A metodoloxía GAM

grupo de axuda mutuaImplicadas no Desenvolvemento traballa coa metodoloxía dos Grupos de Axuda Mutua (GAM) nos programas que desenvolve na India coa ONG local People´s Development Initiatives (PDI).
A metodoloxía dos GAM baséase na crenza de que todas as persoas temos potencial para cambiar a nosa situación e o que nos rodea. Tamén se basea na crenza de que para cambiar a nosa situación o máis importante é traballar sobre os dereitos das persoas e utilizar a forza do grupo para incidir na sociedade. No caso das mulleres, que padecemos discriminación polo mero feito de selo, agruparse e actuar xuntas é o primeiro paso para superar todo tipo de situacións de pobreza, marxinalidade ou discriminación.
A metodoloxía GAM baséase en tres piares:
>> O social: apoio ás integrantes.
>>O económico: capacidade de crecemento económico independente a nivel individual e colectivo.
>>O político: intevención na sociedade esixindo responsabilidades.

En resumo, trata os problemas das persoas non dende o punto de vista do desenvolvemento, senón do empoderamento. O empoderamento é conseguir que unha persoa poida exercer os seus dereitos e expander as súas capacidades ao máximo posible.

A metodoloxía baséase no concepto da axuda mutua ou axuda entre iguais. É dicir, é o grupo quen ten que resolver os seus problemas e os das súas integrantes, tomar decisións e asumir responsablidades sen depender doutras entidades externas.
>> Descargar:
Manual de Grupos de Axuda Mútua
Folleto dos GAM

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies