigración de españois a Panamá99. Sen embargo, a Comisión do Canal requiría traballadores para as súas obras e recorreu a recrutadores ilegais100. Os emigrantes chegaban a Limón e despois volvían embarcarse cara a Panamá101 co apoio das compañías transatlánticas102. A principios de 1912 a Administración da zona do Canal despediu un gran número de españois por seren os que percibían os salarios máis elevados103. Desde esa data e ata 1914, a maioría dos españois que traballaron no Canal104 marcharon de alí, polo que a emigración a Costa Rica foi outro destino máis para estes traballadores. 95. ANCR, Caixa R. E., nº . 186. 19 de marzo de 1909 e 1 de abril de 1909, informes de César Nieto. 96. Sociedad Española de Beneficencia. Memoria de 1921. San Xosé, Librería Imprenta y Encuadernación Alsina, 1921. 97. Consejo Superior de Emigración: La emigración española transoceánica 1911-1915. Madrid, Publicaciones del Consejo Superior de Emigración, 1916, vol. I, p. 134. O número de obreiros con destino a Costa Rica no quinquenio 1911-1915 é o seguinte: 1911: 811; 1912: 304; 1913: 307; 1914: 9; total: 1.477. 98. Carta da Sociedad Española de Beneficencia de Costa Rica, 20 de marzo de 1907. 99. Serrano y Jover, A.: Guía del Emigrante Español a las Repúblicas Ibero-americanas. Madrid, Imprenta de los Hijos de M. G. Hernández, 1909, p. 46. Real decreto do 11 de novembro de 1908, prohibición temporal de emigrar a Panamá. 100. AGAP, Sección A. E., nº . 1.702. Informe que menciona a detención en Santander de dous recrutadores para Panamá, de xaneiro de 1912. 101. AGAP, Sección A. E., nº . 1.702, 23 de novembro de 1911. 102. Consejo Superior de Emigración: op. cit. , p. 135; AGAP, Sección A. E., nº . 1692. 103. AGAP, Sección A. E., nº . 1.699. 14 de xullo de 1912. 104. Yolanda Marco indica que entre 1904-1914 se contrataron 8.298 obreiros españois na Canle e que foron o segundo grupo en importancia se atendemos á súa orixe nacional, despois do grupo de traballadores afroantillanos. Marco Serra, Y.: Los obreros españoles en la construcción del Canal de Panamá . Panamá, Editorial Portobelo, 1996, p. 3. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 79 Esp año is na cid ad e d e… A finais de 1911 o cónsul español en Costa Rica informaba da chegada dun centenar de emigrantes galegos e de Castela a Vella que tiñan moitas dificultades para atopar traballo, debido ás malas condicións económicas que atravesaba o país105. Ricardo Dent Prieto e don Ricardo Jiménez, presidente da República, tamén asinaron un contrato o 4 de xaneiro de 1913, para traer 500 inmigrantes europeos, “que no sean turcos, ni gitanos” 106, dedicados ó servicio doméstico mediante convenios establecidos previamente. Por último, o contrato Volio-Brichetti Gay, asinado por Carlos Volio T. e Alejandro Brichetti Gay do 27 de outubro de 1927 107. O resto dos contratos atopados e outros documentos non mencionan o interese de traer españois senón, máis ben, poboadores de Kingston108 , China109 , Italia110, Xapón 111, Estados Unidos112 e Suecia113. 105. AGAP, nº . 1.692. 106. ANCR, Serie Fomento, nº . 2.044, f. 191. 107. Jiménez Zavaleta, Arnoldo: op. cit. 108. ANCR, Serie Fomento, nº . 1.878. 13 de agosto de 1892. O cónsul de Costa Rica en Kingston xustifica a recepción da nota enviada polo Ministro de Fomento acerca do embarque de, unicamente, 50 inmigrantes con destino á colonia “Maceo” para rapidamente dirixirse a Limón, e non os 110 que desexaban vir. (Refírese á colonia cubana que se estableceu en Nicoya). ANCR, Serie Fomento, nº . 3.690. 15 de setembro de 1892. 59 colonos conducidos a Nicoya, asina Balvanero Vargas, gobernador de Limón. Non indica a nacionalidade, pero si fala do cumprimento dun contrato no que o 75 por cento dos colonos debían ser de raza branca . Tamén menciona os gastos de transporte e estadía desde Limón a San Xosé. 109. Geo Milliken, mineiro, solicitou o ingreso de dous chineses para a mina “Trinidad” en Las Ciruelitas, cerca de Puntarenas. Milliken indicou que os traería de San Francisco de California. ANCR, Serie Gobernación, nº . 4.995. 1887. Citado por Fonseca, Z.: Los chinos en Costa Rica en el siglo XIX (Memoria de Licenciatura en Historia). San Xosé, Universidad de Costa Rica, Facultad de Ciencias Sociales, 1979, p. 62. 110. En decembro de 1887 chegou ó país o primeiro grupo de 756 peóns italianos orixinarios de Mantua. Cinco meses despois 671 máis. Estes italianos foron traídos por Mainor Keith para a construcción do fer rocarril ó Atlántico. ANCR, Serie Gobernación, nº . 7.267. 14 de decembro de 1887. Para estudia-la migración italiana, ver Bariatti, R.: La inmigración italiana en Costa Rica, 1821-1968 (Memoria de licenciatura en Historia). Heredia, Universidad Nacional, 1987. 111. ANCR, Serie Fomento, nº . 2.044, ff. 78-80. Contrato subscrito a nome de Luis Boisseavain e Mollet e Ricardo Pacheco como subsecretario do Despacho de Fomento, asinado o 14 de marzo de 1894. 112. ANCR, Serie Fomento, nº . 1881, ff. 1-7. W illiam H. Reynolds comunícalle ó ministro de Fomento a chegada a Costa Rica de 35 norteamericanos o 24 de abril de 1892; ANCR, Serie Fomento, nº . 1.892. O Sr. Blackburn informa do interese de traer a Costa Rica entre 1.500 e 2.000 colonos. Na resposta indícanlle que están de acordo e que inicie os trámites. 113. ANCR, Serie Congreso, nº . 8.803; ANRC, Serie Fomento, nº . 1.890, f. 130. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 80 Guiselle Marín Araya Características da poboación española durante o período Unha revisió n do Censo Municipal de San Xosé do ano 1904 perm ite co ñece-lo s lugares de nacemento 1 1 4 do s españois que se atopaban nese mo mento na cidade. Dun total de 99 españo is que especificaron España co mo o seu lugar de nacemento, atopamos que quince eran canarios, catorce cataláns, doce c asteláns (de Castela e León), dez asturianos, nove galego s, catro madrileño s, catro and aluces, c atro naceran en Santand er (Cantabria), tres proviñan das illas Baleares, dous do País Vasco, un de Valencia, trece indicaron que naceran en España, pero no n especificaron o lugar, do us naceron en antigas colo nias españo las1 1 5 e seis naceron en lugares aínda non lo calizado s. Eses datos permiten inferir que os españois emigraron de lugares moi distantes entre si, o que evidencia unha característica de diversidade rexional. Ese trazo coincide cos estudios realizados sobre a migración española a América pois, como indica Sánchez-Albornoz: Quienes se ausentaron no fueron españoles cualesquiera sino ante todos los gallegos, asturianos y canarios [… ] 116. Neses datos reflíctese, ademais, que o 30 por cento do total dos emigrantes (correspondente a trinta persoas) proviñan especialmente de lugares situados no noroeste de España, como Asturias, Galicia117 e Castela e León. Entre a po boació n española que sinalou o seu lugar de nacemento, 75 eran homes e 15 mulleres. Este dato co nco rda coas investigacións efectua- 114. É axeitado aclarar que non toda a poboación española rexistrada neste censo informou sobre o seu lugar de nacemento, polo que nesta parte analizarase só a poboación que si facilitou esta información. 115. Pero con data de nacemento anterior á independencia destas colonias (Cuba e Porto Rico). 116. Blanca Sánchez, B.: op. cit. , p. 205. 117. Sobre Galicia, o investigador Alexandre Vázquez González considera que esta debe ser vista como una gran rexión migratoria ibérica que supera límites provinciais, rexionais e nacionais, pola súa conexión co norte de Portugal, Galicia e Asturias, áreas das que partiu unha predominante proporción da emigración da Península Ibérica a América. Vázquez González, A.: “El uso de fuentes personales para el estudio de la emigración de Galicia: estado presente y perspectivas”. Estudios Migratorios Latinoamericanos, Bos Aires, 1, nº . 33, 1996, p. 314. Sobre a migración galega, este mesmo autor ten varias publicacións importantes, entre elas: “Las dimensiones microsociales de la emigración gallega a América: Las funciones de las redes sociales informales”. En Llordén Miñambres, M. (comp.): Acerca de las migraciones centroeuropeas y mediterráneas a Iberoamérica: Aspectos sociales y culturales. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1995, pp. 93-122. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 81 Esp año is na cidad e d e… das noutros países, que caracterizaro n esa época de gran migración en masa co mo unha migración fundamentalmente masculina. Ademais, có mpre indicar que a maioría dos contratos asinados para a traída de inmigrantes mencionaban o requisito de que esta pobo ación fose masculina. Como exemplo témo-lo contrato con Mendiola, onde o noventa e nove por cento dos inmigrantes eran varóns. Con respecto ós lugares de residencia dos españois descubrimos que vivían principalmente nos distritos do Carmen, Catedral e Hospital, e minoritariamente no distrito Merced. Non achamos ningunha evidencia de concentracións residenciais de españois en zonas específicas da cidade. En canto ás idades, a maioría era poboación en idade reproductiva, relativamente nova. O 86 por cento dos varóns e o 81 por cento das mulleres estaban entre os 15 e os 55 anos. Respecto ó estado civil, cincuenta españois estaban casados, corenta e un solteiros, nove viúvos e unha persoa non sinalou o seu estado civil. Unha revisión moi xeral das ocupacións desa poboación permite observar que o 37 por cento dos varóns españois traballaron en actividades vinculadas co comercio, a maioría como propietarios de negocios (correspondente a trinta e sete persoas). O censo de poboación de 1927 118 tamén amosa que, dun total aproximado de 591 españois, a maioría sinalou como actividade económica o comercio (un 21 por cento) 119 e un 15 por cento rexistrouse como propietario de negocios comerciais, o que evidencia unha continuidade nas ocupacións desta poboación entre 1904 e 1927 na cidade de San Xosé. Pola súa banda, a maioría das españolas, en 1904, indicaron como actividade os oficios domésticos (quince mulleres dun total de vintecinco); en 1927, o 74 por cento delas anotaron esa mesma actividade. O censo comercial de 1915 120 amosa a mesma situación que o censo municipal de San Xosé de 1904 e o censo de poboación de 1927, é dicir, o predominio dos comerciantes españois sobre o resto dos estranxeiros nesta mesma actividade. Efectivamente, nun resumo por nacionalidades e suma de impostos para a provincia de San Xosé, os españois sitúanse como o grupo de 118. Base de datos del Censo de Población de 1927. San Xosé, Centro de Investigaciones Históricas de América Central, 1997. Quixera agradecerlles a Mario Samper, Virginia Mora, Nancy W orsfold e José Manuel Cerdas, por autorizarme o uso dos arquivos deste censo. 119. Íbid. Outras actividades ás que se dedicaban os españois na cidade de San Xosé, segundo o censo de poboación de 1927, eran: 79 a traballos artesáns (14 por cento), 57 persoas a profesionais e técnicos (10 por cento); as mulleres, nun 71 por cento, dedicábanse a oficios domésticos. A distribución por sexo era de 373 homes e 218 mulleres. 120. Censo Comercial de 1915. San Xosé, Ministerio de Fomento, 1916, p. 450. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 82 Guiselle Marín Araya estranxeiros con maior número de negocios e como os que máis impostos tiñan que pagar. Dun total de 1.697 negocios anotados, os españois tiñan o 18 por cento e pagaban o 27 por cento do total, ou sexa ¢13.334,20 (o total que tiñan que pagar entre todos era ¢49.364,90). Pola súa banda, os costarriqueños aparecen como donos do 64 por cento dos negocios (1.092) e pagaban o 47 por cento do total da provincia. Hotel Europa do español Carlos Ventura, situado na Avenida Fernández Güell e Rúa 2 Sur, fundado en 1908 Con respecto ó tipo e número de negocios que estaban en mans de españois na cidade de San Xosé, obsérvase no censo comercial de 1915 que a maioría dos negocios eran restaurantes (62 negocios), despachos de billetes ou venda de augardente (40 negocios), viñaterías (37 negocios) e cafeterías (24 negocios). No tocante á exclusividade nalgún tipo de negocio, a confeitería do catalán Pablo Torrens Badía era a única que aparecía rexistrada no censo; 24 das 31 cafeterías eran de españois, 2 das 3 fábricas de candeas, 6 das 11 pastelerías, 1 das 2 papelerías, 37 das 80 viñaterías, 6 dos 14 hoteis, 13 dos 35 billares e 40 dos 110 establecementos de augardente. Por último, os españois tiñan, sen dúbida, un lugar importante na actividade comercial de San Xosé deses anos, ó estaren rexistrados en 32 dos 44 tipos de negocios que aparecen no censo (sumando o 73 por cento do total) 121. Efectivamente, un informe do Consulado indica en 1919: 121. Nos transportes e vehículos non aparecen os datos da nacionalidade dos donos. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 83 Esp año is na c id ade de … (...) una buena parte del comercio de lujo está en poder de españoles; españolas son las principales casas que realizan negocios de importación al por mayor; españolas la inmensa mayoría de las tiendas y almacenes que monopolizan el comercio de las vías centrales de la ciudad; españoles los establecimientos de los alrededores del Mercado considerados de menor categoría, y si del comercio en grande escala pasamos al de modestas proporciones, españoles son la casi totalidad de “pulperos”, nombre con que se designa a las casas de comidas y bebidas que tanto abundan en el país y difícil será encontrar una calle donde no tenga algún español su negocio establecido 122. O mesmo informe engadía que os españois eran “dueños de casi todo el comercio alto y bajo de la capital”123, pero laméntase de que nos seus negocios se expendan productos norteamericanos máis que españois. Isto evidencia que os españois eran un grupo moi significativo nesta actividade. CONCLUSIÓNS As políticas migratorias costarriqueñas presentes no século pasado e principios do actual amosaron a existencia de criterios selectivos para a chegada de inmigrantes e, aínda que estas políticas trataron de privilexia-la migración de europeos, incluíndo os españois, os resultados non foron tan cuantiosos coma noutros países latinoamericanos. A po boació n inmigrante chegou ó país motivada po r diversos mecanismos; algúns foron: a) po r inducción, a través de axentes que os contrataro n no exterior; b) por parentesco o u familiaridade, xa que se establecero n “cadeas migratorias” 124 que lles pro p o rc io naro n un lugar de permanencia ou axuda económica cando chegaron ó país, por medio de amigo s o u veciños; e c) algúns inmigrantes viñero n probar fo rtuna; tal vez fo se unha minoría, p ero ato páronse casos deste tipo 125. 122. AGAP, nº . 12.829. 1919. 123. Íbid. 124. “Cadena migratoria [… ] se puede definir por el conjunto de contactos personales, comunicaciones y favores entre familias, amigos y paisanos en ambas sociedades: la emisora y la receptora, que fueron factores fundamentales para determinar quiénes emigraban, cómo elegían su destino, dónde se establecían, cómo obtenían trabajo y con quiénes se relacionaban socialmente”. “Causas de la emigración y tipología de los inmigrantes”. En Historia general de la emigración española a Iberoamérica. Madrid, CEDEAL, 1992, p. 245. 125. Estes dous últimos mecanismos deberán ser estudiados con amplitude en futuras investigacións, sobre todo a través da fonte oral, dos arquivos consulares, e dos arquivos da Sociedad Española de Beneficencia, entre outros. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 84 Guiselle Marín Araya Estes tipos de migracións ilustran dous factores importantes que concorreron para que sucedese este fenómeno: a) Os factores de atracción ou “pull”, producidos pola migración inducida a través de contratos para traer inmigrantes con dúas intencións: primeiro, coa finalidade de poboar áreas incultas e segundo, con fins laborais, onde a migración foi, nalgúns casos, temporal, posto que o que interesaba era a forza de traballo que esta poboación podía ofrecer. b) Os factores de expulsión, denominados “push”; ou sexa, as presións exercidas por diversos factores no país de orixe, que provocaron a saída da poboación; no noso caso, a migración masiva española. Durante o período denominado de “gran migración en masa”, os españois, aínda que se atopaban presentes en tódalas provincias de Costa Rica, concentráronse na capital e na súa provincia. Os españois que foron vivir á cidade de San Xosé eran na súa maioría varóns. Aínda que é certo que boa parte dos inmigrantes que chegaron nas últimas tres décadas do século XIX era unha poboación de extracción económica baixa126, dedicada principalmente a labores agrícolas e domésticos, tamén se incorporou unha poboación profesional que se dedicou á ensinanza e outras actividades. A principios do século XX os españois que vivían en San Xosé traballaban na súa maioría no comercio 127 e, dentro desta actividade, exerceron un papel importante. Este aspecto debe ser estudiado con máis detalle, xa que se debe establecer con claridade se se produciu un ascenso social entre eses estranxeiros ou se máis ben chegou a Costa Rica un tipo de inmigrante con máis recursos económicos ca no período anterior. 126. Esta situación dedúcese das listas dos inmigrantes españois, aínda que é posible que algúns deles mentiran ó indicaren a súa ocupación para cumpriren cos requisitos esixidos e poder entrar no país. 127. Así mesmo, cómpre lembrar que algúns inmigrantes acabados de chegar, producto das cadeas migratorias, establecéronse ó abeiro de familias que xa dispuñan de medios económicos e se dedicaban ó comercio. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 85 Esp año is na cid ad e d e… Resumo ESPAÑOIS NA CIDADE DE SAN XOSÉ A FINS DO SÉCULO XIX E PRINCIPIOS DO XX Gu iselle Ma rín Ara ya O estudio das características fundamentais do grupo de emigrantes españois en Costa Rica no período que vai dende 1880 ata 1930, asentados basicamente en San Xosé, constitúe o obxectivo xeral deste artigo, no que ademais se analizan as políticas migratorias imperantes na época, e achégase un maior coñecemento sobre os distintos proxectos de colonización e inmigración. A través das fontes censuais consultadas analiza variables coma o sexo, a idade, a zona de procedencia ou as ocupacións da colectividade española neste país centroamericano. Palabras clave: Emigración española, Costa Rica, políticas migratorias, proxectos de colonización, censos. Resumen ESPAÑOLES EN LA CIUDAD DE SAN JOSÉ A FINALES DEL SIGLO XIX Y PRINCIPIOS DEL XX Gu iselle Ma rín Ara ya El estudio de las características fundamentales del grupo de emigrantes españoles en Costa Rica en el período que va desde 1880 a 1930, asentados básicamente en San José, constituye el objetivo general de este artículo, en el que además se analizan las políticas migratorias imperantes en la época, y se aporta un mayor conocimiento sobre los distintos proyectos de colonización e inmigración. A través de las fuentes censales consultadas analiza variables como el sexo, la edad, la zona de procedencia o las ocupaciones de la colectividad española en este país centroamericano. Palabras clave: Emigración española, Costa Rica, políticas migratorias, proyectos de colonización, censos. Résumé ESPAGNOLS DANS LA VILLE DE SAN JOSÉ À LA FIN DU XIX e SIÈCLE ET AU DÉBUT DU XXe Gu iselle Ma rín Ara ya L’étude des caractéristiques fondamentales du groupe d’émigrants espagnols au Costa Rica entre 1880 et 1930 et établis essentiellement à San José constitue l’objectif général de cet article. Dans ce d ernier, les politiques migratoires dominantes de l’époque ont également été analysées et il y a un ap p o rt de plus amples connaissances sur les différents projets de colonisation et d’immigration. Au moyen des resso urces des recensements, des variables comme le sexe, l’âge, la zone d’origine ou les p rofessions de la collectivité espagnole dans ce pays d’Amérique Centrale ont été analysées. Mots-clefs: Émigration espagnole, Costa Rica, politiques migratoires, projets de colonisation, recensements. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 86 Guiselle Marín Araya Summary SPANIARDS IN THE CITY OF SAN JOSÉ AT THE END OF THE 19 th CENTURY AND BEGINNING OF THE 20 th CENTURY Guiselle Marín Araya The study of the basic characteristics of the group of Spanish emigrants in Costa Rica in the period from 1880 to 1930, settled mainly in San José, constitutes the main objective of this article, in which also the migratory policies prevailing at the time are analysed, and thereby gain a greater knowledge of the different projects of colonisation and immigration. Through the census sources consulted, variables such as sex, age, area of origin or occupation of the Spanish collective in this Latin American country are analysed. Key words: Spanish emigration, Costa Rica, migratory policies, colonisation projects, census. Currículo GUISELLE MARÍN ARAYA. Mestría en Historia coa especialidade en Historia de Centroamérica da Universidade de Costa Rica e estudios en computación na Universidade Nacional de Heredia. Docente da Universidade de Costa Rica. Traballou varios anos no Centro de Investigacións Históricas de América Central no programa de historia colonial. As súas últimas investigacións dedicounas ó estudio da inmigración española en Costa Rica. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 87 ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 89-108 TRABALLADORES POLONESES NOS ESTADOS UNIDOS (1880-1925): DE LABREGOS A POLONESES Ada m Wa la szek O presente artigo ten como obxectivo analiza-la reacción activa dos inmigrantes poloneses fronte á realidade política e social da América industrial. Estúdianse deste xeito os casos onde a identidade étnica e a etnicidade entran en xogo e coincidencia coa identidade de clase. Examínase así o xeito en que os inmigrantes poloneses utilizaron elementos propios da súa cultura popular nacional na loita por melloraren a súa posición social. Iso demostra que o uso estratéxico deses elementos da súa identidade e cultura étnica tamén capacitou á clase obreira inmigrante polonesa para apelar á solidariedade e apoio do conxunto da comunidade étnica inmigrada, incluíndo as clases medias, no decurso das súas accións folguistas ou doutras formas de pro testa. Os polaco-americanos responderon de xeito creativo ás condicións de vida en América. De feito, nas protestas laborais é posible rastrexar tanto elementos levados dende o seu país de orixe como a aparición de novos comportamentos. Entre estes estaba a intención de crear organizacións de traballadores ou sindicatos. Reducindo os meus obxectivos a dimensións manexables, limitareime á análise da participación inmigrante nas folgas e mais a salienta-la participación dos inmigrantes nas folgas e as actitudes destes fronte ós sindicatos. Este artigo analiza a relación existente entre a identidade étnica e a protesta dos traballadores inmigrantes da industria, atendendo á seguinte secuencia, en boa medida cronolóxica: 1. O uso de formas culturais nas protestas por parte dos labregos europeos no seu lugar de traballo. 2. A creación de organizacións de traballadores con carácter exclusivamente étnico como forma de autodefensa obreira. 3. O xurdimento dunha nova identidade como traballadores “americanos” entre a clase obreira de polaco-americanos, unha identidade fortalecida pola presencia das institucións e dos líderes da clase media polaco-americana1. 1. Entendido segundo a definición de Barkan, E. R. (1995): “Race, religion and Nationality in American Society: A Model of Ethnicity. From Contact to Assimilation”, Journal of American Ethnic History , 14, nº . 2, pp. 54-55. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 89 Trab al l ad o res p o lo neses… Nembargante, estes estadios evolutivos non sempre seguiron un modelo lineal simple e, aínda despois de aparecer unha maior consciencia de “americanidade” ó remate da Primeira Guerra Mundial, os traballadores polacoamericanos seguían a estar interesados na mellora do prestixio do seu grupo étnico ante a sociedade norteamericana. En boa medida, este esquema é paralelo ó apuntado por D. Lokwood, quen describe tres tipos de imaxes da sociedade americana que predominarían entre a clase obreira: 1. Un modelo xerárquico ou diferencial. 2. Un modelo dicotómico “asociado á [...] solidariedade de clase baseada no traballo e maila participación comunal”. 3. Un modelo privado que expresaría “percepcións instrumentais do traballo e dos roles laborais, e a primacía de preocupacións ligadas ó mundo doméstico e familiar” 2. INMIGRACIÓN E TRABALLO EN AMÉRICA O número estimado de poloneses chegados ós Estados Unidos con anterioridade á Primeira Guerra Mundial é de 2,5-3 millóns. Un 90% deles sería de orixe campesiña. Polo menos o 80% acabou traballando en cidades industriais, empregados como peóns ou obreiros non cualificados, porque, segundo as palabras do economista Leopold Caro, “os traballadores americanos non se encargaban de traballos de baixa categoría”3. Segundo outro autor, contra 1898, o 90% dos poloneses gañaba cartos “facendo os traballos máis duros e peor pagos”; en Johnstown, Pa., unha típica empresa urbana, o 87% dos homes poloneses empregábase en fábricas siderúrxicas como traballadores non cualificados ou obreiros sen cualificar; en Pittsburgh esa porcentaxe chegaba a un 90% 4. Conxuntamente con outros grupos de europeos do leste, 2. Descríboo baseándome en Morawska, Ewa (1985): “East European Labourers in an American Mill Town, 1890-1940: The Differential-Proletarian-Privatized W orkers?”, Sociology , 19, nº . 3, pp. 368-369. 3. Caro , L. (1907): “Statystyca emigracji plo skiej i austro -wêgierskiej do Stanó w Zjednoczonych Ameryki Pólnocnej”, Czasopismo Prawnicze i Ekonimiczne, 8, p. 275; cf. Graziosi, A. (1981): “Common Laborers, Unskilled W orkers: 1890-1915”, Labor History , vol. 22, nº . 4, pp. 516-522, 534. 4. Parot, J. J. (1972): “Ethnic versus Black Metropolis: The origins of Polish-Black Housing tensions in Chicago”, Polish-American Studies, nº . 1-2, pp. 24-36; Panek, Piotr (1989): Emigracja polska w Stanach Zjednoczonych A. P., Lviv, p. 15; Caro, “Statystyka”, p. 277; Morawska, E. (1982): “T’was Hope Here: the Polish Immigrants in Johnstown, Pennsylvania 1890-1930”, en Rekiewicz, F. (ed.): The Polish Presence in Canada and America, Toronto, p. 33. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 90 Ad am Wal as z e k os poloneses compoñían o estrato social máis baixo. Deberiamos comparti-la afirmación dun estudioso socialista que expuxo que “as diferencias de ingresos entre traballadores americanos e inmigrantes correspóndense coas diferencias de ingresos entre traballadores cualificados e non cualificados”5. O traballo dos obreiros poloneses era duro –como moitas veces sinalaban nas súas cartas, nas que escribían “En América os poloneses traballaban coma o gando”–; tampouco era estable nin seguro 6. A supervisión dos obreiros non cualificados no posto de traballo foi labor do que se encargaron diversos grupos étnicos que chegaran como inmigrantes con anterioridade, a comezos do século XIX. En Nanticoke, Pensilvania, o nome do primeiro capataz polonés relembrouse no 1922, tan insólito era o feito de que un polonés conseguise o cargo de supervisor cincuenta anos antes7. De aí que, ó explica-lo despedimento de obreiros poloneses de varias fábricas en Chicopee Falls, Mass., o semanario polonés Zgoda atribúa iso ó feito de non existir ningún capataz polonés nelas. Pola contra, todos eran “ianquis, irlandeses, franceses” 8. INMIGRANTES: “RESPOSTA COMUNAL”9 E DEFENSA Veciñanza e institucións étnicas Fronte á vella análise histórica que caracteriza a experiencia do inmigrante en termos traumáticos e case patolóxicos, diversas teorías demostraron nos últimos anos que os poloneses adaptaron con éxito a súa herdanza cultural europea ás novas condicións, para poderen desafiar mellor as novas condicións ambientais en Norteamérica. A primeira resposta á orde industrial urbana foi unha resposta de tipo “comunal”. A formación de veciñanzas e comunidades étnicas foi a primeira estratexia. E estas comunidades étnicas chegarían a ser moi útiles durante as loitas que tiñan lugar no traballo. Membros de familias numerosas ofrecían axuda non só na iniciación e organización da “cadea migratoria”, senón tamén axu- 5. R. M[azurkiewicz] (1913): Zagadnienie migracji do Stanów Zjednoczonych , s.l., p. 22. 6. W alaszek, A. (1988): “For in America Poles W ork Like Cattle: Polish Peasant Immigrants and W ork in America 1890-1891”, en Debouzy, M. (ed.): In the Shadow of the Statue of Liberty. Immigrants, W orkers and Citizens in the American Republic 1880-1920 , Saint Denis; pp. 95-105. 7. Niedzielny Gornik , 7 de maio de 1922, p. 12. 8. Zgoda, 26 de marzo de 1908, p. 8. 9. Pacyga, D. (1991): Polish Immigrants and Industrial Chicago: W orkers in the W est Side, 18801922 , Columbus, Ohio, p. 111. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 91 Trab al l ad o re s p o lo neses… dando a parentes a atopar e manter un traballo. As comunidades polonesas eran tan extensas que un novo alpinista que chegara ó Mount Pleasant en 1899 lembraba: “Querido Deus, estamos aquí coma unha familia”10 . “¡Isto non é América! ¡Isto é Tarnów, Stanislawów!” exclamou un xornalista con grande abraio ó chegar a América11. Cada membro da familia contribuía co seu traballo ou co seu salario á economía familiar. As mulleres que non traballaban fóra mantiñan a casa recibindo hóspedes; os rapaces tamén traballaban12. Tales prácticas estaban de acordo coas tradicións traídas de terras polonesas. As familias criaban animais, cultivaban verduras nas hortas, recollían lixo e refugallos dos vertedoiros das cidades ou o carbón que caía dos vagóns. O bar, un imán para os homes, era o centro social e político, un club plebeo onde un podía fiarse dos demais, pedir consellos e conforma-la súa opinión sobre os asuntos de actualidade, mentres bebía un vaso de vodka ou cervexa. As tabernas foron cruciais nos comezos do proceso de organización social dos inmigrantes poloneses. Os comités das parroquias reuníanse nelas para decidiren como fundar unha igrexa. Aí era tamén onde os folguistas e sindicalistas se encontraban. A cantina do pai de Leo Krzycki en Milwaukee, por exemplo, serviu como club para os Cabaleiros do Traballo 13. Mesmo persoas de orixes étnicas diferentes eran capaces de pasa-lo seu lecer xuntos. O descoñecemento doutra lingua non era un atranco. “Nós utilizabámo-la linguaxe de signos”, subliñaba un obreiro fundidor polonés14. Nos distritos étnicos, fundáro nse varias institucións (no n necesariamente co ñecidas en terras polonesas) que ofrecían axuda pecuniaria en caso de enfermidade ou defunción, e servían tamén co mo centros de info rm ación. A Alianza Nacional Po lonesa (Polish National Alliance, PNA) fundou po r algún tempo unha Secretaría de Traballo para “recompilar inform ac ió n e datos sobre as condició ns de traballo que mantiñan as industrias naqueles 10. Bukowski, J.: “Yciorys tulacza syna Podhala”. (Manuscrito). Fondo de Memorias de Activistas So ciais da cidade, en Szko la Gló wna Handlo wa, Instytut Go spo darstwa Spolecznego, Varsovia. 11. Dunikowski, E. H. (1893): W sród Polonii w Ameryce , Lviv; p. 41. 12. Nowicki, S. (1973): “Back of the Yards”, en Lynd, A. S. (ed.): Rank and File. Personal Histories by W orking Class Organizers, Princeton; p. 69. 13. Miller, E. (1976): “Leo Krzycki-Polish-American Labor Leader”, Polish American Studies, nº . 2, p. 52. 14. Brody, David (1960): Steelworkers in America. The Nonunion Era, Nova York-San Francisco; pp. 120-121, 246-247, 260-261; Coroner Files, casos 931, 937, 1417, 1737, 4046, 4554, 5015, Cuyahoga County Archives, Cleveland, Ohio. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 92 Ad am Wal as z e k m o m ento s”15. As igrexas po lonesas en América ofrecían tamén unha grande axuda. Eran algo máis que institucións relixiosas, xa que en moitos caso s os p asto res axudaban ós traballado res a atopar emprego 16. Protestas No período de “resposta comunal”, os inmigrantes non se amosaban nin submisos nin dóciles crebafolgas e, adoito, resistíanse ó sistema económico e social no que se inseriran. Tan axiña como chegaban ós Estados Unidos, aínda que previamente non se involucrasen en tales accións, os inmigrantes participaban nas protestas dos traballadores, figuraban entre os seus promotores e a miúdo eran decisivos no resultado final destas. A bagaxe cultural previa dos inmigrantes era decisiva á hora de vehiculizar e facilita-las súas accións. Certamente, o comportamento dos traballadores emigrantes e mailos seus obxectivos pode que tivesen connotacións étnicas. Mais os obxectivos e a lóxica das loitas non eran de tipo étnico. A xente que chegaba a América procedía de territorios onde os conflictos entre casas propietarias e comunidades campesiñas aínda estaban latentes (malia que as modalidades daqueles podían ser diferentes dunha rexión a outra) 17 . R. Kantor lembrounos recentemente que os inmigrantes levaban canda eles só algúns elementos da súa previa “bagaxe cultural”18 . É dicir, a finais do século XIX xa irromperan novas xeracións de inmigrantes poloneses, para os que a servidume rural xa non era familiar, eran máis independentes e, xa que logo, menos humildes. E eses foron trazos característicos da súa actividade nos Estados Unidos. A actividade folguista estivo acompañada por rituais con significado relixioso e cultural. Durante a folga do carbón de 1902, os mineiros reuníanse nos parques da cidade axitando bandeiras sindicais e pancartas nas que se lía 15. Zgoda , 14 de xaneiro de 1904, p. 1; “Komisja Przemyslu i Handlu”, en Zgoda, 1907-1908. Walaszek, A. (1988): Polscy robotnicy, praca i zwiazki zawodowe w Stanach Zjednoczonych Ameryki, 1880-1922 , Wroclaw-Varsovia; pp. 69-71. 16. Carta de A. Kolaszewski ó bispo R. Gilmour, 4 de novembro de 1890, pp. 1-6. Arquivo Parroquial de San Estanislao, Arquivo Diocesano de Cleveland, Cleveland, carpeta 1872-1892. 17. Cf. Puskas, Julianna; Blank, Inge; Rössler, Horst; Knapic-Khren, Cvetka (1993): “Rural and Artisanal Protest in W estern East Central and Southeastern Europe from the Early 19 th Century to W orld W ar I”, en Hoerder, Dirk e Rössler, Horst (eds.): Roots of Transplanted, Boulder, vol. 2; pp. 16-30. 18. Kantor, Ryszard (1990): Miêdzy Zaborowem a Chicago. Kulturowe Konsekwencje istnienia zbiorowooeci imigrantów z parafii zaborowskie w Chicago i jej kontaktów z rodzinnymi wsiami, Wroclaw-Varsovia. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 93 Trab al l ad o re s p o lo neses… “Longa vida para o sindicato”; e a música era interpretada pola banda parroquial A Nosa Señora de Czestochowa19. Durante a folga dos siderúrxicos en Hammond, Indianápolis, nun escuro vestíbulo: Unha candea colocada sobre unha plataforma alumeaba, un a un, os homes que chegaban e bicaban a imaxe de almafí na cruz, axeonllándose diante dela. Alí xuraron que non serían crebafolgas. A folga demostrou, tal como indica D. Brody, que os inmigrantes “eran folguistas eficaces porque eran labregos”20. As folgas dos inmigrantes a finais do século XIX e comezos do XX tiveron a súa causa, maioritariamente, nas mudanzas nas condicións de traballo, tales como a reducción de salarios, os tratos discriminatorios ou as presións diversas por parte da patronal. No verán de 1885, durante a folga en Cleveland Rolling Mill Co., os traballadores escoitaron en polonés e checo o seguinte: Eles non nos tratan como homes, e a carga é demasiado pesada para aturar... Esta é unha batalla polo pan e a honra, e debémonos comportar como obreiros honestos e valentes. Durante este acontecemento , así como durante outras moitas folgas, as m archas de obreiros furioso s dunha fábrica a outra lembraban unha estampa semellante que tiña lugar durante as protestas en aldeas polonesas21, as cales ado itaban rematar nas portas da casa do patró n. Durante as revo ltas campesiñas que tiñan lugar en Rusia e na Polonia austríaca, os traballado res agríco las armados con estacas marchaban cara ós señorío s para manifestaren as súas demandas. Durante a noite, ían cara a outro señorío e centos de lab regos uníanse a eles polo camiño. Durante tres o u catro días, os manifestantes podían perc o rrer arredo r de dez feudo s. Estas protestas eran deno minadas “fo lgas migrantes”22. En Cleveland, no 1885, arredo r de 15.000 persoas, seguidas por tamborileiro s e a bandeira americana, marchaban cara ó 19. W ielkopolanin, 22 de xullo de 1909, p. 1; 23 de setembro de 1909, p. 4. 20. Sun, Pittsburgh, citado en Brody, David: Steelworkers, pp. 139-140. 21. Cleveland Leader and Herald , 9 de xullo de 1885, 8 de xullo de 1885, 6 de xullo de 1885. 22. Kalabiñski, S. e Tych, F. (eds.): Walki chlopów Królestwa Polskiego w rewolicji 1905 – 1907, vol. 3; pp. 682-83, 693-95. Dos mesmos autores (1969): Czwarte powstanie czy pierwsza rewolucja? Lata 1905-1907 na ziemiach polskich, Varsovia; pp. 110-112, 363-365; Najdus, W . (1958): Szkice z historii Galicji , W arszawa, vol. 1; pp. 262, 266. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 94 Ad am Wal as z e k City Hall e o Natio nal Bank Building, onde un comité de traballado res falara con W. Chisholm 23. Estes manifestantes rep roducían un esquema de comp o rtamento semellante ó das marchas dos traballadores agrícolas fronte á mansión do gran pro p ietario . As protestas en Europa tiñan o inestimable apoio da solidariedade das comunidades rurais. E as mulleres eran particularmente activas nesa solidariedade. Nos anos 80 do século XIX, as mulleres dunha localidade da Galitzia, armadas con fachos e zoscadoiros, defenderon os seus homes, que contrarrestaban un ataque. Xornaleiros e campesiños reaccionaban violentamente contra calquera indicio de creba da solidariedade do grupo. Aqueles que manifestaban intención de traballar eran expulsados a golpes con pedras, caxatos e gadañas. Advertíaselles que “non ousen vir de novo, porque mallaremos neles”24. En América, as folgas de inmigrantes tamén gozaban do apoio das familias, das comunidades e dos barrios étnicos. A xente toleraba mal conductas individualistas e, nomeadamente en situacións extremas, reaccionaba de xeito colectivo. Ser un crebafolgas podía significa-la exclusión do grupo. Homes, mulleres e nenos atacaron as fábricas e os crebafolgas en xullo de 1885. “Mulleres amigas dos folguistas chegaban á escena cos seus mandís cheos de ladrillos e outras armas para seren arreboladas”25 . En 1899 as mulleres, dirixidas por María W aszkiewicz, guindáronlles un panfleto ós que camiñaban a pé cara ó traballo. Cando os líderes eran arrestados, as mulleres, nun comezo, trataban de ceibalos e despois remataban por acudir a W ilkes Barre para paga-la fianza26. En Cleveland, durante unha folga no 1899, calquera que rompese a consigna de boicot ó transporte urbano arriscábase, mesmo se era ancián, a ser golpeado se subía a un coche. A presión da comunidade podía chegar a ser enorme. Unha carta publicada nun semanario polonés testemuñaba o seguinte: 23. Leonard, H. B. (1979): “Ethnic Cleavage and Industrial Conflict in Late 19 th Century America: The Cleveland Rolling Mill Company Strikes of 1882 and 1885”, Labor History , nº . 4, pp. 546, 536-541. 24. Najdus: Szkice, vol. 1, pp. 266-267; Kalabiñski, S. (1963): “W alka chlopów guberni suwalskiej w rewolucji 1905-1907 ze szczególnym uwzglêdnieniem ziemi sejnenskiej”, en Materialy do dziejow ziemi sejnenskiej, Prace Bialostockiego Towarzystwa naukowego, nº . 1, Bialystok, pp. 330-332; W alaszek, A.: Polscy, pp. 82-83. 25. Leonard, “Ethnic”, pp. 531, 537-539; Cleveland Leader and Herald, 6, 7, 9, 11, 15-17 de xullo de 1885. 26. Polonia w Ameryce, 30 de setembro de 1899; Greene, V. R. (1968): The Slavic Community on Strike. Immigrant Labor in Pennsylvania Anthracite , Notre Dame; pp. 141-144. Outros exemplos en W alaszek, A.: Polscy , pp. 88-89. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 95 Trab al l ad o re s p o lo neses… O señor Edmund Szczyglinski admite publicamente o erro que cometeu con relación á Sra. Sawicka, a dona dunha tenda de roupa en Flete Street, sobre a que difundira rumores de que subira a un tranvía conducido por crebafolgas. Iso resultou ser falso 27. As organizacións étnicas emprestábanlles axuda directa a folguistas e a outros, recollendo doazóns28, e colaboraban así mesmo na organización de centros de axuda médica para os feridos nos enfrontamentos29 . A reacción da organización americana Polonia cara á matanza de Lattimer, por exemplo, contouse entre as máis iradas30. “RESPOSTA COMUNAL”: AS ORGANIZACIÓNS DE TRABALLADORES Nos Estados Unidos, a formación de clase callou simultaneamente entre traballadores pertencentes a diferentes grupos étnicos, que crearon as súas propias culturas obreiras. O carácter excluínte dos sindicatos tamén propiciou a formación de “clase segmentada” no século XIX. A Federación Americana do Traballo ( American Federation of Labor, AFL) impediulles eficazmente ós “novos” inmigrantes o acceso ós seus sindicatos de traballadores especializados31. A meirande parte dos sindicatos coidaba que “só os traballadores cualificados poderían contribuír á fundación dunha organización estable e eficiente”, razón pola cal só os traballadores cualificados e axudantes eran aceptados como membros32. Os Cabaleiros do Traballo ( Knights of Labor) foi unha das poucas organizacións obreiras que, ignorando a carencia de cua- 27. Polonia w Ameryce , 10-VIII-1899. 28. Zgoda, 18 de xullo de 1894, p. 4; 15 de agosto de 1894, p. 4; 30 de outubro de 1902, p. 2; Osada, S. (1957): Historia Zwizku Narodowego Polskiego, Chicago, vol. 1, p. 544. 29. Zgoda, 21 de outubro de 1885, p. 2; 30 de outubro de 1902, p. 6; 30 de abril de 1908, p. 7. 30. Greene, The Slavic , pp. 141-42; Dzienmik Chicagoski, 14 de outubro de 1897, p. 1; 15 de setembro de 1897, p. 1; 18 de setembro de 1897, p. 1; 21 de setembro de 1897, p. 1; Gazeta Polska w Chicago, 16 de setembro de 1897, p. 4; Brozek, A. e Pitkowska, D. (1978): “Prasa polska o masakrze robotników w Lattimer, Pensylwalnia (1897)”, Zaranie Œ lskie , nº . 2, pp. 259-267. 31. Ameryka, 20 xuño de 1896, p. 1; Lane, A. T. (1977): “American Labor and European Immigrants in the Late Nineteenth Century”, Journal of American Studies, 11, pp. 241-260; Lane, A. T. (1984): “American Trade Unions, Mass Immigration, and the Literacy Test: 19001917”, Labor History , 25, W inter, pp. 5-25. 32. Leonard, “Ethnic”, pp. 529, 543-44. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 96 Ad am Wal as z e k lificación, atraeu algúns inmigrantes recentes ás súas ringleiras, incluíndo cantidades relativamente respectables de poloneses 33. As organizacións polonesas e as loitas obreiras Na década dos 80 do século XIX, a prensa polonesa analizou a cuestión dos conflictos industriais. As reaccións variaban, mais os comentarios publicados na prensa polaco-americana adoitaban enxergar esas protestas como un impedimento ó esforzo por gañar prestixio internacional para a cultura polonesa e mesmo para a conquista da independencia nacional de Polonia. Os líderes políticos e intelectuais de Polonia en Nova York, conducidos por Erazm Jerzmanowski, declaraban no ano 1886: Alporizados perante as novas dos disturbios de Chicago e Milwaukee que aconteceron o día da Constitución do 3 de maio, e nos que algúns poloneses poderían ter participado activamente, nós protestamos enerxicamente contra de calquera incidente, revolta ou violación da orde pública baixo calquera escusa, e con fondo pesar e tristura dos nosos corazóns sentimos que temos que protestar publicamente contra diso, xa que os nosos compatriotas deshonraron pola brava o cabodano da Constitución do 3 de maio. A participación nos motíns podería “desgracia-la honra e o bo nome da patria”. E engadía: Aquí, o voso sustento... é sen dúbida mellor que no país de orixe, onde a vosa lingua e crenzas son perseguidas... Irmáns na patria, non debedes unirvos á vermella bandeira do sangue, do asasinato e do lume, no camiño de perversos socialistas e anarquistas. Non, paisanos: sexamos fieis á nosa vella bandeira polonesa34. 33. Cf. Antoni A. Paryski (1945): Ycie, praca czyny 1865-1935, Toledo, pp. 13-14; Groniowski, K. (1977): “Socjalistyczyna emigracja ploska w Stanach Zjednoczonych (1883-1914)”, Z Pola Walki, nº . 1, pp. 3-4; Gaceta Polska w Chicago, 22 de abril de 1886, p. 1; 17 de marzo de 1886, p. 3; Zgoda, 2 de marzo de 1887, p. 8; 16 de marzo de 1887; 4 de maio de 1887, p. 5; Ameryka, 20 de xuño de 1896, p. 1; Garlock, J. (1982): Guide to the Local Assemblies of the Knights of Labor, W estport, pp. 68, 75, 436; New York State, Bureau of Statistics of Labor, Third Annual Report (Albany, 1886), pp. 489, 491. 34. Protestas de poloneses de Nova York (manuscrito). Biblioteca Jagellona, Cracovia, Sección de Manuscritos, manuscrito 4987, pp. 64-65. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 97 Trab al l ad o res p o lo neses… As folgas eran consideradas co mo unha actividade antipolonesa, pois eran tamén, a maiores, inmorais e antirrelixiosas. Aínda que a prensa polaco -americana admitiu que a vida dos traballado res era adoito tráxica, con todo, a única solución aceptada eran os aco rdo s voluntarios entre traballad o res e patró ns, pero non as folgas e revoltas de traballadores35 . Esta, po r exemplo , era a advertencia do reverendo A. Kolaszewski ó s fregueses dende o púlpito : Non busquéde-lo consello de falsos axitadores que vos arruinarán. Pola contra, purificade a vosa mente mañá pola mañá... indo ó traballo como homes e redimindo o voso lugar na confianza daqueles que tedes decepcionado polos vosos actos temerarios36. Contra a fin de século, a prensa pasou a xustificar cada vez máis a participación nas folgas. As novas controversias xiraban agora arredor das formas da protesta, o grao de organización e o estilo do liderado. No 1884, Polak w Ameryce non criticaba os poloneses por declarárense en folga, senón por loitaren contra da policía37. A Igrexa Católica Nacional Polonesa (Polish National Catholic Church, PNCC), que se esgazara da Igrexa Católica Romana a finais do século XIX, tratou de educa-los traballadores inmigrantes. Eventualmente, na medida en que esta Igrexa incrementou o seu apoio ós folguistas e ós sindicatos –particularmente para o Sindicato de Traballadores Mineiros, que se estaba a organizar en Pensilvania–, este programa social comezou a asemellarse ó dos socialistas. Stra, o semanario da PNCC, aconselláballes ós poloneses que participasen activamente na democracia americana. Tamén argumentaba que os sindicatos de traballadores deberían formular programas para defende-los grupos étnicos, termar da súa aculturación e consegui-la “emancipación” dos inmigrantes poloneses 38. Opinións semellantes, provenientes neste caso dunha sociedade laica de axuda mutua, manifestáranse con anterioridade en programas semellantes. O 35. W iara i Ojczyzna, 27 de marzo de 1888, p. 382; 10 de abril de 1888, p. 398; 14 de xaneiro de 1891, pp. 24-25; Gazeta Polska w Chicago , 28 de abril, pp. 2-3. 36. Cleveland Leader and Herald , 13 de xullo de 1885, p. 8. 37. Polakw w Ameryce , 7 de febreiro de 1888, pp. 1-2; 10 de febreiro de 1888, p. 2; Dziennik Chicagoski, 10 de xuño de 1893, p. 1. 38. Orzell, L. (1979): “A Minority within a minority: The Polish National Catholic Church, 1896-1907”, Polish American Studies, nº . 1, pp. 16-17; Domagala, B. (1984): “Ideologia spoleczna Polskiego Narodowego Kosciola Katolickiego w Amercye w latach 1897-1939”, Przeglad Polonijny , nº . 2, pássim. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 98 Ad am Wal as z e k semanario da PNA, Zgoda, aprobou as protestas legais dos traballadores xa en 1886, rexeitando só as accións violentas asociadas coa axitación socialista ou anarquista39. En 1890, a PNA declarou: Condena-la loita pola xornada das oito horas diarias non ten ningún sentido... Iso [as oito horas diarias] é xusto, dende que fora aprobado polas autoridades americanas..., a marcha pacífica dos traballadores apoiando a loita é tan racional e aceptable coma un desfile electoral40 . Contra finais de século, o s socialistas comezaron a infiltrarse entre as filas da PNA. En decembro de 1893, o xornal local da PNA Nowe Zycie d e Chicago mesmo tentou crear unha Alianza de Trab allad o res Polo neses en América para educa-lo s traballadores e axuda-las víctimas de accidentes laborais. Nun memo rando dirixido á Co nvenció n da PNA en 18 93 demandábase que esta prestase máis atención ás necesidades físicas dos traballadores, así como á creación dun fo ndo de co mpensación para víctimas de accidentes. O memo rando remataba cun “Lo nga Vida á Alianza Nacional Polonesa de Trab allad o res”41. En efecto, a Alianza Nacional Polo nesa reivindicaba ser unha “organización de traballado res” e pronunciábase a prol dun apoio total “á loita legal co ntra o capitalismo” 42, defendendo así mesmo a p articipació n do s poloneses nos sindicatos43. Pero tamén tratou de salientar un punto adicio nal: “deixádenolo facer co mo poloneses para non desaparecer neste océano inglés”44 . 39. Zgoda, 3 de marzo de 1886, p. 3; 24 de marzo de 1886, p. 3; 31 de marzo de 1886, p. 3; 14 de maio de 1886, p. 2. 40. W aldo, A. (1956): Sokolstwo przednia stratz narodu, Pittsburgh, vol. 1; pp. 373-374. 41. Arquivos de Novos Mazos, Varsovia (citado en diante como ANM), colección PPS 30/II/41, mazo “Varia”; Przeglad Emigracyjny , 1 de febreiro de 1894, p. 33. 42. Z go da, 23 de maio de 1894, p. 1; 13 de decembro de 1893, p. 1; 25 de abril de 1894, p. 1. 43. Zgoda, 18 de xullo de 1894, p. 4; 25 de xullo de 1894, p. 4; 1 de agosto de 1894, p. 4; 27 de mazo de 1895, p. 1; 29 de maio de 1895, p. 1; 5 de xullo de 1900, p. 417; Olszewski: Historia Zwizku, vol. 2, pp. 214, 251-52. 44. Zgoda , 6 de decembro de 1893, p. 4; 10 de outubro de 1894, p. 1; 27 de setembro de 1900; 1 de novembro de 1900, p. 2; 19 de marzo de 1900, pp. 200-201; Olszewski: Historia, vol. 2, p. 124; Groniowski (1972): “Polonia amerykañska a Narodowa Demokracja (18931914)”, Kwartalnik Historyczny , nº . 1, p. 35. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 99 Trab al l ad o res p o lo neses… Organizacións obreiras polonesas Arredor da década dos 90 do século XIX, o problema de crear organizacións obreiras de poloneses foi discutido de vagar. No 1892, o xornal Dziennik Chicagoski, de forte pegada clerical, afirmaba: “O propósito dos sindicatos americanos é, ante todo, apoiar salarios altos e só secundariamente fornecer axuda en caso de enfermidade ou desemprego”. O artigo citaba unha obvia desavinza entre a visión da AFL e a destes inmigrantes –maioritariamente obreiros non especializados–. “Tamén sabemos que os sindicatos, antes de aceptaren a alguén como membro, examinarán primeiro a súa cualificación... ¿Cantos poloneses poderían superar esta proba?”45 . En troques, argumentaba o xornal, os traballadores poloneses deberían pertencer a organizacións de axuda e instrucción mutua: “precisamos formar asociacións de obreiros, que á parte de educaren os seus membros os fornezan dunha axuda material, non só en caso de morte, senón tamén en caso de lesión ou enfermidade”46. Ó mesmo tempo, Zgoda, o semanario da laica PNA, apoiou a idea de crear clubs de traballadores poloneses. Estes servirían como escolas populares, desenvolvendo intelectualmente ós traballadores poloneses; queremos que consoliden as súas forzas, que comprendan a súa posición e traten de mellorala47. O utros sec tores da comunidade po laco-americana tamén incitaro n o s trab allad o res a o rganizarse como grupo étnico 4 8 . Así, o semanario de Cleveland Jutrz e nka clamo u en van po la organización dunha Alianza de Trab allad o res Po lo neses4 9. Tales argumentos acabaron po r ter influencia nuns pouco s traballadores cualificado s o u artesáns que, ás veces, e cun éxito relativo , asumiro n esas propo stas. A Asociación de Impreso res Polo neses [ Sto warzyszenie Drukarzy Polskich], creada por Jan Migdalski en Chicago, era un típico sindicato de artesáns, e en 1894 chegou a ser un lo cal autó nomo po lonés d o Sindicato Tipográfico Internac io nal5 0. O utro 45. Dziennik Chicagoski, 5 de xullo de 1892, p. 2. 46. Pamietnik srebrnego jubileuszu parafii Najswiestszej Rodziny w Sugar Notch, Pa. 1903-1928 (Sugar Notch, 1928; p. 251.) 47. Zgoda, 6 de decembro de 1893, p. 4. 48. Cf. Ameryka, 20 de xuño de 1896, p. 1; 30 de maio de 1896, p. 1; 22 de agosto de 1896, p. 1. 49. Jutrzenka, 6 de decembro de 1893, p. 4. 50. Chonarzewski, J. (1901): Drukarz. Jednodniowka wydana przez Stowarzyszenie Drukarzy Polskich w Stanach Zjednoczonych P.A., Chicago. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 100 Adam Wal as z e k exemp lo foi o Sindic ato de Actores Po lo neses en América5 1. O Sindicato de Xastres Polo neses, establecido en Newark en 18 96, aceptaba como memb ro só a quen “co ñecía ben o seu o ficio ”, e incluía mesmo a checo s e eslo vac o s5 2. O utros exemplo s po den ato parse en Newark, Cleveland, Chicago e Jo hanensberg, Pa. Aínda que existían algunhas organizac ió ns de traballad o res sen cualificar –a Alianza de Trab allad o res Poloneses, establecida en 1892 en Bay City, Michigan, e maila So ciedade de Socorros Mutuos, establecida en Pullman, Illino is, no 1 896–, estas transfo rmaríanse de co ntado en filiais de so ciedades nacio nais de Seguro s Mutuo s ( tales co mo a Alianza Nacional Polo nesa). Algúns traballad ores cualificado s po loneses tamén ingresaro n nalgúns sindicato s americanos o nd e actuaro n co nxuntamente co n o utro s grupo s, aínda que se co ñece pouco sobre estes casos neste perío do 5 3. Traballo, inmigrantes e control de conflictos no século XX A comezos do século XX, os traballadores comezaron a supera-las divisións e fronteiras étnicas, aprendendo claramente novas formas de reacción perante a realidade industrial. Daquela, isto significou –como ben escribiu James R. Barret– unha “americanización dende abaixo”54 . Entendérmo-la transformación da natureza do traballo industrial nos Estados Unidos no século XX é de fundamental importancia para explicármo-los cambios ocorridos no comportamento da clase obreira. No cambio de século, os patróns emprenderon unha serie de esforzos organizados dirixidos a reforma-las relacións industriais. Xuntamente coa modernización tecnolóxica, realizáronse intentos para reorganiza-lo traballo de xeito que camiñase ó paso cos requisitos cambiantes da tecnoloxía e do mercado. Debido á mecanización e auto matización, os traballadores chegaron a ser meras extensións das máquinas. Tratábase dunha tendencia cara á consecución dunha organización do traballo industrial de tipo científico55. Ó inseri-la división do traballo e maila cadea 51. Dziennik Ludowy , 13 de xaneiro de 1914, p. 4; 10 de marzo de 1914, p. 1. 52. Zgoda, 20 de setembro de 1896, p. 3. 53. Cf. Central Labor Union. Building trades Council (1901): Labor Day Souvenir. 1901, Cleveland, pp. 31, 27, 45. 54. Barret, James R. (1992): “Americanization from the Bottom Up: Immigration and the Remaking of the W orking Class in the United States, 1880-1930”, The Journal of American History , 79, nº . 3, pp. 999-1000. 55. Graziosi: “Common”, pp. 528-529; Montgomery, D.: Workers, pp. 114-127; Brody, D.: Workers, pp. 10-12. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 101 Trab al l ad o res p o lo neses… de producción, os patróns reduciron considerablemente, e mesmo eliminaron, o número de postos de traballo que requirían unha cualificación específica. Para os “novos” inmigrantes isto significou, paradoxalmente, un contacto máis estreito coas realidades das plantas industrias. Aínda que lles resultou difícil identifica-lo seu propio traballo nos productos finais, comezaron a adquirir unha meirande consciencia da súa forza. Os traballadores cualificados tentaron defende-la súa posición previa. Os inmigrantes, en troques, rebeláronse contra dos numerosos atrancos e eivas, contra da nova disciplina. As novas máquinas foron malditas e alcumadas de “demos”, mentres que os xerentes eran considerados como “tsares” . Folguistas de Black, Printz e Co. describiron o seu xefe en 1911 así: “Black, o máis grande filántropo que, coma o tsar ruso, nos quere como nenos e demóstrao contratando gángsteres para mallar en nós”56; “... este non é un país de escravos, e aquí non hai tsares”, laiouse outra persoa57. O entusiasmo e a perseveranza do traballado r inmigrante atraeron ós o rganizad o res sindicalistas e axitado res. A AFL, tentando tomar parte nestas disputas e mesmo controlalas, persuadiu os inmigrantes para que estes se unisen ás súas organizacións e, de seguido, educounos. Este foi o caso do m atad o iro de Chicago e da industria cárnica. Cando a AMCBW se organizo u en 1900, creou centros supralocais e supranacionais para traballadores q ue rep resentaban a grupos pro fesionais partic ulares, adoito esparexidos po r todo o territorio urbano. Durante a vaga de folgas do s anos 1916-1922, os principais obxectivos consistían en aumenta-la independencia dos traballad o res, a súa liberdade e autonomía no lugar de traballo e mailo control nas plantas industriais. Estas demandas foron expostas pola “nova inmigración” e as súas co munidades, que tamén exercían unha decisiva influencia na fo rma e no desenvolvemento de mo ito s co nflictos. Os acontecementos que tiveron lugar naqueles ano s reflicten nidiamente que os “no vo s inmigrantes” fo ron integrándose no pro letariado norteamericano e chegaron mesmo a ser unha parte del. Este proceso fo i favorecido por un considerable aumento da actividade dende a base, como reflicte a formación de sindicatos por parte do s propios inmigrantes (aínda que non fosen sindicatos étnicos) e, igualmente, o xurdimento de agrupació ns de tendeiros moi independentes dos sindicatos das agrupacións de comerciantes. Representantes de diversos oficios e nacionalidades integráronse nos sindicato s. A pesar diso , foron os militantes de base os que tentaron moldea-la estratexia po lítica das o rgani- 56. Cleveland Citizen, 24 de xuño de 1911, p. 4. 57. J. Kalendo á Embaixada polonesa en W ashington, 9 de febreiro de 1926. Fondos da Colección da Embaixada Polonesa en W ashington, ANF, Cont. 2137, pp. 96-98. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 102 Adam Wal as z e k zacións e determina-lo carácter do s acontecementos58. O s traballadores poloneses non só apoiaron os sindicatos po r sentirse identificados con eles, senó n que tamén trataron de actuar por eles mesmo s, reso lvendo os seus p ropio s problemas. Ademais, esixiron todo isto a través dos sindicatos, e fo ron adoutrinados a facelo por sindicalistas poloneses como J. Kikulski, S. Rokoszi, F. Krasowski, A. Nielubouski, M. Janik, L. Krzycki, etcétera. Os líderes étnicos e a prensa mudaron as súas actitudes con respecto ós sindicatos obreiros. Noutrora conservadora, a Gazeta Polska w Chicago salientaba agora a importancia das folgas, que foron definidas como “xustas e correctas loitas obreiras”. Tódolos poloneses debían pertencer ós sindicatos e, de xeito simultáneo, permanecer como membros da sociedade polonesa de socorros mutuos59. Máis comprensivos se volveron tamén os cregos. Durante a asemblea dos traballadores da industria téxtil de Passaic en 1919, un pastor da freguesía polonesa afirmou que, malia el non entender dos asuntos dos traballadores, e resultarlle difícil xulgar se as súas demandas eran xustas ou non, alentaba os folguistas a esixiren xustiza, ofrecéndolles axuda material e bendicindo o encontro 60. Denantes da folga dos metalúrxicos e durante a misa católica, o pastor de San Estanislao de Cleveland afirmaba: “o traballador ten o dereito de organiza-la súa defensa, e a devandita organización está de acordo cos principios cristiáns” 61. A idea da creación de sindicatos étnico s ou poloneses estaba menos estendida. Podería albiscarse, unicamente, en demandas como a dirixida a trab allad o res de Utica, N.Y.: “O s teceláns po loneses (… ) desta área deberían entender ó s traballadores e ós seus propio s bens, así como crea-la súa propia prensa” 62. Traballadores, sindicalistas e americanos Cando a organización das plantas embaladoras se completou, o Comité Nacional para a Organización dos Traballadores do Ferro e do Aceiro comezou a organiza-la axitación sindical entre as industrias siderúrxicas e meta- 58 . Mo ntgo mery (1974): “The New Unio nism and the Tran sfo rmatio n o f Wo rk es’ Consciousness in America, 1909-1922”, Journal of Social Histor y , nº . 4, pp. 516-517. 59. Gaceta Polska w Chicago, 6 de xullo de 1912; 2 de novembro de 1910, p. 15; 23 de decembro de 1909. 60. Telegram Codzienny , 6 de marzo de 1919, p. 3. 61. Jutrzenka, 25 de setembro de 1919. 62. Telagram Codzienny , 3 de novembro de 1916, p. 5; Kozak, T. (1912): “Unie robotnicze i zawodowe i Polacy”, en Sprawa polska w Ameryce Pólnocnej na pierwszym zjeŸdzie Towarzystwa Literatów i Dziennikarzy Polskich, Chicago; pp. 170-171. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 103 Trab al l ad o res p o lo neses… lúrxicas por todo o país. No mesmo Cleveland, desenvolveron a súa actividade proselitista vintecinco oradores que falaban fluidamente as linguas dos traballadores estranxeiros non organizados. Cada domingo, no Koreny Hall, socialistas poloneses invitados “convertían a xente pasiva en sindicalistas”. Os traballadores responderon con entusiasmo á axitación. “O traballador polonés [… ] entende agora que a mellora do seu traballo e a protección da súa vida futura está na unión dos traballadores, eles fíanse e cren nos sindicatos”63. Antoni Pilawski, un líder sindicalista polonés, declarou: “Os nosos compatriotas aprenderon os valores das organizacións de traballadores e non só se integraron nelas masivamente, senón que tamén permaneceron firmemente nas súas filas” 64. Como membros dos sindicatos americanos ou de filiais de lingua polonesa, os inmigrantes pasaron a ser máis conscientes da súa posición. Chamándose a si mesmos “traballadores” nas resolucións, salientaban o seren libres e o teren dereitos, “dereitos xustos”: “Desexamos vencer, e debemos facelo, pois eses son os nosos lexítimos dereitos”65. “O noso propósito é a defensa da nosa dignidade contra dos brutais ataques que experimentamos a cotío nas fábricas” 66. Có mp re anotar outro elemento importante das manifestacións dos traballad o res. Ó salientar que eles pertencían ás filas da clase traballadora, os inmigrantes poloneses tamén sentían que estaban a reafirma-lo seu “americanismo”, a súa identidade norteamericana. Durante as manifestacións, folgas e motíns fronte ás portas das fábricas, así como nas marchas polas rúas, a xente portab a bandeiras polonesas e americanas. Levábanas ós mitins onde se podían escoitar discursos de líderes sindicalistas como L. Krzycki, J. Kikulski ou S. Kucharska67 . A bandeira americana era garantía de éxito, ou así o crían firmemente os folguistas, e, sobre todo, manifestaba que os obreiros en folga “non eran a escoura da sociedade, e si xente entendida, bos traballadores”68. En Hammond, Indiana, cando os folguistas se enfro ntaron ós crebafolgas, foron dirixidos por Tomasz Skuba, un antigo soldado do exército norteamericano que levaba posto o uniforme militar e portaba a bandeira americana. Máis tarde, fuxindo diante dos disparos da policía, foi acusado de deixar cae-la bandeira, permitindo que fose deshonrada polas pisadas doutros. A procesión do funeral na honra das 63. W iadomosci Codzienne , 5 de marzo e 4 de outubro de 1918; 11 de marzo, 7 de abril, 9 de xuño, 14 e 19 de xullo de 1919. 64. Jutrzenka, 26 de setembro de 1920. 65. Dziennik Ludowy , 17 de setembro de 1917, p. 6. 66. Telegram Codzienny , 29 de febreiro de 1916, p. 4. 67. Dziennik Ludowy , 17 de agosto de 1917, p. 6. 68. W iadomosci Codzienne , 2 de agosto de 1919, p. 2. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 104 Ad am Wal as z e k víctimas deste ataque da policía tamén foi precedida por traballadores que sostiñan a bandeira americana69 . O s folguistas teimaban en que eles eran americanos: “… houbo algunhas voces que suxerían que somos unha corporación estranxeira e non somos leais. Non creo que teña nada que ver con iso”70. Os p rogramas de “americanización” eran destinados, de xeito tamén forzado, ós trab allad o res estranxeiros, tal como “American First” ou a campaña do Liberty Loan Bonds, pois as autoridades e empregados consideraban esta acción como unha proba de lealdade. Mais os propios traballadores e as comunidades étnicas promovían con grande entusiasmo a adquisición de bonos, competindo con o utros grupos de traballadores e entre si. En Cleveland, na rivalidade oficiosa entre grupos étnicos, os inmigrantes tentaron acada-la máis alta suma obtida de c artos. Nas recadacións, os poloneses “non están no primeiro lugar”, informaba W iadomosci Codzienne . Tres días despois, o 10 de abril de 1918: “Os alemáns relegaron os poloneses en Cleveland do primeiro lugar ó segundo. Os poloneses en Otis, Wait e outras fábricas debían dar constancia da súa orixe étnica polonesa”. A competición tiña que axudar a demostra-la lealdade do grupo ós Estados Unidos, e foi apoiada por tódalas orientacións políticas integradas dentro de Polonia –sindicalistas, socialistas, conservad o res e crego s–71. O sinalado anteriormente podería parecer estraño, xa que, paralelamente, nos anos da Primeira Guerra Mundial, as comunidades polonesas inmigradas nos Estados Unidos fixeron un grande esforzo para apoiaren a loita pola independencia de Polonia, subscribindo na práctica as iniciativas das ideoloxías nacionalistas. Falando deste período, algúns historiadores subliñaron a perd a de radicalismo das organizacións socialistas, salientando po la contra que estas deberían ser entendidas como nacionalistas e patriotas que loitaban pola independencia do seu país. Con todo, tal caracterización pode inducir a erro, xa que neses anos os traballadores poloneses e as súas comunidades tiveron actividade en diferentes ámbitos e esferas, non contradictorias entre si72. Despois da guerra, e unha vez conquistada a independencia do país, non houbo unha significativa emigración de retorno. Os lemas patrióticos, tan omnipresentes noutrora, desapareceron. A maioría da xente decidiu quedar en Estados Unidos e, xa que logo, participar de xeito máis activo na vida americana. Despois da Gran Guerra os polaco-americanos, activos sindicalistas e 69. Dziennik Zwizkowy , 10 de setembro de 1919, p. 8; 13 de setembro de 1919, pp. 6, 10. 70. Employees of Riverside Mills vs. Otis Steel Castings Co., Hearing, Jan. 3 de xaneiro de 1919, NW LB, caso 881; Preliminary report of Examiner, Íbidem, W iadomosci Codzienne, 29 de setembro de 1919. 71. W iadomosci Codzienne , 8 de abril de 1918 e outro. 72. Cf. Cygan, Mary E.: Political and Cultural Leadership in an Immigrant Community: Polish American Socialism, 1880-1950 , (tese de doutoramento), Northwestern University, Evanston. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 105 Trab al l ad o re s p o lo neses… orgullosos traballadores, reinterpretaron a súa propia etnicidade. Aínda no caso de non volveren a Polonia, non podían nin querían desaparecer entre os demais traballadores “americanos”. As loitas polo control obreiro no lugar de traballo axudáronlles ós traballadores poloneses a tomar consciencia da súa identidade como americanos, mais de orixe polonesa. Sendo recoñecidos como membros da clase traballadora tamén crían e desexaban recibi-lo recoñecemento da sociedade como grupo étnico, de xeito semellante ó recoñecemento e ó respecto que recibiran como traballadores por parte dos líderes e da clase media da organización Polonia. Isto foi a raíz de que a folga de Camden N.J. se desenvolvese con éxito e os traballadores cantasen ó final “Polonia aínda non morreu”, o himno nacional polonés73. Escribiron: Témo-lo propósito de crear un club de maquinistas poloneses sindicalizados e concentrar con eles a tódolos traballadores. O obxectivo dese club basearíase na defensa dos intereses dos traballadores poloneses, para axudar a Polonia. Sendo un programa de defensa dos empregados, era igualmente un programa de defensa do grupo étnico: os sindicalistas tamén servirían como grupo de presión política74. Así, despois da guerra, os traballadores estaban a dicir practicamente o mesmo que os líderes étnicos afirmaran no 1925 durante o Congreso da Emigración en Detroit: Non nos queremos arredar, non queremos crear un Estado dentro do Estado tal como nos acusan algúns, queremos (… ) demostrar que de xeito idéntico a outros somos membros da vida dunha república marabillosa75. Os traballadores po laco- americanos, sindicalistas e mesmo so cialistas d em o straro n estar máis integrados na escena americ ana e –tal co mo mo strou J. Buko wczyk– seguiron a ideolo xía d a clase media do “polaco -americ anism o ” 7 6 . 73. Telegram Codzienny , 29 de febreiro de 1916, p. 4. 74. W iadomosci Codzienne , 12 de agosto de 1920; 7 de maio de 1924, p. 5. 75. Kongres W ychodzstwa Polskiego w Ameryce. Odezwy, mowy, referaty, rezolucje, uchwaly oraz urzedowy protokol odbyty w dniach 21-23 V 1925 w Detroit, Mich, Chicago, 1925, pp. 3, 16; Urzedowy Protokol Sejmu XXIV Zwiazku Narodowego Polskiego, odbytego w dniach, 25-go do 30-go sierpnia 1924 w Lulu Temple w miescie Philadelphia, Pa , Chicago, 1925, pp. 3-25. 76. Bukowcyk, John J. (1984): “The Transformation of W orking Class Ethnicity: Corporate Control, Americanization, and the Polish Immigrant Middle Class in Bayonne, New Jersey 1915-1925”, Labor History , 25, 1 pp. 80-81. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 106 Ad am Wal as z e k Resumo TRABALLADORES POLONESES NOS ESTADOS UNIDOS (1880-1925): DE LABREGOS A POLONESES Ada m Wa la szek Os poloneses responderon creativamente ás condicións de vida na América industrial a través da combinación de moitos elementos levados dende o vello continente con novos comportamentos desenvolvidos en América. Isto inclúe as protestas obreiras e intentos de creación de organizacións de traballadores ou unións obreiras. Discute algúns aspectos de resposta activa cara ás realidades da América industrial dos inmigrantes poloneses, particularmente os casos onde a etnicidade coincide coa clase, e onde os inmigrantes poloneses utilizaban elementos propios da súa cultura na súa loita por avanzaren na súa posición social. Analiza o papel dos acordos nacidos da loita obreira nos anos 1880-1925. Palabras clave: Estados Unidos, inmigrantes polo neses, clase obreira, organización sindical, comunidade étnica. Resumen TRABAJADORES POLACOS EN LOS ESTADOS UNIDOS (1880-1925): DE LABRADORES A POLACOS Ada m Wa la szek Los polacos respondieron creativamente a las condiciones de vida en la América industrial a través de la combinación de muchos elementos llevados desde el viejo continente con nuevos comportamientos desarrollados en América. Esto incluye las protestas obreras y los intentos de creación de organizaciones de trabajadores o uniones obreras. Discute algunos aspectos de respuesta activa hacia las realidades de la América industrial de los inmigrantes polacos, particularmente los casos donde la etnicidad coincide con la clase, y donde los inmigrantes polacos utilizaban elementos propios de su cultura en su lucha por avanzar en su posición social. Analiza el papel de los acuerdos nacidos de la lucha obrera en los años 1880-1925. Palabras clave: Estados Unidos, inmigrantes polacos, clase obrera, organización sindical, comunidad étnica. Résumé TRAVAILLEURS POLONAIS AUX ÉTATS-UNIS (1880-1925): DE CULTIVATEURS À POLONAIS Ada m Wa la szek Les polonais ont répondu de façon créative aux conditions de vie au sein de l’Amérique industrielle grâce à la combinaison de beaucoup d’éléments qu’ils ont apportés de l’ancien continent et de nouveaux comportements développés en Amérique. Cela inclut les protestations ouvrières et les tentatives de création d’organisations de travailleurs ou d’unions ouvrières. Certains aspects de la réponse active envers les réalités de l’Amérique industrielle des immigrants polonais sont débattus, particulièrement les cas où l’ethnicité est liée à la classe sociale et où les immigrants polonais utili- ESTUDIOS MIGRATORIOS. 107 Trab al l ad o res p o lo neses… saient des éléments propres à leur culture dans la lutte pour progresser socialement. Le rôle des accords provenant de la lutte ouvrière des années 1880-1925 y sont analysés. Mots-clefs: États-Unis, immigrants polonais, classe ouvrière, organisation syndicale, communauté ethnique. Summary POLISH WORKERS IN THE UNITED STATES (1880-1925): FROM PEASANTS TO POLES Ada m Wa la szek The Poles had a creative response to the conditions of life in industrial America through a combination of many elements taken from the old continent with new behaviour developed in America. This includes workers’ protests and the attempts to create workers’ organizations or trade unions. It discusses some of the aspects of the Polish immigrants’ active response towards the realities of industrial America, particularly in those cases where the ethnic origins coincide with the class and where the Polish immigrants used elements of their own culture in their struggle to improve their social position. It analyses the role of the agreements brought about by the workers’ struggle in the years 1880-1925. Key words: United States, Polish immigrants, working class, trade union organisation, ethnic community. Currículo ADAM W ALASZEK. Profesor de historia no Instituto de Polonia, Universidade de Jagiellonian, Cracovia, Polonia. Especializado en Historia das migracións internacionais e o grupo étnico polonés nos Estados Unidos. Autor de libros sobre a migración de retorno dos poloneses dende Estados Unidos ata Polonia, a participación dos inmigrantes poloneses no movemento obreiro americano e as comunidades polonesas en Cleveland, Ohio. Recentemente editor de Diáspora polaca. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 108 ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 109-129 ASPECTOS DA INMIGRACIÓN ESPAÑOLA, PORTUGUESA E IBEROAMERICANA EN ALEMAÑA Ax el Kreien brin k-Herrero A inmigración de man de obra a Alemaña non foi consecuencia da posguerra senón que está dentro da tradición que se remonta á época imperial. Especialmente na emigración procedente da Península Ibérica houbo un prólogo que a investigación alemana sobre as migracións laborais1 non tivo en conta ata agora, xa que só se lle deu importancia en España2. Alemaña, que coa pro pagación da guerra non po día satisface-la necesidade de man de obra soamente cos prisioneiros de guerra e a mobilización de mulleres, asinou co réxime franquista en 1941 un convenio sobre a contratació n de man de o bra. Nun primeiro aco rd o entre a Deutsc he Arb eitsfro nt (DAF) –Fronte de Trab allad o res alemana– e a Confederación Nacional de Sindicato s (CNS) pretendíase consegui-la cifra de 100.000 trab allad o res para a industria de guerra e a minería. A cifra foi reducida no convenio definitivo a 25.000. A parte española era responsable da elección e do exame médico dos aspirantes. A parte alemana tiña un interese especial en p risio neiros político s (“rojos poco peligrosos”) porque había un gran número de obreiros cualificados entre eles. En poucas semanas cursáronse máis de 25.000 solicitudes en Barcelona, Galicia e Andalucía, das que só foron tidas en conta 4.263. Pouco tempo despois case unha terceira parte deles foi enviada de volta por indesexable. Aínda que o convenio co nsideraba a equiparació n cos traballadores alemáns, mo itas veces os españois eran tratados igual que traballadores forzado s. (Neste caso o tipo de tratamento rec ib id o queda aínda por concretar en posteriores investigacións). Por esa razó n, unha boa parte deles non volveu a Alemaña despois das vacacións do nadal en 1942. Coas no vas contratació ns, o número total de traballadores enviados 1. Herbert, U. (1986): Fremdarbeiter. Politik und Praxis des `Ausländer-Einsatzes´ in der Kriegswirtschaft des Dritten Reiches, Bonn, Dietz. 2. García Pérez, R. (1988): “El envío de trabajadores españoles a Alemania durante la Segunda Guerra Mundial”, Hispania, 48, p. 1031-1065. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 109 A sp ec to s da inm ig ració n… ata 1943 foi de case 8.000. Ó distanciarse politicamente de Hitler, España deixou de cumpri-las súas obrigas sen anular abertamente o convenio. O continxente reduciuse ata a penas 3.000 na primavera de 1944; ó final da guerra só quedaban arredor de 1.000 españois e sabíase moi pouco verbo da súa volta e permanencia en Alemaña. OS GASTARBEITER: TRABALLADORES INMIGRANTES A maior presencia numérica de españois e portugueses en Alemaña (RFA) produciuse nas décadas seguintes ó remate da Segunda Guerra Mundial. Viñeron como Gastarbeiter, traballadores invitados por tempo limitado, para paliar, xunto con italianos, iugoslavos e máis tarde turcos, a falta de man de obra na crecente economía da posguerra. Entre eles, os españois e os portugueses eran dos grupos máis insignificantes, polo que é case paradoxal que o traballador “un millón”, que foi recibido á súa chegada en 1964 cunha gran repercusión nos medios de comunicación, fose un portugués, Armando Sa Rodrigues. A foto deste acontecemento quedou como símbolo da contratación alemana de traballadores inmigrantes. Na década dos cincuenta e despois de anos de illamento político, produciuse en España unha migración laboral sobre todo cara ós países setentrionais, Francia3, Bélxica4 e Suíza, minguando ó mesmo tempo a que se dirixía a Iberoamérica. Debido a que o convenio laboral de 1952 con Alemaña practicamente non se realizou 5 , foi a apertura política a partir de 1959 a que a converteu noutro país de destino importante. Esta apertura foi evidente, aínda que a literatura española ó respecto propaga unha visión moi negativa da diplomacia española, xa que deu resultado. Despois dun convenio sobre seguridade social en outubro de 1959, en marzo de 1960 conseguiu, dunha administración alemana moi reservada, a sinatura dun acordo sobre migra- 3. Francia xa era antes da guerra un país de destino importante da migración laboral española. Véxase Rubio, J. (1974): La emigración española a Francia, Barcelona, Ariel; Parra Luna, F. (1981): La emigración española en Francia 1962-1977 , Madrid, IEE. 4. Orizo, F. A. e Andrés Cuartero, M. de (1999): La inmigración española en Bélgica, Madrid, IMSERSO. 5. Tivo que ver co intercambio de 150 traballadores respectivamente. Non se chegou a ningunha solución concreta, xa que os españois tiñan que ser menores de 30 anos e domina-lo alemán, e os alemáns non estaban dispostos a acepta-las condicións salariais españolas. Véxase Baeza San Juan, R. (1998): “Asesoramiento y rep resió n: lo s agregados labo rales del Franquismo y la emigración española en Europa”, Exils et migrations ibériques au XX siècle, nº . 3-4, p. 100-123, concretamente p. 110. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 110 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro Fotografía do emigrante “un millón”, 1964 ción, contratación e colocación de traballadores6. O número de españois en Alemaña medrou de 400 no ano 1954 a case 183.000 contratados oficialmente en 1965. A contratación efectuábase a través das oficinas do Bundesanstalt für Arbeit (Instituto Federal de Traballo) en colaboración co Instituto Español de Emigración (1ª vía) 7 . Ademais da contratación oficial había empresas que contrataban directamente (2ª vía) ou realizaban solicitudes persoais de traballadores que lles foran recomendados en Alemaña (3ª vía). Sobre a 3ª e a 4ª vía (entrada con visado turístico) non existen datos numéricos concretos. A contratación estaba orientada ás necesidades das empresas alemanas e debía reaccionar ante os cambios conxunturais. Por esta razón, a duración dos contratos era dun a dous anos e sen dereito a prolongación, co que tamén se perdía o permiso de residencia. A medida que as relacións laborais, en interese das empresas, se ían consolidando a máis longo prazo, a mediados dos anos sesenta comezou o proceso de reagrupamento familiar, así como a emigración de matrimonios. Ata 1968 o 95% das mulleres casadas seguiran ós seus maridos. O total da poboación española resi- 6. Steinert, J.-D. (1995): “Arbeit in W estdeutschland. Die W anderungsvereinbarungen mit Italien, Spanien, Griechenland und der Türkei und der Beginn der organisierten Anwerbung ausländischer Arbeitskräfte”, Archiv für Sozialgeschichte , 35, p. 197-210. España asinou outros convenios con Bélxica (1956), Francia (1932, 1961), os Países Baixos (1961), Suíza (1961) e Austria (1964). Para os aspectos xerais dos convenios ver Ortiz-Arce, A. (1983): “La cobertura convencional de la emigración española a Europa Oeste”, en Cases Méndez, J. I. (ed.): Emigración y constitución, Madrid, IEE, p. 291-311. 7. Descrición dun proceso idóneo de contratación en España, p. ex. en Serrano Carvajal, J. e Montoya Melgar, A. (1965): La emigración a Europa, Madrid, IEE, p. 40-45. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 111 Asp ec to s da inmigrac ió n… dente en Alemaña chegou ó seu máximo a comezos dos anos setenta con máis de 270.000 persoas 8. Para os portugueses, que tiñan unha forte tradición migratoria cara ó Brasil e os Estados Unidos, despois da Segunda Guerra Mundial Francia converteuse no destino preferido. Seguen constituíndo, ata hoxe, a colonia máis numerosa despois dos alxerianos. O convenio de contratación con Alemaña asinouse en marzo de 1964. En novembro do mesmo ano seguiulle un convenio de seguridade social. A contratación concentrouse no norte e o centro do país nos primeiros anos, abranguendo a partir de 1969 tamén o sur. Do mesmo xeito que en España, a oficina alemana cooperou coa administración portuguesa, que quería controlar así a grande emigración clandestina. Pero tamén houbo contratacións persoais por parte de empresas alemanas. Aínda que ó principio non viñesen moitos traballadores, a cifra de 4.600 emigrantes en 1964 aumentou a 18.000 en 1967. A recesión dos anos 1967/68 fixo que moitos portugueses e tamén españois regresasen ós seus respectivos países. A partir de aí, o número aumentou ata o máximo de 122.000 en 1974. En total, chegaran a Alemaña ata esta data 164.800 traballadores9. A migración laboral debeuse sobre todo a razóns económicas nos países de orixe, como o desemprego ou os baixos salarios. Tamén moitos traballadores alegaban, como motivo para emigrar, unha mellor educación para os seus fillos nos países de destino. A estes motivos uníanse, ademais dos válidos para outros países de contratación, os especificamente nacionais, como a insatisfacción cos réximes dictatoriais de Franco en España e Salazar, máis tarde Caetano, en Portugal. Outro argumento adicional era a fuxida para non ter que cumpri-lo servicio militar en Portugal, que a causa das guerras coloniais duraba catro anos, obrigando ós recrutas a servir en ultramar. Coa fin das co ntratacións en 1973, a causa da crise enerxética e económica, quedou só a reagrupamento familiar como única forma de inmigración, proceso que a administració n alemana tentou impedir. A idea inicial era que os traballadores estranxeiros saísen do país tralo vencemento dos seus co ntratos, algo que mo itos realmente pensaban facer. Co mo o reto rno 8. Kaminsky, A. (1994): “Spanier in Deutschland”, en Berliner Institut für Vergleichende Sozialforschung (en adiante BIVS) (ed.): Ethnische Minderheiten in Deutschland, (2ª entrega), Berlín, Parabolis, p. 3.1.7.-1-24, concretamente p. 3.1.7.-7-11. 9. Geiger, K. F. (1995): “Die portugiesische Minderheit in der Bundesrepublik Deutschland”, en BIVS (ed.): op. cit. , (3ª entrega), p. 3.1.10.-1-32, concretamente 3.1.10.4-8; Pelotte, J. (1995): “Die portugiesische Minderheit”, en Schmalz-Jacobsen, C. e Hansen, G. (Hg.): Ethnische Minderheiten in der Bundesrepublik Deutschland. Ein Lexikon, München, Beck, p. 401415, concretamente p. 403-406. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 112 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro ó país de orixe pechaba definitivamente a posibilidade dunha volta a Alemaña, no caso de que a situación en España ou Po rtugal non fo se a esperada, moito s decidiron quedar. O feito de que o número de españois e portugueses diminuíse tivo que ver co s cambios políticos producidos nos seus países, que facían esperar unha mellora política e económica. En 1974 a revolución dos caraveis depuxo o réxime de Caetano e supuxo a fin das guerras en ultramar. En novembro de 1975 mo rreu Franco e abriuse a vía para a democratización. Á parte disto , o novo go berno cristiandemó crata-liberal en Alemaña ofreceu en 1983 axudas ó reto rno para diminuí-lo número de trab allad o res estranxeiros. A axuda consistía nunha cota por parte do Estado e a po sibilidade de recibi-lo reembo lso das cotas da Seguridade So cial, sen espera-lo s do us anos obrigato rios. A medida estaba limitada a un ano , o que levou, sobre todo, a un gran número de portugueses (case 20.700) a regresar prec ip itad am ente10. A situación cambio u en 1986; coa entrada de España e Portugal na Comunidade Europea pro d uc íronse melloras na reagrup ac ió n fam iliar, concedéro nse permiso s de traballo e dereito de residencia para os xubilado s, aínda que debido ó temor da Comunidade ante unha afluencia masiva de traballadores restrinxiuse a libre circulación destes ata 1993. To d o isto tivo co nsecuencias sobre todo no número de portugueses en Alemaña, que aumentou a partir de 1988, a diferencia dos españois. Se en 1987 era só de 70.000 , en 1997 superou co n 132.300 por primeira vez o número de españois. Este diminuíu continuadamente dende os anos setenta a case 131.600 en 1997. En 1999 a diferencia numérica aumento u, sendo o número de portugueses de 132.600 e o de españo is de 129.900. Ámbalas nacionalidades rep resentaban cada unha o 7,1% dos estranxeiros da Unión Euro p ea (1,86 millóns en to tal) en Alemaña, ocupando o cuarto e quinto lugar respectivamente detrás do s italianos, grego s e austríacos. En relación ó total de estranx eiros dos países de contratación rep resentaban cada un o 1,8% e, nun total de 7,34 millóns de estranxeiros en Alemaña, o cuparon en 1999 o noveno e décimo lugar11. Co aumento do número de portugueses compróbase que, igual ca España, Po rtugal co nverteuse a finais do século XX en país de inmigración pero, contrariamente a España, segue a ser país exportador en cuestións laborais. 10. Sobre a política de estranxeiría do goberno da época, véxase Meier Braun, K.-H. (1988): Integration und Rückkehr? Zur Ausländerpolitik des Bundes und der Länder, insbesondere BadenW ürttembergs, Mainz, Grünewald. 11. Bericht der Beauftragten der Bundesregierung für Ausländerfragen über die Lage der Ausländer in der Bundesrepublik Deutschland (2000), Berlín/Bonn, p. 232; Statistisches Bundesamt (ed.) (2000): Bevölkerung und Erwerbstätigkeit. Ausländische Bevölkerung 1998/1999 . (Fachserie 1, Reihe 2). Stuttgart, Metzler-Poeschl, p. 18-19. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 113 A sp ec to s da inmigració n… Españois, portugueses e iberoamericanos en Alemaña 350.000 300.000 Españois Portugueses Iberoamericanos 250.000 200.000 150.000 100.000 50.000 0 196719681969 19701971 1972197319741975 19761977 1978197919801981 1982 1983198419851986 19871988 1989199019911992 19931994 1995199619971998 1999 Fonte: Statistisches Bundesamt VIDA EN ALEMAÑA: ASPECTOS DE INTEGRACIÓN SOCIAL Mentres que o proceso da inmigración foi relativamente ben documentado, non sucede así cos aspectos sociais da integración. Por parte española, por exemplo, os estudios dos anos 60 proveñen directamente da administración de emigración ou de achegados e, por conseguinte, dende un punto de vista favorable a esta12. Nos realizados nos anos 70 notábase xa a intención de crítica social incluso nos seus títulos, describindo a situación en Alemaña dun xeito desfavorable e en contra das declaracións oficiais13 . En Alemaña, a investigación ocupouse moi pouco da migración laboral española e, aínda menos, da portuguesa, xa que consideraron de máis interese outras nacionalidades, como a turca, con maior porcentaxe de migración. Nos anos 80 realizáronse algúns estudios sobre determinados aspectos da 12. Rengifo, A. (1966): La emigración española a Alemania, Madrid; Sánchez López, F. (1969): Emigración española a Europa, Madrid, p. 41-95. 13. Garmendía, J. A. (1970): Alemania, exilio del emigrante, Barcelona, Plaza & Janes; Domínguez, J. (1975): El hombre como mercancía. Españoles en Alemania, Bilbo, Desclée de Brouwer; Sorel, A. (1974): 4º mundo. Emigración española en Europa, Bilbo, ZERO, p. 83-118. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 114 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro integración no mercado de traballo, a identidade ou os problemas escolares dos alumnos, do que se tratará no presente estudio. Nos últimos anos só se realizaron algunhas descricións xerais ó respecto, debido seguramente ó discreto comportamento destes grupos14. Este escaso resultado débese a que a falta de “problemática“ non chegou a ser interesante para a ciencia. As circunstancias da vida dos inmigrantes cambiaron moito en comparación coas dos anos cincuenta e sesenta. Ó principio da contratación, o aloxamento en vivendas colectivas era a norma. Ás veces, ata con seis persoas por habitación, os aloxamentos semellaban campos de traballos forzados e o alugamento éralles descontado automaticamente do soldo. Os traballadores fóronse trasladando ós poucos a pisos individuais e se, por exemplo, en 1967 o 41,2 % dos españois vivía en vivendas colectivas, en 1979 era só o 12,7% e en 1988 o 3,5%. Tamén cambiou a paisaxe urbana, esvaecéndose a concentración dos estranxeiros en determinadas zonas das cidades. Como o número de portugueses e españois era inferior ó dos turcos, non se formaron colonias, é dicir, barrios étnicos homoxéneos15. No mercado de traballo as dúas nacionalidades destacaron durante moito tempo pola súa reducida taxa de paro. En 1979 a taxa foi do 1,7% entre os p o rtugueses e do 2,9% entre os españois, inferior á de tódolos traballadores estranxeiros e tamén á taxa xeral, debido á súa flexibilidade e desexo de integración. En xeral, tamén notaron o crecente desemprego debido á maior competencia cos países do leste de Europa despois da caída dos réximes socialistas a principios dos 90. Mentres a taxa entre españois e portugueses, de 1983 a 1989, era máis ou menos semellante á xeral, no s últimos anos supero use, aínda que continúa sendo inferior á dos estranxeiros en xeral. Taxas de desemprego en % 1979 1989 1998 Portugueses 1,7 6,1 12,4 Españois 2,9 7,7 12,3 Estranxeiros 3,9 11,2 18,3 Xeral 3,2 7,3 9,8 Fonte: Bericht, S. 267 14. Kaminsky, A. (1994); Geiger, K. F. (1995); Pelotte, J. (1995). 15. Sobre isto en xeral e nun exemplo local da cidade de Osnabrück para os portugueses véxase Jacinto, A. I. da Silva (1999): Portugiesische Arbeitswanderung in die Bundesrepublik Deutschland. Zuwanderung und Eingliederung am Beispiel der Stadt Osnabrück (Tese de M. A.), Universidade de Osnabrück. Para os españois, Kaminsky, A. (1994), p. 3.1.7-9. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 115 A sp ec to s da inmigració n… A estructura no tipo de ocupación dos inmigrantes vai cambiando lentamente. Inicialmente contratados para a industria, a comezos dos anos noventa só pouco máis da metade dos españois traballaba neste sector, tendo máis do 20% o seu posto de traballo no ámbito dos servicios e o 10% no comercio. As cifras dos portugueses son parecidas. O número de traballadores obrigados a cotizar á Seguridade Social era en 1998 de 51.074 portugueses e 44.564 españois. En 1997, 2.158 españois e 1.712 portugueses recibiron unha formación profesional. O número de empregados sen formación, que son case tódolos traballadores da primeira xeración, diminúe continuamente. Ó mesmo tempo, o nivel de cualificación da segunda xeración aumenta, tendo case a metade unha formación profesional e, con isto, a posibilidade de conseguir interesantes postos de traballo nas ramas da industria que están en pleno desenvolvemento. Malia que unha mellor preparación abríalle-lo campo, por exemplo, das profesións con dominio do idioma obrigatorio, unha parte dos empregados españois, vendo que non tiñan as mesmas posibilidades de ascenso que os seus compañeiros alemáns, sentíanse prexudicados polo seu status de estranxeiro. Pero Bee saca en conclusión no seu estudio que para o ascenso na carreira profesional, definitivamente, é máis importante a dotación con “capital humano” (formación escolar e profesional) que a nacionalidade16. Precisamente os pais querían ofrecerlle en Alemaña a esa nova xeración unha educación mellor que a existente nos seus países de orixe. Isto fracasou durante os primeiros anos debido á falta de preparación, xa que nin as administracións responsables en Alemaña nin en España tiñan un concepto xeral. A obriga de impartir clases adicionais na lingua materna, totalmente necesaria para o esperado e desexado retorno, foi responsabilidade dos países de orixe; estas clases, a miúdo, non tiñan parecido ningún coas impartidas en Alemaña. Por parte do goberno alemán non houbo ningunha reacción, sendo precisamente a igrexa católica a que interveu axudando. A pesar de todo isto, 16. Sobre a distribución por sectores, véxase Garmendía, J. A. (1981): “Emigración española a Alemaña”, en Garmendía, J. A. (comp.): La emigración española en la encrucijada. Marco general de la emigración de retorno, Madrid, CIS, p. 245-286, concretamente p. 255-262. Sobre a situación dos traballadores españois en comparación coa dos italianos ver Breitenbach, B. Von (1982): Italiener und Spanier als Arbeitnehmer in der Bundesrepublik Deutschland. Eine vergleichende Studie zur europäischen Arbeitsmigration (Entwicklung und Frieden, 14), München, Kaiser. So b re a situació n de mozos empregados, Bee, Alexa (1994): Die Beschäftigungs- und Arbeitssituation junger spanischer, türkischer und deutscher Arbeitnehmer in der Bundesrepublik Deutschland (Empirische Personal- und Organisationsforschung, 2), München, Hampp; Bericht (2000), p. 255-258; Kaminsky, A. (1994) , p. 3.1.7.-8; Geiger, K. F. (1995), p. 3.1.10.-11-13; Pelotte, J. (1995), p. 406-407. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 116 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro moitos nenos deixaban o colexio sen remata-la educación básica, tendo poucas posibilidades no mercado de traballo; incluso algúns deles foron enviados a España e Portugal para recibiren alí a educación escolar e reforza-la súa identidade de orixe. A principal razón dos malos resultados no colexio era, entre outros problemas, a difícil integración a causa do dominio insuficiente da lingua alemana17. Mentres, a situación mellorou claramente. As clases adicionais de portugués realízanse en colaboración cos ministerios de cultura dos Länder, as de español diverxen entre os distintos Länder. Pero o interese polas clases de lingua materna diminuíu porque moitos da segunda xeración xa non pensan retornar. Aquí hai que facer posiblemente unha excepción dentro dos portugueses. Posto que na recente inmigración un tercio dos mozos non naceron en Alemaña, non se pode incluílos na segunda xeración. Proba disto é o repartimento nos estudios superiores. Mentres a cifra xeral de alumnos diminuía, aumentou o número de alumnos portugueses e españois que proseguía os seus estudios. En 1980 o número de alumnos nos colexios de educación xeral básica era de 24.646 españois e 18.761 portugueses, en 1997 é só de 8.947 e 12.608 respectivamente. Deles, o 15,8% dos españois e o 9,6% dos portugueses ían ó Gymnasium (semellante ó instituto de ensinanza media); o 13,9% e o 9,8% respectivamente á Realschule (instituto de categoría inferior ó Gymnasium, semellante ó bacharelato profesional). Ás universidades asistiron no semestre de inverno 1997/98 4.891 españois e 1.399 portugueses. Estas cifras inclúen tamén ós estudiantes españois e portugueses que estudian en Alemaña a través de programas de intercambio europeos como ERASMUS ou SOCRATES (63,8% dos españois e 30,2% dos portugueses) 18. Un papel importantísimo no éxito escolar foi o desempeñado polas asociacións españolas de pais de familia, que fixeron todo o posible por cambiala situación. Comprometéronse a mellora-los estudios dos pais, buscando a cooperación coas administracións alemanas e españolas. A garantía de recibir clases na lingua materna foi un dos seus obxectivos principais, xa que diso dependía en certa maneira tamén a comunicación entre as xeracións. En 1973 existían 24 asociacións; agora mesmo son case 120 as afiliadas á 17. Sobre a identidade e integración dos nenos españois, Thomas, C. (1986): Identität und Integration spanischer Gastarbeiterkinder. Zur Bedeutung interkultureller Erziehung für die psychosoziale Entwicklung (Studien zur Interkulturellen Kommunikation,1), Saarb rü c k en / Fo rt Lauderdale, Breitenbach. Sobre os nenos portugueses, Geiger, K. F. (1995), p. 3.1.10.-13-15. 18. En 1999 o número de portugueses de meno s de 18 anos é, con 20.800, case o do bre que o de españois. Statistisches Bundesamt (ed.) (2000), p. 37; Bericht (2000), p. 242, 249, 253, 255. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 117 Asp ec to s da inmigrac ió n… Confederación das Asociacións de Pais de Familia na RFA. Pola parte portuguesa, as asociacións de pais fundáronse máis tarde e non se organizaron a un nivel superior. En canto ó número das asociacións culturais, a pesar de se-la comunidade portuguesa numericamente inferio r, o número de Casas Portuguesas superou ó das españolas (centros españois e casas de España) e creáronse ademais moi cedo. A maioría das asociacións de ámbalas nacionalidades ocúpanse da organización de actividades de ocio, deportes e cultura, coas que axudan a reforza-la identidade dos inmigrantes. Especialmente nos primeiros anos, a igrexa católica tamén coidaba dos inmigrantes a través de Cáritas e as misións españolas e portuguesas, axudando a resolve-los problemas de tipo educativo, social e psicolóxico. A mocidade actual acepta, cada vez menos, as asociacións de pais de familia, que se converten, pouco a pouco, en asociacións de xubilados19. A integración deficitaria, sobre todo da primeira xeración, favoreceu nun principio a vontade de retornar. De tódolos xeitos, a idea básica de emigración fora traballar en Alemaña só por un tempo determinado e volver “máis tarde“ co aforrado. Outro aspecto que contribuíu ó desexo de retornar nos primeiros anos da migración foi o aínda escaso coñecemento sobre as diferentes maneiras de comportamento no país de destino, de tal xeito que o aprendido no propio país non era sempre o máis apropiado para resolver situacións conflictivas. Naturalmente, isto xa non é axeitado para as xeracións vindeiras nacidas xa aquí20. Outro aspecto máis que reforzaba este desexo, na primeira xeración, era a separación da familia do resto dos familiares. Contrariamente, a razón máis importante para quedar en Alemaña foi, e segue a ser, a situación económica xeral tanto en España coma en Portugal. Tamén contribuíu a falta de alicientes políticos e sociais para o retorno (sub- 19. De interese, debido á súa participación nas asociacións de pai de familia véxase Romano García, M. (1995): “Die spanische Minderheit“, en Schmalz-Jacobsen, C. e Hansen, G. (Hg.), p. 468-481. Véxase tamén Kaminsky, A. (1994), p. 3.1.7.-11-13; Geiger, K. F. (1995), p. 3.1.10.-23-24. Sobre o traballo de Cáritas, véxase Aguirre, J. M. (1982): “20 Jahre Sozialdienst des Deutschen Caritasverbandes für Spanier“, en Caritas ‘82. Jahrbuch des Deutschen Caritasverbandes, Freiburg, DCV, p. 185-188; Deutscher Caritasverband (ed.) (1990): 25 Jahre Sozialdienst der Caritas für Portugiesen in der Bundesrepublik Deutschland, Freiburg, DCV. 20. Sobre a problemática de integración dos traballadores da primeira xeración, véxase Jung, H. (1978): Eingliederungsprobleme spanischer Arbeitsimmigranten agrarischer Herkunft beim Übergang in eine freie Lohnarbeiterexistenz in der Bundesrepublik (Urbs et Regio, 8), Kassel, GhK. Sobre a relación entre rexeitamento e integración, véxase Sayler, W ilhelmine M. (1987): W ider die Xenophobie! Ausländer zwischen Ablehnung und Integration - am Beispiel spanischer Migranten in Deutschland (Studien zur Interkulturellen Kommunikation, 2), Saarbrücken/Fort Lauderdale, Breitenbach. Sobre a intención de retorno, véxase Cazorla Pérez, José (1989): Retorno al Sur , Madrid, Siglo XXI; Garmendía, J. A. (1981), p. 272-286. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 118 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro sidios de desemprego, seguridade social, pago de pensións). Pero moitos deles quedaron definitivamente en Alemaña, primeiro, porque levaban moito tempo residindo nese país, e segundo, porque ó non seren partícipes do desenvolvemento social e político, sentíanse tamén como estranxeiros nos seus propios países. Isto foi sobre todo válido para aqueles que despois de 1973 tomaron a decisión de permanecer, rexeitando mesmo as axudas para o regreso que o goberno alemán, a comezos dos anos 80, lles ofrecía. En 1999, entre os españois, o 80% levaba residindo en Alemaña máis de 10 anos, o 69% máis de 20 e o 36% máis de 30 anos. Se comparamos estes números cos dos portugueses, vese claramente a tendencia dun novo movemento migratorio. Mentres que só un de cada cinco españois levaba vivindo en Alemaña menos de 10 anos, entre os portugueses era case a metade. Pola outra banda, o 25% levaba entre 20 e 30 anos e só un 8% máis de 30 anos21. Moitos adaptáronse e non queren prescindir de servicios tan importantes como por exemplo o da Seguridade Social e a asistencia médica alemana, tendo en conta o gran número de xubilados entre eles. A pesar de todo, segue a existir un desexo latente, aínda que ó mesmo tempo confuso, de retornar. Por isto pódese dicir que a perspectiva de moitos inmigrantes maiores está no ir e vir entre Alemaña e os seus países de orixe. Pero tanto o desexo de retorno, como a intención de quedar, seguen estando non só influídas por razóns económicas senón tamén emocionais. Os fillos, que ben polos seus estudios ou por lazos sentimentais, están totalmente integrados son, sobre todo, un argumento moi forte para quedar en Alemaña. O desexo de retorno diminúe aínda máis ó non vivir no país de orixe nin os pais nin os irmáns, sendo, ó mesmo tempo, causa de conflicto o distinto punto de vista entre os cónxuxes con respecto ó retorno. A miúdo son as mulleres as que, a través dos seus fillos (por asuntos escolares, oficiais, etc.) se adaptaron mellor á sociedade en Alemaña e, ó ter abandonado o seu papel de muller tradicional, as que teñen menos interese en retornar22. Para a segunda e terceira xeración (máis da 21. Statistisches Bundesamt (ed.) (2000), p. 42-43. 22. Martínez Figueirido, H. M. (2000): “Del gastarbeiter al jubilado europeo. Informe final de Alemania sobre el estudio de la situación de exclusión social de los emigrantes españoles mayores“, en Martínez Veiga, U. (dir.): Situaciones de exclusión de los emigrantes españoles ancianos en Europa, París, p. 99-123. Sobre as perspectivas de futuro entre mulleres españolas de idade avanzada, véxase Jiménez Laux, R. M. (1998): Zukunftsperspektiven in Biographien älterer spanischer Migrantinnen in Deutschland (Tese de Diploma), Universidade de Bremen; Veneto Scheib, V. (1994): “Italienische und spanische Frauen in Deutschland”, en Caritas ´95, p. 153157. Un exemplo local de emigración, traballo e integración de mulleres, por Schöfer, E. (red.) (1993): W ir kamen als Fremde. Spanierinnen auf der Nordwolle . Las guapas de España, Delmenhorst, Förderkreis Industriemuseum Delmenhorst. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 119 Aspec to s da inm ig ració n… metade dos españois menores de 35 anos son nacidos en Alemaña [29.600], e case un tercio dos portugueses da mesma idade [23.800]), que se integraron en Alemaña con bastantes problemas, e que na maioría dos casos non teñen o coñecemento suficiente da lingua materna, o retorno, sen ter en conta os problemas económicos nos “países de procedencia“ como, por exemplo, o enorme desemprego da mocidade, sería máis que unha reemigración, unha nova emigración 23. IBEROAMERICANOS EN ALEMAÑA: EXILIO E MIGRACIÓN POR POBREZA A presencia dos iberoamericanos en Alemaña non se manifestou durante moito tempo. Mentres a elite intelectual se orientaba cara a Francia, dende o outro lado do Atlántico a Alemaña só se mandaron oficiais para a súa formación militar, sobre todo chilenos. Debido a diversas revolucións e pronunciamento s, moito s ibero am ericanos víronse fo rzados ó exilio. O s países preferidos para exiliarse eran, ademais dos veciños, os Estados Unidos, España ou Francia. Alemaña no n estaba dentro deste grupo , a propó sito tampouco para portugueses e españo is. O mesmo pasou en Chile en 1973 cando fo i derrocado o presidente Allende. O golpe de estado desencadeo u o maior éxo do dende a Guerra da Independencia. Entre 1 e 1,6 millóns de chilenos saíron do país, incluídos case 10.000 exiliados doutras dictaduras iberoamericanas como Uruguai, Brasil o u Bolivia. Ademais das dificultades co idio ma alemán, existía, sobre todo na esquerda chilena, unha imaxe negativa de Alemaña que se nutría, po r unha parte, co as experiencias da inmigración alemana a Chile24, considerada como moi co nservado ra, e po la outra, co a identificación de Alemaña co nac io nalso c ialism o . 23. Sobre a socialización e crise de identidade de mozos españois en Alemaña, véxase López Blasco, A. (1983): Soz ialisationsprozesse und Identitätskrise spanischer Jugendlicher in der Bundesrepublik Deutschland. Ergebnisse einer empirischen Untersuchung, München, Deutsches Jugendinstitut. Sobre a problemática do retorno a España de mozos, véxase Laue, B. (1990): Identitätsprobleme spanischer Remigrantenkinder. Leben im Spannungsfeld zwischen zwei W elten (Studien und Dokumentationen zur vergleichenden Bildungsforschung, 46). Köln/W ien, Böhlau. Cifras de elaboración propia a partir de Statistisches Bundesamt (ed.) (2000), p. 37. 24. Véxase, p. ex., Blancpain, J-P. (1 974): Les Allemands au Chili 1816- 1945 (Lateinamerikanische Forschungen, 6) , Köln/W ien, Böhlau; Ojeda Ebert, G. J (1984): Deutsche Einwanderung und Herausbildung der chilenischen Nation 1846-1920 (Beiträge zur Soziologie und Sozialkunde Lateinamerikas, 30), München; Young, George F.W . (1974): Germans in Chile. Immigration and colonization 1849-1914 , New York, CIS. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 120 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro Aínda que ó principio o goberno socialdemó crata alemán pro m eteu acoller a máis refuxiado s que calquera outro país europeo, o resultado desta p romesa fo ron numerosas restricció ns administrativas. Eran, sobre todo, os Lände r cristiandemó cratas os que estaban en contra de aco ller a supostos “revolucionarios profesionais”. Así que dos case 4.000 chilenos q ue había no país en 1974 só 1.456 fo ron recoñecidos como refuxiados de continxente. Pola contra, e dentro dun golpe de solidariedade, a iniciativa privada prop o rcionoulles ofertas de traballo e bolsas para a súa permanencia en Alemaña. Ó contrario que noutras dictaduras, o reto rno do s exiliados chilenos comezou po uco a pouco nos ano s 70, aumentando a partir da revo gación do exilio fo rzo so en 1988 e do proceso de democratizació n dende 1990. A pesar diso, o número de chilenos en Alemaña seguiu aumentando ata 7.000 en 1991, entre a reagrupación familiar e os estudiantes, diminuíndo moi pouco dende entón 25. Aínda que o número de iberoamericanos en Alemaña non está exclusivamente formado por chilenos, é este un dos grupos máis salientables, pola súa situación política, e un dos poucos que tivo un lixeiro eco na literatura. O número total de iberoamericanos na República Federal Alemana segue un proceso de crecemento continuo, medrando de 15.000 en 1970 a case 80.000 en 1999. Entre tódalas nacionalidades, o grupo máis numeroso fórmano os brasileiros, co meirande crecemento, seguido dos colombianos e dos peruanos. Outros grupos, coma o dos chilenos ou o dos arxentinos, ou ben diminuíron lixeiramente nos últimos anos ou ben se estancaron. En xeral, predominan as mulleres nunha relación do 1.6 por 1, e incluso do 2.5 por 1 entre as brasileiras. O aumento das cifras débese ó desigual desenvolvemento nos países de Iberoamérica. Por un lado, case tódalas dictaduras militares experimentaron dende os anos oitenta unha transición á democracia, pero polo outro, a gran diferencia no desenvolvemento económico sumiu a moitos países nunha profunda crise económica, deixando de se-la emigración iberoamericana unha fuxida por motivos políticos e converténdose nunha fuxida da pobreza. Tamén desempeña un papel importante a migración matrimonial e o tráfico de mulleres para a prostitución, sobre todo entre brasileiras e dominicanas. En situacións como, por exemplo, a de Colombia, case en guerra civil, os límites entre a migración por pobreza e a emigración por motivos políticos non son claramente apreciables, provocando que en 25. Schimpf-Herken, Ilse (1994 ): “Chilenische Flüchtlinge in der Bundesrep u b lik Deutschland”, en BIVS (ed.), p. 3.1.9.-1-32; Issel, Barbara (1995): “Die chilenische Minderheit”, en Schmalz-Jacobsen, C. e Hansen, G. (Hg.), p. 106-119. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 121 Asp ec to s da inmigrac ió n… Alemaña, simplificando demasiado o problema, só se consideren as razóns económicas. Precisamente das citadas rexións conflictivas, medra o número de emigrantes nos últimos anos (véxase a seguinte táboa) 26. Iberoamericanos en Alemaña27 Arxentina Bolivia 1970* 1980* 1990* 1999 2.466 3.764 4.152 4.766 774 1.263 1.522 1.681 Brasil 3.487 5.485 10.486 22.390 Chile 1.824 5.458 6.440 6.408 Colombia 942 1.878 3.789 7.964 Costa Rica 151 286 497 780 Cuba 131 158 493 6.996 Ecuador 440 788 1.146 3.256 El Salvador 159 319 492 515 Guatemala 247 369 550 653 Honduras 101 265 409 545 México 948 2.025 3.223 5.439 Nicaragua 109 191 358 651 Panamá 113 134 182 273 Paraguai Perú Rep. Dom. Uruguai Venezuela 263 400 603 835 1.056 2.007 4.009 7.825 51 197 862 4.303 405 657 800 764 934 1.207 1.485 2.808 14.601 26.851 41.498 78.852 * soamente RFA Sobre a integración dos iberoamericanos pódense ofrecer algunhas liñas xerais. Non existindo case estudios ó respecto, só se pode facer unha diferenciación coidadosa entre os exiliados e o resto dos emigrantes. A integración dos exiliados desenvólvese de maneiras distintas, determinada pola súa heteroxeneidade social, que inclúe dende universitarios ata obreiros. A pesar 26. Véxanse os correspondentes artigos nacionais en Schmalz-Jacobsen, C. e Hansen, G. (ed.) (1997): Kleines Lexikon der ethnischen Minderheiten in Deutschland. München, Beck. Respecto ó trato de mulleres e prostitución, Florisbela dos Santos, A. L. (1995): “Die brasilianische Minderheit”, en Schmalz-Jacobsen, C. e Hansen, G. (Hg.), concretamente 100-101. 27. Statistisches Bundesamt (ed.) (2000), p. 18-19. Sobre o aumento do número de cubanos, véxase o seguinte epígrafe referente á RDA. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 122 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro da solidariedade por parte alemana, existía moitas veces unha falta de comprensión por ámbalas partes. En boa medida os exiliados non foron máis que unha base de proxección para as utopías dos grupos alemáns de solidariedade. Coa duración do exilio, a solidariedade cos chilenos diminuíu e buscáronse outros obxectivos como a guerra civil no Salvador ou a dos sandinistas en Nicaragua. A disposición e a posibilidade de integrarse dependeron tamén da data de comezo do exilio, recibindo máis axuda os primeiros que chegaban. Eran, en moitos casos, membros de partidos políticos que reestructuraron as súas organizacións no exilio e, aínda que se axudaban mutuamente, tamén levaban consigo as súas diferencias políticas ó estranxeiro. Os que viñeron máis tarde non tiñan perspectivas de seren recoñecidos como demandantes de asilo, xa que non pertencían a ningún partido, non podendo así recibir ningunha axuda. A esperanza dos exiliados de volver rapidamente ós seus países impediulles a moitos deles aprende-la lingua alemana, posición moi parecida á dos primeiros Gastarbeiter, que só pensaban vir por un ou dous anos. Isto levounos á marxinación e ó illamento, ó mesmo tempo que os afastaba dun posto de traballo ou dunha preparación profesional, e, se chegaban a topar un traballo, este, moitas veces, non se correspondía coa preparación adquirida nos seus países de orixe. Con respecto ós chilenos, pódese dici-lo contrario. Debido ás súas boas cualificacións puideron acceder a postos de traballo superiores, en comparación con outras nacionalidades, sobre todo no sector de servicios ó público. Só coa prolongación do exilio foise comprendendo mellor a necesidade de aprende-lo idioma e prepararse para unha vida duradeira nun país que, humanamente, tan frío lles resultaba. Á segunda xeración foille máis fácil porque se integraba no colexio e na vida diaria. Este cambio, en xeral, prodúcese debido á diminución do desexo de retorno, a un certo distanciamento emocional dos países de orixe, así como a razóns económicas, o que fai que permanecesen en Alemaña, por exemplo, moitos chilenos despois da democratización. A reducción da familia a pais e fillos e a falta da familia numerosa tradicional, así como o papel máis activo das mulleres nos asuntos diarios, provocaron numerosos conflictos, separándose moitos matrimonios por estas razóns 28 . Todas estas especificacións enumeradas parécense moito ás dos traballadores estranxeiros que son, á fin e ó cabo, as que caracterizan a vida cotiá nun país estranxeiro no que non se pensaba permanecer por moito tempo. A pesar 28. Balke, F. e outros (ed.) (1983): Mit dem Kopf hier - mit dem Herzen in Chile. Zehn Jahre Diktatur - zehn Jahre Exil. Chilenen berichten, Reinbek bei Hamburg, Rowohlt; Issel, Barbara (1995), p. 112-116. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 123 Aspec to s da inm ig ració n… Iberoamericanos en Alemaña (1999) de tódalas diferencias (por exemplo psicolóxicas) entre a fuxida forzada e a migración laboral voluntaria, tamén existen parecidos, podéndose supoñer que son, da mesma maneira, válidos para os emigrantes por pobreza dos últimos anos. Son, en xeral, mozos de diversas clases sociais en busca de mellores ingresos, unha mellor preparación e unha vida digna. Aínda que entre estes últimos a situación profesional é moi variada, pódese dicir en xeral que traballan en profesións nas que case non se esixen cualificacións e en moitos casos incluso ilegalmente (por exemplo empregadas domésticas). Para unha parte dos brasileiros, a razón da súa estancia en Alemaña é aprende-lo idioma, facilitándolles posiblemente, ó seu regreso, a colocación nunha empresa alemana. O sector cultural latino acolle a moitos emigrantes, sobre todo porque os diferentes tipos de música autóctona (grupos de música andina, cursos de tango, salsa ou samba, etc.), a miúdo en combinación coa gastronomía típica, gozan actualmente de gran popularidade en Alemaña. Tanto a non aceptación como a xenofobia con respecto ós ibero americ ano s dependen moito, exceptuando a discriminación institucional, do grao no que poidan ser identificados como estranxeiros (pensade por exemplo en arxentinos de ascendencia alemana ou brasileiros de pel escura). Así e todo, debido ó seu reducido tamaño, ningún destes grupos é considerado “pro b lemátic o “29. 29. Sobre as migracións en e dende Perú, Haferkamp, R. (red . ) (1995): Auf der Suche nach dem besseren Leben. Migranten aus Peru, Unkel/Rhein, Holemann; Florisbela dos Santos, A. L. (1995), p. 102-105. Sobre a escena cultural latina, especialmente en Berlín, Garay, N. (1995): Lateinamerikaner in Berlin. Entdeckungen in Ve rgangenheit und Gegenwart, Berlín, Die Ausländerbeauftragte des Senats. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 124 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro UN CASO ESPECIAL: IBEROAMERICANOS NA RDA No estudio da migración a Alemaña adoitase esquecer doadamente que un segundo estado alemán, aínda que dunha maneira máis modesta, tamén foi país de destino para migracións laborais e de exiliados30. A República Democrática Alemana (RDA) tamén importou man de obra mediante convenios laborais con outros estados. Como consecuencia da fuxida ó oeste, da diminución de natalidade, do envellecemento da poboación e dunha predisposición cada vez menor por parte dos empregados alemáns para aceptar, cunha boa preparación, calquera emprego, a RDA tiña problemas para cubrir postos de traballo. Primeiro contratáronse traballadores dos países veciños socialistas (Polonia, Hungría) e cando foron repatriados pola propia necesidade dos seus países tivo lugar a contratación, a partir dos anos 70, dos chamados “países irmáns nacionalmente liberados” do terceiro mundo (Vietnam, Mozambique, Angola) 31. Os convenios de formación profesional e de emprego foron ampliados en comparación cos de cooperación técnica e científica xa existentes, ámbolos dous considerados parte da axuda solidaria. Despois da repatriación da man de obra polaca e húngara e a experiencia positiva coa contratación de alxerianos dende 1974, simultaneamente a RDA asinou con Cuba en 1978 un convenio sobre cualificación con emprego 32 . Cuba interesouse por este convenio debido ó elevado número de parados no país. Xa en 1978 chegaron uns 12.076 cubanos á RDA. Entre 1978 e 1989 chegaron case 25.360 cubanos ó país, representando, excluídos os polacos e os húngaros, o segundo grupo máis grande de estranxeiros tralos vietnamitas. A contratación realizábaa, por parte cubana, Cubatécnica, organismo oficial, dirixíndose sobre todo á industria pesada e de fabricación de maquinaria. Por este convenio, igual ca cos outros, só se podía efectua-la con- 30. Para unha vista xeral, véxase Krüger-Potratz, M. (1991): Anderssein gab es nicht. Ausländer und Minderheiten in der DDR, Münster; Krüger-Potratz, M. (1997): “Ausländer in der ehemali- gen DDR”, en BIVS (Hg.) (5ª entrega), p. 2.5.-1-25. 31. Asináronse convenios bilaterais con Polonia (1966, 1973), Hungría (1967, 1972), Alxeria (1974), Cuba (1978), Mozambique (1980), Vietnam (1980), Mongolia (1982), Angola (1985), así como outros especiais con Bulgaria (1973), China (1986) e Corea do Norte. Elsner, E. E. e Elsn er, L. (1994): Zwischen Nationalismus und Internationalismus. Über Ausländer und Ausländerpolitik in der D D R 1949- 1990 , Ro stock, p. 30; Jasper, D. (1991 ): “Ausländerbeschäftigung in der DDR”, en Krüger-Potratz, M., p. 151-189, concretamente p. 155-165. 32. Sobre o convenio e a súa realización, Gruner-Domic, Sandra (1997): Kubanische Arbeitsmigration in die DDR 1978-1989. Das Arbeitskräfteabkommen Kuba-DDR und dessen Realisierung, Berlín, BIVS. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 125 A sp ec to s da inmigració n… tratación colectiva e por un máximo de tres a seis anos. Deste xeito, evitaba a RDA a adquisición de permisos de residencia por parte dos traballadores xa que, do mesmo xeito que na RFA, non se consideraba como “país de inmigración“, sendo o retorno un elemento fixo nos contratos. Contratáronse, sobre todo, solteiros, xa que o Estado tampouco desexaba ningún tipo de reagrupación familiar. Aínda que os traballadores estranxeiros estaban de jure equiparados ós cidadáns da RDA, en realidade as súas condicións de vida estaban estrictamente regulamentadas. O aloxamento era en vivendas colectivas, facilmente controlables, onde a vida privada era case imposible, así como o contacto non desexado polo Estado coa poboación autóctona. Esta forma de “integración segregada temporalmente” 33 experimentábana como unha forma de illamento social e interdicción, podéndose manifestar en considerables problemas psicolóxicos. A pesar da solidariedade socialista retórica, os cubanos estaban expostos á discriminación tanto no traballo como na vida cotiá. Tanto a existencia como a intensidade da xenofobia na RDA é un tema moi polémico que debe ser estudiado máis profundamente 34 . Este tema expúxose tamén entre os refuxiados, por exemplo entre os chilenos, que vivían na RDA. En total, o país acolleu cerca de 2.000 chilenos, dos que permanecían uns 334 en 1989 e eran sobre todo licenciados, dirixentes políticos e estudiantes que recibían apoio tanto oficial como económico. Debido a isto último, víanse a si mesmos nunha posición positiva. Tamén había uns poucos españois que foran expulsados de Francia por comunistas en 1950 35. Coa apertura da RDA en 1989, moitos dos estranxeiros contratados saíron ou tiveron que saír do país. A pesar dos convenios vixentes, moitos foron despedidos. Mentres outros países seguían negociando co novo goberno sobre as condicións, Cuba pechou o envío de man de obra, elaborando ó mesmo tempo un plan de retorno 36. Así, en 1989, o número de cubanos no país oscilaba entre 8.000 e 10.000. A mediados de 1990, a poucos meses da reunificación, a cifra diminuíu a 4.000. A maioría deles aproveitou a oportunidade e quedou na RFA. 33. Jasper, D. (1991), p. 178. 34. Con exemplos en Gruner-Domic, Sandra (1997), p. 32-37; Elsner, E. E. e Elsner, L. (1994) intentan presentar unha imaxe demasiado positiva da RDA neste punto. 35. Elsner, E. E. e Elsner, L. (1994), p. 21-22. 36. Gruner-Domic, Sandra (1997), p. 57. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 126 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro CONCLUSIÓNS Entre os grupos de inmigrantes descritos, españois, portugueses e iberoamericanos, pódese dicir que existen tanto similitudes como diferencias. Case tódolos emigrantes tiveron a intención de quedar só temporalmente en Alemaña, ben porque estaban obrigados polas cláusulas dos seus contratos de traballo ben porque esperaban a fin do exilio, que crían próximo. A restricción temporal dos contratos laborais, aínda que só foi válida ó principio na RFA, demostra que ámbolos estados alemáns non se vían como países de inmigración. Mentres que a dictadura da RDA impuxo o retorno, na RFA, debido ás prolongacións de residencia, produciuse unha situación de inmigración de feito. A situación na vida privada dos traballadores, con independencia de que fosen contratados individualmente na RFA ou colectivamente na RDA, foi, polo menos nos primeiros anos, semellante en puntos como por exemplo vivendas colectivas, discriminación no posto de traballo ou na vida pública, etc. Tamén moitos dos exiliados experimentaron, con máis ou menos intensidade, o mesmo con respecto ó contorno estraño no que vivían. Mentres que na RFA as condicións de vida, vivenda, emprego, situación escolar, etc. evolucionaron positivamente, na RDA a regulamentación entón vixente non deu lugar a iso. Debido á desaparición da RDA coa reunificación en 1990 non se poden segui-los pasos dunha evolución hipotética. Nos último s ano s, o grao de integració n o u adaptación ó medio alemán aumentou c onsiderablemente de mo do que o desexo de reto rno , tanto para trab allad o res como para exiliado s, co paso do tempo, vai perdendo importanc ia. Os españois, portugueses e iberoamericanos nacidos aquí, a segunda xeración, son xa parte activa da sociedade alemana actual. Ademais, cos cambios políticos e xurídicos que se van adaptando pouco a pouco á realidade inmigratoria, irán desaparecendo das estatísticas de estranxeiría, xa que existen condicións máis fáciles de adquisición da nacionalidade alemana por estancia ou co nacemento. De tódolos xeitos, seguen sendo conscientes das súas orixes, das dos seus pais, enriquecendo con iso a realidade actual en Alemaña e en Europa. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 127 Asp ec to s da inmigrac ió n… Resumo ASPECTOS DA INMIGRACIÓN ESPAÑOLA, PORTUGUESA E IBEROAMERICANA EN ALEMAÑA Ax el Kreien brin k-Herrero O artigo ofrece unha visión xeral da inmigración española, portuguesa e latinoamericana en Alemaña. Analízanse as distintas vías de asentamento, a integración de cada un destes tres grupos, coas súas similitudes e as súas diferencias. As características da súa condición de inmigrantes son un dos aspectos estudiados. No caso dos españois (exceptuando os traballadores chegados durante a II Guerra Mundial) e portugueses atendeuse ó réxime de “traballadores invitados”, tratándose deste xeito dunha inmigración laboral. Cando se fala da inmigración procedente de Latinoamérica, aínda que nun principio predomina a condición de exiliados políticos, co paso do tempo transfórmase nunha migración por motivos económicos. Palabras clave: Alemaña, inmigración laboral, integración social, exilio. Resumen ASPECTOS DE LA INMIGRACIÓN ESPAÑOLA, PORTUGUESA E IBEROAMERICANA EN ALEMANIA Ax el Kreien brin k-Herrero El artículo ofrece una visión general de la inmigración española, portuguesa y latinoamericana en Alemania. Se analizan las distintas vías de asentamiento, la integración de cada uno de estos tres grupos, con sus similitudes y sus diferencias. Las características de su condición de inmigrantes son uno de los aspectos estudiados. En el caso de los españoles (exceptuando los trabajadores llegados durante la II Guerra Mundial) y portugueses se atendió al régimen de “trabajadores invitados”, tratándose así de una inmigración laboral. Cuando se habla de la inmigración procedente de Latinoamérica, aunque en un principio predomina la condición de exiliados políticos, con el paso del tiempo se va transformando en una emigración por motivos económicos. Palabras clave: Alemania, inmigración laboral, integración social, exilio. Résumé ASPECTS DE L’IMMIGRATION ESPAGNOLE, PORTUGAISE ET LATINO-AMÉRICAINE EN ALLEMAGNE Ax el Kreien brin k-Herrero L’article présente une vision générale de l’immigration espagnole, portugaise et latino-américaine en Allemagne. On y analyse les différentes voies d’établissement, l’intégration de chacun de ces trois groupes, avec leurs similitudes et leurs différences. Les caractéristiques de leur condition d’immigrants sont l’un des aspects étudiés. Dans le cas des espagnols (hormis les travailleurs qui sont arrivés durant la II Guerre Mondiale) et des portugais, c’est le régime de “travailleurs invités” qui a été considéré; il s’agissait donc d’une immigration pour le travail. Lorsque l’on parle de l’im- ESTUDIOS MIGRATORIOS. 128 Axel Kre i e n b ri n k - H e rre ro migration venant de l’Amérique Latine, même si c’est la condition d’exilés politiques qui prédomine, avec le temps, la raison de cette émigration est de plus en plus la raison économique. Mots-clefs: Allemagne, immigration pour le travail, intégration sociale, exil. Summary ASPECTS OF SPANISH, PORTUGUESE AND LATIN AMERICAN IMMIGRATION IN GERMANY Ax el Kreien brin k-Herrero The article offers a general vision of Spanish, Portuguese and Latin American immigration in Germany. The different ways of settlement are analysed, the integration of each one of these three groups with their similarities and differences. The characteristics of their status as immigrants is one of the aspects studied. In the case of Spaniards (except workers who arrived during the Second World W ar) and The Portuguese, they adhered to the system of "invited workers", it thereby being a working immigration. W hen we talk about immigration from Latin America, although in the beginning it was predominantly that of political exile, as time goes by it becomes an emigration for economic reasons. Key words: Germany, working immigration, social integration, exile. Currículo AXEL KREIENBRINK, M. A. (Oldenburg-Alemaña). Cursou estudios universitarios de Historia, Ciencia Política e Empresariais nas Universidades de Osnabrück e na Autónoma de Madrid. Presentou a memoria de licenciatura: “Deutsche Lateinamerikaauswanderung in der publizistischen Diskussion der W eimarer Republik” (1998) [Emigración alemana cara a América Latina na discusión periodística durante a República de W eimar]. Membro do DFG-Graduiertenkolleg “Migration im modernen Europa” [Colexio de graduados da Comunidade de Investigación Alemana] no Instituto de Investigación sobre Migracións e Estudios Interculturais (IMIS)/Universidade de Osnabrük. A súa tese de doutoramento, dirixida polo prof. Dr. Klaus J. Bade, titúlase: “Spaniens Umgang mit der Herausforderung des W andels vom Auswanderungs-zum Einwanderungs-land im europäischen Kontext” [España e o desafío do cambio de país de emigración a país de inmigración no contexto europeo]. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 129 TEXTOS E DOCUMENTOS ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 133-147 UNHA VISIÓN DA ACTIVIDADE DOS NACIONALISTAS GALEGOS EN 1950 DESDE BOS AIRES Ma rcelin o Xu lio Fern á n dez Sa n tia go* Tralo remate da Guerra Civil, os exiliados tiveron un importante peso político nos anos finais da II Guerra Mundial, xa que existía a esperanza de que a victoria aliada suporía unha rápida transformación da situación política do Estado español co final do franquismo e o retorno á legalidade republicana. Estes soños víronse axiña frustrados e, xa en 1947, co fracaso do goberno Giral e a saída de Castelao como representante do galeguismo nas organizacións políticas da República no exilio, obsérvase un esmorecemento da actividade política do nacionalismo exiliado. Situación que, a partir de 1950, queda claramente patente coa morte de Castelao e a aparición case simultánea da editorial Galaxia en Vigo, que marca unha nova orientación do galeguismo organizado do interior. Será neste marco cando se produce a viaxe de Xosé Bieito Abraira a Galicia como rep resentante do Consello de Galiza. Natural de Meira, emigra en 1922 a Bos Aires, onde, tras traballar como empregado en varios negocios téxtiles, c rea en 1934 o seu propio comercio, a xastrería Celta, con enderezo en Federico Lacroce, 4086. Abraira converteuse nun mito do galeguismo porteño , pois foi un dos últimos rep resentantes da xeración de emigrantes incorporados ó galeguismo antes da Guerra Civil e tiña unha importante presencia nos círculos culturais e políticos galegos de Bos Aires, presencia que se refo rzaba pola súa forte personalidade e o seu constante compromiso co a causa galeguista. Nos anos 30 comeza a colaborar na revista Céltiga, na Federación de Sociedades Galegas e no coro Ultreia, pero o seu compromiso reafírmase trala Guerra. Así, en 1939 aparece como secretario da Comisión organizadora da homenaxe a Rosalía de Castro, participa na creación da Agrupación A Terra do Centro Galego de Bos Aires, figura como secretario da Irmandade Galega –institución na que participa activamente e a través da que desenvolve un importante labor político, converténdose xunto con Rodolfo Prada, Manuel * Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e documentalista do Arquivo da Emigración Galega. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 133 Unha visió n d a… Puente e outros nun dos principais referentes de Castelao na colectividade emigrada galega en Bos Aires–. Posteriormente participará na reconstitución do Consello de Galiza, na organización do Primeiro Congreso da Emigración Galega e dos Xogos Florais do Idioma Galego. Xa nos últimos anos colabora activamente no xornal Pátria Galega e na Asociación de Amigos do Idioma Galego. X. B. Abraira realiza en compaña da súa muller, Mercedes Cela, esta viaxe, que supón a súa primeira volta a Galicia tras máis de 20 anos de ausencia. Sae de Bos Aires o 10 de xullo e tras unhas breves escalas en Río de Xaneiro e Madrid trasládase a Galicia, onde permanecerá 2 meses. No mes de setembro regresa de novo a América, onde visita Cuba e México, para retornar definitivamente a Arxentina. Amais do carácter persoal da viaxe, Abraira figura como representante da editorial Nós –xa que unha das súas finalidades é dar a coñecer, publicitar e vende-la obra As cruces de pedra na Galicia, derradeira publicación de Castelao, tirada ese mesmo ano pola Editorial Nós– e do Consello de Galiza. Por este motivo elabora un informe sobre a viaxe e a súa estadía en Galicia escrito como un documento interno para presentar ó Consello de Galiza. Nel ofrece unha panorámica da situación do galeguismo en América e Galicia e, principalmente, dos contactos mantidos cos núcleos galeguistas, que se inician o día 25 de xullo, coa súa presencia na misa por Rosalía de Castro na Igrexa de San Domingos e no acto de constitución da editorial Galaxia no Hotel Compostela de Santiago; tamén relata as súas posteriores reunións en Vigo co grupo dirixente do “movimento galeguista”, para delimita-las sempre difíciles relacións entre o nacionalismo de América e do interior –que nos últimos anos están espertando a atención da historiografía galega–. Así mesmo Abraira inclúe os contactos mantidos con representantes do galeguismo noutras localidades galegas e coa colectividade emigrada en Madrid e nos países americanos que visita e as súas impresións sobre a situación en Galicia no franquismo. Nas páxinas que veñen a continuación reproducímo-lo texto íntegro do Informe, mantendo a súa grafía, as abreviaturas, etc. Por último quixera expresarlle o meu agradecemento e dedicarlle esta presentación a Roberto Rodríguez, bibliotecario do Centro Galego durante moitos anos, xa que gracias ó seu empeño e axuda puiden consulta-los fondos depositados por Abraira nesta institución, exemplificando na súa figura, tristemente desaparecida, a memoria de tantos galegos que loitaron pola preservación da cultura galega na emigración e que hoxe fican esquecidos. Tamén quero agradece-la axuda prestada por Afonso Vázquez-Monxardín, que me acompañou neste labor difícil e tortuoso de pescuda polos arquivos das asociacións galegas en Bos Aires. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 134 M arce lino Xulio Fernánd ez Santiago INFORME PRO CONSELLO DE GALIZA Aitividades dos patriotas en Galiza, Rio de Xaneiro, Madri, Habana e México. De paso pra terra visitei en Rio de Xaneiro a Irmandade Galega. O seu presidente Don Victor M. Balboa fíxonos, a miña dona e a min, ouxeto de distintas atencións. O irmán Balboa e un patriota cabal. Formado nas irmandades primeiras que houbo en Galiza, continúa fidel a Patria; sostendo ergueita a Bandeira da sua redención no Brasil. Il mantense avencellado con galegos de San Paulo, de Bahía, etc. Acompañoume a visitar na Biblioteca Nacional de Rio de Xaneiro ao Gran Patriota Portugés Don Xaime Cortesao co que sostivemos unha longa conversa encol dos probremas galaico-portugueses. Creo que non estaría demáis que ise Consello se fixera eco d-ista entrevista, e poñerse en contaito con il. Mercou un libro de Cruces e outro o irman Balboa; quedamos en que il faria na prensa carióca os comentarios pertinentes pra contribuir a sua venda no Brasil. EN MADRID Ben-Cho-Sei. Foi iste o primeiro irman que poiden abrazar no camiño da Patria, xa en terras castelans. Dende as primeiras verbas que crucei con il decateime da fondura do seu sentimento patriótico. Non hei de abundar diante dos membros dise Consello en consideraciós encol da sua persoalidade por ser ben coñecido, e de vello, por vostedes; pro non estará demais anotar que as suas ideas mantéñense o dia, e a sua aitividade concorda coas eisixencias da hora aitual superando todal-as dificultades. Os riscos que iste home corre tanto no orden persoal como no da familia son enormes e cuias razós vostedes coñecen. Non embargantes, non somentes se consagra por enteiro a causa da Terra en todol-os ordes, sinon tamén a sua dona. Ista merez capíduo aparte: Non e galega; pro canto paisano vai a cadea por aitividades patrióticas cerca da Vila do Oso e Madroño, conta coa sua esistenza desintresada, tenra e heróica. Os nosos presos non lles falta nunca ren, gracias a sua astucia e dilixencia. Facendose irman dos galeguistas unhas veces, prima outras e amiga sempre. Logra introducir os nosos patriotas na cadea o cariño e axuda dos que teñen ainda a ilusión d-algunha liberdade na celda enorme que demarcan hoxe os límites da penínsua. Iste asunto dos nosos presos e tamen consolador saber que son os que mais axuda reciben en todol-os ordes: alento, adhesión e cariño no espritual e patriótico no material, deica onde o permiten as circunstancias e ardides dista mañífica dona que os coida, roupa, tabaco, víveres, etc. Todo elo gracias tamen a xenerosidade doutro galeguista: Don Alvaro Xil Varela, de quen falaremos mais adiante. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 135 Unha visió n d a… Con Ben-Cho-Sei falamos longo do noso probrema e maneira de coordinar a laboura próusima. Il é un dos poucos irmans que están no segredo dos movimentos, aititudes e consiñas dos patriótas. As circunstancias aituales esixen que cada un non sepa mais que o estritamente necesario pra aituar: toda noticia, asunto, direitiva ou calquera outra cousa que non sexa o estritamente necesario indispensabel, coñecela e un estorbo, d-haí que somentes se poida falar ampriamente con tres ou catro patriotas, os demais -incruso membros do Comité Executivo- somentes coñecen conceitos parciais. Folgan as espricacions encanto a ísta precaución. Ben-Cho-Sei –repito– enteroume dos detalles da orgaización; as distintas aitividades que en multipres aspeitos abarcan todal-as manifestacións do vivir galego pra, en circos concéntricos, chegar a meta ideal. Il me orientou e puxo en contaito cos patriotas da Terra. Igualmente con il planeamos a venda do libro “As Cruces de Pedra Na Galiza” que xa en Madri foi un éisito. DON ALVARO XIL VARELA Con Ben-Cho-Sei visitei este patriota que dende a “vila podre” dirixe unha vasta rede de negocios en toda a penínsua. Home de sólida posizón económica que lle da un ben gañado prestixio engadido o seu don de xentes e señorío espritoal, sirve a Galiza, como dixen denantes, con desintres e xenerosidade: gasta d iñeiro, moito diñeiro, pois a sua axuda abarca dende a matenzón dos preso s galeguistas deica a financiación ou contribución importante en empresas como “Galaxia” editorial que se propon seguir en Galiza a tradición de “Nós” (coa d ifrencia das circunstancias, craro está). Bibliófilos Gallegos, proteución a artistas e escritores galeguistas, alentando os nosos patriotas e axudándoos en canta iniciativa teñen en pro do ideal. Según referencias de Ben-Cho-Sei, que logo me ratific aron en Galiza iste home gasta anualmente nas aitividades patrióticas alguhas ducias de miles de pesetas. Creo que ben merece este home unha mención especial pol-a sua xenerosidade, pois, non e común que os homes de cartos os poñan o servicio da Patria. Mais Don Alvaro Xil, “Alvariño” –como lle chaman cariñosamente os patriotas– non e somentes un “home de cartos”. E un patriota de primeira. Manexa o pro b rema as mil maravillas; as suas convincións patrioticas –ao menos no que eu puden ouservar– non estan coutadas por ningún “ismo”, como sucede en moitos casos eiquí en Bos Aires, onde ainda quedan bastantes paisanos –refírome os militantes– que condicionan o seu galeguismo a algunha partic ular ou sectaria conceición política. Don Alvaro e un gallego enteiro por enriba de todo incruso dos seus proprios intreses que –como dixen– non son poucos; e xa sabemos que os intreses materiais quereselle mais canto mais grandes son. Na antesaá do seu escritorio en donde por asuntos dos seus negocios esperaban seis ou oito persoas, bastou que avisasen a visita dun patrióta de Bos Aires ESTUDIOS MIGRATORIOS. 136 M arcelino Xulio Fernánd ez Santiago (o ordenanza avisou así por indicación de Ben-Cho-Sei) pra que inmediatamente nos fixese pasar a unha sáa especial. Alí inquiriu datos e pormenores dos derradeiros momentos do noso Castelao; do que pensaba facerse pra que non se interrumpise a loita pol-a liberdade da Patria por il emprendida. E home moi enteirado e pol-o tanto vive o dia con canto aquí facemos, merecendo a sua total aprobación. Foi con il en donde me decatei da importancia que ten pra Terra todo canto eiqui se fai, de como teñen os ollos postos en nos asiñándonos un papel capital. Ista maneira de pensar había de comprobala logo non somentes na Terra senon de maneira moi especial en Cuba e México. Compre que ise Consello pense n-iste detalle e o faga coñecer moi especialmente das entidades que pensan en Galiza.Nas distintas dependenzas dos escritorios de Don Alvaro todo ten olor e sabor galegos. Inmediatamente folleou un libro de Cruces e dempois dunha incursión por entre os seus empregados anotou pra adequerilos doce de 500 pesetas c/un, dous de 1.666 ptas. e un de 16.000 ptas. Iste detalle fala por si solo da sua rexa formación patriótica. Un nucreo bastante importante de galegistas hai en Madri, tratei a varios, todos rexos, exemprares; mais pol-as circunstancias que xa anotei só conviña falar cos dous que menciono. Alí mesmo frente a estos dous homes (Ben-Cho-Sei e Don Alvaro) que na misma guarida en que dende fai séculos se escraviza a nosa Terra, manteñen tan diñamente a bandeira da nosa redención, concebín unha grande espranza no resultado final. As dúbidas que sobre da vountade do noso pobo, da supervivencia do ideal, dúbida que tantas veces me asaltou despois da derradeira matanza, que pra vencela houben de rec urrir o cultivo intensivo do meu fanatismo, qued aron disipadas pra sempre. Cando na capital do país enemigo, dous galegos que a ambos as circunstancias, lles eisixirian pol-o menos unha cómoda postura como a mui porteña “no te metás”, son capaces de xogal-o todo pol-o ideal, os da Terra, e decir: os que residen en Galiza, serían tamen patriotas exemprares. Con ista espranza tomei o tren e despois de haber rec o rrido Galiza durante cuarenta días teño o inmenso pracer de informar a ise Consello que non fun defraudado. Non creo que a ise Consello lle intresen outros detalles de Madri, que os que se relacionan c-os galegos: e decir: cos galeguistas. A min tampouco. Non seis se e bonito nin sé é feo, somentes sei que é despreciable. A min semellame un esceario inmenso dunha zarzuela xigantesca. E isto que resulta pasable en calquera teatro de América con un par de dúcias de protagonistas, e repulsivo, cansador “stufo” –como diría un parcial de Mussolini nado en Catanzaro– cando se trata de ver como un millón de persoas desfilan pol-as ruas facendo de “Serafín el Pinturero” ou calquera persoaxe de Arniches ou Alvarez Quintero . E que decir do Escorial símbolo pétreo, de todol-os errores, tiranías, decadencia, estupideces etc. en que os hespañoes son pródigos? ¡Que lástima de mármoles, e que pena de artistas! ESTUDIOS MIGRATORIOS. 137 Unha visió n d a… NA TERRA Cheguei a Galiza na mañan bretemosa do 20 de xulio. En Quereño tiven que frenar fortemente a un hespañol –andaluz– que lucía a sua alegre estupidez a costa de Galiza. Non abondarei en detalles diste asunto pra non perder tempo. As 8 da mañá estaba en Lugo. Por precaución non me puxen alí en contaito cos nosos elementos. Seguin o pé da letra o que Ben-Cho-Sei me recomendara. Isto de facer o que lle din a un e alí de importancia capital, pois calquer erro ou calquer indiscreición poden ser fatales. O día de Galiza atoparía os patriotas xuntos en Compostela. Así me fixeron o itinerario e así o seguin. Na miña aldea que ten algunha pretensión de vila vívese a misma angustia que logo comprobei no resto de Galiza. Alí atopei a un gran galeguista, acaso o mais inxustamente castigado. Aníbal Otero, home de extraordinaria cultura, versado no estudo das raíces do noso idioma. Nunca se metera en política aitiva pro ainda eisé, gracias a Don Xesús Carro salvou a vida e despois de oito anos de cadea volve a consagrarse a Terra. EN COMPOSTELA Cheguei a Santiago no dia das vísperas do Apóstolo. O 25 a mañá fun a Eirexa de Santo Domingo en donde, tal como era convido, atopei aos patriotas xuntos. Dende Madri eu escribira a Don Ramón Otero a quen quería ver por especial encargo de Don Manuel Puente, e en carta que me dirixiu a Meira tamén me citou pra eili, e decir: pra misa de Rosalía e Brañas. Certos detalles diste aito son xa coñecidos por datos de outros galegos que alí se atopaban, como os irmans do Centro Pontevedrés e o Sr. Estevez do Centro Galego. Unha cousa sucedeu íste ano: o bispo Souto Vizoso falou en castelán por presión das autoridades. Don Xesús Carro indiñado prometeu alí mesmo que “ísto non sucederá mais, pois enc argareime eu de que non suceda”. Logo Don Ramón Otero –sempre o gran Don Ramón– lavou a mancha botando un mañífico discurso en galego. Termiñada a ceremoña relixosa, fun invitado coa miña dona a unha comida no Hotel Compostela, cuios concurrentes non enumero por haber xa aparecido en revistas da Coleitividade. Por precaución non estaban alí alguns dos mais aitivos e arriscados irmans. Durante o almorzo quedou constituída difiñitivamente a Editorial Galaxia, e encargáronme a min prantexar este asunto en Bos Aires, cousa que farei primeiramente na xunta da Irmandade Galega. Con alguns dos irmans asistentes planeamos o estudo dos distintos probremas que o galeguismo ten prantexados e citáronme pra uns dias dimpois nunha praya en Vigo. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 138 M arc elino Xulio Fernánd e z Santiago NA CRUÑA Denantes de ir a Vigo en donde trataría co Comité Executivo do movimento Galeguista (prefiro chamarlle eisí, pois o galeguismo, e menos agora, non e certamente un partido político) quixen falar con algunhos nucreos de outras ciudades. Un distes, o da Cruña foi dos primeiros que entrevistei, sempre orientado pol-os persoeiros que tratara en Santiago. Isto e primordial pois, repito, de ningun xeito se pode falar con calquera. Na Cruña hai un dos nucreos mais prestixosos de Galiza, ainda que non chegou a renovarse na medida en que o fixeron outros, como os de Vigo, Lugo, Santiago, Monforte etc. Alí tiveron conmigo amables deferencias os irmans Federico Zamora, Ramón Vilar Ponte, Carré, Diaz Pardo, Ferreiro, etc. Hai na Cruña un home de grandes méritos, Martinez Risco, que vive o dia cos nosos probremas, e sigue de cerca as alternativas e laboura do Consello de Galiza. Hai alí outro gran irman, pontevedrés, reside na Cruña dende fai unhos anos, gran cultor das nosas letras, e afervoado patriota: Eiras Abal. Todas istes irmans viven os latidos do corazón de Galiza, dunha maneira total. Todos teñen tamén os ollos postos en Bos Aires, non esperando que os vaiamos a liberar, senon que, por imperio das circunstancias, asíñannos un papel direitriz e ourentador. Debo siñalar eiquí a mañífica impresión que produxo a diñidade con que os galegos emigrados coidamos a Castelao, na sua vida, na sua enfermedade, e na sua morte. Ista impresión recollina en toda Galiza. A ela contribuiu de maneira moi especial a revista do Centro Galego cuio número adicado a morte do noso líder foi profusamente repartido alí. Na Cruña vendin tamén varios libros de Cruces. –––––––––––––– DE NOVO EN COMPOSTELA De paso pra Vigo estiven novamente en Santiago, esta vez adiqueime a venda do libro de Cruces, repetindo o eisito de Madri e da Cruña. Estiven tamen con este mañifico nucreo de irmans que conta con figuras como o sacerdote don Xesus Carro que consagra a sua vida a Galiza. Iste home e unha verdadeira eisceición. Manolo Beiras que une ó seu talento natural un patriotismo animado pol-a ilusión da sua xuventude; Mosquera Pérez benemérito galeguista fundador e principal sostenedor do Patronato Rosalía Castro; Fermín Bouza Brei culto poeta; Dtr. Baltar, Dtr. García Sabell, e infiñidade de xentes que, de fronte ou de esguello, traballan por Galiza. Alí me colmaron de atencións, almorzos, paseios, convites, e sempre co pensamento cara ao ideal. En Santiago vivín horas inesquecibles. Nos cafés, nas peluquerías, e en canto lugar se daba o caso, compro- ESTUDIOS MIGRATORIOS. 139 Unha visió n d a… bei como as xentes lembran os nosos persoeiros no eisilio, moi especialmente a Suarez Picallo. No café Derby a donde solía concurrir, dirixiuse a min un home mal entrazado sabedor de que eu era de Bos Aires. Preguntoume detalles da vida e morte de Castelao e despois de saber que Alonso Rios o sucede na cabeza do movimento do eisterior, deume pra il unha aperta, decíndome que era a derradeira mañifestación do seu patriotismo, xa que as circunstancias fixeran dil un cadaver patriótico (sic). Aquil home era o Dtr. Rajoy Lelup que fora Segredario do Comité Central da Autonomía de Galiza. Os sicarios da “Hespaña Grande y Unica” non lle perdonan haber servido tan lealmente a nosa Terra e fixeronno obxeto de vexaciós e malos tratos deica convertilo na piltrafa que pasea o seu corpo macilento pol-as ruas da cidade do Apóstolo, mal cuberto pol-os restos do que noutro tempo foi un traxe. Tamen asistin coa miña dona a un recital, que, a flamante galeguista Pura Vázquez fixo na Universidade, en Galego. Ista cultora das nosas letras fixo a sua entrada no galeguismo orgaizado naquiles días, e debutou co dito recital. Estivo moi concurrido, e debo sinalar, que a parte galega que ila fixo despertou mais intrés que os versos en idioma alleo lidos por un estudante extranxeiro. EN VIGO Tal como me indicaron os patriotas fun a Vigo, e, en un día e ora sinalados atopeime con Del Riego e os irmans Alvarez Vázquez nunha praia. Falamos de xeneralidades e logo almorcei co primeiro quen me enterou en detalle de toda a situación do galeguismo. Analizamos punto por punto todol-os sucesos e circunstancias habidas dende a guerra civil. A aituación dos nosos diputados nas cortes de México, do noso Castelao no goberno do eisilio, e dos emigrados en xeral. Na maior parte dos asuntos chegamos a un acordo total, en alguns fixen reservas mais de forma que de fondo. Ista conversa era preliminar da que o dia siguente tería na cidade co Comité Executivo en pleo, en sitio e hora que se me indicaría. Aquila noite vivin unha angustia profunda; e decir: tiven medo, apenas amortigado pol-os acordes dun coro que cantaba en galego na alameda contrastando cunha tonta que facía que cantaba framenco diante dun micrófono instalado o aire libre. O día siguente a mañan cedo recibin no hotel a visita do Segredario Don Manuel Gomez Román. Díxome que habían resolto facer a xuntanza dividida en grupos parciales, pois nas circunstancias 16 persoas xuntas poderían despertar sospeitas, mais ainda cando eu iba da América e xa estivera cos nosos elementos en todas as cidades; ademais alguns dos que asistirian como acababan de sair da cadea seguramente iban a andar vixiados. Anuncioume a visita pra dentro ESTUDIOS MIGRATORIOS. 140 M arcelino Xulio Fernánd ez Santiag o duns momentos dun home eisceicional. Foise e os dez minutos chegaron Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto. Foi un dos momentos de mais emoción que vivin na miña vida. Axiña me decatei de que estaba diante dun home de eisceición. Ramón Piñeiro e eistraordinariamente culto, con gran don de persuasión; vin nil a personificación e a espranza de Galiza que está firme aguantando a enxurrada pra marchar cara a liberación difiñitiva. A Xaime Illa xa o coñecera en Santiago, viña coa sua dona e encamiñámonos o Castro en cuio restaurante había un almorzo de militares de outa graduación celebrando non sei que acontecemento. Alí nun rincon poderíamos falar e discutir os probremas do galeguismo sin sospeitas de conspirar. O restourente ofrecía un aspeuto de impoñenza; aquiles militares que gañaron os galós perdendo todal-as guerras –menos a que fixeron contra o seo pobo– comían e bebian a barullo. Estaban ben lexos de supoñer que mentras eles largaban as gargalladas españoleiras do seu léisico transnoitado e decadente, alí nun rincón que un patriota fixera preparar especialmente, se praneaba a orgaización do movimento pra espulsalos da nosa Terra. Durante a comida discutimos largamente, asistian Illa, Del Riego, Piñeiro, Beiras de Santiago, e un pontevedrés cuio nome non lembro. Chegamos a un acordo compreto en canto os primeiros pasos dados no eisilio pol-o noso guieiro. Eiquí xurdiu unha pequena difrencia en canto a aituación de Castealo e as suas relacións cos do interior. Está demais decir que defendin a capa e espada a nosa posición, que e a de Castelao. Novamente me informaron do que habían feito, por que, e pra que, nas distintas circunstancias, igual fixei eu encanto a o noso traballo, e chegamos a un acordo. Quedamos en volver a xuntarnos dous días despois pra resolver sobor dos siguentes puntos que iles prantexarían aquila noite aos demais membros do Consello que non asistian: 1º - Posizón do galeguismo na hora aitual 2º - Coordinación de aición dos emigrados e do interior 3º - Labor e función do Consello de Galiza –––––––––––––– PONTEVEDRA Vilagarcía. Por consello dos patriotas pra desourentar os seides de Hespaña, pois tiñamos indicios de que nos seguían a pista, fun dormir a Pontevedra, e de mañan estiven en Vilagarcía. Alí puidan probar como lembran o noso conselleiro irman Villaverde, dil me falaron nun restourante, e un mozo de cordel na estación. Cito estes dous, poruque habendo estado somentes unhas horas non puiden falar con xentes diversas como fixera nos demais sitios. Alí vin a Dámaso ESTUDIOS MIGRATORIOS. 141 Unha visió n d a… Carrasco, gran patriota que foi moi perseguido e castigado, a Recuna Otero que sin militar especificamente no galegismo, paréceme un gran galego. En Pontevedra non poiden falar con naide dos nosos, ademais non era comenente pol-as mesmas razós que xa dixen; así mo aconsellaran en Vigo. De Vilagarcía fun a Rianxo a visitar as irmans de Castelao, a quen presentai os saudos de vostedes. Dalí fun a Padrón e rendin devoto homaxe a nosa Rosalía, no mesmo horto dos seus sofrementos e cantares e na mesma mesa de pedra en que ela escribira. –––––––––––––– NOVAMENTE EN VIGO O dia siguente e seguindo o consello da nosa xente volvín a Vigo e dirixínme a un sitio previamente convido. Tivemos a xuntanza no salon reservado dun hotel mentres xantabamos. Asistiron Illa, Del Riego, Piñeiro, Meixide, e outros dous irmans cuio nome non lembro, un era de Ourense. Foi esta xuntanza na que mais discutimos, pois na que iles tiveran na noite anterior cos membros que non asistiran volveron a discutir a aituación de Castelao. Sobor disto tiven con iles unha forte discusión que por momentos parecía derivar nun total desacordo. Púxolle fin Piñeiro cunhas frases acertad ísim as: “discutir o pasado –dixo– cando il foi todo boa intención e cun presente de tanta aitividade e unha tremenda tontería. O que temos que coordinar e o futuro que e a nosa plenitude na loita. Do pasado –engadiu– bastaría a diñidade con que os emigrados coidaron a Castelao na sua vida e nas suas derradeiras horas pra que conten co agradecemento eterno de Galiza, e unha deuda que temos con iles que somentes poderemos pagarlles o dia en que poidamos recibir na Terra os resto s de Castelao con mesma diñidade que iles o coidaron en vida”. Despois pasamos o que chamaría orden do dia, e arribamos as siguentes concrusio ns: 1º - O galeguismo orgaizado no interior adoitará as posicións e taiticas que as circunstancias aconsellen en cada caso, seguindo sempre a traeutoria tradizoal do movimento e tomará acordos con outras forzas demo cráticas sempre que elas recoñezan previamente os direitos da nosa nazón, e de ningun xeito con aquilas que non cumpran iste requesito. 2º - Os galeguistas do interior informarán direitamente da sua laboura o Consello da Galiza tan continuamente como as circunstancias e medios o permitan, do mismo xeito o Consello informará os do interior por intermedio do seo Comité Executivo. 3º - O Consello de Galiza coordinará o labor dos emigrados tendente a outer da O.N.U. o recoñecemento de Galiza como miñoría nazonal, tal como estaba na fenecida liga de Nacions, e promoverá diante das ESTUDIOS MIGRATORIOS. 142 M arce lino Xulio Fernánd ez Santiago demais minorías europeas unha xuntanza baixo o auspicio da O.N.U Os do interior comprometerónse a comunicar iste acordo a vascos e catalás. Termiñou a xuntanza xa moi tarde e alí despedinme daquiles homes que con tanta enegación como desintrés manteñen aceso o lume do ideal. Por delegación diles acompañóume a estación o irman Illa coa sua dona, pois era perigroso que foran os outros. Tomei o tren pra Ourense levando sobor de min o encarrego de trasmitir ós emigrados un acordo cos do interior que eu xuzgo de trascendencia. Cando o tren avanzaba pol-a veira do miño ollei o noso irman Portugal co pensamento posto na caricatura de Castelao. E os da banda d-alá son mais extranxeiros que os de Madri? Ensaei ista pregunta c-un pasaxeiro galego que a comprendeu; pro igoal que o vello da caricatura non me contestou. Creo que por desconfianza. Cicáis por prudencia. En Ourense esperábame o nucreo daquela ciuda: un diles estivera xa en Vigo. Volvemos a falar dos acordos que tomaramos en Vigo e que iles coñecían. Debo acrarar que iste e o nucreo que mais concordou conmigo: que millor entendeu a nosa laboura e ourentazón. Alí puiden ademirar canto por Galiza fixeron Cuevillas, Risco (oxe arredado), Don Ramón Otero, Noguerol; que siguen oxe, Leuter, Baldomero Gallego, Bóveda, etc. Con iles pasei unhos días recibindo a agasallo a diario de todos. –––––––––––––– En Lugo non tiven xentanza cos galeguistas orgaizados. Coñecin a varios, c-os que dende logo, somentes falei de cousas de orden xeral. Alí coñecín a moitos elementos de izquierda repubricana e outros demócratas; e honesto decrarar que todos lamentaban que a república non houbese satisfeito as aspiraciós de Galiza. Nunha tertulia de abogados e procuradores –uns oito ou dez– todos coñecian a cousa de Bos Aires principalmente a morte e solenne despedida dos restos de Castelao. Isto (digoo con insistenza por que e xusto) non sería posibre sin a aitiva parte que o Centro Galego lle correspondeu. Por estar Meira –a miña aldea– cerca de Lugo foi a cidade que mais visitei; e por ir alí con un parente e amigo que se adica o que en Hespaña -e tamén en Galiza- se chama dereito, coñecin e tratei a xentes de diversas condicions e maneiras de pensar. Ouservei que o galeguismo goza de prestixio. Os seus homes estan acreditados como xentes serias e ben centradas. E si ben e certo que hoxe o pobo perdeu o pulso, non e dificil decatarse que o galeguismo e pra todos unha espranza; ainda que moi lonxana. Isto ouserveino con cantas xentes falei en toda Galiza. Disto falamos moito nas xuntanzas en Vigo. Piñeiro razonou moi ben esta circunstanza. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 143 Unha visió n d a… En Ourense un abogado do estado decíame que os integrantes do frente popular –socialistas, repubricanos, anarquistas, etc.– pelexaron sempre; denantes das eleiciós do 36, no goberno, na guerra e no eisilio e que siguen no interior botandose as culpas duns a outros como unha pelota de futbol, mentras os galeguistas, sin pelexar, dividironse no 36 pra ingresar no frente popular e deixar prendida unha vela direitista, déronlle un home de gran valor –aludiu a Paz Andrade– ó centro, que acaudillaba Portela, sin unha sola recriminación; incruso houbo espulsiós, pro todo era formal, no fondo a todos os unia o ideal, e agora por exempro ningun da direita galeguista e capaz de mirar recelosamente a calquera galeguista laico, ou procedente e simpatizante do anarquismo que hay moitos. Iste e un gran mérito. O senso de irmandade: pra un galeguista nada hay superior mais que outro galeguista. As relacions dos galeguistas con outros seitores das izquerdas manteñenas a traveso de varios irmans, os comunistas que en Galiza hai poucos pro son aitivos, trataos un que os coñece ben. Os anarquistas outro, os repubricans outro, etc.: pois ben; o segredario xeral que tratei moito en Lugo por atoparse alí circunstancialmente, afirmoume que ningún distes grupos –especialmente repubricanos e socialistas– eisiste realmente; todos están pendentes da nos a xente, e do que iles fagan. Fruto da nosa cordial unidade. De todo esto dedúcese que o noso movimento estalle reservado un papel preponderante nun futuro mediato. Craro que pra elo e perciso unha grande aitividade. Piñeiro afirmou que os galeguistas teñen diante si un traballo inmenso, ciclopeo; que pode producirse a debacle en Hespaña e arrollarnos os acontecementos senon nos preparamos solidamente. –––––––––––––– Deica agora falei do movimento na sua faz política e aitiva. Quero tamen decir algo sobor de como atopei a Galiza n-outros aspeitos. Dendes que un entra na Terra moi axiña sa decata que non está en Hespaña; Non me refiro o paisaxe, nin o idioma, que a istes non hai maneira de confundilos con nada hespañol. Refírome a certas cousas que, parecería que pol-as circunstancias terían que ser igoales en toda a penínsua. Os xornaes, por exempro. Un periódico de Vigo no que non haxa pizca de galeguismo, e ainda que estea feito co cliché amazacotado e probe da situación, veráse nil, o que queira velo, un fondo galego e a idea de que Galiza non e Hespaña; salvo que non fale de Galiza pra nada, aparecerá a idea dunha Terra difrente, ainda que moi diluida e acaso sin que o que escribiu o quixese. Falará da economía galega, ou de arte galego ou do vivir galego, ou simpremente das eirexas ou do clero galegos: pro sempre dará a idea de que Galiza e difrente. Os negocios teñen en Galiza nomenclatura distinta e galega. E rara a taberna de vila ou cidade que non teña nome galego, algunhos incruso no noso idio- ESTUDIOS MIGRATORIOS. 144 M arce lino Xulio Fernánd ez Santiago ma como “o salto do can” ou “a nosa casa”. As empresas importantes tamen dan idea dunha Galiza difrente; “La Electrica Gallega” ou “Compañía Gallega de Transportes” etc. etc. Non comparto dunha maneira total as afirmacions de que o noso pais se está desgaleguizando. Non e certo –pol-o menos totalmente– que tenda a desaparecer a gaita nin os nosos bailes, nin que as xentes non canten en galego. E verdade que hai unha ola de Mexicanismo e as señoritas cursi e tamen algunhas aldeanas son capaces de chorar por Xorxe Negrete, que se canta o cuplé de moda e as gitanerías; pro esto non fai mais que compartir cas nosas canciós a alegría das xentes, pois todal-as veces que ouvin cantar grupos de mozos e mozas facíano alternando sempre cousas galegas, obsolutamente sempre. No tren que nos levou a Galiza iba unha compañía de teatro que debía ser moi mala; iban cantando; unha das rapazas era galega e duas ou tres veces cantou en galego; ela soia craro está. De Lugo a Cruña iban uns trinta ou corenta soldados no tren e dende a estación de Lugo sempre cantando, a maoría das veces en galego, e, a fé que o facían ben. No tranvía de Bayona a Vigo, mozos e mozas, -as duas ou tres veces que eu viaxei- cantaban e case sempre en galego. Non e certo que non se fale de galeguismo. O que pasa e que apenas se fala mais que de tonterías, como a costume de falar sempre mal do goberno. De galeguisma e o único que ainda se fala. Non hai que asustarse porque a nova xeneración de emigrantes chegue xa falando extranxeiro. Esto suceden sempre. E desde que un emigrante abandona a sua aldea xa fala extranxeiro como pra entrenarse; e isto pon o complexo en funciós. Logo aqui dice con certa voluptuosidade “Alla eso no se usa mas” ¡MENTIRA! O noso idioma –non digo nada novo– e o úneco que se fala en Galiza a perfeución pol-a totalidade das xentes, e emprégano totalmente na aldea e moitísimo nas ciudades de Santiago e Lugo: e mais ainda en Ourense. Na Cruña e Vigo fálase pouco, pro aínda alí fálano os traballadores que son moitos e a xente culta. Cando en calquera parte de Galiza se sinte empregar o idioma do opresor, non hai dubida trátase dun señorito tonto –que hai moitos– ou denota a presencia d-algo que non se desexa; un cobrador de contribución na aldea ou a fiscalía de tasas na cidade. Eu non falei en extranxeiro unha sola verba e ainda en ambientes señoriteiros contestábanme en galego o insistir eu. Certo que o noso idioma sigue tendoo por inferior a maoría dos paletos (e digo paletos empregando o conceito de Don Luis Tobío “peor que o paletismo dos iñorantes e o paletismo dos cursis”). Creo que o principal obxetivo inmediato do noso movimento no orden espiritual debe ser a valorización do idioma especialmente o escrito. Falar estranxeiro con outro galego e idiota e cursi, pro escribir e unha traición a Causa. O idioma debe ser algo eisí como o santísimo sacramento do ideal; traicionalo e traicionar a Galiza mesma. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 145 Unha visió n da… Hay na Terra moitos fautores de desgaleguización. Moitos tradicionales e seculares que Galiza resistiu e venceu. Pro hai un que eu xuzgo o mais perigroso; son os emigrados que volven. E moi raro que non falen despreciativamente da Terra; sempre decindo parvadas e falando de grandezas eisaxeradas, nunca das miserias da emigración, co que fomentan o renunciamento dos nosos mozos. –––––––––––––– Saín pra Madri de volta e alí despedínme do gra Ben-Cho-Sei e da sua diñísima dona. Don Alvaro Xil non se atopaba na “Vila podre”. O dia siguente estaba en Cuba. A media hora abrazaba a Don Antón do Campo, ourensan, empregado no Centro Galego. O Centro da Habana e un anaco de Galiza e os que concebiron aquila obra non estaban complexizados de minifundismo. Aquilo e impoñente. En Cuba non hai galeguismo orgaizado, ainda que o noso ideal tingue todol-os ambentes. A cousa específica circunscribese a homes. Fuco Gómez e Patria Galega son unha especie de “yo la escribo y yo la vendo” ainda que il regalaa. Fuco e un bo galego pro as suas conceicions galeguistas son refrexo da groriosa insurreción cubana, pensa, razoa e obra como calquera mambí, sin decatarse de que en Galiza non hai manigua, senon bouzas e prados, que non hai palmeras senon carballos e pinos, que non hai bateyes, senon aldeas. Ista lagoa teno arredado da realidade. Co delegado dise Consello de Galiza, irman Alvarez Gallego falei o día siguente da miña chegada, pois acababa de morrerlle a nai na Terra e xuzguei prudente non molestalo aquil día. Vostedes coñecen ben a Alvarez Gallego, pro ainda eisí permítanme que eu deixe constanza da gran impresión que me produxo a sua persoalidade. E home moi vinculado nos meios inteleutuales e políticos de pais, con gran ascendente; pro o ideal nil mantense aceso como se vivise na Terra. Informeille en detalle das conversas tidas cos do interior e coincidiu con iles na apreciación do futuro entusiasmandose coa idea de prantexar o asunto na O.N.U. Redautou il o seu pensamento encol diste asunto de cuia proposta escrita fixen xa entrega a ise Consello. Informoume en detalle da aituación da coleitividade de Cuba e fíxome obxeto de toda crase de atencións. Goza tamén na Coleitividade de gran prestixio. Il me acompañou a visitar ó Presidente do Centro Gallego, ó que vendin un exemprar do Libro de Cruces. Alí tratei tamén elementos de todol-os seitores, comunistas, socialistas, repubricans e galeguistas; son como os de calquera parte: os de eiquí, por exempro. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 146 M arc elino Xulio Fernánd e z Santiago EN MEXICO De Cuba fun a México. Hai na cidade azteca un nucreo galeguista composto eiscrusivamente –que eu sepa– por refuxados son unhos cantos e bos, pero non hai masa. En México hai poucos galegos e istes perdense entre os hespañoes; están “agachupinados” e son, como os gachupins, casi todos franquistas. Na capital hai un Centro Galego, pro que de tal ten moi pouco. Derradeiramente parez acordarse de Galiza e creo que teñen un coro que un distes dias foi cantar a Puebla. Teño entendido que vale pouco. Os refuxados estan considerando se ingresaban ou non. Os primeiros contaitos cos galeguistas de México tívenos por meio do Sr. Eduardo Barrio, arxentino, fillo do irman Xosé Barrio. Tivemos algunhas xuntanzas cos irmans Rodriguez de Bretaña, Valín, Leiro, Delgado Gurriarán. En México cometeuse, a meu entender, un erro garrafal o nomear delegado dise Consello a López Durá, iste está considerado un desorbitado sin senso común, ademais non se intresa no asunto mais que en contadas oportunidades. Estando eu alí organizouse o grupo c-unha filial en Puebla a cargo do irman Leiro. Aconsellaronme propoñer a ise Consello nomear representante alí o irman Florencio Delgado Gurriarán, e así o propoño creendo que co cambio haberá gañado moito o galeguismo. Tamen a istes irmans informeinos da cousa do interior, e emitiron a sua opinión favorabel a iniciativa de nomear representante na O.N.U. opinión que igual que o delegado en Cuba, fixérona por escrito e eu entreguei xa a ise Consello. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 147 RECENSIÓNS ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 151-169 Galicia nos contextos históricos. Cagiao Vila, Pilar (ed.). Santiago de Compostela, Universidade, 2000. Semata. N.º 11, 455 p. Galicia nos contextos históricos. Este é o título que abrangue 21 contribucións producto dun traballo colectivo editado pola profesora Pilar Cagiao Vila. Todas elas xiran sobre un mesmo marco espacial, Galicia, aínda que despois se amose moi dispar o tratamento que cada un fai sobre os distintos aspectos da súa historia, xeografía e arte. De aí que estes artigos estean distribuídos en dous bloques segundo a súa estructura: heteroxénea no primeiro, encadrado baixo o epígrafe de “Diferentes contextos”; e homoxénea no segundo, subtitulado “Sobre a emigración galega contemporánea”, do que se desprende a súa común temática e cronoloxía. Comezada a nosa análise polo primeiro bloque, observamos que pola súa vez pode dividirse en catro subgrupos: 1) Caracterizado pola presencia, importancia e identidade de Galicia na súa proxección exterior. 2) A individualización desa presencia galega a través de dúas figuras: João da Nova e Juan de Betanzos. 3) A emigración galega a América nun período anterior á súa fase hexemónica. 4) A inserción internacional de Galicia. Neste primeiro subgrupo a presencia e a identidade de Galicia póñense de manifesto dende a Prehistoria ata a Idade Moderna. ¿Que elementos se escolleron para tal labor? Para empezar, referímonos ó artigo de J. M. Vázquez Varela titulado “Los petroglifos prehistóricos de armas metálicas de Galicia en el contexto de la Península Ibérica, Europa y África”. O período cronolóxico que abrangue é o da Idade do Bronce e o seu autor afonda nas cuestións relativas ás funcións e significados dos petroglifos para logo facer unha análise comparada cos existentes no mundo alpino e no norte de África, considerando que, a pesar das súas diferencias específicas, reflicten unha nova ideoloxía portadora dunha complexidade social e económica máis grande que nas etapas anteriores. En segundo lugar, abórdase o tema da celtismo de Galicia, co artigo de M. V. García Quintela, “Galicia en el mundo celta”. ¿É un a priori ou unha cuestión irrelevante que non achega nada para a comprensión do rexistro histórico? O propósito do autor é dar novos azos ó debate fornecendo unha fonte orixinal para isto como é a documentación etnográfica a base de textos escritos en grego e algúns en latín. Debido a esta circunstancia, as respostas que ofrecen son indirectas pero moi significativas porque, segundo o autor, conteñen unhas características especificamente célticas. Estes temas non tiñan lugar no enfoque da cuestión céltica en Galicia e el considera que se ESTUDIOS MIGRATORIOS. 151 Recensións deben ter en conta ó mesmo nivel que as fontes arquitectónicas e lingüísticas, tradicionalmente consideradas. Un paso máis dentro da proxección externa de Galicia está constituído pola súa imaxe de “rexión histórica” de Occidente durante a Idade Media. Este é o obxectivo que pretende E. Ferreira Priegue co seu artigo “La identidad de Galicia en la ficción y en la realidad, en la Europa Medieval”. A imaxe que de Galicia se ten dende o exterior presenta tres aspectos individuais: é coñecida por ser unha rexión costeira, escala da navegación atlántica e un lugar idóneo para controla-lo tráfico entre as dúas grandes áreas marítimas; é a terra do Apóstolo Santiago e, polo tanto, o centro relixioso de Occidente fronte a Oriente (Xerusalén e Constantinopla); é un territorio con interese económico: trátase dunha terra con sona de rica, asociada con ouro e tesouros e productora de viño, peixes, madeira, coiros… Aínda que a cotío se descoñecía a súa categoría e encadramento políticos (para referirse a ela empregábanse termos como “rexión”, “provincia”, “reino”, “país”, “terra”), na práctica era un territorio ben coñecido que non necesitaba presentación nin ningunha precisión de localización, tanto para os desprazamentos de estranxeiros alí, coma da procedencia dos seus habitantes, sen que fose necesario salienta-lo feito de que se trataba de súbditos casteláns. A última vertente da proxección exterior de Galicia ofrécese a través da política de levas desenvolvida pola monarquía hispánica ó longo do século XVI, e da que se ocupa Mª. C. Saavedra Vázquez no seu artigo “Galicia al servicio de la política imperial: levas y armadas en el transcurso del siglo XVI”. Puntualiza a autora que non se trata de saber con exactitude cantos galegos loitaron nos escenarios europeos senón de demostrar en que medida a súa presencia se corresponde coa incorporación de Galicia ó programa político da monarquía. E dende logo que o demostrou, xa que a proba máis evidente desta incorporación constitúea a presencia de campesiños e pescadores en frontes de guerra tan dispares como Italia, a fronteira francesa, Lisboa ou Flandres. E aínda que no territorio galego a presión militar foi moito menor que no caso castelán, non debe dar lugar á súa consideración como irrelevante ou simplista. Nun segundo subgrupo a presencia galega no exterio r co ncrétase ago ra nos feitos realizado s po r d úas perso nalidades: o navegante Jo ão da No va e o c ronista Juan de Betanzos. O primeiro fo i “rescatado ” po r E. Rey Tristán no seu artigo “Participació n gallega en lo s inicios de la expansión p o rtuguesa en el Índic o: João da No va”. O p apel desemp eñado por este “desc onocido personaje gallego” no p ro ceso de expansió n ultramarina p o rtuguesa serve á vez c omo causa e efecto para amo sar os aspec tos clave d a expansió n po rtuguesa da zo na: as relació ns de poder, formas po líticas, eco nó micas, etc. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 152 Recensións O segundo destes personaxes dá título ó artigo de Mª. C. Martín Rubio, “El cronista Juan de Betanzos y el Perú del siglo XVI”. O propósito da autora é o de demostra-la importancia fundamental que teñen as crónicas escritas durante os séculos XVI e XVII para poder comprende-lo fondo das ancestrais culturas desenvolvidas nos territorios americanos. Nembargantes, advirte tamén dos seus “perigos” ó seren escritas por persoas pertencentes a civilizacións moi diferentes. Pero nada diso pasa con esta crónica porque non se trata dunha crónica calquera senón do “máximo cronista gallego americanista y uno de los padres de la historiografía andina”, e está escrita cun perfecto dominio da lingua quechua por parte do seu autor. A temperá emigración galega cara a América é o referente do terc eiro subgrupo, que alude á presencia galega en México (Mª. L. Pazos Pazos, “De los ho m b res y mujeres gallegos en la vida minera de Zacatecas”), en Colombia (V. Zuluaga Gómez, “Presencia gallega en Colombia”), en Uruguai (C. Zubillaga Barrera, “Identidad étnica en la inmigración gallega en Montevideo hacia comienzos del siglo XIX”) e, finalmente, en Cuba (C. Naranjo Orovio, “Los trabajos y los días: colonos gallegos en Cuba en el siglo XIX”). A cidade de Zacatecas chegou a ser, durante a época do vicerreinado, un dos principais enclaves económicos, e este feito non pasou desapercibido para un grupo de galegos que se asentaron alí atraídos polas riquezas das súas minas. A autora do artigo, baseándose nunha ampla e nutrida fonte primaria (arquivos parroquiais e notariais), individualizou, de entre a colectividade española en Zacatecas, os galegos, estudiando a súa evolución socioprofesional e os seus mo dos de vida. Tamén chegaron os galegos á cidade de Marinilla, pertenc ente á provincia de Antioquía en Colombia, pero agora formando parte dos prim eiros poboadores xa que esta cidade foi fundada como producto dunha avanzada de conquistadores españois. O seu autor dedicouse tamén a rastrexa-la presencia galega entre estes primeiros poboadores ademais de constatala persistencia de determinados costumes derivados da “galeguidade” presente na zona. Unha temática diferente amosa o artigo de C. Zubillaga, quen resalta a reafirmación da identidade dos inmigrantes galegos en Uruguai con motivo da invasión francesa da Península Ibérica. Recolle este autor tódolos pasos ata chegar á eclosión desta identidade: a protoinmigración galega, a constitución das redes étnicas, a rep ercusión en Montevideo da invasión napoleónica e, por último, a aparición do “Gremio de Gallegos”, composto por comerc iantes urbanos de mediano poder económico e dirixido por catro galegos con máis de vinte anos na cidade e dos que Zubillaga realiza un porm eno rizad o seguimento. A última achega deste subgrupo estudia a importación de colonos galegos a Cuba nas décadas centrais do s. XIX, inserida nos proxectos de colonización branca da illa ante o perigo de africanización desta. Céntrase a autora no caso máis coñecido, o de Urbano Feijóo de Sotomayor, en 1853. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 153 Recensións O cuarto subgrupo inclúe só un artigo, o de R. Rodríguez González, “Galicia na Unión Europea: integración e perificidade”. Estas dúas consecuencias contidas no título responden á dificultade de chegar a unha visión única do significado que supuxo para Galicia a súa integración na U.E. O autor afonda nesta dobre causalidade. O segundo bloque tamén se amosa axeitado para a súa división, e así o fixemos, distinguindo cinco subepígrafes: 1) Dedicado á formulación de cuestións metodolóxicas para o tratamento da emigración. 2) Centrado no transporte dos emigrantes. 3) Sobre os movementos migratorios dunhas determinadas áreas xeográficas. 4) O asociacionismo galego alén do mar. 5) A emigración vista dende unha óptica artística: pintura e cinematografía. O primeiro subgrupo inclúe os artigos de J. R. Bertrand, “La emigración gallega, ¿sistema original?”, e de F. J. Devoto, “Las cadenas migratorias de Santiago de Compostela hacia las Américas. Un ejercicio metodológico”. Neles formúlase a necesidade de realizar unhas análises máis sistemáticas dende o punto de vista demográfico e socioeconómico, ademais de soste-la orixinalidade do comportamento migratorio galego (Bertrand). Noutro caso (Devoto) o artigo serve como “enfoque micro” para promover unha discusión acerca das clásicas explicacións macroestructurais, en concreto o concepto de cadea migratoria e a súa aplicabilidade a partir do emprego de fontes nominativas, unha fonte da que, segundo o autor, a historiografía española sobre migracións leva feito ata o de agora unha aplicación pouco sistemática. O segundo subgrupo refírese ó estudio dun aspecto puntual do fenómeno migratorio como é o transporte: A. Vázquez González, “El ocaso de la armaduría gallega y la emergencia de los nuevos señores del transporte emigratorio a América: los consignatarios (1847-1880)”, e J. Hernández Borge, “La emigración portuguesa a través de puertos gallegos (1891-1956)”. O paso da vela ó vapor sérvelle a Vázquez González para presentarnos un antes e un despois no transporte emigratorio: os veleiros propiedade de armadores galegos fronte á aparición dos buques a vapor, que supuxo a potenciación da faceta consignataria dalgúns destes armadores e, sobre todo, a súa actuación como comisionados das compañías navais a vapor, principalmente estranxeiras. Pero o feito máis destacado foi a irrupción no sector das grandes compañías de vapores transatlánticos. O papel exercido polos portos é moi coñecido, pero aquí a orixinalidade reside en que non gardan relación coa emigración galega senón coa portuguesa. Hernández Borge sinala a importancia que posúen os portos galegos, en concreto o de Vigo, para aquela emigración portuguesa que, dirixida á América, non empregou os portos do seu país. O terceiro subgrupo caracterízase por ofrecer tres estudios puntuais acerca dos movementos migratorios, orientados ben dende a súa consideración como emigrantes: D. González Lopo, “Los movimientos migratorios en tierras ESTUDIOS MIGRATORIOS. 154 Recensións del interior de Pontevedra entre 1801-1950: características y puntos de destino”, e C. Ferrás Sexto, “Desde Avión para Jalisco. Historia y perfil socioeconómico de la emigración gallega hacia México en la segunda mitad del siglo XX”, ben como inmigrantes: G. Marín Araya, “Gallegos en Costa Rica a finales del siglo XIX”. O primeiro destes artigos analiza a evolución dos puntos de destino no século XIX e a primeira metade do XX. Trátase dunha zona que, en vez de preferir como destino en ultramar a América española, decántase polo estado do Brasil. No seguinte artigo o autor, despois de dedicar unha rápida panorámica á historia do éxodo español a México, céntrase na colectividade galega actual nesta área e amósanos unha aproximación do seu perfil social, cultural e económico, así como os efectos que produce este fenómeno emigratorio na súa comunidade de orixe. Finalmente, o artigo de Marín Araya estudia dende unha perspectiva cualitativa os emigrantes galegos, deténdose no proceso de formación das cadeas migratorias e na reconstrucción das redes familiares. Constitúe o penúltimo subgrupo o artigo de X. M. Núñez Seixas, “A parroquia de alén mar: algunhas notas sobre o asociacionismo local galego en Bos Aires (1904-1936)”. Fóra xa da análise de casos puntuais e de consideracións xerais como os distintos destinos, o transporte, etc., este artigo refírese a un determinado aspecto que caracteriza a inmigración galega en América (aínda que se toma como base a cidade de Bos Aires) como é o asociacionismo a escala microterritorial. O autor analiza as causas que o provocaron, a súa similitude con outras colectividades e as súas modalidades. O último subgrupo pola temática que trata non está exento de orixinalidade: A. Garrido Moreno, “El arte público en el exilio argentino: la obra mural de Luis Seoane”, e J. M. Folgar de la Calle e R. Martín Sánchez, “Miradas cinematográficas sobre a emigración galega”. O artigo de Garrido Moreno é o único que recolle o tema do exilio e, dentro deste, a difusión que se fai da cultura galega. O segundo artigo responde ben ó seu título, xa que se estructura nunha ollada tripartita: a emigración na historia do cinema, a emigración no cinema español e, finalmente, a emigración galega no cinema español, a través da análise de tres películas. A modo de consideración xeral, cómpre dicir que todas estas contribucións, algunhas máis longas ca outras ou cunha maior ou menor sistematización, forman unha escollida compilación onde quizais non estean representados tódolos temas do fenómeno migratorio (por outra parte labor imposible nun só volume) pero si son tódolos que están; conséguese, ademais, un feito que xulgamos moi importante como é a multidisciplinariedade. HERMINIA PERNAS ESTUDIOS MIGRATORIOS. 155 Recensións Casas de Indianos Bores Gamundi, Fernando (coord.) Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2000. 616 p. O reto rno dos emigrantes é un fenómeno central da histo ria rec ente galega, un proceso clave á hora de dar unha explicación axeitada do mapa sociopolítico de Galicia ata 1936. Un dos elementos simbólicos que mello r no s fai comprender este feito é a arquitectura, tanto a pública co mo a privada, que se espalla pola nosa xeografía e q ue fo i construída por mandato de p erso eiros ben desde a outra beira do Atlántico ben cando regresaro n para establecerse no seu lugar de orixe. O libro ó que nos imos referir nas seguintes liñas fai referencia, precisamente, ós edificio s, ás vivendas, unifamiliares o u no n, pero que importaron un xeito no vo de edificar e, polo tanto, de habitar; porque non podemos esquecer que unha casa é o lugar onde imos pasa-los días da nosa vida, a “máquina de habitar” da que falaba Le Corbusier e que nos lembra José Ramón Alonso Pereira, colabo rador no volume. Isto significa que o promo tor ten que ideala de tal xeito que lle sexa o máis cómoda e identificativa posible. Construír nun estilo artístico novo significa non só que muda a arquitectura senó n tamén o xeito de pensar daquel que paga e que vai vivir nela. A obra Casas de Indianos é producto dun ambicioso proxecto de investigación que pretende cataloga-la arquitectura americana existente nas zonas costeiras de Lugo e A Coruña. Nel colaboraron diferentes estudiosos do tema, desde historiadores a arquitectos, pasando por fotógrafos e especialistas en arte. O traballo divídese nunha parte teórica e noutra de experiencia sobre o terreo. Na primeira delas, Carlos Sixirei introdúcenos no mundo da emigración a Cuba, lugar de onde proceden a maioría das remesas económicas que permitiron as edificacións. Tras ela atopamos un magnífico estudio arquitectónico realizado por José Ramón Alonso Pereira onde nos amosa as diferentes categorías da casa indiana, xa que esta pode ser de nova feitura ou unha remodelación da casa dos devanceiros. Tamén nos sitúa xeograficamente no ámbito de estudio, a Mariña lucense e coruñesa, escollido porque é aquí onde se atopan os mellores exemplos de arquitectura americana, o que non é óbice para analizar, nun futuro agardemos que non remoto, o resto de Galicia. A través destas páxinas podemos establecer unha tipoloxía do que sería unha casa de americanos, tanto a nivel simbólico como constructivo. A seguinte achega vén da man de Antonio Garrido Moreno, profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago e un dos mellores especialistas que sobre o tema hai en Galicia, quen incide nos elementos ornamentais da arquitectura indiaESTUDIOS MIGRATORIOS. 156 Recensións na do noso país. O artigo de José Carlos Breijo Rodríguez está centrado no exemplo da parroquia de San Claudio, en Ortigueira, da que el mesmo é oriúndo. Remata o escrito cunha breve identificación dalgunhas das casas que existen nese lugar, e que en parte complementa o realizado na segunda parte do catálogo. Aquí, nesta parte, é onde comeza o traballo de campo, dirixido por Fernando Bores Gamundi, que, nunhas primeiras liñas, formula tódalas interrogantes que se pretenderon responder coa realización da obra. A investigación sobre o terreo levárona a cabo estudiantes de arquitectura e arquitectura técnica da Universidade da Coruña, o que amosa, de novo, a valía dos bolseiros para a realización deste tipo de pescudas, labor que tan poucas veces se ve recoñecida. As fichas coas que se realizou a enquisa son as utilizadas en proxectos parellos pola Xunta de Galicia, o que nos fai sospeita-la súa aprobación por parte dos colexios de arquitectos e, polo tanto, que poidan ser utilizadas para outros fins, non só os meramente históricos. O mesmo pasa coas fotografías que acompañan cada descrición, tanto a relativa á identificación da vivenda como a que ofrece os datos sobre esta. O que se aprecia neste traballo práctico é a diferente consideración de casa indiana, pois ás veces amósanos unha residencia labrega reformada, outras, mansións e outras, construccións urbanas de varios andares. Tamén nos chama poderosamente a atención o feito de que sexa esta a primeira obra de certa consideración que trata este tema en Galicia, a pesar de se-lo noso un país de emigrantes, e a arquitectura un dos elementos máis significativos, por evidente, do fenómeno migratorio. Lembremos como algúns dos mellores arquitectos do primeiro tercio do século XX tiveron como clientes especiais a indianos, como os irmáns García Naveira en Betanzos ou García Barbón en Vigo. As cidades e as vilas galegas experimentaron unha eclosión modernista neses anos gracias precisamente á pegada que os novos mecenas das artes trouxeron de América; a arquitectura galega viuse enriquecida polos seus gustos, que integran ó unísono modernismo e localismo. Mais isto non é un feito da contemporaneidade; xa en etapas anteriores, o gusto americano deixouse sentir na nosa terra. O indio gaiteiro da Catedral de Tui, obra de Domingo Rodríguez de Pazos, de mediados do século XVIII; a máis visible e paradigmática cuberta dunha das torres da Catedral de Compostela, en escaleira e inspirada na arquitectura precolombiana; ou o Pazo de Alonso de la Peña Montenegro en Padrón constitúen exemplos evidentes deste fenómeno de importación artística. Aínda así, os estudios referentes ó tema son escasos, polo que nos temos que alegrar da saída á luz deste catálogo que agardemos sexa o primeiro paso doutros moitos que analicen a arquitectura americana no seu conxunto. Esta obra, editada pola Xunta de Galicia, incide nas vivenESTUDIOS MIGRATORIOS. 157 Recensións das particulares dos retornados pero non trata aquelas obras públicas que eles mesmos sufragaron e coas que introduciron un gusto arquitectónico novo no agro galego. Referímonos, entre outras, á escola construída en Cee por Fernando Blanco de Lema, ó proxecto educativo de Pedro Murias en Ribadeo, ó Pasatempo de Betanzos ou ó Teatro Rosalía de Castro da Cidade Olívica, custeado por José García Barbón 1. Unha cuestión metodolóxica, que xa foi reflectida polo profesor Núñez Seixas, é a que se refire ó concepto de arquitectura americana ou indiana2 . Co primeiro termo desígnanse as obras realizadas polos retornados pero que non supoñen unha plasmación evidente do seu poderío económico; no segundo suposto fálase da fachenda do novo rico. Esta é unha división necesaria en calquera estudio sobre o fenómeno migratorio e dun xeito máis evidente no que á arquitectura se refire, xa que a reforma dunha vivenda coa inclusión dun baño é unha realización con evidente influencia de urbes como Bos Aires ou A Habana pero que chama menos a atención que as construccións que o libro Casas de Indianos nos presenta na súa maioría. A primeira conclusión que reflicte este estudio é o feito de que a maioría das edificacións eran levantadas no lugar de orixe dos promotores e deixaban ve-lo seu novo status social, xa que a mellora económica tiña que ser evidente para o resto dos veciños. A arquitectura marcaba o carácter diferenciador que cada retornado pretendía amosar cun gusto ecléctico, cunha nova escala e unha ornamentación excesiva e de pouco gusto, de aí que sexa o cliente e non o arquitecto o que adopte e seleccione o estilo, copia do que nese momento se realizaba en Bos Aires, Montevideo e sobre todo A Habana, e que, paradoxalmente, era o que se estaba a realizar en Londres e principalmente en París. É o que Ignacio Cabano Vázquez chama arquitectura de ida e volta, no sentido de que as tipoloxías ou modelos exportados a América desde Europa son imitados polos retornados3. Aínda que o tema do presente traballo sexan as vivendas particulares, a súa lectura dános pé para reclamar un estudio de toda a arquitectura, ou polo menos da máis representativa, realizada polos emigrantes retornados a Galicia, estudio que reflicta tamén o construído nas provincias de Pontevedra 1. Estes exemplos foron estudiados nos traballos de Cabano Vázquez, I.: “A arquitectura americana en Galicia”. En Galicia-América. Cinco séculos de historia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1996; p. 223-228; Cabano Vázquez, I. e Pato Iglesias, Mª. L.: El Pasatiempo: o capricho dun indiano . Sada/A Coruña: Ed. do Castro, 1998, entre outros. 2. Núñez Seixas, X. M.: “Sobre tangos, emigrantes e indianos”. Guía dos Libros Novos . Nº . 31, xullo-agosto de 2001, p. 6-8. 3. Cabano Vázquez, I.: “A arquitectura americana...”, art., cit., p. 225. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 158 Recensións e Ourense así como aquelas construccións efémeras pero que marcaron un fito na historia arquitectónica da nosa terra. Xa nomeámo-lo Teatro Rosalía de Castro, obra patrocinada por García Barbón e realizada por Antonio Palacios, ó que lle podemos xunta-la igrexa de Verín, as innumerables tendas dedicadas á venda de ultramarinos espalladas polo rural galego ou as escolas das que xa falara Vicente Peña Saavedra4. Dentro do grupo de arquitecturas xa desaparecidas, destacámo-lo pavillón do Centro Gallego da Habana na Exposición Regional Gallega de Santiago de Compostela celebrada en 1909, onde o estilo modernista queda patente e o arquitecto López de Rego plasma nos dous únicos edificios que aínda se conservan hoxe na Alameda compostelá. A lectura da presente obra sinálanos un camiño dentro da historia da arquitectura en Galicia, xa que podemos afirmar que a introducción de estilos europeos na nosa terra non se fixo a través dos Pireneos, senón dando unha volta por cidades americanas que naquel momento estaban na vangarda das artes e das letras en occidente. O eclecticismo francés, os xardíns románticos ingleses, o kitsch ou o exótico deixaron unha forte pegada na creación artística galega; mesmo se pode dicir que moitas das innovacións que en Galicia aconteceron no primeiro tercio de século debéronse ás influencias americanas máis que ás europeas e incluso ás españolas. Por riba de toda esta actividade de filantropía está o desexo de figurar por parte do promotor. Coa fundación de escolas é apreciable este feito, xa que a placa conmemorativa da sociedade que levou a cabo a construcción destas ten que ir situada nun lugar destacado. O mesmo acontece con moitas das edificacións que o presente estudio sinala. Entre todas destacan a casa dos Moreno en Ribadeo e La Perla del Sur en Fene. Este é un feito evidente en todas elas. Os xardíns ó xeito inglés ou a presencia de palmeiras ou outras árbores alóctonas coma o ligustro ou a tuia confirman o interese do indiano por aparentar; como afirma Antonio Garrido: “En los casos en que el indiano vuelve a Galicia con una saneada estabilidad económica al construir su vivienda trata de dotarla con aquellos signos externos que muestren su nueva posición social conseguida”. Polo tanto, toda ela, desde a máis sinxela á máis sobresaínte, constitúese cun marcado carácter diferenciador sobre o resto das construccións domésticas coas que comparte o espacio territorial. Con estudios como o presente, que inciden na obra dos retornados, os debates sobre a emigración achéganse máis á realidade. Os indianos non só influíron no desenvolvemento político e social do país, non só supuxeron un 4. Peña Saavedra, V.: Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. Santiago: Xunta de Galicia, 1991, vol. I-II. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 159 Recensións pulo económico para o agro, tamén fixeron cambia-la fisionomía do espacio galego; a liña de horizonte de moitas vilas ofreceu un deseño radicalmente oposto ó existente, xa que non só as torres da fábrica e da igrexa se podían recortar no ceo, senón tamén a da vivenda do americano ou, como no caso da Casa del Adriano en Fene, a propia silueta do promotor. Coa lectura desta obra evocamos unha paisaxe intensamente humanizada, configurándose un espacio transitado e transitable. A aldea é un territorio ensanchado a partir do momento en que os indianos edificaron as súas mansións. É esta a nova realidade paisaxística, con multiplicidade de formas e acompañada dun intenso colorido propiciado pola diversidade de materiais constructivos e de especies vexetais. Con este catálogo agardemos que se establezan as pautas para futuros estudios sobre o tema que completen o aquí exposto; sen dúbida, este é o camiño acertado para un mellor coñecemento da influencia dos emigrantes na configuración de Galicia en tódolos ámbitos da vida. GUSTAVO HERVELLA GARCÍA ESTUDIOS MIGRATORIOS. 160 Recensións Inmigración y exilio. Reflexiones sobre el caso español. Lida, Clara E. México, Siglo Veintiuno editores, 1997. 174 p. A historiografía referida á emigración transoceánica española ó longo dos tempos tivo importantes avances dende a segunda metade do século XX. O transvasamento de poboación peninsular cara ós distintos países americanos foi o eixe central de moitos estudios que, partindo da realidade migratoria, profundaron nunha gran diversidade temática. Así, na actualidade, son innumerables as publicacións sobre a emigración española en Arxentina e Uruguai; do mesmo xeito, editáronse traballos que examinan a presencia de peninsulares en países como Venezuela, Colombia, Brasil..., formulando estes estudios unha rica pluralidade de enfoques e de temáticas. Aínda que é certo que estes traballos enriqueceron o coñecemento sobre a entrada de españois nas repúblicas americanas, dando a coñece-lo perfil socioeconómico do emigrante, os países de acollida preferentes, a inserción na sociedade receptora, a dedicación e a participación política, as organizacións asociativas e incluso as condicións de retorno e adaptación á súa terra natal, entre outra suxestiva e variada temática, o certo é que a presencia de españois en México permaneceu sempre relegada a un segundo plano. A importancia cuantitativa dos países riopratenses nos anos de maior auxe migratorio (1875-1930) escureceu, dalgún xeito, todo o referente á entrada de inmigrantes noutros países que, aínda que en menor medida, tamén exerceran, ó longo dos anos, de país de referencia para os emigrantes ibéricos. O estudio que presenta Clara E. Lida cobre, dalgún xeito, estas eivas da historiografía contemporánea. Tal como afirma a autora, non podemos considerar México como un dos grandes destinos dos emigrantes europeos en xeral e peninsulares en particular, xa que dende o punto de vista cuantitativo a súa importancia é ínfima. Nembargante, tanto por ser unha constante dende os anos posteriores á consecución da independencia ata aproximadamente os anos cincuenta do século XX, como pola importancia cualitativa da súa inmigración, o tema merece unha atención que ata o momento non se lle prestou e que a profesora Lida, tanto con este traballo como con outros anteriores, vén mitigando dende hai uns anos1. 1. Vid. Lida, C. E. (coord.): Tres aspectos de la presencia española en México durante el porfiriato, México, 1981. Da mesma autora: Una inmigración privilegiada. Comerciantes, empresarios y profesionales españoles en Méx ico en los siglos XIX y XX, Madrid, 1994, que é unha compilación de traballos sobre o perfil ocupacional da inmigración española; e infinidade de artigos que clarifican, ó longo das súas páxinas, certos asuntos concretos da inmigración española en México. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 161 Recensións O libro que presenta nesta ocasión, Inmigración y exilio. Reflexiones sobre el caso español, ten, tal como podemos apreciar no título, dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira delas ofrécenos unha visión xeral da realidade da corrente migratoria española en México dende diversos enfoques e perspectivas, e deixa para a segunda parte da obra todo o referido ás numerosas saídas forzosas de republicanos da península motivadas polas duras persecucións ás que foron sometidos co estalido da Guerra Civil. Aproveita ademais, nesta última parte, para analiza-los posibles encontros e desencontros que se xeran entre, segundo as súas propias palabras, “el universo receptor y el inmigrante”, estimulando ó lector para que reflexione sobre a pluralidade de mundos e de culturas que esta inserción provoca. Con gran criterio, e seguindo en todo momento o fío conductor presente ó lo ngo de toda a obra –a presencia española en México–, a auto ra amósanos, nun intento de expo ñe-lo estado da cuestión, os diferentes camiño s que se poden tomar nas futuras investigacións so bre a materia, revelando a escaseza de estudios existentes e invitando ós posibles investigadores a afondar no tema. Unha vez clarificado o punto de partida da obra, a autora fainos partícipes, nunha importante e minuciosa análise, das fontes primarias existentes na actualidade para aborda-la temática suxerida. Fai un percorrido polos distintos arquivos de México e España nos que se atopa repartida valiosa información sobre a emigración española, tanto libre como forzosa, que ó longo do século XIX e XX emprendeu a súa marcha cara a México. Detalladamente, infórmanos das fontes existentes en ámbolos dous países, facilitando cos seus datos o acceso a estes escritos. Por unha parte, subliña aquela documentación que se encontra en México, en concreto no Archivo Histórico de la Secretaría de Relaciones Exteriores, e na sección de “Gobernación” no Archivo General de la Nación. Por outra parte, fai referencia ó que se atopa en España, destacando aqueles documentos que dende os anos setenta están depositados no Archivo del Ministerio de Asuntos Exteriores, na actualidade dividido entre o arquivo deste ministerio e o de Alcalá de Henares. Por último, dentro desta primeira sección, a obra céntrase no suxeito principal da investigación, o inmigrante. Nun novidoso e necesario estudio, Clara E. Lida preséntanos unha primeira aproximación cuantificadora da entrada de españois en México dende a consecución da independencia en 1821 ata o comezo da Guerra Civil na península. Tal como destaca a autora, as fontes que existen para o século XIX son moito máis escasas e ofrecen unha menor fiabilidade ca aquelas que recollen datos referidos ó século XX. Así mesmo, aínda que presenta unha visión coherente e homoxénea dos anos posteriores á independencia, e sen dúbida de gran valor por ser unha das primeiras aproximacións rigorosas, o certo é que afonda máis no primeiro tercio ESTUDIOS MIGRATORIOS. 162 Recensións do século XX. Ademais proporciónanos un perfil socioeconómico daqueles españois que dende 1821 entraron no país. Tal como sinalabamos anteriormente, son as características específicas as que fan interesante a inmigración española en México, xa que o seu número é insignificante no contexto total de Latinoamérica. Seguindo as indagacións da autora, a poboación española que dende os últimos anos da época colonial se asenta en México elixe preferentemente o ámbito urbano. En canto ó seu perfil ocupacional, pódese afirmar que, maioritariamente, pertence ó ramo do comercio e da banca, actividades productivas de clara orientación urbana, fronte ás baixas porcentaxes dedicadas ó sector agrario ou pesqueiro. Polo tanto, as cifras son opostas ás que se rexistran nos países do cono sur e, sobre todo, naqueles con maior porcentaxe migratoria na etapa considerada de emigración masiva. Nesta aproximación cuantitativa, a autora ofrécenos gran cantidade de táboas e gráficos que nos achegan ó coñecemento real da presencia española en México. Destacan os datos que nos dá sobre os lugares e condicións de orixe do inmigrante, así como a estructura por sexo e idade, ou os que fan referencia ó estado civil. A segunda parte refírese a esoutra vertente que xera un importante fluxo de españois cara a México nos anos da Guerra Civil e nos inmediatamente posteriores: o exilio. Tras analizar brevemente a terrible experiencia que sufriron aqueles que, polos seus ideais políticos, tiveron que abandonalo todo e intentar empeza-la súa vida de cero nun país descoñecido, a autora destaca os lugares escollidos polos exiliados na súa busca de liberdade. Tras repasar dun xeito conciso os casos daqueles que conduciron os seus pasos á Unión Soviética e a Francia, o estudio céntrase nos que se dirixiron cara a Latinoamérica para referirse nas páxinas seguintes, dunha maneira máis ampla, a México. Comeza presentando as circunstancias excepcionais que fixeron deste país un dos máis fieis defenso res da causa republicana. Así, dende o primeiro momento, o país decanto use po lo bando republicano mediante a venda de armas e o envío de medicinas e alimentos. Do mesmo mo do, entre 1936 e 1937, a embaixada de México en Madrid, así co mo as súas distintas delegacións na Península, exerc eron sen ningún tipo de restricció n o dereito ó asilo de españois de ámbolos dous bandos e axudaron a saír ó s que así o d esex ab an. En México tamén se podía percibir ese apoio. O goberno de Cárdenas abriu as fronteiras do país e ofreceuse a ampara-los refuxiados españois que saían da Península. Por medio de certas asociacións creadas para tal fin, como o Servicio de Evacuación de Republicanos Españoles (SERE), fundado en Francia, a Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE), creada dende México po los soc ialistas de Indalecio Prieto , o u a Co misió n ESTUDIOS MIGRATORIOS. 163 Recensións Administradora do Fondo de Auxilio a los Refugiados Españoles (CAFARE), chegaron ó país miles de refuxiados, os cales, co tempo, fixeron de México o seu lugar de residencia. Tamén se fomentou dende o goberno a creación da chamada Casa de España –que nos anos corenta pasaría a se-lo actual El Colegio de México– co fin de acoller a tódolos intelectuais republicanos para que seguisen neste centro realizando os seus estudios e investigacións. Unha vez analizada a entrada de emigrantes voluntarios, que motivados por diversos condicionamentos abandonan o seu país de orixe e se dirixen a México, e a daqueles que teñen que abandonar España para salva-la súa vida, a autora introdúcese nun terreo moi interesante e contro vertido: o da convivencia dos dous mundos que entran en contacto. Tanto ó final da primeira p arte como da segunda, Clara Lida examina as asimilacións e a integración dos españois na sociedade receptora así como as actitudes de rexeitamento irreconciliable do considerado como estraño. Neste apartado a autora refírese a América en xeral, sen precisar tanto no caso mexicano. Paulatinamente, os inmigrantes van tendo un sitio na sociedade receptora e van sendo aceptados, en maior ou menor medida, segundo o país. O certo é que, nun principio, o rexeitamento do descoñecido predomina nos americanos e existe un certo receo cara ó español. Comezando polos primeiros anos de independencia, a obra introdúcenos nun mundo de contraposicións continuas. A autora estudia estes contrastes coa análise do caso arxentino, ben coñecido pola pro feso ra Lida tanto pola súa traxectoria vital –é de orixe arxentina– como pola súa experiencia investigadora. Afirma que, a pesar de que nalgúns países, como aconteceu na República Arxentina, se deron teorías que defendían a entrada de inmigrantes no territorio nacional debido á necesidade de poboar, o rec o rdo das guerras coloniais está moi presente e desconfíase de todo o español. Ademais, pouco a pouco, os españois vanse facendo co poder das facendas e dos sectores económicos do país. Aínda que é certo que América foi rec ep tiva á hora de recibir inmigrantes, tamén se destacan neste volume as tendencias xenófobas tanto da poboación receptora como da estranxeira. Nas últimas páxinas da obra invítase ó lector a reflexionar sobre os cinco séculos de presencia española en América. Dende os últimos anos de co lonia ata o s anos corenta vivíronse numero sas situació ns que van dende a esperanza á desesperación e da ilusión ós pesadelo s. A autora repasa esta p resencia, distinguindo os obxectivos de cada un dos inmigrantes e as distintas reacció ns dos americano s. Intenta amosa-lo que América significou para a conciencia española e a mentalidade que xerminou dese contacto de culturas. Como epílogo final preséntanos un exemplo de enfro ntam ento entre a so ciedade crioula e os españois que por falla de entendemento e po r co ndicionamentos externo s rematou en traxedia; refírome á masacre de Tandil na Arx entina. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 164 Recensións Para rematar, Clara Lida faise eco dunha realidade á que se tende nos últimos anos; xa non son os españois os que soñan América como aquela terra prometida, son agora os americanos os que soñan Europa; tal como di a autora “es la otra cara de un viejo sueño que recomienza”. MARÍA PRESAS BENEYTO ESTUDIOS MIGRATORIOS. 165 Recensións Os “brasileiros” da emigração . Jorge Fernandes Alves (coord.). Câmara de Vila Nova de Famalição, 1999. 247 p. Este libro é unha compilación dos relatorios presentados no Seminário Museu Bernardino Machado, celebrado en Vila Nova de Famalição (Portugal) os días 22 e 23 de setembro de 1998. O Seminario tivo lugar no Palácio do Barão da Tro visqueira –pertencente ó famoso “brasileiro” Bern ard in o Machado–, hoxe convertido pola Câmara Municipal nun museo dedicado a este home de negocio e letras, co obxectivo de fomenta-los estudios migratorios. Parece boa a intención das autoridades da Cámara Municipal1 . Ó comezar a follea-lo libro, tiven dúbidas acerca da ambigüidade do título e, polo tanto, dos obxectivos que pretendeu o compilador, dúbidas que, segundo ía avanzando na lectura dos diferentes artigos, non se esclareceron. A figura dos “brasileiros” forma parte do imaxinario popular portugués, debido á importancia numérica da emigración lusa ó Brasil, á influencia dos retornados no mundo da economía e da cultura e ó seu eco na literatura da época. Pero, ó dicir “brasileiros da emigración” non se sabe se se refire ós portugueses retornados do Brasil trala súa experiencia migratoria ou se alude ó momento da emigración. Do total dos quince artigos, nove tratan da emigración no norte de Portugal: sete ó Brasil2 , un a Francia3 e outro a África4 . ¿Por que o epíteto de “brasileiros” que aparece no título, cando existen artigos de emigración a Francia e África?5. 1. “O Museu Bernardino Machado e os Brasileiros” de Artur Sá da Costa, director do Departamento de Educação e Cultura da Câmara de Famalição. Unha descendente de Bernardino Machado, Elzira Machado Rosa, escribe un artigo no que comenta a súa vida: “Cientista pedagogo e político (raízes minhotas e brasileiras)”. 2. “Os emigrantes de V. N. Famalição (O seu papel na Confraria de Nossa Señora do Carmo)” de José Manuel Lages; “O papel dos brasileiros na Vilas do Minho (O caso de Fafe)” de Miguel Montero; “A casa do Brasileiro” de Paula Torres Peixoto; “A Oposição emigrada no Brasil (1930-1960)” de Heloísa Paulo; “Saídas clandestinas do Norte de Portugal para o Brasil em meados do século XIX” de José Viriato Capela e Maria da Conceição Falcão Ferreira; “A emigração nortenha a Região Platina” de Eugenio dos Santos; “Os brasileiros da Emigração no Norte de Portugal” de Jorge Fernández Alves. 3. “Da Emigração à Mobilidade Social (O caso dos portugueses em França)” de Maria Engrácia Leandro. 4. “Uma Alternativa Africana à Emigrada no Brasil (1930-1960)” de Jorge Bastos da Silva. 5. Inclúese ademais unha achega da emigración desde unha perspectiva de xénero por parte da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Pilar Cagiao Vila: “A Mulher na Emigração”. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 166 Recensións A introducción está asinada por Jorge Fernandes Alves6, aquí coñecido polos seus traballos sobre os galegos en Porto, practicamente os únicos existentes sobre este tema, e a súa tese Os brasileiros. Emigração e retorno no Porto oitocentista7. Nestas páxinas introductorias, Alves explica os motivos que levaron á realización deste Seminario, algo que para nós, galegos, é obvio. Incide na importancia de adoptar esta perspectiva no estudio das migracións porque, segundo Alves, forman parte da historia das relacións entre Portugal e Brasil, pois estes “brasileiros” participaban da política e da cultura de ámbolos dous países. Coido que isto non se reflicte nos artigos, pois só se empregou documentación portuguesa e ofrece unicamente a perspectiva histórica deste país. Non se amosan as influencias mutuas, políticas e culturais, entre os dous países a través do fluxo migratorio, a excepción do artigo dedicado a Nuno Simões8, nin as relacións internacionais entre ámbolos estados. Despois de ler este libro, podemos chegar á conclusión simplista de que Portugal formou o Brasil e que este país foi soamente terra de enriquecemento dos portugueses, que rapidamente retornaban para acadar postos importantes na súa sociedade de orixe. Infelizmente, este libro revela a histórica relación cultural distante, a nivel institucional, entre Portugal e Brasil, que sempre se viraron as costas e se volveron cara a outros países. Nesta introducción o lector pode ficar con algunhas dúbidas ¿Son brasileiros tódolos emigrantes que retornaron do Brasil ou só os emigrantes que volveron ricos, participaron da vida cultural e política e recibiron títulos nobiliarios por parte do goberno portugués? ¿Existe algunha semellanza entre o americano, o indiano, o cacique que coñecemos no noso país e o brasileiro que describe o libro? Os diferentes autores unicamente describen superficialmente os “brasileiros” aludindo ás súas casas rechamantes e subliñando a importancia política e social acadada en Portugal e Brasil. A maioría dos artigos dedícanlle bastante espacio ás condicións previas á partida, sempre desde un punto de vista demográfico e cuantitativo: ofrecen abondosos datos, en táboas, do número de saídas, así como do perfil do emigrante: home mozo, analfabeto, agricultor e solteiro. E sempre se apoian na mesma hipótese: a alta densidade de poboación campesiña condicionou a emigración cara ás cidades limítrofes, diminuíu as tensións sociais e imposibilitou o desenvolvemento do movemento obreiro. Esta tese parece bastante inverosímil e demodé , tal como reflicte en abondosos estudios, mesmo para o 6. “Razões locais para um debate”. 7. Porto, 1994. 8. Amadeu Gonçalves “O luso brasileirismo de Nuno Simões na Imprensa Famalicense”. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 167 Recensións caso galego, X. M. Núñez Seixas en Emigrantes, caciques e indianos9, o fluxo migratorio non mitiga as tensión sociais, senón que supón a entrada de retornados “educados” nas novas ideas do socialismo e anarquismo que funcionarán como axentes dinamizadores dos movementos sociais e políticos. Ben poderían os autores portugueses estudia-lo retorno desde unha perspectiva comparativa co caso galego, xa que xeográfica e culturalmente estamos moi próximos e temos moitas similitudes económicas e sociais, e empregando a ampla biografía que sobre o tema existe en Europa. Malia que o obxectivo do libro son os “brasileiro s”, no n se obtén ningunha explicació n acerca do impacto do reto rnado no sistema político , econó mico e cultural do Portugal miño to . Gustaríanos saber sobre a transformación da estructura agraria (tanto a nivel tecnolóxico como sobre a propiedade da terra), se é que a houbo, sobre a posible integración da elite econó mica reto rnada nas oligarquías políticas lo cais, a participación do s que vo lvero n nos movementos político s do momento e o artellamento da econo mía a través do s negocios creados polos reto rnados. No n se pode esquecer que o Brasil, durante o século XX –período que abrangue o libro , a excepción dun artigo que trata das saídas clandestinas no século XIX– é un do s focos máis importantes de todo o anarquismo americano no que os portugueses desempeñaron un papel importante (po r exemplo o nomeado líder o b reirista Neno Vasco). A única referencia ó reto rno é a do artigo de José Manuel Lages, pero só conseguimo s saber que os portugueses levaro n a Brasil o culto á Nosa Señora do Carme e que cando reto rnaron seguiro n practicando esta devoción. Gustaríame salientar varios artigos que sobresaen no libro pola súa temática e polo tipo de fontes que empregan. Nun deles Irene María Vaquinhas10 estudia o imaxinario (negativo) dos portugueses no Brasil a través de xornais brasileiros da época, onde é sabido que existiu un antilusitanismo moi forte xa desde a época da colonización. A autora analiza as connotacións negativas da palabra “galego” que designaba tódolos portugueses que traballaban no comercio e como nas crises económicas este colectivo étnico foi o chibo expiatorio dos problemas da sociedade. Mágoa que a autora non pescude nin pregunte acerca da orixe desta imaxe, que ten tanta divulgación popular en todo Portugal e que claramente se formou no sur do país a través dos galegos de Galicia e dos portugueses miñotos que emigran ás cidades do sur en busca de traballo, nin explique as acepcións de identidade que ten este vocábulo. 9. Vigo, Xerais, 1998. 10. “’Fora galego’ (un caso de antilusitanismo no Pará na década de setenta do século XIX).” ESTUDIOS MIGRATORIOS. 168 Recensións Non se pode esquecer que un dos grandes dilemas do Brasil é a busca da súa identidade, problemática que aparece reflectida en toda a súa producción cultural: música, literatura, etc. Por outra banda, non se pode menciona-los “brasileiros” sen aludir á importancia do escritor Camilo Castelo Branco na creación deste imaxinario popular. O artigo de Aníbal Pinto de Castro 11, o único que parece cumprir amplamente as expectativas do título, explica as circunstancias sociais e económicas da formación do estereotipo no Portugal da época e na persoa de Castelo Branco: a importancia do diñeiro como forza dinamizadora da socie dade portuguesa, a rápida ascensión social e económica dunha clase que unicamente estaba formada polos “brasileiros de torna-viagem” que, para envexa do propio Castelo Branco, completaban o seu periplo social integrándose, a través do matrimonio, na burguesía de Porto. MARTA LOMBÁN PAZOS 11. “O brasileiro na ficção camiliana”. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 169 NOTICIAS ESTUDIOS MIGRATORIOS. nº. 10 2000. ISSN 1136-0291. pp. 173-186 CONGRESOS, SEMINARIOS, CONFERENCIAS... ❙ Ex periencias e vivencias dun fillo de galegos en Bos Aires (Santiago de Compo stela, 1 d e febreiro de 20 00). Así se titulaba a charla-co lo quio que, na sed e do Co nsello d a Cultura Galega, pro nuncio u Antonio Pérez Prado , méd ico po rteño, fillo d e emigrantes galegos. O co lo quio estivo organizad o po lo Arq uivo da Emigració n Galega apro veitando a estadía en Galicia do do uto r Pérez Prado , quen relato u a súa experiencia persoal co mo fillo de emigrantes galego s en América. Deste xeito expuxéronse as vivencias da emigració n, o s problemas de integración da segunda xeració n de emigrantes e a co nsideración soc ial dos galegos en Arx en tin a. ❙ IX Semana Galega da Historia: a emigración na historia de Galicia. Distintos enfoques: historia, arte e xeografía (Santiago de Compostela, 9-12 de marzo de 2000). O Consello da Cultura Galega acolleu este Congreso, organizado pola Asociación Galega de Historiadores, en colaboración coa Cátedra Unesco sobre Migracións da Universidade de Santiago de Compostela, o Arquivo da Emigración Galega e o Consello da Cultura Galega. O obxectivo fundamental foi dar a coñece-las últimas investigacións e achegárllelas ós estudiantes, profesores e interesados na emigración galega. ❙ Os estudios migratorios: estado da cuestión e novas perspectivas de análise (Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000). Mesa Redonda organizada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, na que participaron especialistas relevantes na temática migratoria: Rafael Anes (catedrático de Historia Económica da Universidade de O viedo) , Fernando Devoto ( catedrátic o de Teoría e Historia da Historiografía no Departamento de Historia da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires), Jordi Nadal (catedrático de Historia Económica da Universidade Autónoma de Barcelona), Nicolás Sánchez-Albornoz (historiador e demógrafo) e Alexandre Vázquez (profeso r titular da Escola Universitaria de Estudios Empresariais da Universidade de Vigo). ❙ VI Congreso Internacional de Estudios Galegos (A Habana, 17-21 de abril de 2000). Este congreso celebrouse na Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana. A súa organización estivo a cargo da Cátedra de Cultura Galega da Universidad e da Habana, da Aso ciació n ESTUDIOS MIGRATORIOS. 173 Noticias Internacional de Estudios Galegos e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O lema do Congreso foi “Un século de Estudios Galegos: Galicia fóra de Galicia”. Entre as áreas temáticas podemos destaca-la de “Estudios migratorios”. As demais áreas corresponderon a: Lingua, Literatura, Traducción, Historia, Etnografía, Dereito, Ciencias Económicas, Artes e varios. ❙ Estudios sobre a inmigración española na Arxentina: balance e pe rspe ctivas de investigación (Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000). C o n ferencia o rganizada p o lo Arquivo da Emigració n Galega do Consello da Cultura Galega e impartida po la profesora Carina Frid de Silberstein da Universidade de Ro sario . A exposició n centrouse na realización dun balance historio gráfico dos estudios sobre a inmigración española en Arxentina, as actuais liñas de investigació n e as novas perspectivas de análise. ❙ Perspectivas sobre a emigración de retorno en Galicia e España (Santiago de Compostela, 29-30 de xuño e 1 de xullo de 2000). O Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega pretendeu, coa celebración deste curso, suscitar un debate en Ciencias Sociais verbo dun dos aspectos máis descoñecidos do fenómeno migratorio: o retorno da emigración. Para iso, e partindo da experiencia galega como laboratorio ideal para o estudio das interrogantes básicas que suxire a emigración de retorno, propúxose unha posta ó día e unha comparación con outros casos dentro do Estado español. Os mitos e as realidades verbo dos retornados, o éxito ou o fracaso relativos da experiencia migratoria ou a incidencia colectiva dos retornados na dinámica política, social, económica e cultural dos países de orixe foron analizados e confrontados. Igualmente, debateuse sobre a viabilidade e posibilidades de aplicación dos modelos de análise da migración de retorno no caso peninsular, tendo en conta as investigacións xa existentes sobre outros países europeos. ❙ Simposio sobre migración internacional nas Américas (San Xosé de Costa Rica, 4-6 de setembro de 2000). Simposio organizado po lo Centro Latino americano y Caribeño d e Demo grafía ( CELADE) e a O rganizació n Internacio nal para las Migraciones (O IM). Este enco ntro brindó ulle-la opo rtunidade ó s form ulad o res de políticas gobernam entais, expertos, axencias internacio nais, organismo s no n go bernam entais e outras o rganizació ns da soc iedade civil para que puidesen coñecer e intercambiar experiencias e inquietudes sobre a migración internacional en América. Deste xeito, pretendeuse incrementa-la inform ac ió n ESTUDIOS MIGRATORIOS. 174 Noticias e o co ñecemento so bre as tendencias e patróns da emigración; exploralas interrelacións entre a migración internacio nal e o desenvo lvemento; analiza-las consecuencias eco nómicas, sociais e polític as da migración para as persoas emigrantes e os países de orixe e destino ; analizar e avalia-las actuais iniciativas en materia de diplo macia migrato ria multilateral. O simpo sio finalizo u cun encontro de rep resentantes dos go berno s, a so ciedade civil e os experto s, no que se debatero n o s resultados e conclusións da reunió n. ❙ A integración dos emigrantes en Alemaña e Euro pa ( Tutzing, 18 e 19 de setem b ro de 2000). Seminario organizado por EFMS (European Forum for Migration Studies) en co operación co a Politische Akademie Tutzing. Entre o s participantes atopábanse autoridades lo cais, institucións relacionadas co benestar social, grupo s po pulares, consello s dos estranxeiros, oficinas de traballo e xornalistas. Foro n presentados, e discutidos, traballos referidos á integració n do s inmigrantes dende as perspectivas local e internacional (Bavaria, Alemaña, Gran Bretaña, Francia, Ho landa e Suíza). ❙ VII Xornadas sobre colectividades: Problemática do estudio das migracións históricas e actuais: metodoloxías, modelos (Bos Aires, 19 e 20 de outubro de 2000). A Comisión organizadora destas xornadas estivo composta por varias institucións: o Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos, o Centro Nacional de Estudios sobre Inmigración do Museo Roca, o Grupo de Estudios sobre Inmigración e Comunidades Estranxeiras na Arxentina do IDES, o Departamento de Ciencias Sociais da Universidade Nacio nal de Luján, o Instituto de Estudio s Históric o-So ciais da Universidade Nacional do Centro, o Instituto de Investigacións da Facultade de Ciencias Sociais “Gino Germani” da Universidade de Bos Aires e o Centro de Estudios e Investigación da Universidade Nacional de Quilmes. O propósito da súa celebración foi promove-lo encontro entre especialistas e persoas interesadas nestas temáticas e, consecuentemente, incentiva-la reflexión conxunta e a súa investigación. Destacan dúas temáticas: metodoloxías e modelos, e migracións e cultura (cine, teatro, literatura, arquitectura, etc.). ❙ Galicia en Costa Rica (A Estrada, 26 de outubro de 2000). Exposición realizada polo prof. Miguel Guzmán Stein, da Universidade de Costa Rica, en colaboración co Arquivo da Emigración Galega, o Concello da Estrada, a Galería Sargadelo s e a Universidade de Santiago de Compostela, e que foi inaugurada o 26 de outubro de 2000 na Estrada. ESTUDIOS MIGRATORIOS. 175 Noticias Nesta exposición recóllense fotografías dos emigrantes galegos en Costa Rica orixinarios da Estrada e da comarca de Tabeirós-Terra de Montes. ❙ Raza, etnicidade e migración: Os Estados Unidos nun contexto global (Minnesota, 16-18 de novembro de 2000). Conferencia organizada pola Universidade de Minnesota. The Seminar on Race, Ethnicity and Migration (REM) é un proxecto do Immigration History Research Center e o American Studies Program da Universidade de Minnesota. O seu obxec tivo é facilita-los estudios comparativos e transnacionais, a nivel interdisciplinar, de xeito que sexa posible un maior grao de coñecemento dos temas que se trataron neste seminario. ❙ Asimilación-Diasporización-Representación: perspectivas históricas sobre os inmigrantes e as sociedades de acollida na Europa da posguerra (Berlín, 27- 29 de outubro de 2000). II taller sobre historia migratoria contemporánea, que se desenvolveu na Universidade Humboldt, en Berlín, Alemaña. Repasouse a inmigración en e cara a Europa dende 1945 ata o momento presente, centrándose na incorporación dos inmigrantes e a súa representatividade e analizando os patróns históricos de migración, inclusión e exclusión dos inmigrantes, relacións interétnicas no contexto das sociedades de inmigración, dereitos das minorías e a súa representación. ❙ Memoria da emigración ( Vedra, 10 de novembro ó 31 de decembro de 2000). Exposición froito do traballo conxunto entre a Concellería de Cultura do Concello de Vedra e o Arquivo da Emigración Galega do Co nsello da Cultura Galega, levada a cabo co obxectivo de contribuír á recuperación da memoria histórica da emigración galega, concretam ente no Concello de Vedra. Paralelamente, organizouse un ciclo de conferencias, impartidas por especialistas, nas que se trato u o tema da emigración galega dende distintas esferas: asociacionismo, educación, agrarismo, etc. ❙ V Conferencia Internacional da Metrópole ( Vanc o uver, Canada, 13-17 de no vem b ro de 2000). Nesta quinta conferencia internacional, os resp o nsables do Proxecto Metrópole, os investigadores académicos e os axentes non gobernamentais tiveron a oportunidade de discuti-las políticas e os p rogramas de integración para inmigrantes e minorías nas sociedades de acollida. Este proxecto pro p o rcionou a oportunidade de interc am b ia- la visión que teñen uns e outros da forma de pór en marcha a resolución dos p roblemas que foron recoñecidos abertamente con respecto á temática central desta conferencia. Vancouver é unha das cidades máis cosmopoliESTUDIOS MIGRATORIOS. 176 Noticias tas do mundo e, debido á inmigración recibida nos últimos cen anos, m ed rou enormemente, tanto en tamaño como en diversidade cultural. ❙ Mobilidade e inmigracións internas na Europa Latina (Santiago de Compostela, 9-11 de novembro de 2000). A Universidade de Santiago de Compostela (Vicerrectorado de Relacións Exteriores) e a Cátedra UNESCO sobre migracións organizaron este coloquio no que tivo lugar a exposición de traballos realizados por distintos profesores universitarios procedentes de distintos países. O evento estivo coordinado polo catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela don Antonio Eiras Roel e polo profesor da mesma universidade Domingo González Lopo. ❙ Seminario Rexional na Migración Caribeña (Santo Domingo, 27-29 de n o vem b ro de 2000). Seminario o rganizado po la O rgan iz ac ió n Internacional para a Migración (OIM) e a Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (FLACSO). Este seminario permitiulles a oficiais gobernamentais, expertos e representantes de organizacións rexionais e internacionais intercambiar información e experiencias nos problemas relacionados coas migracións caribeñas. Os seus obxectivos están encamiñados cara á promoción dun mellor entendemento da migración caribeña e as súas tendencias relacionadas co desenvolvemento económico e a integración rexional; a contribución para o intercambio de coñecemento en políticas migratorias tanto a nivel internacional como interrexional e a discusión dos problemas xurdidos da migración regular laboral temporal, migración ilegal e tráfico, etc. ❙ Seminario de Historia sobre as migracións ibéricas contemporáneas ( Vito ria, do 29 de novembro ó 1 de decembro de 2000). Seminario organizad o pola AEMIC (Asociación para el estudio de los Exilios y Migracio nes Ibéricas Co ntemporáneas) e a Universidade do País Vasco . Os blo ques temáticos que se desenvolveron foron “Histo ria da emigración: debates e tendencias”, “Visió ns historiográficas da emigración” e “As emigracións vascas”. ❙ X Semana da Cultura Galega: Emigración e exilio na Galicia do Século XX (Vigo, 29-30 de novembro e 1 de decembro de 2000). O Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia Sur, con sede en Vigo, organizou esta Semana da Cultura Galega co título arriba indicado. Este evento estivo patrocinado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo. O ciclo de conferencias impartírono o ESTUDIOS MIGRATORIOS. 177 Noticias profesor Xesús Alonso Montero (“O libro galego no exilio: Buenos Aires 1936-1951”) , o profesor Xoán Carmona Badía (“A emigración galega no século XX: unha perspectiva económica”) e o profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández (“Proceso de Constitución de Centros Galegos en América”). ❙ O exilio galego 1936-1975 (Pontevedra, 25-27 de xaneiro de 2001). Congreso organizado polo Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo e coordinado por Xosé Henrique Acuña, Luis Domínguez Castro e Xosé Abilleira. Este ano cúmprense sesenta anos do exilio de Bibiano Osorio Taffal, primeiro alcalde de Pontevedra elixido de xeito democrático. Por este motivo, no Congreso pretendeuse evocar recordos depositados na memoria histórica da Galicia do exilio. ❙ Muller e migración (Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2001). Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, o Consello da Cultura Galega organizou unha mesa redonda na que interviñeron especialistas na temática migratoria, como a profesora Pilar Cagiao Vila (Directora do Arquivo da Emigración Galega) e Beatriz Ruiz Fernández (profesora da Universidade Nacional a Distancia-UNED). Tamén se contou coa presencia de profesionais que traballan directamente con mulleres galegas retornadas e con mulleres inmigrantes que elixiron Galicia como lugar de destino. Este é o caso de Graciela Alba Burgos, da Confederación Intersindical Galega (CIG-Vigo) e Gloria Porto Piñón, traballadora social do Centro de Día para Mulleres Prostitutas Alecrín. Ademais, a directora do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Xunta de Galicia, Aurora Montes Santa Olalla, presentou un proxecto levado a cabo pola Administración co obxectivo fundamental de afondar nas causas da exclusión social das mulleres. Por outra banda, Sonia Casas Camacho, procedente de Colombia, achegou a esta mesa redonda a súa vivencia persoal como inmigrante. ❙ 13º Congreso Internacional da Asociación Alemana de Hispanistas (Leipzig, 8-11 de marzo de 2001). A sección 12 deste foro, organizado pola Asociación Alemana de Hispanistas, titulouse: “Emigración española das rexións bilingües: unha visión multidisciplinaria.” A análise de ideoloxías políticas e códigos culturais transferidos ós países e ás rexións de acollida, así como os profundos cambios a nivel social e individual, tanto nas colectividades de inmigrantes como nas sociedades receptoras, foron algúns dos puntos nos que se fixo fincapé neste foro. Esta sección interdisciplinaria abarcou aspectos lingüísticos, sociolingüísticos, históricos, ESTUDIOS MIGRATORIOS. 178 Noticias etnolóxicos e psicolóxicos dos procesos migratorios e do impacto das interaccións no mundo literario. O ámbito xeográfico de análise comprendeu a emigración procedente das rexións bilingües españolas e de Portugal cara a América Latina e Europa, así como a emigración de retorno á Península Ibérica e ás Illas Baleares. ❙ 4ª Conferencia Internacional da APMRN: Migracións, cambios económicos e multiculturalismo nos países de Asia-Pacífico (Manila, marzo de 2001). A aparición das corporacións transnacionais que transfiren facilmente persoal e mercancías a través de límites nacionais é testemuña das conexións importantes entre o sistema económico global e o crecemento dos movementos internacionais da poboación. As formas de conflicto social asociadas ó “multiculturalismo” e á “diversidade” forman parte dos temas que se trataron nesta conferencia. ❙ As mulleres nos movementos migratorios do século XX (Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001). Mesa redonda sobre o papel das mulleres nos movementos migratorios, organizada pola Fundación Caixa Galicia. Nela interviñeron Laura Oso Casas, profesora asociada de Socioloxía da Universidade da Coruña, María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, e Obdulia Taboadela Álvarez, profesora titular de Socioloxía da Universidade da Coruña. C AROLINA G ARCÍA BORRAZÁS ESTUDIOS MIGRATORIOS. 179 Noticias XI CONFERENCIA INTERNACIONAL DE HISTORIA ORAL: “ENCRUCIJADAS DE LA HISTORIA: EXPERIENCIA, MEMORIA, ORALIDAD”. ISTANBUL, TURQUÍA, XUÑO DE 2000 A Asociación Internacional de Historia Oral (I.O.H.A.) celebrou, en colaboración co Departamento de Historia da Universidade de Bogaziçi, no campus do Bósforo de Istanbul, a XI Conferencia Internacional de Historia Oral. O tema xeral do encontro foi “Encrucijadas de la historia: Experiencia, Memoria y Oralidad”. Dentro deste tema central incluíronse os seguintes subtemas: “Recordando el siglo XX, imaginando el XXI”, “Historia Oral Virtual: la tecnología y la palabra”, “El milenio”, “Encrucijada de continentes”, “Recordando los conflictos” e “Historia experimentada”. Ademais tiveron lugar outros paneis plenario s sobre “Derechos indígenas y memoria”, “Historia oral y nuevos medios de información”, “Historia oral, diálogo y étnica”, “Proyectos comunitarios de historia oral”, “Aprendizaje de la historia oral” e “Historia oral en Turquía”. A XI Conferencia de Historia Oral co ntou cun gran número de asistentes e investigado res de todo o mundo. As co nferencias desenvolvéro nse no salón de acto s e na biblio teca da Universidade de Bogaziçi simultaneamente. Para facilita-la co mprensión de tó dolo s conferenciantes houbo trad uc to res simultáneos en inglés, español e turco. As preactas, que foro n entregadas no transcurso da primeira xornada, constan de 3 tomos e presentan as comunicacións transcritas no idioma no que fo ro n enviadas e defendidas na celebració n do congreso . Entre os moitos temas presentados houbo un bo número de conferencias centradas en temas referentes ás migracións e ós exilios, como “Migration and Memory”, por Mariete des Morais Ferreria; “The Jewish Immigration to Sao Paolo. Early Memories”, de Gabriela Becker; “Itinerarios, experiencias y conflictos: Historias de vida de inmigrantes turco-judíos en una provincia del NOA”, por Norma Ben Altabef e Marta Barbieri de Guardia; “Crossing the Atlantic: Migration from Spain to Uruguay”, de Laura Bermúdez; “Historia oral e inmigración ¿un diálogo posible?, por Nágila Ibrahim El kadi; “Historga: Historia Oral de Galicia”, por Isaura Varela, e “Imágenes y palabras de la Inmigración: Levantando las barreras de la identidad nacional entre los ucranianos en Argentina”, por Mirta Zaida Lobato, entre outras. No transcurso da última xornada da celebración da XI Conferencia votouse unha nova mesa directiva que ata agora estaba constituída por: Mercedes Vilanova (presidenta), Marieta de Morães Ferreira e Alistair Thompson (vicepresidentes), Alexander von Plato (tesoureiro e membro do ESTUDIOS MIGRATORIOS. 180 Noticias secretariado), ademais de Verena Alberti, Graciela de Garay, Albert Lichtblau, Arzu Ozturkmen, Alessandro Portelli, Ann Ritchie, Dora Schwartzstein e Janis W ilton. Durante a celebración dos encontros decidiuse, entre outras cousas, que a próxima conferencia se celebre no ano 2002 en Sudáfrica. A Asociación Internacional de Historia Oral (I.O.H.A.) conta cun boletín informativo de carácter cuadrimestral que editou o seu primeiro número en setembro de 1998. O boletín chámase Noticias de la I.O.H.A. Con este medio de información preténdese dar a coñecer tódalas actividades que organiza a Asociación, e as publicacións e novidades de tódolos membros da I.O.H.A. Os que desexen máis información ou enviar algún tipo de noticia ou comunicación poden realizalo nos seguintes enderezos de correo electrónico: hel@ servidor.unam.mx e ahcbhafo@ trifium.gh.ub.es ROSA LÓPEZ ESTUDIOS MIGRATORIOS. 181 Noticias VII XORNADAS HISTORIA E FONTES ORAIS ÁVILA, OUTUBRO DE 2000 A fins do mes de outubro de 2000 celebráronse as VII Xornadas de Historia e Fontes Orais que se desenvolven na cidade de Ávila cada dous anos. Foron organizadas, unha vez máis, polo Seminario de Fontes Orais (SFO) da Universidade Complutense de Madrid, en colaboración coa Fundación Cultural Santa Teresa de Ávila. “Memoria e Identidades” foi o tema específico sobre o que xiraron as xornadas, as cales estiveron articuladas en 4 sesións. Cada unha delas constou dun relatorio marco, mesas redondas e comunicacións. A primeira sesión e debate centrouse nos “Conflictos sociais e culturas políticas”. Foi moderado por Pilar Folguera, da Universidade Autónoma de Madrid. O relator foi Manuel Ortiz Heras, da Universidade de Castela-A Mancha, e José Babiano, da Fundación 1º de Mayo, leu as seguintes comunicacións: “Instrumentos e grupos de poder”, “Resistencias, oposicións e disidencias”, “Conflictos e relacións de poder”, “Culturas e éticas políticas”, “Crises das ideoloxías”, “Transicións”, “Asociacionismo político, social e civil”, “Sociedade civil e sociedade política”, “Redes sociais e formas de solidariedade” e “Movementos sociais e políticos”. A segunda sesión titulouse “Fronteiras e cidadanía”. Exerceu de moderad ora Elena Sand oic a, co mo relator Gerh ard Brunn, do Instituto de Investigación da Europa Rexional da Universidade de Siegen (Alemaña), e Isaura Varela González, da Universidade de Santiago de Compostela, presentou as comunicacións, que versaron sobre os seguintes temas: “Espacio europeo e extraeuropeo”, “Migracións interiores e exteriores”, “Exilios”, “Conflictos culturais”, “Multiculturidade”, “Marxinación e exclusión” e “Antropoloxía do mar”. Dentro deste relatorio presentáronse varias comunicacións referentes ós movementos migratorios e ós exilios, como por exemplo: “Pinoseros hacia Elda: una migración intracomarcal intensa en el período de la I Dictadura y la II República” por José Ramón Valero Escandell e Carlos Salinas Salinas, “Las migraciones de la Europa Balcánica y su incidencia en España” por Enrique Uceda García, “La disgregación familiar en la emigración: los que se quedan. Viudas de vivos y abuelos-padres de nietos-hijos” por Rosa María López González, “Los judíos alemanes y su nueva identidad en el exilio uruguayo ” por Silvia Facal Santiago, “Inmigrantes gallegas en Cuba (1898-1968); sirvientas, manejadoras, crianderas, encargadas y prostitutas” por José Antonio Vidal Rodríguez, “Memoria y experiencia de lucha y resistencia de los pequeños pro d uc to res rurales de Camucim (Estado de Paraíba-nord este- Brasil) : algunas consideraciones” por Thelma María Grisi Velò so . ESTUDIOS MIGRATORIOS. 182 Noticias A terceira sesión tratou a “Historia e identidades de xénero”. Nesta ocasión a moderadora foi Cristina Borderías, da Universidade de Barcelona, como relator estivo Adele Pesce, da Universidade de Bolonia, e leu as comunicacións Miren Llona, da Universidade do País Vasco. Os temas propostos foron: “As mulleres como suxeito do cambio económico, social e político”, “Relacións sociais de sexo e de clase”, “Relacións público-privado”, “Mulleres e homes nas asociacións. Asociacións e xénero”, “Pensamento e movementos feministas”, “Espacios de mulleres”, “Módulos de representación e identidades”, “Cidadanía e xénero” e “Mulleres, familias e traballos”. A cuarta sesión tratou os “Procesos e culturas de traballo”. José María Borrás, da UCM, foi o moderador, Ismael Sainz, da Universidade de Valencia, o relator e a encargada de presenta-las comunicacións foi Pilar Díaz, do Seminario de Fuentes Orales. Os temas propostos foron: “Sistemas e procesos de traballo”, “Traballo e niveis de vida”, “Profesións, oficios, actividades”, “Sistemas de aprendizaxe, cualificacións”, “Culturas de traballo”, “Culturas das clases traballadoras”, “Ideoloxías e éticas de traballo”, “Asociacionismo: organizacións sindicais e políticas, cooperativismo, mutualidades”, “Acceso e exclusión do traballo”, “Traballo e cidadanía”. No transcurso da última xornada celebrouse unha mesa redonda na que participaron os relatores nun debate sobre a “Entrevista e os arquivos orais”. Ademais celebrouse a Asemblea do Seminario de Fontes Orais, onde se elixiu unha nova directiva, que agora quedou presidida por Isaura Varela (USC), co n Elena H. Sando ica (UPV) co mo vic epresidenta, Rafael Maestre (Fundación Salvador Seguí) como secretario e Rosa López (USC) na tesourería. Como vocais, Pilar Domínguez (IES Calderón de la Barca), Lluís Úbeda (Archiu Historico Universitario), Julio Prada (Universidade de Vigo) e Juan Karlos Romera Nielfa (UPV). Como remate das Xornadas proxectouse a película “Amigogima”, dirixida por José María Nunes. Posteriormente desenvolveuse unha visita opcional e guiada á cidade de Ávila. ROSA LÓPEZ ESTUDIOS MIGRATORIOS. 183 Noticias MIGRACIÓNS ACTUAIS: RETORNADOS E EMIGRANTES A Fundación Caixa Galicia organizou un ciclo de conferencias, entre os días 20 e 23 de novembro do ano 2000, na recentemente inaugurada sede da Fundación Caixa Galicia na cidade de Pontevedra, edificio “Café Moderno”, de gran tradición na historia desta cidade e restaurado polo prestixioso arquitecto Álvaro Siza. O ciclo de conferencias, titulado “Migracións Actuais: Retornados e Emigrantes”, contou coa presencia de destacados investigadores en temas migratorios. Antonio Izquierdo Escribano, catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña, presentou unha conferencia titulada “Estranxeiros en Galicia e políticas migratorias”. Posteriormente, Xosé Manoel Núñez Seixas, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, leu o seu relatorio “Estraños na casa. Actitudes sociais fronte á emigración galega, aquí e alá”. O terceiro día a conferencia estivo a cargo de Beatriz Ruiz Fernández, profesora titora de antropoloxía da UNED (A Coruña) e membro do Instituto de Socio loxía de No vas Tecnoloxías, quen presentou unha conferencia co título “Vidas en movemento: a emigración e o retorno na vida das mulleres galegas”. O ciclo cerrouno Ubaldo Martínez Veiga, catedrático de Antrop oloxía da Universidade Autónoma de Madrid, que falou sobre “A integración e a exclusión social dos inmigrantes en España”. O ciclo foi seguido con moito interese polo público presente, moitos deles socios do Club de Xubilados ós que a Obra Social de Caixa Galicia lles deu sede neste singular edificio. Así, podemos dicir que, xunto ó atractivo de cada unha das conferencias, temos que sinalar como un participante fundamental máis ó público que, coas súas interesantes intervencións e observacións, engadiulle ó ciclo de conferencias un punto máis de interese. Os datos achegados polas persoas conferenciantes, aínda que baseados en importantes traballos de investigación, foron contextualizados así con experiencias vivenciais engadidas polo propio público, o que lle deu ó debate xerado un elevado interese, chegando nalgún caso a prolongarse ata altas horas da noite. A Fundación Caixa Galicia achega así un elemento central que hai que abordar en temas ás veces moi problemáticos como é o das cuestións migratorias, como é o da divulgación dos estudios realizados na Universidade e a educación permanente da sociedade, á que ás veces achacamos problemas de incomprensión, intolerancia e superstición ante temas graves como a exclusión social dos emigrantes. O que puidemos comprobar in situ é que as persoas piden coñecemento e información, cousa que non adoita ser moi habiESTUDIOS MIGRATORIOS. 184 Noticias tual que se dea, aínda que esteamos situados xa nesa sociedade da información, na que desgraciadamente aínda hai moito descoñecemento e desinformación. Por iso, como asesora do curso celebrado pola Fundación Caixa Galicia, doulle as gracias por este labor tan importante, e ás veces tan esquecido, que a Fundación, especialmente a Obra Cultural, abordou de xeito espléndido. Algúns dos coñecementos e datos importantes achegados polos conferenciantes, nos que todos, e non soamente o público presente, debemos reflexionar, son os seguintes: Antonio Izquierdo abordou unha cuestión que, en principio, pode sorprender: os inmigrantes que recibimos, incluídos os indocumentados, son persoas sumamente preparadas, moitos deles, arredor do 30%, con algún tipo de estudios universitarios, un capital social que non só desprezamos, en moitos casos, senón que desaproveitamos. Outro dato importante que forneceu é o crecente número de mulleres que optan pola emigración fuxindo de malos tratos por parte dos seus maridos. Así, deberiamos reflexionar tamén sobre a figura do “refuxiado”, que quizais debería comprenderse tamén desde a perspectiva dos problemas sociais e non soamente políticos. Tras Antonio Izquierdo –que neste contexto criticou a Lei de estranxeiría, que, como di Ubaldo Martínez Veiga, non é que negue dereitos sindicais, é que nega dereitos humanos, o que, por outra parte, ningunha lei pode negar–, Xosé Manoel Núñez Seixas achegou datos sobre o tratamento que a literatura popular, os viaxeiros e a prensa lles deron ós emigrantes galegos, fundamentalmente en Arxentina nos séculos XIX e XX. Así, puidemos comprobar como os emigrantes galegos foron tamén reducidos, se non menosprezados, a unhas imaxes que non se correspondían coa realidade. A importancia de non perde-la memoria histórica construída a través de séculos de emigración galega destacou nestes momentos nos que ademais de sermos emigrantes (aínda quedan moitos), se é que os retornados non o son en parte no seu propio país, empezamos a ser tamén un país receptor de inmigrantes. Precisamente o tema do retorno, especialmente o retorno das mulleres, foi o tratado na conferencia de Beatriz Ruiz, que presentou a heteroxeneidade de modelos reproductivos que poñen en funcionamento as familias dos e das emigrantes para enfrontarse ós cambios continuos e ás sorpresas que nos vai dando a vida. Romper coa visión dos modelos homoxéneos nos procesos reproductivos, nos productivos e no coñecemento é algo no que debemos insistir, non só porque isto é prioritario para desenvolver con éxito un proceso migratorio senón porque é tamén importante no retorno, xa que evitaría as frustracións que se producen, dado que a imaxe fixa que moitos emigrantes manteñen durante o seu proceso migratorio oponse ó cambio que se desenvolve no lugar de orixe mentres eles non están e que lles traerá enormes ESTUDIOS MIGRATORIOS. 185 Noticias problemas de adaptación na volta. Sen embargo, esta visualización do cambio e da transformación non é algo que só deban asumi-los emigrantes e as emigrantes retornados. Tódalas persoas, emigren ou non, móvense, como nos mostra a propia teoría da evolución, a física e tódalas ciencias. O ciclo, como dicía, rematou coa exposición de Ubaldo Martínez Veiga, quen, ó meu modo de ver, suxeriu un tema central, comezando coa cita do politólogo M. W alzer que di: “La democracia necesita de la plaza pública y la arena pública y cuando esta no existe la democracia está en peligro”. Coa visualización permanente deste importante pensamento, e por outro lado evidente desde o mundo grego, Ubaldo Martínez Veiga explicou detidamente o tristemente famoso caso de El Ejido, para acabar sinalando que non só é importante o contacto verbal, tamén o habitacional, elemento que desenvolveu especialmente na súa conferencia ó analiza-las condicións da vivenda dos inmigrantes, senón un contacto moito máis humano, moito máis táctil, moito máis emocional, que nos enriquecerá a todos e que fortalecerá a democracia e os dereitos humanos. Por último desexamos sinalar que a Fundación Caixa Galicia ten prevista a publicación do ciclo de conferencias “As migracións actuais: retornados e inmigrantes”. BEATRIZ RUIZ FERNÁNDEZ ESTUDIOS MIGRATORIOS. 186 ESTUDIOS MIGRATORIOS ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA CONSELLO DA CULTURA GALEGA Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 981 569 020 / 981 557 351 Fax: 981 588 699 / 981 586 985 Enderezo electrónico: aemigracion@consellodacultura.org ESTUDIOS MIGRATORIOS ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA CONSELLO DA CULTURA GALEGA Distribución: EDITORAL GALAXIA Reconquista 1 36201 Vigo Teléfono: 986 432 100 Fax: 986 223 205 ESTUDIOS MIGRATORIOS É unha publicación editada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, aparecida en decembro de 1995, que desde o número 3 ten unha periodicidade semestral. A súa finalidade é ser un punto de encontro e reflexión dos investigadores sobre a temática dos movementos migratorios en xeral, e dos galegos en particular, acollendo nas súas páxinas diversas investigacións sobre estes temas. Aceptámo-lo INTERCAMBIO da nosa revista con todas aquelas revistas que teñan unha temática semellante. BOLETÍN DE INTERCAMBIO Sr. D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Organismo / Empresa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ........................................................................ Enderezo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . País . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Tfno. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Desexo establecer intercambio de Estudios Migratorios coa nosa revista . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ........................................................................ a partir do númer o . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ESTUDIOS MIGRATORIOS É unha publicación editada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, aparecida en decembro de 1995, que desde o número 3 ten unha periodicidade semestral. A súa finalidade é ser un punto de encontro e reflexión dos investigadores sobre a temática dos movementos migratorios en xeral, e dos galegos en particular, acollendo nas súas páxinas diversas investigacións sobre estes temas. Número solto: 9 euros / Subscrición anual (2 números): 15 euros. BOLETÍN DE SUBSCRICIÓN Sr. D. ................................................................... Organismo / Empresa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ........................................................................ Enderezo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . País . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Tfno. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Desexo subscribirme á revista Estudios Migratorios Prégolles que carguen na miña conta do seguinte xeito: ❙ contra reembolso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ❙ domiciliación bancaria co número de conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº. de axencia . . . . . . . . . . . . . . Enderezo da axencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Asdo.: NORMAS PARA A ADMISIÓN DE ORIXINAIS 1. A extensión máxima dos traballos presentados non deberá exceder de 25 páxinas DIN-A4 numeradas, mecanografadas nunha so a cara a dobre espacio, nas que se incluirán gráficos, cadros, mapas e bibliografía. Xunto á copia mecano grafada en papel entregarase outra en disquete de 3,5 po lgadas, preferiblemente no pro gram a Wo rd. O s artigos serán publicados en idioma galego, pero poden presentarse en calquera outro idioma, preferentemente en castelán o u inglés. 2. Cada texto debe ir acompañado dunha páxina que conteña o título do traballo, nome do autor/a ou autores, enderezo completo –incluíndo o do centro de traballo–, teléfono, enderezo electrónico e un breve currículo. Acompañarase tamén dun resumo (abstract), non superior a 100 palabras, que reflicta claramente o contido e o resultado do traballo, e dun máximo de 5 palabras clave (key words). 3. Para as referencias bibliográficas os autores poderán optar pola inclusión en nota dos datos completos da obra, ou pola mención en texto do apelido do autor, data e páxina, con remisión a unha bibliografía final das obras citadas. 3.1. Se se opta pola primeira fórmula deberán incluírse os datos de localización completa de cada publicación ou documento citado por vez primeira. Exemplos: Apelidos, Nome do autor/a (ano): Título do libro, lugar de edición, editorial; pp. ás que se fai referencia. Apelidos, Nome do autor/a (ano): “Título do artigo”, Título da Revista, volume, número, páxinas. Apelidos, Nome do autor/a (ano): “Título do capítulo”, en Apelidos, Nome do autor/a, Título do libro , lugar de edición, editorial; pp. ás que se fai referencia. As remisións sucesivas a esas mesmas obras faranse de forma abreviada segundo as normas comúns. 3.2. Para o segundo sistema utilizaranse as parénteses no texto na seguinte orde: (Apelidos, ano, páxina ou páxinas das que se trate). Acompañarase, neste caso, dunha lista bibliográfica final, por orde alfabética. Cando as obras dun autor/a aparezan no mesmo ano, engadirase á data una letra (a, b, c, etc.). 3.3. 4. As referencias arquivísticas serán o máis completas posible. Os orixinais enviados a ESTUDIOS MIGRATORIOS serán sometidos a revisión, cando menos, de dous avaliadores, seleccionados polo equipo editorial en función dos seus coñecementos sobre a materia de que trata o traballo, de maneira que se garanta o anonimato tanto do autor ou autores como dos avaliadores. A aceptación definitiva dos materiais depende do equipo editorial da revista. 5. Os traballos deberanse enviar a: Estudios Migratorios. Arquivo da Emigración Galega Consello da Cultura Galega Apartado de Correos 773 15705 Santiago de Compostela Tfno.: 981 569 020 / 981 557 351 Fax: 981 588 699 / 981 586 985 Enderezo electrónico: aemigracion@ consellodacultura.org http://www.consellodacultura.org